UD2
A atención ás PSD
2.1. TRABALLAMOS EN EQUIPO
Que imos traballar...
Ao longo desta primeira parte da unidade analizaremos os equipos de traballo na atención residencial ás persoas en situación de dependencia, atendendo especialmente á súa composición, organización e funcionamento
que imos aprender e avaliar...
obxectivos
CAs
contidos
TRABALLAMOS EN EQUIPO
- En todas as institucións e servizos de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia podemos atopar diferentes figuras profesionais que prestan servizos para proporcionar a atención necesaria ás persoas.
- O tamaño, composición, organización e funcionamento de cada equipo de traballo variará en función da institución, sendo diferentes por exemplo nun centro de día, nunha residencia ou nunha vivenda residencial.
- Todos forman un equipo no que, aportando os coñecementos teórico-prácticos propios da súa profesión, elaboran plans de atención ás persoas en situación de dependencia.
- A organización dos equipos recóllese nos organigramas das institucións, nos que se reflicten as responsabilidades e xerarquías.
INVESTIGAMOS OS PROFESIONAIS QUE COMPOÑEN OS EQUIPOS DE DIFERENTES CENTROS
Organización do Centro de Promoción da Autonomía Personal de Bergondo, A Coruña, e profesionais que traballan no centro. Organigrama do CAMF de Leganés Organigrama da Minirresidencia de Boimorto (páxina 65).
Esta organización debe contribuír á consecución dos obxectivos que a propia institución se propoña. Non hai por tanto unha única maneira de organizar os recursos humanos. Normalmente, podemos atopar varias áreas diferenciadas:
ÁREA DE DIRECCIÓN E ADMINISTRACIÓN
con profesionais como por exemplo: persoal de recepción, de mantemento, de limpeza, de restauración, ou a directora/director como máxima responsable da institución
tamén chamada sociosanitaria, da que forman parte as TAPSD.
Dependendo do servizo, podemos atopar divisións ou subdivisións específicas.
Unha frecuente é a que diferencia entre a área de atención social e psicosocial (animación sociocultural, apoio e acompañamento, apoio psicolóxico, entrenamento cognitivo, etc.), e a área sanitaria (que incluiría a atención de profesionais médicos, rehabilitadores, e outras actividades sanitarias).
ÁREA DE ATENCIÓN DIRECTA
Na composición desta área de atención directa, se ben pode variar, existen uns perfís profesionais que podemos atopar con maior frecuencia. Os máis salientables son:
- MÉDICA/O. Persoa encargada de supervisar o estado de saúde xeral dos usuarios, realizando diagnósticos e prescribindo tratamentos se é necesario. Tamén supervisa as dietas.
- PERSOAL DE ENFERMERÍA: enfermeiras/os, auxiliares de enfermería, e quen coordina a este persoal. Atención a persoas usuarias seguindo as pautas médicas prescritas (aplicación de sondas, control de comidas, coidado de úlceras, ...), control e seguimento das consultas cos especialistas e organización e supervisión do material médico.
- FISIOTERAPEUTA. Desenvolve os programas de rehabilitación prescritos polo/a médico, e aconsella a outros/as profesionais sobre técnicas de mobilización.
- TERAPEUTA OCUPACIONAL. Avalían a situación de cada PSD e deseñan e implementan un plan individualizado co obxectivo de conseguir e/ou manter a máxima funcionalidade das persoas en todos os eidos: ABVD e AIVD, participación na comunidade, lecer, etc, ben sexa rehabilitando, mantendo ou desenvolvendo capacidades.
- PSICÓLOGA/O. Diagnóstico e/ou tratamento de dificultades e problemas a nivel emocional, comportamental... Tamén pode atender, dependendo da institución, a familiares dos/as usuarios/as.
