Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Recomendacións de lectura Nadal 25-26

Balboa

Created on December 10, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Practical Timeline

Timeline video mobile

Timeline Lines Mobile

Major Religions Timeline

Timeline Flipcard

Timeline video

History Timeline

Transcript

POR UN 2026CHEO DE BOAS HISTORIAS!

Lectoressenior

Bailar e xogar

Primeiroslectores

Para amantes da pedagoxía

Lectoresen marcha

Prelectores

Lectores autónomos

preLECTORES

primeiros LECTORES

LECTORES en marcha

LECTORES autónomos

LECTORES SENIOR

PARA AMANTES DA pedagoxía

PARA BAILAR E XOGARen familia

O albatros negro

María Oruña

Unha trama de misterio e suspense ambientada en Vigo, unha cidade que, co seu mar e a súa historia, se converte nun personaxe máis da narración. A autora entrelaza o presente e o pasado nunha investigación que conecta un crime recente con feitos do pasado, guiando os lectores a través dunha serie de pistas que os levarán a descubrir segredos agochados baixo a superficie da cidade.

La muy catastrófica visita al zoo

Joël Dicker

É véspera de Nadal e a visita da clase de Joséphine ao zoo foi unha catástrofe. Ninguén sabe exactamente que pasou e os pais da nena están dispostos a descubrilo. Dicker nos mantén en vilo ata o final cunha novela divertida e emocionante, chea de acenos á nosa sociedade, á democracia, á educación inclusiva e ao papel dos pais e dos mestres. «Intentei escribir un libro que puidesen ler e compartir todos os lectores, sexan como sexan e estean onde estean, de 7 a 120 anos, e que nos permita reencontrarnos». Joël Dicker.

Cerebro y pantallas

María Couso

O impacto grave que supón unha exposición prematura ás pantallas durante a infancia e a falta de control na adolescencia é un feito. Cando a tecnoloxía xa está en cada unha das habitacións das nosas casas e escolas, tanto as familias como o profesorado necesitan os datos, a experiencia e, sobre todo, as pautas e os recursos para evitar un uso precoz das pantallas e reconducir as malas condutas. María Couso, recoñecida divulgadora en educación e xogo e autora de Cerebro, infancia y juego, ofrécenos un libro único e imprescindible nun momento no que o sistema educativo debe repensar o uso das pantallas para un mellor desenvolvemento dos nosos pequenos e mozos.

Otra educación es posible

Almudena García

O mundo da educación está cambiando. Cada vez xorden máis alternativas ao sistema convencional: escolas Montessori, Waldorf, libres, activas, Reggio Emilia, institutos que traballan por proxectos, comunidades de aprendizaxe... Almudena empezou a rexistralas no seu directorio Ludus, que nos últimos tres anos pasou de integrar 30 proxectos... a máis de 800 sistemas que levan décadas funcionando e outros moito máis recentes. Un libro necesario para calquera persoa interesada na educación; para familias, para educadores ou para simples observadores dunha tendencia que cada vez ten máis forza. Porque isto non ten marcha atrás.

Polo camiño

Mariana Ruiz Johnson

"Andando polo camiño, con cacahuetes e uvas, xa chega mamá elefanta xunto á elefantiña: UNHA" Polo camiño é un poema-canción infantil que desprende ledicia, ritmo e musicalidade. Está protagonizado por distintos animais -dende elefantes a ratos, bechos e osos- que marchan ao ritmo dos versos octosílabos, marcando unha progresión numérica. Así, do 1 ao 10 vanse enumerando personaxes ata chegar a un sorprendente e festivo destino.

Dino y Pablo

Loïc Dauvillier/Baptiste Amsallem

A Pablo encántanlle os esvaróns. Non é raro ver a este pequeno rapaz utilizar as costas do seu amigo Dino como tobogán. Hai que dicir que Dino é un enorme dinosauro verde... Pablo aínda non o sabe, pero descubrirá axiña que os grandes dinosauros ás veces gardan sorpresas.

Dila CocodilaEspremer os miolos

Gómez

Dila Cocodila é unha colección de libros en letra maiúscula para aprender a ler protagonizada por cinco peculiares animais que viven nun prado moi especial. Dila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Brañavella, un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS. Neste volume, Drila e os seus amigos aprenderán que, para resolver calquera problema, o mellor é pararse a pensar (espremer os miolos) e atopar a mellor solución. E tamén que, pensando en equipo, sempre saen as cousas mellor!

Rufus. O morcego que adoraba as cores

Tomi Ungerer

Canso da noite e da súa escura vestimenta, este morcego decidiu pintarse de cores e voar de día, mais... non foi unha tan boa idea! Nesta historia, o autor critica os prexuízos da sociedade cara a quen é diferente ou se aparta dos canons establecidos. Porque cando Rufus descobre a luminosidade do amencer e decide pintarse de rosa, azul, violeta, verde… a xente reacciona con agresividade e violencia. Pero grazas á sensibilidade dun doutor, o pequeno quiróptero cura das feridas. El axúdao a aceptar a negrura do seu aspecto e a súa natureza nocturna, que non serán obstáculo para que entre eles continúe a amizade.

Bruxa e familia

Paula Carballeira

Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que o queren coñecer.

Invatible. Justicia y verduras frescas

Pascal Jousselin

O protagonista de Imbatible é consciente de estar nun universo de ficción e de formar parte dun cómic. Isto fai que poida xogar coas viñetas e coa historia, saltar de páxina en páxina… e así alterar o final e gañar contra os malvados. O noso superheroe defínese como «o único e verdadeiro heroe de cómic». Non é un superheroe normal. Ten o poder de atravesar o tempo, o espazo… ¡e a páxina! Un poder que utilizará para frustrar os plans tortuosos dos malos de todo o mundo. Pero, ¿como o fará o imbatible? Será unha viaxe tola, diso non hai dúbida.

