Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

CORRESPONSABILIDADE NO FOGAR NO FOGAR 🧼🫧

Aventeira Cooperativa de Educación e Lec

Created on September 25, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Flow Presentation

Terrazzo Presentation

Dynamic Visual Presentation

Transcript

corresponsabilidade no fogar

A casa non se recolle soa. A roupa non aparece lavada por arte de maxia. A comida non se respawnea na neveira… —poñer a mesa, varrer, fregar, sacar o lixo, facer a compra, cociñar, coidar das mascotas, axudar cos deberes…— Ocupa tempo e enerxía mental, supón un traballo.

todo iso que parece "invisible" non é obra de elfos domésticos.

continuar

QUE É A corresponsabilidade no fogar?

Corresponsabilidade no fogar significa responsabilizarnos entre todxs do espazo común, é dicir, repartir as tarefas e responsabilidades da casa de forma xusta, segundo a idade e as posibilidades de cada quen. Implica asumir que non “axudas”, senón que cumpres coa túa parte. Se vivimos nun mesmo espazo todxs usamos a cociña, o baño ou o salón… Entón, todxs temos que contribuír a que ese lugar sexa agradable e funcione de forma axeitada. Esta idea tamén aplica a outros espazos compartidos como a túa clase e outras zonas do instituto, ou o parque no que quedas con amigxs.

continuar

“Coidar do espazo que compartimos é un traballo de equipo.”

Cando todxs poñemos da nosa parte… As cousas flúen 😉​

continuar

Level up: Tarefas que suman! 🎮

Manter un fogar é como superar niveis nun videoxogo: cada tarefa é unha misión e cada minuto que lle dedicas suma puntos para o equipo. Cantos puntos pensas que podes sumar ti? Retámosche a comprobalo! ​🕹️

continuar

Cantos puntos podes sumar ti? ⭐

1. Suma os puntos que obtería cada membro da familia polas “misións” que adoita asumir! ​💥​2. Non esquezas os bonus! 🎟️ ​Hai tarefas especialmente pouco atractivas ou que esixen maior organización como lembrar datas importantes ou ter en conta os gustos de distintas persoas. 3. Dálle unha volta ao resultado! 💭​ Cantas horas dedica cada quen? Que outras obrigas teñen? Están as misións domésticas repartidas de xeito xusto?

continuar

⭐ LEVEL UP ⭐

Cantos puntos suma cadaquén?

continuar

Consellos para subir de “nivel” máis rápido

Fai equipo. Rrepartir as tarefas axuda a que ninguén se sinta sobrecargadx polas responsabilidades da casa ou o espazo compartido.

Non agardes a que cho pidan ou cho manden.Se tes asignada unha tarefa, faina sen que cho lembren.Se ves algo fóra de lugar, recólleo!

Convérteo nun reto. Bate a túa marca persoal en recollida de salón ou compite para ver quen recolle antes o seu cuarto. Meter todo nun armario descalifica!

Agradece o esforzo das demais persoas.Un “grazas pola cea, estaba boísima!” ou un “grazas por achegarme ao partido”, tamén suma puntos no marcador da convivencia!

TraballO en equipo

Autonomía

Gratitude

Diversión

continuar

Quen fai que? 🧼

Xa falamos de que todas as persoas que vivimos nun fogar deberiamos repartir as tarefas de forma xusta. Pero… é sempre así? 🤔 Moitas veces, sen decatarnos, repetimos costumes que veñen de hai moito tempo, cando se pensaba que certas tarefas eran “de mulleres” e outras “de homes”.

Sen darnos conta, reproducimos así desigualdades de xénero: → Elas recollen, cociñan, poñen lavadoras… → Eles arranxan pequenos desperfectos, baixan o lixo, cambian bombillas… → E quen coida das persoas maiores ou das crianzas? Case sempre… elas.

continuar

🤔Pensa na túa casa:

→ Quen adoita limpar o baño? → Quen prepara a comida todos os días? E nos días especiais? → Quen lembra as datas importantes (aniversarios, reunións do insti, citas médicas…)? → Quen se ocupa das tarefas sinxelas (varrer, fregar, limpar…)? → Quen das que requiren planificación (organizar a compra e os menús, axendar citas médicas, preparar os disfraces para o Entroido…)? Todo o mundo leva o mesmo recoñecemento polas tarefas que fai? 🥇

continuar

Reparto e recoñecemento desiguais ⚖️

A sociedade tende a recoñecer aos homes que contribúen ao coidado doméstico e das crianzas, aplaudíndoos cando asumen estas tarefas. Coas mulleres, en cambio, adoita darse por sentada a adicación das nais axs fillxs, e incluso aínda hai quen critica ás mulleres que priorizan a súa carreira profesional. Isto implica manter roles de xénero que xeran desigualdades inxustas.

