Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Lúa Gándara

Xos

Created on November 28, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Akihabara Connectors Infographic

Essential Infographic

Practical Infographic

Akihabara Infographic

Interactive QR Code Generator

Witchcraft vertical Infographic

Halloween Horizontal Infographic

Transcript

Lúa Gándara

"Pinto en serio desde pequena e vou ser pequena sempre."

biografía

OBRA

EntrevistaNa radio

biografía CEip Vilaverde

Lúa Gándara nace como Raquel Iglesias Gándara no Porriño (Galiza) en 1988. É filla de Isa (mestra de primaria) e Luis (delineante e diseñador de interiores). Ten unha irmá, Rita, programadora informática e influencer de programadores. Cando era pequena vivíu durante moitos anos en diferentes casas escolas porque a súa nai como era mestra cambiaba de colexio moitas veces. Isto gustáballe moito porque así tiña o parque na casa e podía coñecer a moita xente.

Formouse cun Grao en Belas Artes pola Universidade de Vigo e completou un posgrao de Creación Sonora na Universidade de Barcelona e un máster de Profesorado en Educación Secundaria con especialidade en Artes e Debuxo.

É unha artista multidisciplinar, a súa obra combina perfomance, humor, vídeo, reflexión crítica… Os seu cadros foros seleccionados e expostos en numerosos certames, onde gañou varios premios.

Gústanlle as obras de pintores como Hilma Af Klint, Kandinsky e Paul Klee, e tenas moi presentes cando pinta.

Canta desde pequena, nun momento da súa vida vivíu da música. Estivo en grupos como “La Dolorosa Compañía” e “Cuerpo Astral”.

"Gústame toda a música, desde a clásica ata a electrónica. Ás veces traballo como Dj e sempre estou a descubrir cousas novas."

Gústalle moito ler, especialmente cousas divertidas. Publicou un libro de artista cheo de cadros e títulos. Tamén deseña portadas de libros coa editorial Rodolfo e Priscila.Encántalle colaborar en diferentes proxectos deseñando ou pintando roupa, paraugas, abanos, cuncas, xoias...

Obra

"Cando quero dicir algo, falo. Cando pinto, é outra cousa"

Cando Lúa pinta constrúe equilibrios co espazo, o trazo e a cor. Trata de saber onde están as cousas no espazo. Nunca ten pensado nada antes de pintar, deixa que o cadro a leve a unha especie de baile rabioso, tranquilo e alegre. Poñerlle título as súas obras é un xogo para ela co cal sempre o pasa moi ben. Gústanlle todas as cores. Se tivese que elixir unha sería o amarelo, porque lle dá moita alegría e luz..

Ligazóns

"Se o paso ben cando pinto, a xente pasarao ben cando vexa a obra"

https://luagandara.com/

https://masdearte.com/especiales/lua-gandara/

https://www.galeriametro.com/artistas_galeria_metro/1/111/

https://www.luagandara.net/

https://arteglobal.es/collections/lua-gandara

https://mambogallery.com/artist/lua-gandara/