Mortiña: Unha historia para esmendrellarse de risa

Bárbara Cantini

Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar a xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única: a festa de Halloween! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse... Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara?

El club de cómic de Chikigato

Dav Pilkey

O gato favorito de todo o mundo montou un club para animar os seus amigos a inventar, debuxar, crear e, sobre todo, ¡a pasalo xenial! Un cómic divertidísimo cheo de ideas xeniais, que demostra que todos levamos un creador de cómics dentro.

Smart 10 Familiar

SD Games

Un xogo tipo TRIVIAL espectacular que non te deixará indiferente e no que poderás involucrar a todas as persoas que desexes, coa característica inigualable de poder ADAPTALO á franxa de idade que queiras a través do seu modelo, creando ti mesmo as preguntas do ámbito que desexes e podendo aplicalo á aula cun carácter curricular. Conciencia fonolóxica, principio alfabético, coñecemento curricular, dominio gramatical, idiomas… Que máis se lle pode pedir a un xogo?

Anomia

Ludilo

Neste xogo deberás estar atento aos símbolos que van aparecendo ao azar boca arriba para que, en canto vexas unha coincidencia coa túa carta virada, poidas dicir unha palabra que pertenza á categoría da carta contraria e así gañar a rolda.Un xogo de atención, flexibilidade cognitiva e velocidade de procesamento mesturada con velocidade de denominación e dominio lingüístico.

En clase sí se juega

Manu Sánchez Montero

O xogo na aula é unha valiosa ferramenta capaz de transformar de maneira radical o proceso de ensino e aprendizaxe. É emoción pura e sen ela nunca existiría a aprendizaxe. Xogar non é máis que resolver problemas cunha actitude lúdica, por iso os alumnos se involucran e se entusiasman, transformando a aprendizaxe en algo memorable.O propósito deste libro é presentar as distintas metodoloxías e recursos que o xogo pode achegar a calquera educador para ser capaces de afrontar os cambios sociais e educativos que nos formula o presente e o futuro. Exemplos prácticos, estratexias e recursos para poder levalos á aula ou á túa vida como filosofía vertebradora.

Batalla de Genios

Lúdilo

Reta ao teu opoñente a completar o taboleiro antes ca ti. Sé o máis rápido en resolvelo! Existen 62.208 combinacións posibles e sempre hai unha solución. Completa a cuadrícula coas nove pezas de cores, unha vez que se colocaran os sete bloqueadores nas posicións que indican os dados. Un xogo co que desenvolver o control inhibitorio, a flexibilidade cognitiva, a planificación de tarefas, a toma de decisións e a velocidade de procesamento.

Son animal

Paco Nogueiras

Un libro-disco que recolle a banda sonora do noso medio rural. As doce cancións deste cuarto libro-disco de Paco Nogueiras teñen como protagonistas a vaca, a galiña, o porco, o burro… mais tamén a ra, o grilo… Con estilos musicais moi variados, atopamos dende pezas con raigame tradicional galega e portuguesa, aos ritmos electrónicos, a balada acústica, o rock&roll ou o rap, pasando polos ecos do leste de Europa ou de terras andinas. Unha viaxe musical polo mundo que invita a bailar e a cantar os seus retrousos alegres e pegadizos.

Un, dous, tres, Nadal é

Dunia Budde

Divertidos versos encadeados e cheos de ritmo que nos presentan personaxes e elementos típicos do Nadal en diferentes culturas.

Sempre Nadal

Desireé Acevedo/Sara Sánchez

Entre sorrisos, familia, comida rica, agasallos e abrazos, a Pepiño xórdelle unha importante pregunta que che fará lembrar o verdadeiro sentido do Nadal. Na casa de Pepíño toda a familia amenceu contenta e preparan con ilusión todo o necesario para celebrar xuntos o Nadal, pero a Pepín xórdelle unha importante pregunta. Se ese día a casa está tan bonita, están todos xuntos, sorrín máis que nunca, hai agasallos para todos, comen manxares e a xenerosidade brilla en cada recuncho… Por que non é sempre Nadal? Unha historia preciosa cunha importante reflexión: o amor debe brillar cada día.

Nadalario

Rena Ortega

O planeta Terra está cheo de culturas e tradicións e unha das máis famosas é o Nadal, pero como se celebra a mil quilómetros do teu sofá? Que se cea en Noiteboa nunha casa americana? Ademais de Papá Noel, que personaxes son os encargados de entregar os agasallos na noite máis máxica do ano? Rena Ortega tráenos unha chea de curiosidades como música, filmes, comidas e tradicións curiosas de todo o planeta acerca do Nadal. Unha gran viaxe sen moverte do teu sitio e sen pasar frío!

A tenda de xoguetes

Ledicia Costas/Rena Ortega

Unha viaxe fascinante polos xoguetes que todos lembramos. A xoguetería de Luz invítanos a percorrer estantes cheos de memoria, historias, risas . e tamén algunha caixa con Barbies que chegaron coas pernas ao revés. Este libro divulgativo reúne anécdotas, datos curiosos e a orixe de moitos dos xoguetes clásicos e contemporáneos máis importantes. Da Barbie ao LEGO, do cubo de Rubik aos Sonny Angels. Un percorrido apaixonante polos xoguetes que marcaron xeracións.

A saga das curandeiras

Marisa Castro

Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.