continuar

O invisible pesa: a cuádruple carga💥

Como vimos, moitas mulleres fan moito máis que asumir a súa parte das tarefas na casa. En moitos casos, cargan con catro capas de traballo ao mesmo tempo. Isto chámase a cuádruple carga! ⚠️​

continuar

💼 A xornada laboral

Hoxe en día, a maioría das mulleres están incorporadas ao mundo laboral. E dicir, teñen un traballo remunerado fóra da casa, que ocupa unha parte importante do tempo e conleva as súas esixencias e responsabilidades. O problema é que, ao saír do traballo, moitas veces comeza unha segunda xornada para elas: a da casa. Se as tarefas da casa non se reparten equitativamente, as mulleres acaban dispoñendo de moito menos tempo para si mesmas. Isto tradúcese en menos tempo adicado ao ocio, ao deporte, ao coidado da propia saúde, á participación en asociacións, etc.

continuar

🏠 O traballo doméstico

A realidade é que as mulleres seguen encargándose da maior parte das tarefas do fogar. As mulleres traballadoras dedican, de media, 3,8 horas diarias a realizar tarefas do fogar. Os homes, en cambio, dedican de media 2 horas ao día. 📊​ Se o pensas, isto significa que nunha semana os homes teñen 12,5 horas libres máis cas mulleres. Visto así... Resulta inxusto, verdade? 🤔

continuar

🧠 A carga mental

Cando falamos de corresponsabilidade non é só fregar, recoller ou poñer lavadoras. Tamén hai outro tipo de traballo que non se ve tanto, pero que cansa igual ou máis: a carga mental. É todo o tempo e enerxía que gastamos en lembrar, organizar e planificar o que hai que facer no fogar. Moitas veces, esa parte invisible de organización da casa e das necesidades familiares queda nas mans das mulleres (nais, avoas, irmás maiores…). Se non se reparte a carga xera desigualdades, suma estrés e empeora a calidade de vida.

continuar

E por se todo isto fose pouco… hai outra capa máis!

Ocórreseche cal pode ser antes de vela? ​💭​

continuar

💞 A xestión emocional

Tradicionalmente, moitas mulleres cargan coa tarefa de coidar os vínculos e o benestar emocional das persoas da súa contorna. Isto significa cousas como: → Ser as que sacan as conversas difíciles en parella. → Estar pendentes de como se senten xs fillxs. → Acompañar a amizades cando pasan por momentos complicados. → Evitar conflitos ou facer de mediadoras cando hai tensión na familia. É dicir: ademais de traballar, facer tarefas e planificar, tamén están pendentes de que todo o mundo se sinta ben. Un curro emocional que cansa moitísimo e que poucas veces se recoñece...😓​

continuar

Autocoidado 🥰

A corresponsabilidade non vai só de facer a túa cama, recoller a mesa ou repartir tarefas. Tamén é saber coidar de ti mesmx e asumir que tes unha parte de responsabilidade no teu propio benestar. → Coidar do fogar é importante…, pero a corresponsabilidade comeza por non cargar a ninguén coas túas responsabilidades e coidados básicos. → O autocoidado é unha peza básica da corresponsabilidade: saber organizar o teu tempo, lembrar o que precisas para o insti, manter hábitos saudables e buscar momentos para ti.

continuar

Test: Sobrevivirías sen persoas adultas? 💀

Anota cantas respostas de cada tipo escolles (A, B ou C) e descobre as túas habilidades de supervivencia! 🧯​✨

continuar

1. É luns pola mañá, xs teus adultxs responsables non aparecen por ningures, pero tocará ir ao insti igual.

A) Buah! Chego tarde fixo… Se non entran a subirme a persiana, eu non poño un pé fora da cama ata as 10:00am.

B) Péganseme un pouco as sábanas, pero busco unha camiseta limpa, póñome os pantalóns de onte, e aprétolle no camiño a clase!

C) En canto me soa o espertador póñome en marcha! Xa deixei preparada a roupa o día antes, así que vou sen estrés.

atrás

2. Na clase todo o mundo está igual... Nin rastro de persoas adultas! Pasades a mañá de risas, pero ao chegar a casa ao mediodía non hai nada feito para comer.

