Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

DEREITOS E DEBERES DAS FAMILAS E O ALUMNADO

CEIP PLURILINGÜE JAV

Created on January 22, 2026

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Quiz

Essential Quiz

Practical Quiz

Akihabara Quiz

Pixel Challenge

Math Calculations

Piñata Challenge

Transcript

dereitos deberes

EMPEZAR

dereitos deberes DAS FAMILIAS

DEREITOS DAS FAMILIAS
  • A ser respectados e recibir un trato adecuado polo resto da comunidade educativa.
  • A estar informados sobre o progreso da aprendizaxe e integración socioeducativa dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas, para o que se lles facilitará o acceso ao profesorado e aos membros dos equipos directivos dos centros docentes.
  • A recibir información sobre as normas que regulamentan a convivencia nos centros docentes.
  • A ser oídos, para a imposición de medidas correctoras de condutas contrarias á convivencia dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas.
  • A participar no proceso educativo a través de consultas e outros procedementos de participación directa que estableza a Administración educativa.
DEBERES DAS FAMILIAS
  • Coñecer, participar e apoiar a evolución do seu proceso educativo, en colaboración co profesorado e cos centros docentes.
  • Coñecer as normas establecidas polos centros docentes, respectalas e facelas respectar, así como respectar e facer respectar a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado no exercicio das súas competencias.
  • Fomentar o respecto polos restantes compoñentes da comunidade educativa.
  • Colaborar cos centros docentes na prevención e corrección das condutas contrarias ás normas de convivencia dos seus fillos ou fillas ou pupilos ou pupilas.

dereitos deberes DOS ALUMNOS

DEREITOS DOS ALUMNOS
  • A recibir unha formación integral e coeducativa que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade nun ambiente educativo de convivencia, liberdade e respecto mutuo.
  • A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais.
  • Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as situacións de acoso escolar.
  • Á participar directamente no proceso cando sexa consultado pola Administración educativa.
  • A participar na confección das normas de convivencia e na resolución pacífica de conflito e, en xeral, a participar na toma de decisión do centro en materia de convivencia.
DEBERES DOS ALUMNOS
  • Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou compañeiras á educación.
  • Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.
  • Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa.
  • Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as situacións de acoso escolar.
  • Á participar directamente no proceso cando sexa consultado pola Administración educativa.
  • A participar na confección das normas de convivencia e na resolución pacífica de conflito e, en xeral, a participar na toma de decisión do centro en materia de convivencia.