Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

4º Lendas de Samaín (Curso 2025/26)

monicavieitesageitos

Created on October 24, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Alien invasion video

Space video

Season's Greetings Video Mobile

End of the Year Wrap Up

Christmas Promotion Video

Santa’s Sleigh Christmas video

Happy Holidays Video

Transcript

historias de samaín

Creadas polo alumnado de 4º de Primaria

estrelas descoñecidas

Había unha vez un neno chamado Magoilute. Un día unha ra, Firulais, deulle un colar máxico que o mago Merlín estaba a buscar. Cando Magoilute estaba no lago de Cíes unha tarde, atopouse co mago Merlín. Chegaron ao acordo de que se o neno Magoilute lle daba o colar ao mago Merlín, este tería que alumear a noite. O mago aceptou, colleu a varita e dixo: “ADA CADABRA PATA DE CABRA”. O feitizo saíu mal, así que volveu intentalo de novo. “ADA CADABRA PATA DE CABRA”. Outra vez, volveu fracasar. Intentouno unha última vez: “ADA CADABRA GOTAS DE AUGA”. E dunha vez por todas, o conxuro saíu ben. As gotas de auga subiron ao ceo, por iso podemos ver todos e todas as estrelas pola noite. Viviron felices e comeron macarróns con tomate e queixo.

Por: Isabel, Lucas G., Teo, Mariña e Gorka.

A ambulancia maldita

Había unha vez un home chamado Frank Sad a quen se lle morreu a súa nai nun accidente de tráfico. Estaba tan desgustado que decidiu converterse en secuestrador de xente pola noite. Así que, roubou unha ambulancia, pintouna de negro e contratou unha man para que a conducise. A primeira vítima foi o 31 de outubro. A policía decidiu que a partir das 12 da noite non podía saír ninguén á rúa para previr novos asasinatos. Aínda no 2025 a policía non o deu atopado. Só encontraron un coitelo. Un día uns señores recoñeceron a matrícula da ambulancia e chamaron á policía. Ao chegar, detiveron a Frank e levárono ao calabozo e a xente xa puido saír á rúa pola noite.

Por: Inés, Lois, Ferrán e Jose.

Sálvora

Fai moito, no ano 1998, na illa de Sálvora, o garda levantouse para comezar a súa rutina. Saíu facer a rolda sen darse de conta de que había un mago secreto, chamado Aisak. O garda empezou a investigar e revisar a illa cando, de súpeto, se perdeu. Empezou a ver animais entre a herba e, como tiña entendido que nunca houbera animais no lugar, desmaiouse. Mentres tanto, a mascota do garda, a ra, escapou e foi onda o mago. O mago asustouse porque tiña unha mosca detrás e a ra comeuna. Deu un brinco cando lle deu no lombo coa súa lingua. O mago botoulle un feitizo á ra para que lle puidese contar o que lle pasara e por que estaba alí. E a ra así o fixo, contoulle ao mago o que pasara.

Por: Sofía, Lucas P., Nacha e Samuel.

A lúa de sangue

Érase unha vez dous nenos xogando a Truco ou trato, que decidiron ir a unha mansión de cor gris. Petaron na porta e dela saíu unha señora cunha serpe enrolada no pescozo. A serpe, que era de cor azul e gris e tiña os ollos de cor azul celeste, estaba durmida. A señora invitounos a cear sopa de cabaza. Estes, á vez, dixeron que si e sentáronse na mesa. - Van ser as doce! Coa lúa de sangue aparecen partes do corpo espalladas pola rúa que nos atacarán! - Nooo! Xa son as doce. Vámonos! - dixeron os nenos. Cando se foron estaban rodeados e de súpeto apareceu Don Cabazas. - Apartádevos, eu encárgome disto. - Ah, vale - dixeron os nenos. Correron á súa casa. Chegaron e metéronse na cama. Ao día seguinte, preparáronse para ir ao cole, pero os seus pais dixéronlles que non había colexio, pois toda a cidade estaba destrozada. Entón os nenos volveron para a cama.

Por: Paulo, Aldara, Leo, Junior e Daniela R.

o chupaovellas

Fai moito tempo, no ano 1754, nun pobo de Vilagarcía de Arousa falábase de que había moitos animais mortos,sobre todo ovellas. Un granxeiro da aldea dicía que o responsable era un ser chamado “o Chupaovellas”. O pobo empezou a alarmarse. Unha noite, un neno chamado Roberto subiu monte arriba e atopou un monstro. Era o Chupaovellas! Estaba rodeado de ovellas mortas. O ser comezou a peseguilo. O neno, aterrorizado, botou a correr. Estaba perdido, pero, de súpeto un oso foi a atacar ao neno e o Chupaovellas atacou ao oso. O ser só queria salvarlo do oso. Dende ese día Roberto di que o Chupaovellas só mata porque ten fame e que tamén mata para salvar ás persoas.

Por: Daniela C., Christian, Lara e Hugo.

Bo samaín!