CEIP Nosa Señora das Dores
Biblioteca escolar
1/12
+ Info
Inicio
Hoxe abrimos a primeira porta do noso calendario “Tesouros Verdes de Galicia”, un calendario que nos axuda a coñecer e a coidar a natureza galega. Cada día descubriremos un tesouro verde: unha planta, unha árbore ou un recuncho natural que fai de Galicia un lugar único. Imos aló co tesouro de hoxe! Este 1 de decembro presentamos o carballo, unha árbore robusta e maxestosa que pode superar os 40 metros de altura. Medra en climas húmidos e dá sombra, alimento e protección a moitos animais. As súas follas e landras son parte esencial da vida do bosque. A súa madeira úsase para fabricar toneis, barricas de viño e licores, para a construción de barcos e tamén produce un excelente carbón. É unha árbore de longa vida: pode superar os mil anos e tarda en florecer entre 40 e 50 anos. Grazas por escoitar e por compartir connosco este momento do Nadal. Lembrade que coidar a natureza é tamén unha maneira fermosa de celebrar estas festas. Ata mañá!
2/12
+ Info
Inicio
Benvidos e benvidas ao noso calendario “Tesouros Verdes de Galicia”. Hoxe imos falar dunha das árbores máis importantes e presentes en Galicia desde hai polo menos 4.000 anos: o piñeiro do país, tamén chamado piñeiro bravo. O piñeiro do país adaptouse moi ben ao noso chan e ao noso clima. Por iso foi, durante moito tempo, unha das árbores máis plantadas en Galicia. Crece rápido, resiste ben o vento e axuda a suxeitar a terra dos montes. As súas follas en forma de agulla aparecen en parellas e están preparadas para soportar o frío e a seca. As súas piñas, que tardan case dous anos en madurar, gardan dentro os piñóns, que son alimento para esquíos, paxariños e outros animais do bosque. A madeira do piñeiro galego úsase para facer mobles, carpintería, estruturas de construción e tamén na industria forestal. É unha das máis importantes da nosa comunidade. No interior de Lugo e Ourense tamén aparece outro piñeiro, o piñeiro silvestre, coñecido como piñeiro vermello. Este medra máis amodo, pero resiste moi ben o frío das montañas galegas. O piñeiro é unha árbore que permanece verde durante todo o ano. E ata aquí a nosa aportación. Grazas por escoitarnos.
3/12
+ Info
Inicio
Moi bos días! Continuamos coa nosa viaxe polo calendario “Tesouros Verdes de Galicia”, no que cada día descubrimos unha planta ou árbore que forma parte da riqueza natural do noso país. Preparados para coñecer unha das árbores máis queridas de Galicia? Imos descubrir o tesouro de hoxe! O noso protagonista é o castiñeiro, unha árbore ligada á historia de Galicia. Chegou á nosa terra hai moitos séculos e converteuse nunha parte esencial da vida nos soutos. O castiñeiro pode vivir varios centos de anos e medrar ata alturas importantes. O seu tronco groso e, ás veces, retorto garda dentro a memoria do tempo. No outono, as súas follas grandes e dentadas vólvense douradas e marróns, enchendo o chan dun manto de cor. O seu froito máis apreciado é a castaña, que se agocha dentro dos ourizos, cheos de púas que a protexen. Durante séculos foi un alimento básico na dieta galega antes de que chegara a pataca, e hoxe segue sendo protagonista dunha das festas máis bonitas e tradicionais: o Magosto. A madeira do castiñeiro é moi resistente e non podrece con facilidade. Por iso se emprega na construción, carpintería, mobles e estruturas de casas antigas. Ademais, os ocos dos castiñeiros máis vellos serven como fogar para paxaros, morcegos e moitos pequenos animais do bosque.O castiñeiro é unha árbore xenerosa: dá alimento, sombra, abrigo e unha paisaxe fermosa en cada estación. Grazas por acompañarnos un día máis nesta viaxe polos tesouros verdes da nosa terra. Lembrade que a natureza é parte de nós e necesita do noso agarimo.Ata mañá, cando descubramos un novo Tesouro Verde de Galicia.