- TRABALLADORA/OR SOCIAL. Dentro da área de traballo social, pódense desempeñar numerosas funcións. Entre elas, podemos destacar: realización da valoración inicial e do acollemento ao ingreso dunha persoa nunha institución, sendo o referente para esta persoa e a súa familia; e a realización de trámites e xestións diversos: realización de informes sociais, axuda no cobro das pensións das persoas usuarias, xestións de cambios en datos e documentación (pensións, DNI, empadroamentos...).
- EDUCADORA/OR SOCIAL. As súas funcións teñen que ver coa dinamización da vida do centro (participación, deseño e desenvolvemento de actividades, motivar e canalizar iniciativas, facilitación da relación e a comunicación interpersoal...), e co apoio ás persoas para a continuidade do seu proxecto de vida (potenciar a capacidade de decisión e autoxestión, recuperar a vinculación co entorno, manter e potenciar as capacidades das persoas,...).
- TÉCNICA/O EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL. A súa función principal é a organización e realización de actividades culturais, de lecer, cunha metodoloxía participativa na que as persoas son protagonistas. Pero tamén pode realizar tarefas como as sinaladas para os/as educadores/as sociais baixo a supervisión destes.
- TÉCNICA/O EN INTEGRACIÓN SOCIAL Programan e desenvolven actividades para fomentar a autonomía das persoas a nivel personal, social e ocupacional.
- TAPSD, que describiremos posteriormente.
Ademais das áreas sinaladas, con frecuencia podemos atopar nos equipamentos residencias unha serie de servizos complementarios como poden ser:
- Perruquería
- Podoloxía
- Servizos relixiosos
- Transporte adaptado
- Odontoloxía
- ou Servizos de acompañamento.
RATIOS DE PERSOAL
A lexislación é moi pouco concreta no referente ás ratios de persoal en Galicia. Lembrade que a regulación das condicións que deben cumplir os centros de atención a persoas maiores especifica que:
- Persoal de atención directa (xerocultor ou sanitario): en residencias, fixa unha ratio mínima de 0.20 para módulos de personas con autonomía, e 0.35 para módulos de PSD.
- En vivendas comunitarias, só en unidades nas que haxa persoas con dependencia que requiran apoio as 24 horas do día.
Sobre o resto de profesionais, só se especifica que a vixiancia e o coidado da saúde das persoas residentes deberá estar garantido por persoal cualificado para esta función. Ademais da presenza localizada de persoal médico, deberán contar con persoal enfermeiro/a na seguinte proporción:
- Ratio de 0,02 por persoa usuaria sen dependencia ou en situación de dependencia de grao I.
- Ratio de 0,03 por persoa usuaria en situación de dependencia de grado II ou III.
FUNCIÓNS DO PERSOAL
- As funcións de cada profesional recóllense por norma xeral nos REGULAMENTOS DE RÉXIME INTERNO de cada institución.
- Nalgunhas institucións existen MANUAIS DE ORGANIZACIÓN propios nos que se fai unha análise de cada posto de traballo, indicando para cada un deles a titulación requerida, as principais funcións e a dependencia xerárquica, entre outros aspectos.
- Finalmente, os CONVENIOS COLECTIVOS tamén recollen especificacións ao respecto; por exemplo:
- V Convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade de Galicia recolle no seu anexo VI as funcións dos diferentes profesionais que poden traballar nelas (actualización 2025)
- XVI Convenio Colectivo xeral de centros e servizos de atención a personas con discapacidade recolle no seu anexo I a definición da competencia xeral de cada posto de traballo por grupos profesionais dos centros educativos
AS TAPSD
A relación da TAPSD co resto de profesionais dos equipos de traballo ven dada polas funcións de cada quen dentro dos equipos de personal
Desenvolvemos numerosas funcións de apoio na intervención
EQUIPO DE DIRECCIÓN
ATENCIÓN DIRECTA
INVESTIGAMOS as nosas funcións...
