16
15
12
11
14
13
17
10
21
20
19
18
25
24
22
23
CADA DÍA UNHA XANELA ABERTA Á NATUREZA
Instrucións
CADA DÍA UNHA XANELA ABERTA Á NATUREZA : Unha experiencia para vivir e compartir no teu centro educativo. A Xunta convídavos a participar nunha proposta moi especial para este mes de decembro: o Calendario de Advento do Patrimonio Natural.
Cada día descubriredes unha pequena inspiración e unha acción colectiva que convida a coidar, valorar e celebrar a natureza que nos rodea a través de accións cara o respecto, concienciación e sensibilización do patrimonio natural de Galicia.
Como participar?
- Descubride cada día a mensaxe inspiradora e unha acción colectiva proposta. Tamén poden facer máis dunha actividade por día.
- Realizade a actividade xunto co seu grupo ou clase, fomentando a creatividade, a cooperación e a reflexión sobre a nosa contorna.
- Capturade o momento: tomen unha fotografía de cada acción como evidencia de participación.
- Enviade as 25 fotografías (unha por acción) á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a través do seguinte formulario:
O Obxectivo é Promover valores de cooperación, sostibilidade e compromiso ambiental, reforzando o sentido de comunidade educativa a través de pequenas accións significativas. Podedes enviar as fotos ata o 16 de xaneiro*
Os centros que completen as 25 accións participarán en tres premios especiais como recoñecemento á súa implicación e entusiasmo nesta aventura educativa. :
1º premio: Viaxe ao parque natural que elixan da súa provincia e diploma acreditativo. 2º premio: Uns prismáticos para a aula, un lote de libros, un obradoiro e un diploma acreditativo. 3º premio: Uns prismáticos para aula e un diploma acreditativo. As mellores actividades subiranse as redes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Con este calendario queremos que cada centro transforme o mes de decembro nunha viaxe compartida cara á sostibilidade onde cada pequeno xesto suma para construír un futuro máis sustentable e consciente.
Grazas por ser parte deste movemento que une educación, acción e natureza. Que cada día sexa unha semente de cambio!
Formulario
*As fotografías enviaranse unicamente co consentimento das familias e usaranse exclusivamente para os fins comunicados. A Xunta de Galicia será a depositaria responsable da súa custodia, garantindo a seguridade, confidencialidade e o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación e supresión por parte dos titores legais (Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro).
“O mellor agasallo é un futuro sostible”
Crea unha mensaxe conxunta con todas as accións realizadas.
"O medio ambiente é unha responsabilidade de todos"
Detectives da contorna
Identifica problemas ambientais próximos. Para iso podedes percorrer o colexio, a veciñanza ou onde queirades, e rexistrade en fotos ou debuxos calquera problema ambiental (lixo, ruído, contaminación visual, falta de árbores…). Logo presenta propostas de mellora .
“Camiñar é tamén coñecer o lugar que te sostén”
Crea un mapa colaborativo cos recursos naturais, fontes, árbores e camiños do lugar, pobo ou cidade.
“Cada paso consciente é un acto de conservación”
Escribe e interpreta unha pequena historia onde o protagonista (unha árbore, un animal, unha planta, un fungo... ) ensine sobre coidar a Terra.
“Cada folla é un recordo do bosque”
Crea un “herbario comunitario” con diversas follas e plantas.
“Onde os animais deixan pegadas, tamén as deixamos nós”
Busca distintas pegadas de animais e aprende a identificalas.
"A sinfonía do silencio"
Escoita en silencio 5 minutos nun parque, nun xardín ou no bosque. Anota os sons naturais que escoitas.
"Os gardiáns dourados do bosque"
Busca algún apicultor que che fale sobre a apicultura sostible. Investiga sobre a labor das abellas como polinizadoras.
“O bosque é unha caixa de sorpresas vivas”
Observa algunha árbore e describe todo o que ves, sentes e imaxinas:sensacións, olores, cores, experiencias....
“Os bosques tamén viven no mar”
Inventa un xogo educativo sobre a relación entre o bosque e os ecosistemas mariños.
“O Nadal tamén pode ser verde”
Realiza un obradoiro de decoración navideña con elementos naturais non daniños e reciclables
“Cada animal merece o seu espazo”
Xogo de roles: representa algunha especie que estea en perigo e pensa como axudalas.
“O inverno tamén florece se o coidamos”
Crea comedeiros para paxaros con materiais reciclados.
"A imaxinación pódese pintar de verde"
Imaxinario de contos Inventa un pequeno conto sobre o patrimonio natural de Galicia.