5/12
+ Info
Inicio
Bos días! Seguimos descubrindo novas árbores e plantas do noso calendario. Hoxe abrimos a porta número 5 para coñecer unha das plantas máis bonitas e máis natalicias de Galicia: o acivro! O acivro é unha árbore ou arbusto moi especial, facilmente recoñecible polas súas follas verdes, duras e con puntas, e polos seus froitos vermellos brillantes, que aparecen nos meses fríos. Por iso é un símbolo do inverno e do Nadal en moitos lugares. En Galicia é unha especie moi querida, e ademais está protexida por lei, porque nalgúns lugares quedou moi escasa debido ao seu uso decorativo no pasado. Por iso, é importante lembrar que non podemos cortar nin recoller acivro silvestre, especialmente os seus gromos e boliñas vermellas. O acivro medra en zonas húmidas e sombrizas, sobre todo en bosques de carballos e castiñeiros. Tamén aparece en zonas de montaña e en fragas ben conservadas. Prefire solos frescos e húmedos, e pode vivir moitos anos. As follas novas adoitan ter máis puntas para defenderse dos animais herbívoros, pero nas partes altas da árbore, onde non chegan os animais, adoitan ser máis lisas. Os froitos vermellos, que aparecen no Nadal, son moi importantes para moitos paxaros, que se alimentan deles durante o inverno cando non hai moita comida dispoñible. O acivro tamén ten unha gran importancia cultural: aparece en contos tradicionais, lendas e mesmo como símbolo de boa sorte e protección. Para moitas familias, ver un acivro no inverno é sinal de vida e esperanza. O acivro recórdanos algo moi importante: a natureza é fermosa, pero tamén delicada, e temos a responsabilidade de coidala.Grazas por compartir con nós este novo tesouro verde da nosa terra. Lembrade que cada planta conta unha historia e merece ser respectada. Escoitámonos mañá!
6/12
+ Info
Inicio
Moi boas! Un saúdo a todos e todas! O tesouro de hoxe é unha planta que vive preto de nós dende sempre, e que está chea de tradicións, aromas e historia: o loureiro! O loureiro é un arbusto ou pequena árbore de follas sempre verdes, brillantes e aromáticas. Cando frotamos unha folla entre os dedos, desprende un cheiro moi característico que se utiliza dende hai séculos na nosa cociña: en caldos, guisos, carnes, peixe ou para aromatizar conservas. As súas follas son duras, de forma alongada, e están preparadas para soportar tanto calor coma frío. O loureiro produce pequenas flores amarelas e, máis tarde, froitos negros que serven de alimento a algúns paxaros. En Galicia atopamos loureiros tanto en bosques húmidos como nas hortas, ribeiras e mesmo ao lado das casas. Prefire zonas onde non haxa xeadas moi fortes e onde o solo teña algo de humidade. O loureiro foi, ao longo da historia, un símbolo moi especial. Para os romanos representaba a sabedoría e a victoria, e por iso coroaban con loureiro aos poetas e aos vencedores. Hoxe en día segue sendo unha planta asociada á protección da casa e ao bo destino. A súa madeira tamén é apreciada: é dura, compacta e emprégase en pequenas pezas de artesanía. Ademais, como planta sempre verde, axuda a manter os ecosistemas no inverno, ofrecendo refuxio a numerosos animais pequenos. O loureiro ensínanos que a forza non sempre está no tamaño, senón na constancia, no aroma que deixamos e na capacidade de dar algo útil aos demais. Grazas por acompañarnos hoxe na descuberta deste novo tesouro natural. Vémonos mañá cun novo Tesouro Verde de Galicia!
7/12
+ Info
Inicio
Ola a todas e a todos! Seguimos avanzando no noso calendario. O tesouro que nos ocupa é unha árbore que vive sempre preto da auga e que semella bailar cando sopra o vento. Hoxe coñecemos… o salgueiro! O salgueiro é unha árbore elegante e flexible, recoñecida polas súas pólas longas e finas, que caen cara abaixo como se fosen unha cortina natural. Estas pólas movense co vento dun xeito suave e tranquilo, creando un murmurio que lembra o son da auga. Os salgueiros prefiren vivir ao lado de ríos, regatos, humidais e zonas de moita auga, porque as súas raíces necesitan humidade constante. En Galicia atopámolos nos vales, nas ribeiras e en moitos camiños rurais onde a terra é fresca. As súas follas son estreitas, verdes e brillantes, e aparecen moi cedo cada primavera. A madeira do salgueiro é lixeira e flexible; por iso foi tradicionalmente utilizada para facer cestos, útiles de granxa e incluso instrumentos musicais.O salgueiro é importante tamén desde o punto de vista medicinal da súa casca obtívose unha substancia chamada salicina, que foi precursora da aspirina. Isto fixo que durante moitos anos se utilizase como remedio natural para baixar a febre e aliviar dores. O salgueiro cumpre un papel esencial xa que fixa o solo e evita que a terra se desprenda, limpa a auga ao absorber minerais e crea sombra para moitos animais acuáticos. Ensínanos que a flexibilidade é unha forza igual que as súas pólas dobran pero non se rompen, nós tamén podemos aprender a adaptarnos e seguir adiante con calma e elegancia. Vémonos mañá cun novo Tesouro Verde de Galicia! Que teñades un día cheo de serenidade.
