Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Recomendación lectoras de Nadal 2025/26

monicavieitesageitos

Created on October 17, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Quiz

Smart Quiz

Practical Quiz

Akihabara Quiz

Pixel Challenge

Math Calculations

Piñata Challenge

Transcript

Recomendacións lectoras

Recomendacións lectoras

de Nadal

Comezar

Recomendacións lectoras de Nadal

Escolle o nivel de lectura.

Prelectores e primeiros lectores

Lectores autónomos

Lectores expertos

Lectores adultos

PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES

PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES

ESCOLA DE MONSTROS 6: UN MORCEGO REBULDEIRO

A serie perfecta para primeiros lectores! EN LETRAS MAIÚSCULAS. Comeza lendo a palabra que aparece ao final de cada liña e continúa para ler a historia completa! Por que todos queren escapar, cando Teo, o meniño morcego, vai xogar?

PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES

CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO

Adriana, Jimena e Martina teñen grandes soños, pero a banda de Noloconseguirás encheulles os petos de pedras para que non poidan voar...Martina de maior quere ser a mellor piloto do mundo mundial. Adriana sabe que de maior será unha superviolinista. Jimena ten clarísimo que será unha escritora recoñecida en todo o planeta e un pouco máis aló. Elas son tres, pero poderían ser dez, ou cen, ou unha, ou todas as nenas do planeta.

PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES

PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES

A ESTRELA COS PÉS NO CHAN

ESCOLA DE MONSTROS 6 - UN MORCEGO REBULDEIRO

Eliximos o noso camiño. Unha aventura sobre dúbidas, riscos e solidariedade. A historia dunha estrela valente e cos pés no chan. Este libro ten unha lectura enriquecida con luz ulreavioleta. Non a perdas!

TA serie perfecta para primeiros lectores! EN LETRAS MAIÚSCULAS. Comeza lendo a palabra que aparece ao final de cada liña e continúa para ler a historia completa! Por que todos queren escapar, cando Teo, o meniño morcego, vai xogar?

PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES

A PANTASMA DA ILLA DE CORTEGADA

Esta é a historia de MARUXA BRAVA, unha muller que un día aposta unha empanada coas súas amigas mariscadoras a cambio de pasar unha noite nunha misteriosa illa, onde se di, se cónta, rumoréase que viron bailar unha pantasma. O seu obxectivo é claro demostrar que non existe e que son lendas inventadas. Conseguirá Maruxa pasar esa noite na illa?

LECTORES AUTÓNOMOS

LECTORES AUTÓNOMOS

OS PEIDOS MÁXICOS DE SULTÁN

Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán, e todo cambia por completo. Sil descobre que Sultán ten poderes máxicos... aínda que algo fedorentos.

LECTORES AUTÓNOMOS

Las aventuras de Dani y Evan El secreto de los dinosaurios

Dani e Evan pasarán unha fin de semana nunha excavación co Profesor Bizcoché! Descubrirán o santuario dos dinosaurios, un lugar cheo de criaturas incribles, magníficas e... ¡perigosas! Poderán voltar Dani, Evan e o Profesor Bizcoché? Non te perdas esta aventura xurásica!

LECTORES AUTÓNOMOS

Non pare a festa

Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.

LECTORES AUTÓNOMOS

Escuela de EMPRENDIMIENTO

Con actividades prácticas, este libro é unha guía interactiva que nos axuda a potenciar a creatividade. Contén dezaseis emocionantes proxectos onde traballaremos en equipo e viviremos a ilusión de emprender

LECTORES EXPERTOS

LECTORES EXPERTOS

A Escola Robot

Que pasaría se un día a famosa corporación Piña te convida a estudar na misteriosa Escola Robot? Pódese crear un robot con forma de gato? Existen as pantasmas con calzóns de cocos?E se a escola está nunha illa móbil? Que lle pasa a unha caixa cando vai ao ximnasio? Farase... Mmm... caixa forte? Moitas preguntas sen resposta! Terás que ler este libro para descubrir todo iso e máis! Unha divertida aventura tecnolóxica contra o Robot Maligno.

LECTORES EXPERTOS

Asesinato en el museo

Bonnie Montgomery é a mellor detective do mundo... aínda que só o saiba o seu avó.Pero todo o mundo escoitou falar de Montgomery Bombón, o gran investigador que se asemella sospeitosamente a unha nena de dez anos (agás pola boina e o bigote).

LECTORES EXPERTOS

Pioneiras 2

Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.

LECTORES EXPERTOS

365 juegos de lógica

Cres que dominas os xogos de lóxica? Sabes máis que ninguén sobre os números ou a xeometría? Pois aquí chega o teu maior desafío: 365 enigmas e xogos de lóxica.Perfecto para toda a familia!

ADULTOS

ADULTOS

Asasinato na casa rosa.

A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que a inspectora investigue os feitos, trasladándose á súa mansión en Loeiro, a Casa Rosa, onde vive coa súa familia, porque sospeita que o responsable é alguén do clan familiar.

ADULTOS

La península de las casas vacías

A historia dun soldado que se racha a pel para deixar saír a cinza acumulada, dun poeta que cose a sombra dunha nena tras un bombardeo, e dun mestre que ensina aos seus alumnos para facerse os mortos; dun xeneral que dorme xunto á man cortada dunha santa, dun neno cego que recupera a vista durante un apagamento, e dunha campesiña que pinta de negro todas as árbores do seu horto; dun fotógrafo estranxeiro que pisa unha mina preto de Brunete e non levanta o pé en corenta anos, dun gernikarra que conduce ata o centro de París unha camioneta cos restos fumarentos dun ataque aéreo, e dun can ferido cuxa sangue tinguirá a última franxa dunha bandeira abandonada en Badaxoz.

ADULTOS

El cerebro del niño explicado a los padres

Durante os seis primeiros anos de vida o cerebro infantil ten un potencial que non volverá ter. Isto non quere dicir que debamos tentar converter aos nenos en pequenos xenios, porque ademais de resultar imposible, un cerebro que se desenvolve baixo presión pode perder polo camiño parte da súa esencia. Este libro é un manual práctico que sintetiza os coñecementos que a neurociencia ofrece aos pais e educadores, co fin de que poidan axudar aos nenos para alcanzar un desenvolvemento intelectual e emocional pleno.

Decora a túa árbore!

Bo Nadal!

Vémonos á volta!