Cales son as funcións que para as TAPSD aparecen no V Convenio de residencias para persoas maiores en Galicia?(Anexo VI)
e seguimos... quen é quen? (identificando funcións)
Analizaredes as intervencións que se realizan no centro residencial de A Bola (Ourense), consultándoas na seguinte ligazón (a partir do artigo 16)e cubriredes unha táboa
TRABALLAMOS EN EQUIPO
A confluencia de todas esas profesionais sinaladas pode dar lugar a dúas tipoloxías de equipos, dependendo de como se establezan a organización e funcionamento neles:
Traballamos sempre dentro dun equipo
- Nos equipos multidisciplinares, as profesionais traballan nunha área común pero de forma independente. As relacións entre os membros prodúcense a nivel informal.
- Nos equipos interdisciplinares, as profesionais traballan nunha área común de maneira interdependiente: planifican e desenvolven conxuntamente plans individuais, traballando xuntos para acadar obxectivos conxuntos. Comparten unha metodoloxía de traballo, e teñen intercambios sistemáticos de información. As relacións prodúcense por tanto a nivel informal e a nivel formal.
COMUNICÁMONOS EN EQUIPO
Cando un equipo traballa de maneira interdisciplinar, existen varias formas de comunicación e coordinación posibles:
Traballamos sempre dentro dun equipo
VANTAXES DOS EQUIPOS INTERDISCIPLINARIOS
Traballamos sempre dentro dun equipo
Mellor comunicación
Máis información
Servizos e profesionais
Perspectiva integral
Máis coñecemento
E REMATAMOS GRAVANDO UN VIDEO
Gravaredes un video promocional do voso centro residencial para persoas maiores coas condicións estabecidas no documento que vos dou.Necesitaredes revisar a materia traballada ao longo da unidade para desenvolver esta tarefa
Ademais, as traballadores, en función do seu perfil profesional, poden ter acceso aos proxectos de atención individualizados e aos diferentes programas do equipamento
Cando as valoracións se realizan de maneira interdisciplinar, en cada interacción xenérase máis información. Observáronse melloras na diminución da mortalidade, na melloría da funcionalidade das persoas, na reducción de ingresos hospitalarios e das tasas de institucionalización, así como na sobrecarga das persoas coidadoras.
As compoñentes do equipo gozan dun maior número de oportunidades para adquirir coñecementos e habilidades de máxima calidade.
Prodúcense nos cambios de turno, en momentos de descanso, en momentos nos que coinciden traballadores/as...É necesario limitar estas interaccións ao intercambio de información que sexa necesaria para a intervención no momento. O resto de intercambios, valoracións, etc., deben facerse nun entorno máis formal.
- Equipamentos para a atención ás PSD: requisitos, organización e funcionamento.
- Equipo interdisciplinar nos servizos de promoción da autonomía persoal e atención ás PSD.
- Composición dos equipos de traballo nos servizos de promoción da autonomía persoal e atención ás PSD
- Descrición das funcións atribuidas a cada profesional dentro do equipo interdisciplinar
- Niveis e procedementos de coordinación dos equipos interdisciplinares dos servizos de atención a PSD
- Características do traballo interdisciplinar nos equipos de atención a PSD
- Valoración da importancia do traballo interdisciplinar na atención a PSDD
Os servizos para a persoa usuaria son máis eficaces, debido a unha maior integración e coordinación.A análise nun equipo interdisciplinar permite a abordaxe do traballo des-de unha perspectiva integral.
Prodúcese unha maior comunicación e soporte entre profesionais, e entre profesionais e persoas coidadoras.Pode ser de gran axuda na toma de decisións importantes, e na resolución de problemas. Ademais, as competencias individuais das diferentes membros do grupo melloran, pois poden aprender dos seus compañeiros/as, e flexibilizar as súas opinións mediante a consideración de perspectivas diferentes
Para intercambios de información puntuais, ás veces as empresas establecen medios que faciliten a comunicación. Un dos máis usuais é o rexistro de actividade, normalmente organizado por horas, e cun apartado de incidencias. O rexistro pode ter soporte informático, ou en papel. En ambos casos, debe garantirse a protección de datos, limitando a accesibilidade a estes documentos.