8/12
+ Info
Inicio
Bo día a todas e a todos! Seguimos camiñando polo noso calendario, no que cada día descubrimos unha nova planta que forma parte da riqueza natural da nosa terra. Hoxe imos achegarnos a unha árbore que vive sempre ao lado do río e que coida da auga igual que a auga coida dela: o ameneiro! O ameneiro, tamén coñecido como amieiro, é unha árbore moi típica das ribeiras galegas. Gústalle vivir coa auga moi preto, case tocando as súas raíces, por iso se atopa nas marxes de ríos, regatos, fontes e zonas enchoupadas. Pódese recoñecer polas súas follas redondeadas, de cor verde intenso, e polo seu tronco recto e liso, que ás veces presenta tons grisáceos ou prateados. O ameneiro é unha das poucas árbores que ten flores no inverno, cando moitas outras están a durmir. As súas flores son uns amentos longos e amarelados, moi característicos. Unha das cousas máis curiosas do ameneiro é que as súas raíces colaboran con bacterias especiais que fixan nitróxeno no chan, enriquecéndoo e permitindo que outras plantas medren mellor. Por iso, o ameneiro funciona como un “gardador do río”: protexe as beiras, evita que a terra se desprenda, dá sombra á auga e crea un espazo seguro para peixes, anfibios e moitos insectos. A súa madeira é lixeira e resistente á humidade. Por iso se utilizou tradicionalmente para facer zocos, mobles pequenos e mesmo para construccións que estaban en contacto coa auga. Cando se mergulla, a madeira de ameneiro faise máis dura aínda, algo que poucas árbores poden facer. O ameneiro lévanos a comprender que a natureza funciona como unha gran familia, na que cada ser vivo axuda aos demais dun xeito único. Lembrade que cada árbore conta unha historia e forma parte da vida do noso territorio. Vémonos mañá para coñecer outro Tesouro Verde de Galicia!
9/12
+ Info
Inicio
Moi bos días a todas e a todos! Hoxe continuamos co noso calendario “Tesouros Verdes de Galicia”. O tesouro de hoxe é unha planta moi antiga, que existía mesmo cando vivían os dinosauros. Hoxe descubrimos o fento. O fento é unha planta de cor verde intenso, moi común en Galicia, sobre todo en zonas húmidas e sombreadas: nos montes, nas beiras dos ríos, nas fragas e mesmo en camiños onde o sol apenas entra. As súas follas, grandes e bonitas, chámase frondes e cando comezan a medrar están enroladas, coma se fosen un pequeno caracol verde que se estira pouco a pouco. A diferenza doutras plantas, o fento non ten flores nin sementes. En vez diso, reprodúcese mediante esporas, que son uns puntiños moi pequenos situados na parte de abaixo das follas. As persoas adultas poden velos con claridade se levantan unha folla e a observan de preto. Ao fento encántalle a humidade. Mantén o chan fresco, evita que a terra se desgaste e convértese nun refuxio perfecto para insectos, ourizos, pequenos anfibios e moitos máis habitantes do bosque. Ademais, fai que as fragas teñan ese aspecto máxico e verde que tanto nos gusta. O fento recórdanos que, ás veces, as plantas máis sinxelas son as que levan máis tempo na terra e as que máis axudan a manter os bosques cheos de vida.Grazas por escoitar este novo tesouro verde da nosa natureza. Desexámosvos un día tranquilo e cheo de curiosidade… e convidámosvos a mirar arredor para descubrir outros fentos que agachan segredos nos camiños. Mañá seguiremos explorando xuntos os nosos Tesouros Verdes de Galicia.
