Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Problemas Medioambientais_Ángel Peón González 3ºB

Ángel

Created on November 6, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Visual Presentation

Terrazzo Presentation

Colorful Presentation

Modular Structure Presentation

Chromatic Presentation

City Presentation

News Presentation

Transcript

Especies Invasoras en España e Galicia

PreseESEntaacióBása

Coaantextualiz tu tema con un subtítulo

Ángel Peón González 3ºB

Definición Xeral:

Son aquelas especies animais ou vexetais que foron introducidas nun ecosistema que non é o seu hábitat natural e que representan un perigo para a biodiversidade e os ecosistemas. Estas especies poden competir coas especies de aquí, por recursos, ou alterar o seu hábitat, e poden causar danos económicos e á saúde pública.

Problema concreto

En España e Galicia existen varias especies invasoras que afectan gravemente aos ecosistemas locais:

  1. Vespa velutina - (avispa asiática)
  2. Cortadeira seollana - (herba da pampa)
  3. Acacia dealbata - (mimosa)
  4. Mexillón cebra - (Dreissena polymorpha)
  5. Cangrexo americano - (Procambarus clarkii)
Onde e cando?

Galicia: costa e interior, especialmente Pontevedra e A Coruña. Chegaron dende o século XIX ata hoxe. A mimosa foi introducida como planta ornamental, a Vespa velutina chegou dende Francia en 2012 e o mejillón cebra foi introducido a través de barcos e encoros.

Que está a pasar?

Estas especies multiplícanse sen control, provocando perda de biodiversidade, danos económicos, problemas ecolóxicos, etc...

Repercusións sobre a zona

Repercusións sociais:

  • As invasoras reducen o rendemento de actividades tradicionais como a apicultura, a pesca fluvial ou o aproveitamento forestal.
  • A Vespa velutina supón un risco para persoas alérxicas e causa preocupación en zonas rurais e urbanas.
  • O avance de especies como o plumero ou a mimosa altera o aspecto natural dos montes e costas galegas, afectando tamén o turismo de natureza.

  • Repercusións económicas:
  • A avespa asiática está a causar perdas importantes nas colmeas, reducindo a produción de mel e afectando a polinización dos cultivos.
  • Os concellos e a Xunta invisten moitos cartos en campañas de erradicación, especialmente da Vespa velutina, das mimosas e dos plumeros.
  • As plantas invasoras ocupan terras de cultivo, compiten cos cultivos e dificultan o aproveitamento forestal.
  • Especies como o cangrexo americano e o meixillón cebra alteran o equilibrio ecolóxico dos ríos e encoros, reducindo a presenza de peixes autóctonos.

Repercusións económicas:

  • Desprazan ás especies autóctonas, reducindo a diversidade de flora e fauna galega.
  • O carpobrotus cobre as dunas costeiras e impide que medren plantas propias das zonas de praia galegas.
  • Especies como o cangrexo vermello americano e o meixillón cebra cambian a estrutura das ribeiras e afectan a calidade da auga, danando tamén a fauna local.

Accións necesarias para evitalo no pasado, presente ou futuro

1. Pasado:

  • Evitar introducións intencionadas: moitas especies foron traídas como ornamentais (mimosas, plumeros, carpobrotus) ou para aproveitamento económico.
  • Falta de información e control: se se tiveran feito campañas de educación ambiental e conb mntrol fronteirizo, poderíase ter evitado a súa expansión.
  • Creación tardía de lexislación: a normativa chegou cando moitas especies xa estaban asentadas.

2.Presente:

  • Programas de control e erradicación: retirada de plantas invasoras e trampas para as especies invasoras.
  • Vixilancia ambiental: seguimento das zonas afectadas e detección temperá de novas invasións.
  • Educación e sensibilización: campañas nas escolas e concellos para ensinar a recoñecer e non plantar nin soltar especies invasoras.

3.Futuro:

  • Prevención e cooperación internacional: controlar mellor fronteiras e transportes, e colaborar con outros países da UE.
  • Restauración de ecosistemas danados: replantar especies autóctonas e recuperar hábitats naturais.
  • Xardinería responsable: promover o uso de especies autóctonas en xardíns e parques en lugar de exóticas invasoras.

Webgrafía ou bibliografía
  1. Ministerio para la Transición Ecológica: https://www.miteco.gob.es
  2. Xunta De Galicia de Medio ambiente: https://cmatv.xunta.gal
  3. Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras: https://www.miteco.gob.es/
  4. Asociación Galega de Apicultura:
https://apiculturagalega.gal/ 5. Wikipedia: https://es.wikipedia.org/

Especies invasoras en España e Galicia

Ángel Peón González 3ºB