- CA1.4- Describíronse as estruturas organizativas e as relacións funcionais tipo dos equipamentos residenciais dirixidos a persoas en situación de dependencia
- CA1.5.1- Describíronse as funcións das compoñentes do equipo interdisciplinar
- CA1.5.2- Identificáronse estratexias de coordinación e comunicación nos equipos interdisciplinares
- CA1.6- Identificáronse os recursos humanos necesarios para garantir a atención integral das persoas en situación de dependencia
- CA1.8- Argumentouse a importancia dun equipo interdisciplinar na atención a persoas en situación de dependencia
As persoas teñen acceso a un número maior, e máis variado, de servizos e profesionais
Na atención directa, a TAPSD coordínase coas persoas que traballan como psicólogas, traballadoras sociais, integradoras sociais, animadoras socioculturais... para colaborar nas súas actividades.
As reunións formais, poden estar organizadas por áreas (en función do organigrama), xerais de todas as profesionais, ou específicas de traballadoras que polo seu perfil, están implicados para a valoración e atención a unha situación específica.
Pode ter relación coa persoa que exerce a dirección en última instancia, se previamente a relación cos/coas supervisoras, coordinadoras, etc., non resolveu algunha situación, demanda, queixa, etc. Pero tamén pode formar parte directamente do equipo directivo exercendo a gobernanza do equipamento, (organización e supervisión dos servizos de cociña, comedor, lavandería, limpeza, almacén e similares)
- Describir as estruturas organizativas e as relacións funcionais tipo dos equipamentos residenciais dirixidos a persoas en situación de dependencia.
- Describir as funcións das/os compoñentes do equipo interdisciplinar
- Identificar niveis e procedementos de coordinación dos equipos interdisciplinares dos servizos de atención a persoas en situación de dependencia.
- Identificar os recursos humanos necesarios para garantir a atención integral das persoas en situación de dependencia.
- Argumentar a importancia dun equipo interdisciplinar na atención ás persoas en situación de dependencia.
A atención ás PSD
Mamen
Created on November 9, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Psychedelic Presentation
View
Chalkboard Presentation
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
Explore all templates
Transcript
UD2
A atención ás PSD
2.1. TRABALLAMOS EN EQUIPO
Que imos traballar...
Ao longo desta primeira parte da unidade analizaremos os equipos de traballo na atención residencial ás persoas en situación de dependencia, atendendo especialmente á súa composición, organización e funcionamento
que imos aprender e avaliar...
obxectivos
CAs
contidos
TRABALLAMOS EN EQUIPO
INVESTIGAMOS OS PROFESIONAIS QUE COMPOÑEN OS EQUIPOS DE DIFERENTES CENTROS
Organización do Centro de Promoción da Autonomía Personal de Bergondo, A Coruña, e profesionais que traballan no centro. Organigrama do CAMF de Leganés Organigrama da Minirresidencia de Boimorto (páxina 65).
Esta organización debe contribuír á consecución dos obxectivos que a propia institución se propoña. Non hai por tanto unha única maneira de organizar os recursos humanos. Normalmente, podemos atopar varias áreas diferenciadas:
ÁREA DE DIRECCIÓN E ADMINISTRACIÓN
con profesionais como por exemplo: persoal de recepción, de mantemento, de limpeza, de restauración, ou a directora/director como máxima responsable da institución
tamén chamada sociosanitaria, da que forman parte as TAPSD. Dependendo do servizo, podemos atopar divisións ou subdivisións específicas. Unha frecuente é a que diferencia entre a área de atención social e psicosocial (animación sociocultural, apoio e acompañamento, apoio psicolóxico, entrenamento cognitivo, etc.), e a área sanitaria (que incluiría a atención de profesionais médicos, rehabilitadores, e outras actividades sanitarias).