Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

BO TRATO E COIDADOS ✨

Aventeira Cooperativa de Educación e Lec

Created on October 7, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Flow Presentation

Terrazzo Presentation

Dynamic Visual Presentation

Transcript

BO TRATO E COIDADOS

BO TRATO E COIDADOS

QUE É o bo trato?

As relacións son moito máis que mandar corazonciños por WhatsApp. Son espazos que poden facernos sentir acompañadxs, segurxs e valoradxs… sempre que haxa coidados e bo trato. Iso non significa que nunca haxa conflitos, senón que teñamos ferramentas para xestionalos sen facernos dano. Moitas veces temos moi claro que é o maltrato: insultos, ridiculizar, faltar ao respecto… Pero cando falamos de bo trato (ou bentratar, como o chama Fina Sanz), cústanos máis definilo. Non é só “non facer dano”: é coidar, respectar, escoitar e construír relacións onde todas as persoas se sintan ben. Preme nos puntos para descubrir algunhas ideas! ✨​

continuar

“O bo trato é unha forma de estar no mundo que coida, conecta e constrúe.”

continuar

Autocoidado real: máis aló do skincare🪞​

O bo trato comeza en ti mesmx. O xeito no que te tratas e as ferramentas que tes para coidarte, importan (e moito!). Hoxe en día véndennos o autocoidado como poñerse unha mascarilla facial ou facerse as unllas… 💅 Todo iso pode estar ben se che presta, pero o autocoidado non é un produto que se compra nin un luxo de fin de semana: é unha práctica diaria de respecto cara ti mesmx.

continuar

Autocoidado real é...

→ Coidar como te falas a ti mesmx: cambia os “son idiota” por “estou aprendendo” ou “gustaríame mellorar isto”! 🥰 → Pedir axuda cando o necesitas. → Poñer límites claros. → Non sobrecargarte de tarefas nin de plans. → Buscar tempo para ti, sen sentir culpa. → Durmir as horas que precisas. → Coidar o teu corpo con alimentación, descanso e movemento. → Coidar a túa mente e emocións: parar cando algo doe, falar cando algo pesa e pedir espazo cando o necesitas!✨

continuar

poñer límites para coidarte

Dicir “NON” non che fai “mala persoa”; é unha forma de coidarte a ti mesmx. Ter límites claros fortalece a túa autoestima e evita que outras persoas pasen por enriba de ti. Ademais, establecer límites ensina ás persoas do teu redor como poden respectar as túas necesidades, facendo que as relacións se constrúan sobre a confianza e o respecto mutuo. Algunha xente pensa que poñer límites é afastarse ou cortar relacións -e ás veces pode ser necesario-, pero hai moitos outros xeitos de poñer límites. En realidade, os límites son barreiras saudables que protexen as túas necesidades. Como sabemos que non sempre é unha tarefa doada, deixámosche algúns tips e exemplos nas seguintes páxinas. Saberás distinguir entre límites fatal e límites fetén? ​🤔​

continuar

X compañeirx que se senta detrás de ti tócache o pelo cando se aburre na clase, sabe que non che presta, pero segue facéndoo. Como reaccionas?

Límites ben, fetén

Límites mal, fatal

Límites mal, fatal

💫TIP PRO

“Se volves tocarme o pelo cando te sentas detrás de min, cambiareime de sitio.” → Non deixas a protección dos teus límites en mans doutra persoa. Ollo! Non vai de ameazar, senón de pensar ben que acción vas tomar e facelo se fai falta.

“Ai, que pesadiñx, xa sabes que non me presta que me toquen o pelo…” → O problema non é que non saiba que che molesta: dicirllo con peor ton ou con indirectas non cambia nada e só che deixa máis enfadadx.

Probablemente diríaslle algo así: “Non volvas tocarme o pelo, posme dos nervios!” → Dicirlle axs demais o que queres que fagan non é poñer un límite, porque non che dá ningún control real sobre a situación.

Bérraslle en medio da clase que non te toque

Explícaslle que farás se non para

VÓLVESLLO DICIR, pero máis irritadx

continuar

A persoa coa que saes adoita escribirche a última hora da noite para falar.

Límites mal, fatal

Límites ben, fetén

Límites mal, fatal

💫TIP PRO

“A raiar á túa casa a estas horas, oíches? Eu non son unha máquina de vending 24/7!" → Cando poñemos límites desde o enfado, ás veces podemos danar as relacións.