Escribe o teu propósito ambiental para este ano. Tamén podes convidar aos membros da túa familia a que escriban un. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático vos desexa BO NADAL!
“A auga doce e salgada danse a man”
Realiza unha observación de aves ,e elabora un rexistro fotográfico para crear unha exposición escolar.
“O mar ten un corazón que late con vida"
Investiga que tipo de fauna mariña podemos atopar en Galicia.
“A neve é o manto do bosque”
Fai unha reflexión sobre a importancia do cambio climático.
“A fronteira non existe na natureza”
Realiza un intercambio de postais ecolóxicas con escolas doutros concellos, provincias, e se vos atrevedes doutros países.
“A pedra garda historias, e nós debemos escoitalas”
Realiza algún pequeno roteiro onde se poña en valor os recursos xeolóxicos.
“Un carballo non nace só: medra coa axuda do bosque”
Planta polo menos un carballo. Fai un diario de seguimento : como medra, cor, que vida ten...)
“A natureza é o noso fogar común”
Inicia un mural colectivo para expresar: “Que é para ti a natureza?”
“O camiño tamén é parte da paisaxe”
Realiza unha limpeza simbólica de sendas e ribeiras.
“O musgo lembra o paso do tempo”
Realiza fotografías de macro texturas naturais. Se non se poden fotografar, pódense facer debuxos.
“Cada illa é unha historia viva do mar e do vento”
Tes algún familiar ou coñecido mariñeiro? Pídelle que che conte algunha historia da súa vida. Se non, podes recopilar lendas mariñeiras.
Calendario Adviento
Lovera García
Created on November 14, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Discover Your AI Assistant
View
Vision Board
View
SWOT Challenge: Classify Key Factors
View
Explainer Video: Keys to Effective Communication
View
Explainer Video: AI for Companies
View
Corporate CV
View
Flow Presentation
Explore all templates
Transcript
16
15
12
11
14
13
17
10
21
20
19
18
25
24
22
23
CADA DÍA UNHA XANELA ABERTA Á NATUREZA
Instrucións
CADA DÍA UNHA XANELA ABERTA Á NATUREZA : Unha experiencia para vivir e compartir no teu centro educativo. A Xunta convídavos a participar nunha proposta moi especial para este mes de decembro: o Calendario de Advento do Patrimonio Natural. Cada día descubriredes unha pequena inspiración e unha acción colectiva que convida a coidar, valorar e celebrar a natureza que nos rodea a través de accións cara o respecto, concienciación e sensibilización do patrimonio natural de Galicia. Como participar?
- Descubride cada día a mensaxe inspiradora e unha acción colectiva proposta. Tamén poden facer máis dunha actividade por día.
- Realizade a actividade xunto co seu grupo ou clase, fomentando a creatividade, a cooperación e a reflexión sobre a nosa contorna.
- Capturade o momento: tomen unha fotografía de cada acción como evidencia de participación.
- Enviade as 25 fotografías (unha por acción) á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a través do seguinte formulario:
O Obxectivo é Promover valores de cooperación, sostibilidade e compromiso ambiental, reforzando o sentido de comunidade educativa a través de pequenas accións significativas. Podedes enviar as fotos ata o 16 de xaneiro* Os centros que completen as 25 accións participarán en tres premios especiais como recoñecemento á súa implicación e entusiasmo nesta aventura educativa. : 1º premio: Viaxe ao parque natural que elixan da súa provincia e diploma acreditativo. 2º premio: Uns prismáticos para a aula, un lote de libros, un obradoiro e un diploma acreditativo. 3º premio: Uns prismáticos para aula e un diploma acreditativo. As mellores actividades subiranse as redes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Con este calendario queremos que cada centro transforme o mes de decembro nunha viaxe compartida cara á sostibilidade onde cada pequeno xesto suma para construír un futuro máis sustentable e consciente. Grazas por ser parte deste movemento que une educación, acción e natureza. Que cada día sexa unha semente de cambio!Formulario
*As fotografías enviaranse unicamente co consentimento das familias e usaranse exclusivamente para os fins comunicados. A Xunta de Galicia será a depositaria responsable da súa custodia, garantindo a seguridade, confidencialidade e o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación e supresión por parte dos titores legais (Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro).
“O mellor agasallo é un futuro sostible”
Crea unha mensaxe conxunta con todas as accións realizadas.
"O medio ambiente é unha responsabilidade de todos"
Detectives da contorna Identifica problemas ambientais próximos. Para iso podedes percorrer o colexio, a veciñanza ou onde queirades, e rexistrade en fotos ou debuxos calquera problema ambiental (lixo, ruído, contaminación visual, falta de árbores…). Logo presenta propostas de mellora .