Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

TIPOS DE OBXECCIÓN DE CONCIENCIA

Rebeca Vello Riveiro

Created on November 2, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Decisions and Behaviors in the Workplace

Tangram Game

Process Flow: Corporate Recruitment

Weekly Corporate Challenge

Wellbeing and Healthy Routines

Match the Verbs in Spanish: Present and Past

Planets Sorting Game

Transcript

CONTRA LEGEM
XURADO
IMPOSTOS
EDUCACIÓN

TIPOS DE OBXECCIÓN DE CONCIENCIA

RELACIÓNS LABORAIS
TRATAMENTO MÉDICO
SERVIZO MILITAR
SECUNDUM LEGEM
ABORTO
EUTANASIA
XURAMENTO

XURAMENTO

  • Concepto: obxección a realizar xuramentos promisorios, con dúas modalidades: a xurar “por Deus” (os ateos ou agnósticos) ou por razóns relixiosas.
  • Regulación: o máis coñecido é acatar a CE por “imperativo legal” como requisito para que algúns deputados poidan acceder ós seus cargos. STC 101/1983: considera que non é contrario á liberdade de conciencia esixir o acatamento.
  • Nota: pódese optar entre xurar ou prometer un cargo.
  • Concepto: negativa a cursar ou impartir determinadas materias por motivos ideolóxicos ou relixiosos.
  • Regulación: Artículo 27.3 CE e a STC 25/05/2012 do Tribunal Supremo. A parte na LO de Educación 3/2020, non inclúe ningunha mención a tal obxección de conciencia.
  • Nota: Non recoñecida con carácter xeral, pero si procede frente ós casos particulares nos que se intentase adoctrinar ou impoñer unha determinada ideoloxía.

EDUCACIÓN

  • Concepto: pretensión de impago de parte dos tributos dedicada a financiar actividades contrarias á conciencia do contribuínte (ex: gastos militares)
  • Regulación: artigo 31 da CE, que establece o deber de todos de contribuir ós gastos públicos. O Auto 71/1993 tamén trata sobre este asunto.
  • Nota: pódena exercer persoas de forma individual por diferentes motivos ou tamén confesións relixiosas (caso dos cuáqueros). Os tribunais rexéitano porque non ten recoñecemento legal e é contraria ó principio de non afectación do gasto público.

IMPOSTOS

  • Concepto: negativa a executar ou colaborar directa ou indirectamente na realización de prácticas abortivas.
  • Regulación: Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, artigo 19.2 obxección de conciencia do persoal médico. STC 151/2014: os rexistros autonómicos de obxectores non son contrarios á liberdade ideolóxica nin ó dereito a intimidade.
  • Nota: Pódena exercer os profesionais médicos e tamén os farmacéuticos (no caso de entregar a “píldora do día despois"). Debe manifestarse anticipadamente e por escrito.

ABORTO

  • Concepto: a eutanasia é o acto deliberado de dar fin á vida dunha persoa mediante unha acción directa e intencionada, a petición informada, expresa e reiterada da mesma, co obxectivo de evitar un sufrimento intolerable debido a un padecemento grave ou incurable.
  • Regulación: Lei 3/2021, do 24 de marzo, reguladora da eutanasia. Especificamente o artigo 16 sobre a obxección de conciencia dos profesionais sanitarios.
  • Nota: trátase dunha decisión individual, manifestada anticipadamente e por escrito. As administracións sanitarias deben crear un rexistro de profesionais sanitarios para garantir o acceso á prestación.

EUTANASIA

  • Concepto: rexeitamento de tratamentos médicos, por motivos de conciencia, que pode afectar tanto ao propio individuo como a suxeitos que dependen xuridicamente do obxector.
  • Regulación: Lei 41/2002, do 14 de novembro (autonomía do paciente); STC 154/2002, do 18 de xullo (sobre a condena ós pais por homicidio en caso de falecemento de menor).
  • Nota: Requírese que a negativa conste por escrito. A análise xurídica busca harmonizar a autonomía e a liberdade de conciencia do paciente co interese do Estado en preservar a vida e a saúde. As "instrucións previas" do paciente non se aplicarán se son contrarias á lex artis ou ao ordenamento xurídico.

TRATAMENTOSMÉDICOS

  • Concepto: É a pretensión de eludir o deber cívico de formar parte do xurado popular, invocando conviccións morais ou relixiosas.
  • Regulación: Artigo 125 da Constitución Española (participación de cidadáns na Administración de Xustiza) e Artigo 12.7 da Lei Orgánica 5/1995 (escusa xeral).
  • Nota: A negativa debe reconducirse á escusa xeral do artigo 12.7 da Lei do Xurado. Esíxese que o obxector alegue e acredite suficientemente que a causa dificulta de forma grave o desempeño do labor. A doutrina aconsella modificar a lei para incluíla explicitamente, suxeita á verificación da sinceridade das conviccións éticas ou relixiosas alegadas.

XURADO

RELACIÓNS LABORAIS

  • Concepto: negativa do traballador a realizar o seu labor nos días que se consideran festivos na súa relixión, coñecido como obxección de calendario.
  • Regulación: STC 19/1985 e o artigo 12 dos Acordos de Cooperación coas minorías relixiosas de 1992 establece as dúas liñas de actuación normativa.
  • Nota: o caso especial dos xornalistas para a protección da independencia informativa, está aceptada legalmente.
  • Concepto: Negativa a cumprir coa obriga legal do servizo militar obrigatorio ou a participación nunha guerra mediante recrutamento forzoso por razóns de conciencia.
  • Regulación: Art. 30.2 CE (garante a obxección de conciencia militar), Lei 39/2007, do 19 de novembro, da carreira militar.
  • Nota: presentarán un formulario cos seus datos identificativos, acompañado dun cuestionario, e poderán declarar a súa obxección de conciencia ao servizo nas Forzas Armadas e noutras organizacións con fins de interese xeral onde se requira o uso de armas. Esta declaración, realizada pola persoa interesada, non requirirá ningún procedemento de recoñecemento adicional.

SERVIZO MILITAR