“Eu a estas horas xa preciso estar durmindo que se non mañá non son persoa… Porfa, escríbeme pola tarde para dedicarche todo o tempo que mereces.” → Cando poñemos límites desde o cariño coidamos de nós e da relación.

Aínda que perdas horas de sono e ao día seguinte parezas un oso panda. → Non estás coidando dos teus límites e iso pode pasarche factura.

Bótaslle tremenda bronca

é a túa hora de durmir

Contestas, obvio!

continuar

Estás empezando cunha parella e gústache moito pasar tempo xuntxs, pero tamén necesitas espazo para ti e para os teus hobbies.

Límites ben, fetén

Límites mal, fatal

Límites mal, fatal

💫TIP PRO

“Encántame quedar contigo, pero tamén necesito tempo para min, e para ver axs meus amigxs. Que che parece se quedamos 2 días á semana e o resto cadaquén ten o seu espazo?” → Poñer límites é atopar acordos que coiden de ti e da relación.

Non queres ferir os seus sentimentos, así que pos unha excusa tipo: "Hoxe non podo, non me deixan na miña casa saír todos os días.” → Non abordas a conversa real, en lugar de límites pos excusas e non aclaras as túas necesidades reais.

Vaia lapa! Cortas en seco cun "Xa non quero quedar máis contigo! Es unha lapa total e eu preciso a alguén máis independente.” → Póñense límites, si, pero dunha forma agresiva que pode ferir á outra persoa.

evitasferir os seus sentimentos

abordas a conversa, pero de chill

pasas do roio koala

continuar

Lembra os TIPs PRO 💫

1. Un límite non depende dos demais, só de ti.

2. Con claridade e respecto sempre mellor.

3. Os límites poden ser acordos concretos.

continuar

CNV: unha forma diferente de comunicarnos 💬

A Comunicación Non Violenta (CNV), creada por Marshall Rosenberg para axudarnos a ter unha comunicación máis efectiva, é máis que unha técnica: é unha actitude. Ten que ver coa intención coa que falamos e escoitamos.

continuar

Voz chacal vs. Voz xirafa

Voz xirafa

Voz chacal

É máis reflexiva e reacciona con consciencia. Quere conectar cxs demais e pensa que podemos buscar solucións nas que todo o mundo gañe. Esta voz busca conexión e entendemento mutuo. Observa sen xulgar, desde a curiosidade. Expresa as súas emocións e necesidades, e pregúntase polas das outras persoas.

Sae en modo automático, reaccionando sen pensar. Quere ter a razón e pensa que se non gaña, entón perderá. Dálle medo amosar como se sinte e tende a culpar a outrxs: critica, xulga, esixe... Esta voz quere protexernos, pero acaba xerando broncas e afastándonos dxs demáis.

Voz Chacal

Voz Xirafa

continuar

Como sacar a nosa xirafa interior?

Marshall Rosenberg, o creador da CNV, ideou algunhas pautas básicas e un método con catro pasos para axudarnos a sacar esa voz xirafa que nos axuda a resolver conflitos e coidar as relacións. Fíxate nos nosos tips e saca o teu lado xirafa cos seguintes exercicios! 🦒✨

continuar

Practica!

💬 Falar en primeira persoa

Cando compartes como te sentes desde ti, sen culpar nin atacar, a outra persoa enténdete mellor e hai menos tensión. Non se trata de xustificar sentimentos, senón de expresalos de forma clara e respectuosa. Frases como “eu síntome… cando pasa isto” abren o diálogo, mentres que frases como “ti eres…”, pechan portas e xeran conflito. En vez de soltar un “ti non te esforzas e pola túa culpa...”, proba con: “eu frústrome moito cando os nosos traballos...”. Así non atacas, senón que compartes como te afecta o acontecido.

continuar

Practica!

🚫Evitar “sempre” e “nunca”

Xeneralizar pecha portas porque soa a acusación global, e iso adoita xerar reaccións defensivas. Por exemplo, se alguén che di "e que ti sempre chegas tarde" é posible que a túa reacción inicial sexa xustificarte, explicar esa vez que chegaches antes que ninguén... Xa non estás en modo escoita, unha parte de ti sentiuse acusada e quere defenderse. O mellor é falar dun episodio concreto e do xeito máis obxectivo posible! 🎯

continuar

🔊 Escoita activa

Practica!