10/12
+ Info
Inicio
Bos días, nenas, nenos e familias! Hoxe chegamos ao día número 10 do noso calendario “Tesouros Verdes de Galicia”, e imos coñecer unha planta máxica, moi ligada ás tradicións galegas: a herba de San Xoán, tamén chamada hipérico. O hipérico é unha planta de cor verde intenso que destaca polas súas flores amarelas, moi brillantes, que lembran pequenos raios de sol. Florece xusto a finais de xuño, coincidindo coa celebración de San Xoán, e por iso recibe ese nome tan especial. As súas flores teñen uns puntiños negros nas beiras dos pétalos, e se as frotamos lixeiramente entre os dedos, deixan escapar un zume avermellado. Por iso tamén se coñece como “fariña de bruxas” ou “sanguiño”. En Galicia forma parte tradicional das Herbas de San Xoán, que se recollen o día 23 para deixalas repousar en auga durante toda a noite. Ao día seguinte, moita xente lávase a cara con esa auga perfumada para atraer boa sorte e afastar o mal de ollo. Dicíase que o hipérico tiña poderes protectores e que daba forza e alegría a quen o levaba consigo. Pero ademais da súa parte máxica, o hipérico é importante na natureza: atrae a moitas bolboretas e insectos polinizadores, medra en prados e camiños soleados e forma parte da biodiversidade das plantas aromáticas de Galicia. Durante séculos tamén se empregou como planta medicinal: con el facíase un aceite vermello que se utilizaba para masaxes e pequenas feridas ou golpes. O hipérico recórdanos que as plantas non só decoran o campo: tamén gardan historias, tradicións e saberes antigos que chegaron ata nós grazas ás persoas que coidan da natureza. Grazas por acompañarnos un día máis nesta viaxe de descubrimento. Vémonos mañá cun novo Tesouro Verde de Galicia!
11/12
+ Info
Inicio
Bos días, nenas, nenos e familias! Hoxe abrimos a porta número 11 do noso calendario “Tesouros Verdes de Galicia” para coñecer unha planta moi común nos camiños, pero que garda un papel esencial nos ecosistemas galegos: a silveira. A silveira é un arbusto moi resistente, que pode chegar a crecer máis de dous metros formando sebes densas. Os seus talos, chamados caniñas, están cubertos de espiñas afiadas que lle serven para defenderse dos animais e tamén para engancharse e ir medrando entre outras plantas. As súas follas, normalmente agrupadas de cinco en cinco, son verdes e dentadas. Na primavera produce flores brancas ou rosadas, que máis tarde darán lugar a un dos froitos máis coñecidos e saborosos do verán: as amoras. Estas comezan sendo vermellas e, ao madurar, vólvense negras e moi doces. As persoas gozamos de comelas frescas ou en marmeladas, pero tamén son un alimento esencial para moitos animais: paxaros, ourizos, raposos e numerosos insectos. A silveira ten un papel ecolóxico moi importante: forma refuxios naturais para aves e pequenos mamíferos, axuda a suxeitar o solo, evitando a erosión e medra rapidamente en zonas abandonadas, favorecendo que o ecosistema se recupere. Esta planta ensínanos que, mesmo entre as espiñas, pode haber un froito cheo de dozura. Grazas por acompañarnos un día máis nesta viaxe polos nosos tesouros verdes. Vémonos mañá cun novo Tesouro Verde de Galicia. Que teñades un día delicioso, coma unha amora recén collida!
5/12
+ Info
Inicio
Moi bos días, familias, nenas e nenos! Hoxe abrimos unha nova fiestra do noso calendario “Tesouros Verdes de Galicia”, e o que atopamos é unha planta que en primavera enche de luz os montes galegos. O tesouro de hoxe é… a xesta. A xesta é un arbusto moi común en toda Galicia. Destaca polas súas ramas longas e delgadas, e sobre todo polas súas flores amarelas, que aparecen entre abril e xuño. Cando florece, moitos montes galegos convértense nun auténtico mar amarelo. As follas da xesta son pequenas e caen con facilidade, pero iso non lle impide resistir o vento, a seca e as temperaturas extremas. É unha planta moi forte, capaz de medrar en lugares onde outras non poden. As súas flores teñen forma de pequena barquiña e chaman moito a atención das abellas e insectos polinizadores, que as visitan para recoller néctar. A xesta axuda así a manter a vida nos ecosistemas onde medra. Durante séculos tivo moitos usos tradicionais: utilizábase para facer escobas, para cubrir teitos de palleiras, como cama para o gando, e mesmo como planta protectora nas noites de San Xoán. Ademais, algunhas partes da planta utilizáronse en medicina tradicional, sempre con coidado, xa que certas substancias dela poden ser tóxicas se non se empregan correctamente. A xesta recórdanos que non todo o que é forte ten que ser grande: ás veces, a beleza e a resistencia van da man nun arbusto humilde, pero imprescindible para os montes galegos. Grazas por compartir este momento con nós. Seguimos mañá cun novo Tesouro Verde de Galicia!
CEIP Nosa Señora das Dores
Vanessa Arca
Created on December 2, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Christmas Spirit Test
View
Corporate Icebreaker
View
Retro Bits Quiz
View
Bomb Quiz
View
Witchcraft Quiz
View
Halloween Quiz
View
Day of the Dead Quiz
Explore all templates
Transcript