Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

TEXTOS NARRATIVOS O diario 3

nivecaro

Created on January 29, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Newspaper Presentation

Audio tutorial

Pechakucha Presentation

Desktop Workspace

Decades Presentation

Psychology Presentation

Medical Dna Presentation

Transcript

TEXTOS NARRATIVOS O diario

Describindo un instante

le atentamente:

Martes, 3 de febreiro de 2026. Estou sentada na miña mesa que está colocada de cara a parede. As fiestras están pechadas. As cadeiras dos alumnos/as están baleiras. O chan ten algún papel tirado e a luz do panel destella como unha lanterna. Escoito o son das outras aulas. Imaxino ao resto das mestras movéndose mentres preparan todo para comezar a mañá. O aire entra pola porta, o cole sempre está frío e esa friaxe apodérase das miñas mans. Teño que agochalas dentro do xersei para atopar calor. Hai un cheiro lixeiro a papel e a lapis, súbeme polo nariz e esperta o meu cerebro. A luz branca que cae sobre as mesas forma sombras alongadas. As paredes teñen cores suaves que contrastan co abano de colores que vai a haber na aula cando cheguen os e as estudantes. O meu corpo está quedo e a respiración é lenta. Todo sucede ao mesmo tempo. Pero... isto vai cambiar en canto toque a serea.

que hacemos hoxe?

A actividade desta semana consiste en observar con atención o entorno inmediato e describilo por escrito nun diario, empregando os sentidos. Imos centrarnos no momento presente para mellorar a conciencia e a capacidade de descrición. O obxectivo é escribir un texto claro, preciso e concreto a partir do que se percibe nun pequeno momento.

empezando sentindo, non escribindo

Durante un minuto, presta atención a: 👂 Oído: sons próximos e afastados. ✋ Tacto: temperatura, roupa, cadeira, aire. 👃 Olfacto: cheiros suaves ou fortes. 👅 Gusto: se notas algún sabor. 👁️ Vista: cores, movementos, luz...

bocexo

Anota:

  • Que escoitas?
  • Que ves?
  • Que temperatura?
  • Que sabor?
  • A que cheira?
💡 Que sensacións e emocións tes??

empezamos a escribir

  • Pon a data e un título sinxelo:
Hoxe, aquí e agoraO que sinto neste momentoO que pasa na aula e ao meu redor...
  • Describe o espazo físico no que estás con todo detalle.

incorporamos os sentidos

Despois de describir o espazo físico empezamos a falar das nosas sensacións. Segue esta orde:
  • Sons
  • Sensacións do corpo
  • Cheiros
  • O que ves
  • Sensación xeral

peche

✨ Pecha cunha frase de toma de conciencia “Todo continúa ao meu redor mentres escribo.” “Neste momento, o espazo e os sons seguen o seu ritmo.” “A respiración é constante e o ambiente mantense igual.” “Os sons aparecen e desaparecen pouco a pouco.” “Nada cambia, só observo o que sucede.”

comproba

✔️ Escribín en primeira persoa. ✔️ Sigo a orde indicada. ✔️ Usei emocións e descricións. ✔️ Hai conectores temporais. ✔️ O texto ten inicio, desenvolvemento e final. ✔️ Revisei ortografía e puntuación.

TEN EN CONTA QUE:

  • Usaremos un folio branco. Deixamos marxe á: esquerda, dereita, arriba e abaixo.
  • Cabeceira: poñemos nome, apelidos e a data.
  • Título:"... ", debe ir centrado e subliñado ou en maiúsculas.
  • O texto debe ter polo menos 15 liñas completas.
  • As frases deben estar ben ligadas con conectores.
  • Presentación: letra clara, limpa, ordenada e sen faltas de ortografía. Sen borranchos nin manchas.
  • Decoración final: engade un debuxo pequeno relacionado co texto. Tamén podes facer un marco debuxado arredor da folla.