A) Sen fallo! Aínda quedan cereais e a máquina 24/7 da esquina. Chetos e Monster sempre foron a miña dieta ideal!

B) Esgoto o caixón dos conxelados: sempre hai sobras ou algún precociñado dos que tirar.

C) Organizo unha lista da compra con cousas básicas e consigo montar un menú bastante completo para toda a semana, verduras incluídas!

atrás

3. Os maiores do insti decidiron montar unha “proba de supervivencia” para poder organizarvos. Como te preparas?

A) Atraes o que pensas... Así que penso en positivo e confío en que todo sairá ben.

B) Prepárome un pouco coas miñas amizades entre risas e vídeos de TikTok.

C) Organizo un planning de estudo con colegas: de cociña a bushcraft, témolo totalmente dominado.

atrás

4. Tes que ir á reunión que montaron no barrio para organizar quen fai que mentres non aparecen as persoas adultas. Como xestionas a cita?

A) Planificar non é o meu… Confúndome de día e non me entero de que era hoxe ata que me abroncan colegas por non aparecer.

B) Caio en que é hoxe cando no grupo de WhatsApp comezan a falar do tema, chego metendo quinta, pero chego!

C) Anótoo no móbil e na axenda. Ademais o comento no grupo de colegas para que a ninguén se lle pase, se non esquécese alguén seguro…

atrás

5. Xa vai unha semana desde que desapareceron as persoas adultas. Quédache pouca roupa limpa e o cesto está que desborda…

A) É hora de comezar a darlle a volta á roupa interior. Con iso tiro outra semana máis!

B) Lavo a man un par de prendas. Prefiro vivir a experiencia "Supervivientes" ao completo antes que aprender como funciona a lavadora.

C) Poño a lavadora e pregúntolle aos meus irmáns se queren meter algo, separando a roupa branca e sen estropear as cores nin encoller nada!

atrás

Resultados!✨

Autonomía versión beta

Independen-T-rex

Modo caos absoluto

Podes vivir sen adultxs, e non só sobrevivir… senón que incluso o farías con estilo! Sabes organizarte, coidarte e manter un equilibrio entre responsabilidades e tempos de descanso. A túa cama estaría feita, a túa roupa limpa e ata saberías cociñar algo con verduras. É oficial: es pro da supervivencia!

Xa tes algunhas destrezas, pero aínda dependes bastante da axuda doutras persoas.Non morres de fame porque sabes empregar o microondas e poslle ganas, pero a organización non sempre é o teu forte. Iso si, vas polo bo camiño: poderías vivir sen adultxs unha semana sen entrar en colapso.

Sen adultxs sobrevivirías… Unhas horas! A túa dieta básica serían galletas e patacas de bolsa. A mochila sempre estaría a medio facer e a lavadora converteríase no teu peor inimigo. Iso si, o teu talento ninja para improvisar sorprendería a todo o mundo.

Maioría C

Maioría a

Maioría b

continuar

grazas por chegar ata aquí!

ORGANIZAR TAREFAS

→ Quen lembra que hai que poñer a lavadora para ter a equipación de fútbol limpa para xogar un partido? → Quen organiza a compra para que non falten iogures, cereais ou produtos de limpeza?

❌ Corresponsabilidade NON é…

→ Dicir que axudas: cando entendes que é un traballo en equipo non “axudas” nin “fas un favor”, cumpres coa túa parte.→ Contribuír só cando che piden algo: corresponsabilizarse é estar atentx ás necesidades e facelo porque sabes que é necesario.

XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E PAPELEO

→ Quen lembra que hai excursión e hai que asinar a autorización? → Quen está pendente de renovar o seguro da casa?

✅ corRESPONSABILIDADE É...

→ Ter tarefas asignadas e facelas sen que cho teñan que lembrar: cando asumes de xeito autónomo as túas responsabilidades contribúes a diminuír para todxs a carga mental que supón xestionar o fogar.

✅ coRrESPONSABILIDADE É...

→ Responsabilizarte das túas cousas: estar pendente do teu material escolar, preparar a túa maleta para unha excursión ou viaxe, encargarte de ter limpa a roupa que precisas para ir adestrar, facer a túa cama e ordenar o teu cuarto…

Planificar e calendarizar

→ Quen pide e anota as citas médicas? → Quen está pendente de asistir ás reunións co colexio? → Quen está pendente de que toca levar ao can á consulta veterinaria?

✅ corRESPONSABILIDADE É...

→ Recoller lixo do chan aínda que non sexa teu: É un espazo común. Se o viches, cólleo! Outro día pode caerche algo a ti.