Non é só “oír”, é escoitar de verdade. Isto significa mirar á persoa, prestar atención á comunicación non verbal, non interromper e deixar que se explique ao seu ritmo. Non vai de dar consellos rápidos ou comezar a contar aquela vez que a ti che ocorreu algo parecidísimo. Escoita activa significa estar presente e querer comprender mellor. Ás veces, só con validar (“xa vexo que isto che doe”, “entendo que te sintas así”) a outra persoa xa se sente acompañada e comprendida. Tamén podes facer preguntas para asegurarte de que entendes ben o que che din con frases como "se entendín ben o que che molestou foi..." ou "explicame un pouco máis sobre...".

continuar

Practica!

🎯 Coidar a intención

A comunicación desde o bo trato busca solucións que coiden a todxs. Iso non significa que debas ignorar o que sintes. De feito, é moi importante que comuniques as túas emocións. Pero ollo! Se só pensas nas túas necesidades e as pos por diante de todo, caes no risco de ver as relacións como unha competición ou de manipular axs demais para conseguir o que queres. Procura amosar curiosidade pola perspectiva dxs demais, facer preguntas e deixar claro que estás abertx a negociar unha solución.

continuar

Os catro pasos da CNV

sentimentos

Feitos

peticións

necesidades

Pon nome do xeito máis exacto posible ao que sintes: frustración desilusión, confusión, inseguridade... Hai centos de palabras para describir o que sintes! En lugar de: "Ráiame cando me chegan tantos audios seguidos." Proba con: "Agóbiome cando me chegan varios audios e non me dá tempo a ir respondendo."

Tras cada sentimento hai unha necesidade. Deixámosche unha chuleta, resumindo moito! Tristura: conexión, cariño, escoita, tempo para pensar. Enfado: poñer límites, dicir "isto non me gusta", xustiza. Medo: seguridade, información, apoio... Por exemplo: "Necesito tempo para escoitar, pensar no que me dis e responder con calma."

Comeza falando dos feitos. Describe o que pasou evitando valoracións persoais. Por exemplo, en lugar de: "Onte bombardeáchesme a audios sen darme tempo para responder." Proba con algo como: "Onte mandaches cinco audios bastante seguidos, e a min non me daba tempo a contestar entre un e outro."

É importante que as túas peticións partan do paso anterior. Ás veces, a túa petición concreta non se pode atender, pero podedes buscar xuntxs un xeito de cubrir esa necesidade. Proba con algo como: "Preferiría que me dixeras todo nunha soa mensaxe ou se sabes que van ser varias, avísame e dime cando remataches. Que che parece?"

Feitos

peticións

sentimentos

Necesidades

continuar

Pack Premium para unhas Vibes Sas 🌈

Ademais de todo o aprendido ata agora, deixámosche aquí algunhas ideas para poñer en práctica iso do bo trato e achegar ás túas relacións moi boas vibes.

continuar

❤️ Pór nome ás emocións

tristura

enfado

As emocións teñen matices, e os matices son importantes. Diferenciar entre tristura, desilusión ou nostalxia axuda a comprender o que nos pasa. Nomear as nosas emocións permite que a outra persoa saiba exactamente como estamos e así pode responder de forma máis axeitada. Evitas malentendidos e lle aforras ás demáis ter que adiviñar se un "estou raiadx" significa enfado, tristura ou precupación. Con todo a maioría das persoas empregamos poucas palabras para falar das emocións. Vale, seguro que controlas as básicas, pero adiviñas cantas "primas" ten cada unha antes de premer o seu botón? Son moitísimas así que aquí imos a centrarnos nas emocións desagradables que adoitan estar presentes cando as nosas necesidades non están cubertas.

inquietude

Medo

Noxo

fatiga

continuar

✅ buscar sempre o Consentimento

O bo trato tamén é respectar os tempos, preguntar, escoitar e asegurarte de que todas as persoas se sintan o máis cómodas posible. Trátase de crear un espazo amable e seguro onde cadaquén poida expresar o que quere (ou non quere) con total liberdade. Non se trata só de poder dicir que si ou que non, buscar o consentimento implica:

  • Dar e pedir información sobre desexos, sentimentos e expectativas.
  • Xerar relacións nas que dicir que non, non supoña un conflito, sen presión e sen culpa.

