Concurso: un RETO EN FAMILIA
Opcións:
O alumnado poderá optar por presentar o seu reto en calquera das seguintes opcións:
Opción 1: Cartel
Opción 2: Banda deseñada ou cómic
Poderá presentarse un único reto ou participar con ambas opcións
CATEGORíAS
INFANTIL
PRIMARIA
4º, 5º e 6º de Infantil
Opción 1: Cartel
O alumnado de Infantil terá que crear un cartel sobre a temática do proxecto deste curso, A viaxe que nos une. Deberá incluír obrigatoriamente o título e opcionalmente poderá engadir algún slogan (en galego).
A historia presentarase en tamaño A4 e en formato vertical.
4º, 5º e 6º de Infantil
Opción 2: Banda deseñada ou cómic
O alumnado deberá crear unha pequena historia sobre unha viaxe alucinante ou extraordinaria contada a través de, como mínimo, 3 viñetas. Poderá levar texto (opcional) e deberá incluír obrigatoriamente un título (en galego).

Alumnado de 1º a 6º de Primaria
Opción 1: Cartel
O alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria terá que crear un cartel sobre a temática do proxecto deste curso, A viaxe que nos une. Deberá incluír obrigatoriamente o título e algún slogan (en galego).

O alumnado deberá crear unha pequena historia sobre unha viaxe alucinante ou extraordinaria contada a través dunha banda deseñada que abarcará un mínimo de 6 viñetas e un máximo de 3 páxinas. O cómic estará escrito en lingua galega e deberá incluír obrigatoriamente un título.
O traballo presentarase en tamaño A4 e en formato vertical.
Presentación
Os retos deberán vir escritos en galego e presentaranse en formato pdf (unha vez creado o cartel ou o cómic deberá escanearse e gardarse en pdf).
Ademais da orixinalidade da obra, para outorgar o premio terase moi en conta a boa presentación: marxes, limpeza, ortografía, caligrafía, coloreado...
Modo de entrega
Os traballos deberán escanearse para poder envialos en formato pdf ao correo da biblioteca:
biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com
Tamén poderán entregarse directamente á titora ou titor correspondente á volta das vacacións.
Data de entrega
A data límite de entrega será o venres, 9 de xaneiro de 2026.
Xurado e Premios
Todos os traballos presentados serán publicados no blog da Biblioteca. O Equipo de Biblioteca será o encargado de valoralos. Reunirase o martes, 20 de xaneiro, e escollerá en cada nivel un traballo gañador que recibirá como agasallo un libro.
Comunicación dos traballos premiados
O venres, 30 de xaneiro de 2026, comunicarase o resultado do xurado, os nomes do alumnado gañador e farase a entrega dos premios.
Animádevos a participar!
BO Nadal !!!
categorías
2025-Concurso: Reto en familia
Manuel Padín Truitei
Created on December 18, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Explore all templates
Transcript