Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

FINA CASALDERREY

Gálix

Created on October 26, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Terrazzo Presentation

Visual Presentation

Relaxing Presentation

Modern Presentation

Colorful Presentation

Modular Structure Presentation

Chromatic Presentation

Transcript

FINA CASALDERREY

As lecturas que nos acompañan

Comezar

Dende GÁLIX queremos compartir este material sobre Fina Casalderrey, unha autora imprescindible da nosa literatura e mestra que marcou xeracións de lectores e lectoras. Facémolo tamén co motivo da súa nominación ao Premio Memorial Astrid Lindgren (ALMA), proposta por GÁLIX. "Fina Casalderrey, as lecturas que nos acompañan" recolle a súa traxectoria vital e literaria, con propostas de lectura e actividades que poden empregarse nas aulas. Animámosvos a compartilo co voso alumnado, a integralo nas vosas programacións lectoras e sobre todo...a gozar das historias de Fina Casalderrey, que tanto nos ensinan. Se o utilizades, encantaríanos que compartísedes as vosas experiencias nas redes cos hastag #lendoaFinaCasalderrey #FinaCasalderreynomitatedALMA2026

FINA CASALDERREY

Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é mestra e unha das grandes voces da literatura infantil e xuvenil en galego. Medrou escoitando contos na casa, o que alimentou a súa imaxinación. Esa relación tan agarimosa coa lingua acompañaa toda a súa vida. Publicou máis de sesenta libros e foi recoñecida con numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa. As súas historias abordan temas próximos á infancia e adolescencia, con moita tenrura, humor e verdade, sempre desde o respecto polos nenos e nenas. É académica da Real Academia Galega e unha figura esencial da nosa literatura.

FINA CASALDERREY

ASTRID LINDGREN MEMORIAL AWARD

O Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) é o premio internacional máis importante dedicado á literatura infantil e xuvenil, creado polo Goberno de Suecia en memoria da autora Astrid Lindgren, creadora de Pippi Mediaslongas. Concedeuse por primeira vez no ano 2003 e recoñece autoras, ilustradoras, narradoras orais e proxectos de promoción da lectura de todo o mundo. Está considerado o "Nobel da Literatura Infantil" e premia unha traxectoria que contribúe de maneira destacada ao dereito da infancia a acceder a literatura de calidade.

#lendoaFinaCasalderrey #FinaCasalderreynomitatedALMA2026

FINA CASALDERREY

Edicións Xerais de Galicia
Chamizo (2001)
Derradeira carta aos Reis Magos (2002)
Lúas de nácara (2003)
Eu son eu (2004)
Sobrevives? (1997)
O meu avó é unha gata (2005)
Mutacións Xenéticas (2008)
Quen me quere adoptar? (2005)
A lagoa das nenas mudas (2007)
A Pomba e o Degolado (2007)
Edicións Xerais de Galicia
María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito (2018)
Historia da bicicleta dun home lagarto (2013)
Un saco de estrelas (2010)
O misterio do Faro Vello (2012)
Asústate, Merche! (2013)
A Muller Xabaril (2023)
Ás de mosca para Anxo (2022)
E que farías ti por min? (2019)
O xenio da Cidade do Sal (2021)
A furgoneta branca (2019)
Edicións Xerais de Galicia
Dúas bágoas por Máquina (2025)
Dúas bágoas por Máquina (1992)
Recursos teatrais para a expresión dramática na escola (1996)
Editorial Galaxia
A máscara de Palma (2000)
Puag, que noxo! (2005)
Apertas de Vainilla (2007)
Prohibido casar, papá! (1996 2009)
Desventuras dun lobo namorado (2007)
Ola, estúpido monstro peludo! (2007)
Papá é meu! (2009)
Pesadelo non tren Chocolate (2009)
Un can no piso!(2010)
Dúas letras (2012)
Editorial Galaxia
Lingua Guapa. Cantos que contan (2020)
O neno can (2014)
Baía Edicións
Xela volveuse vampira! (2007)
Un día de caca e vaca (2007)
Un cabalo de lume (2007)
Unha pantasma branca (2019)
EDICIONES SM
O misterio da Casa do Pombal (2002)
Nolo e os ladróns de leña (1988)
Pimpín e doña Gata (1999)
O misterio do cemiterio vello (2002)
Cando a Terra esqueceu xirar (2002)
COMBEL EDITORIAL
A avoa non quere comer (2002)
A avoa ten unha menciña (2002)
O avó sae de paseo (2002)
Rodeira
O estanque dos parrulos pobres (2007)
Unha raíña negra (1998)
Isha, nacida do corazón (2006)
Kalandraka
Filla das Ondas (1999)
Ir Indo Edicións
Bicos de Prata (2000)
Everest Galicia
Unha pantasma branca (2000)
Oxford
Un misterio na mochila de Alba (2000)
Editorial Vía Láctea
A noite dos coroides (1993)
ACTIVIDADES

Reinventando a historia

Creamos unha portada para os libros de Fina Casalderrey

1. Escollemos un libro 2. Recreamos a portada 3. Sacámoslle unha fotografía 4. Podemos compartila nas Redes Sociais

#lendoaFinaCasalderrey #FinaCasalderreynomitatedALMA2026

ACTIVIDADES

Os clásicos de Fina

Busca os títulos agochados en horizontal

Palabras ocultas: ASUSTATEMERCHE DUASBAGOAS ESTANQUE MISTERIOFILLOS MUTACIONS POMBAYDEGOLADO PROHIBIDOCASAR PUAGQUENOXO

ACTIVIDADES

O Club de Lectura de Fina Casalderrey

Para lectores e lectoras da obra de Fina Casalderrey

ACTIVIDADES

Fina Casalderrey a bordo dun robot

1. Preparación:Coloca o taboleiro no chan ou mesa. Cada portada representa unha obra de Fina.2. Reto lector:O alumnado recibe unha tarxeta-misión, por exemplo:"Chega ata o libro onde un mestre busca quen o adopte.”(Resposta: Quen me quere adoptar?)Deben programar o Escornabot para chegar á casiña correcta.
ACTIVIDADES

Fina Casalderrey a bordo dun robot

1. Chega ata o libro onde unha nena perde algo moi querido e desobre o valor das emocións (Dúas bágoas por Ma´quina) 2. Atopa o libro dunha mestra algo estraña ; ollos violetas, sempre está pálida (Xela volveuse vampira!!) 3. Leva o robot ata o libro con música e poesía (Lingua Guapa, cantos que contan) 4. Busca o libro onde un rapaz remata vivindo unha aventura científica inesperada (Mutacións xenéticas) 5. Dirixe o robot ata unha historia dunha vella casa abandonada á que chegan unha avoa e dous netos (O misterio da Casa do Pombal) 6. Atopa o libro onde un grupo de rapaces investiga o que pasa nun cementerio (O misterio do cemiterio vello) 7. Chega ata o libro dun mestre xubilado que se sente só e decide buscar unha familia (Quen me quere adoptar?) 8. Leva o robot ata un libro onde un can chega a un edificio e revoluciona a vida de todos (Un can no piso!)

FINA CASALDERREY

Proxecto coordinado dende GÁLIX por: Miguel García-Fernández, vogal de bibliotecas e RRSS Ivana Gómez Abuín, vogal de mediación educativa