continuar

❤️‍🩹​ Reparar o dano

Todxs cometemos erros algunha vez. O importante é recoñecelo e asumir a responsabilidade sen xustificacións enganosas. 💡 Tips para reparar o dano e responsabilizarte:

  • Asume o que pasou sen xustificarte.
  • Non minimices o que pasou. Frases tipo “non era para tanto” ou “estaba de broma”, só fan máis dano.
  • Pide desculpas de verdade. Non é dicir “perdón se te ofendín”; é dicir “perdón polo que fixen, vexo que che afectou e quero mellorar”.
  • Pregunta como podes reparar o dano causado.
  • Aprende da situación, comprométe a non repetir o comportamento ou busca acordos para facelo mellor no futuro.

continuar

🌋Parar antes de estoupar

Cando a situación está quente e a tensión sube, é fácil deixarse levar pola rabia e dicir cousas das que logo nos arrepentimos. Iso pode ferir á outra persoa e danar a relación. 💡 Tips para parar antes de estoupar:

  • Repara nos sinais do teu corpo. Se notas que tes o corazón a mil, respiras rápido ou te tremen as mans… é o momento de parar, non de subirlle.
  • Fai algo que te axude a baixar o ritmo: exercicio, música, escribir...
  • Toma distancia sen desaparecer e retoma cando esteas máis tranquilx.
  • Non escribas en quente!
Lembra, o obxectivo é entendervos, non gañar... 🤝

continuar

🌟 Recoñecer o bo

Non todo nas relacións é xestionar os conflitos, tamén é importante ver e recoñecer o bo. Agradecer é unha forma de coidar. Fai sentir valoradas ás persoas que nos rodean e mellora o ambiente do grupo, da parella ou da familia. 💡 Tips para recoñecer o bo e practicar a gratitude:

  • Non deas por feito o que a outra persoa fai por ti.
  • Agradece as cousas pequenas. Unha mensaxe bonita, unha palabra amable ou que alguén te escoite cando o necesitas… Todo suma!
  • Exprésao ao momento. Recoñecer o bo no instante crea conexión real.
Ademais, a gratitude é un boomerang de bo roio: non só lle senta ben a quen recibe agradecemento, tamén a quen o dá. Non é unha cursilada, é ciencia: agradecer mellora o humor, reduce o estrés e activa as "hormonas da felicidade"! 🧠✨

continuar

“O bo trato é como unha playlist top: énchete de boas vives.”

continuar

grazas por chegar ata aquí!

tristura

A tristura ven a dicirnos que perdimos ou nos falta algo importante. Tamén aparece cando conectamos coa dor das demais persoas. A tristura pide cariño, escoita, tempo para pensar... Estas son algunhas das emocións coas que está emparentada:

  • Remorso
  • Morriña
  • Nostalxia
  • Melancolía
  • Apatía
  • Desilusión
  • Pesimismo
  • Abatemento
  • Angustia
  • Pena
  • Soidade
  • Desesperanza
  • Desánimo
  • Infelicidade
Ira / enfado

O enfado aparece cando se traspasan os nosos límites ou algo nos parece inxusto. O enfado é moi activador e pide tomar acción: comunicar o malestar, facer activismo... Estas son algunhas das emocións coas que está emparentado:

  • Rancor
  • Odio
  • Hostilidade
  • Indignación
  • Frustración
  • Exasperación
  • Irritación
  • Molestia
  • Furia
  • Resentimento
O maltrato non é só físico

→ As faltas de respecto, as humillacións ou o control son violencias psicolóxicas. → As palabras, os silencios e a frialdade poden ferir tanto como un golpe. → Cando o medo ou a culpa entran nunha relación, o bo trato desaparece.

medo

O medo vén a alertarnos dun perigo. Pode ser a algo físico e real, como as arañas, ou a unha situación futura que non ten por que darse. O medo pode pedirnos tomar precaucións e anticiparnos, seguridade, apoio... Estas son algunhas das emocións coas que está emparentado:

  • Temor
  • Pánico
  • Amedrentamento
  • Recelo
  • Desconfianza
  • Precaución
  • Preocupación
  • Ansiedade
  • Inseguridade
Voz Xirafa

“Frústrame moito cando chegas sen facer a túa parte do traballo. Gustaríame que nos pedises axuda antes ou nos avises se non che dá tempo, así poderíamos reorganizarnos.”

cuestión de actitude

❌ Non é soltar o que penso e xa.✅ É falar con empatía e escoitar de verdade.

Escoita activa

Ooops!

Minimizas o que sente e non axudas a que se abra contigo para expresar o seu malestar. Cortas a situación cun consello rápido e xenérico pero probablemente a túa amiga so busque escoita.

Evitar sempre e nunca

Parabéns!!

Concretas o que che molestou describindo exactamente o que pasou sen xeralizar nin empregar esaxeracións.

FALAR EN PRIMEIRA PERSOA

Ooops!

Culpas, criticas e xulgas, polo que a outra persoa pode sentirse atacada e pecharse ou poñerse á defensiva.

Voz Chacal

“Es un desastre, nunca fas a tempo a túa parte nos traballos de clase e fasnos perder o tempo."

Comeza contigo

→ Trátate como tratarías a unha boa amiga: o xeito no que te tratas senta as bases de como agardas que te traten as demais persoas. → Respectar os teus límites tamén é botrato: o amor propio non é egoísmo.

evitar sempre e nunca

Ooops!

Xeralizas e esaxeras o problema ao empregar expresións como "sempre" ou "todo o día", polo que a outra persoa probablemente se poña á defensiva.

Os límites poden expresarse con claridade e respecto.
Non teñen que ser agresivos nin buscan mancar á outra persoa.
É a base das relacións sas

→ O bo trato nas relacións non é un “extra”, nin algo que nos toque por sorte ou azar. → O bo trato é a base para convivir sen medo, sen presións e con espazo para ser ti mesmx. → O bo trato debería ser un requisito mínimo nas nosas relacións.

Coidar a intención

Parabéns!!

Expresas o que sentes e abres a conversa de xeito que a outra persoa poida compartir as súas expectativas, necesidades e puntos de vista.

cuestión de obxectivos

❌ Non vai de conseguir o que quero.✅ O obxectivo é coidar das necesidades de todas as persoas implicadas.

Escoita activa

10 de 10!!

Validas os sentimentos da outra persoa, amosas que estas ahí para escoitar e ofréceste para buscar solucións xuntxs.

Inquietude e sorpresa

Ten que ver coa anticipación, a falta de información, o desexo de que algo importante saia ben... Conecta dalgún xeito co medo, pero o noso estado de alerta provén dunha fonte menos concreta. Cando aparece a inquietude precisamos información, seguridade, reafirmación...

  • Intranquilidade
  • Inquietude
  • Impaciencia
  • Axitación
  • Alerta
  • Nerviosismo
  • Sorpresa
Fatiga

A fatiga pode ser física ou mental. Para nós está tamén emparentada co aburrimento. Pode pedirnos descanso ou facer as cousas dun xeito que consuma menos enerxia, tamén pode ser unha sinal de que precisamos novidades e cambios. Estas son algunhas das emocións coas que está emparentada:

  • Canseira
  • Esgotamento
  • Aburimento
  • Tedio
  • Desmotivación
Bentratar é unha elección diaria

→ É decidir coidar o que sentimos sen esquecer o que poden sentir as demais persoas. → Implica que nos esforcemos para que a outra persoa se sinta segura, libre e tida en conta.

Poñer un límite non sempre significa dicir “non quero verte máis”.
Tamén poden ser acordos concretos.
Un límite non depende dos demais, é o que ti vas facer para coidarte.

cuestión de intención

❌ Non é unha ferramenta para gañar unha discusión.✅ Cómpre buscar o entendemento mutuo.

Coidar a intención

Ooops!

Sénteste desilusionadx, pero en lugar de dicilo buscas xerar culpa e conseguir o que ti queres facendo sentir mal á outra persoa. Isto é manipulación emocional de manual.

FALAR EN PRIMEIRA PERSOA

Xenial!!

Expresas o que sentes e como che afecta, céntraste en ti en lugar de na outra persoa e iso predispón á escoita e ao diálogo.

Noxo

O noxo quere alertarnos de que algo pode ser tóxico. A vergoña ten que ver con sentir rexeitamento por nós mesmas ou previr que o grupo nos rexeite. Emprégase como xeito de transmitir "normas" sociais (como ir vestidxs en público, por exemplo). Estas son algunhas das emocións coas que está emparentado:

  • Desagrado
  • Aversión
  • Rexeitamento
  • Repulsión
  • Vergoña
  • Pudor
  • Culpa