Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ENCONTROS DA TRIBU ESO 25-26

PIENSOSIENTOSOY

Created on September 25, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Audio tutorial

Pechakucha Presentation

Desktop Workspace

Decades Presentation

Psychology Presentation

Medical Dna Presentation

Geometric Project Presentation

Transcript

PAra educar vai falta toda a tribu

Comunicación da tribu

Aplicación ABALAR: Para comunicación de faltas, notas, e contactar co profesorado. No caso de ter problemas para baixar a aplicación, comunicalo. Cada profesor/a decide se activa esta opción e as posibilidades de comunicación. Entrevistas presenciais. Pódense solicitar por correo ou teléfono: Os correos e horarios de atención do profesorado figuran na web do centro. Sempre con cita previa. Se non se pode acudir á cita, é importante avisar, isto dará oportunidade de axilizar as entrevistas con outras familias. Videochamada por webex cisco (canal oficial e seguro).

Xuntos aínda que separados

Os documentos deben ser asinados polos dous proxenitores en caso de divorcio. É obriga das familias achegar copia de convenio regulador actualizado. O/a proxenitor/a que non ten a garda e custodia pero si a patria potestade, ten dereito a información. En principio, a información se ofrece a quen convive co rapaz pero sempre se pode solicitar ABALAR e entrevista. Recomendamos, que sempre que sexa posible, pai e nai acudan ás reunións xuntos e teñan acceso a esta información.

Non podemos facilitar información a persoas que non son pais/nais ou titores legais sen o consentimento do pai/nai/titor-a legal.

Páx 27 e 28 Protocolo protección datos

Indisposicións:-se non é grave chamaremos á familia para que veña polo rapaz/a.-de ser urxente, comunicarase ás familias por teléfono pero será o equipo directivo quen o leve ao centro médico ou chame a unha ambulancia. A responsabilidade de chamar ás familias cando hai un accidente é do centro. Hai unhas pautas para facelo que non podemos cumprir se o alumnado se adianta. O uso do teléfono está ademáis restrinxido no centro. Procolo de alerta escolar (so no caso de enfermidades graves, crónicas ou de risco). É importante dar aviso á dirección.Obriga da familia de estar localizada e comunicar cambios nos teléfonos de contacto.Obriga da familia de comunicar os datos relativos á saúde dos alumnos/as (serán confidenciais).

PROTOCOLO DE ALERTA ACTUACIÓNS ANTE PROBLEMAS DE SAÚDE

medidas de atención á diversidade (M.A.D.)

Comunicación das MAD

Apoios PT

Diágnósticos

Cando se conta con informes médicos de servizos externos que inciden na evolución académica e persoal (p.ex: TDAH, TEA, seguimento psicolóxico, trastornos de conduta, de personalidade, motóricos, de linguaxe ou da comunicación, sensoriais, etc) a familia debe informar á orientadora. Desta maneira poderáse ofrecer ao alumnado as axudas necesarias. Esta información é confidencial, e se garda baixo chave. Unicamente se empregará para unha mellor atención educativa do alumno/a e para cubrir as estatísticas (numéricas, nunca nominais) que solicita a Consellería a Orientación. O procedemento é o seguinte: solicítase entrevista coa orientadora, e se cubre no día da entrevista o documento de rexistro e entrada oficial da entrega de documentación.

Neste trimestre as familias recibirán a comunicación da aplicación das MAD. Deben enviar documento asinado e entregalo/a á orientadora. As familias de 1º ESO serán convocadas a unha entrevista coa orientadora.

  • Na exención de idioma estranxeiro.
  • Dentro da aula de forma xeral, salvo excepcións comunicadas á familia.

Equidade: facilitar a cada quen as axudas que precisa para poder progresar

Programa REFÓRZAT

O Concello de Fene coordina en colaboración co Concello de Mugardos o Programa Refórzate. Este programa diríxese, salvo excepción, a alumnado de 1º-2º ESO do IES de Mugardos e CPR Loyola. Realízase os mércores de 16:30 a 18:30 horas. O obxectivo é reforzar cuestións de interese na etapa da adolescencia, e destrezas, habilidades e competencias relacionadas con aprender a aprender. As sesións son impartidas por un/ha educador/a social. Son gratutítas e teñen lugar nas instalacións do Concello. O IES colabora na selección de posibles candidatos/as e actúa como intermediario. Achegámosvos documentación que é preciso entregar polo alumno/a mañá, mércores, no departamento de orientación. É preciso asinar documento de cesión de datos, xa que nós non podemos facilitar datos persoais. Se tendes dúbidas, podedes contactar coa orientadora.

PROMOCIÓN ESO (1º-2º-3º ESO)

Nº de avaliacións: 3 avaliacións parciais e unha avaliación final. Na avaliación final é na que se decide a promoción. A PROMOCIÓN decídese de maneira colexiada polo profesorado, tendo en conta a consecución dos obxetivos, o grao de adquisición das competencias, a valoración das medidas que favorezcan o progreso da alumna ou do alumno, e tendo en conta os seguintes CRITERIOS: 1. Promociona quen supere todas as materias ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, tendo en conta tanto as materias do curso actual como as pendentes de cursos anteriores. 2. Tamén se pode decidir promoción cando se cumpran as condicións seguintes: a) Que a media aritmética das calificacións obtidas en todas as materias nas que esté matriculada o matriculado en ese año académico sexa igual o superior a cinco. b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV do Decreto que establece o Curriculum da etapa non sexa superior a dez. A estes efectos non se considerarán as pendentes de cursos anteriores nin as materias de libre configuración (enlace no título desta pantalla). c) Que o equipo docente considere que a naturaleza das materias non superadas lle permite seguir con éxito no curso siguiente. d) Que o equipo docente estime que ten expectativas favorables de recuperación. e) Que o equipo docente estime que dicha promoción beneficiará a súa evolución académica.

TITULACIÓN ESO (4º ESO)

Nº de avaliacións: 3 avaliacións parciais e unha avaliación final (a última parcial debe coincidir coa avaliación final ordinaria). Na avaliación final é na que se decide a TITULACIÓN. A TITULACIÓN decídese de maneira colexiada polo profesorado, tendo en conta a consecución dos obxetivos xerais de etapa, o grao de adquisición das competencias, e tendo en conta os seguintes CRITERIOS: -Titula o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados. - Ademais do caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes: a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco. b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas. c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa.

  • Plan de traballo TRIMESTRAL. O alumnado debe ser responsable coas datas de entrega. Importante que a familia realice seguimento.
  • As familias recibirán o plan de atención ao alumnado que promociona con materias pendentes. A familia debe asinar e entregar ao titor ou titora o documento para certificar que foi informada.
  • Notas trimestrais no boletín igual que as materias do curso actual.
  • Contan para a promoción e a titulación.

Materias pendentes

Axenda

Calendario de exames

  • Donde se pode consultar o calendario de exames? Na web do centro (pendente de publicación).
  • Donde podo consultar o que van facendo na aula? En EDIXGAL (1º-2º ESO), aulas virtuais e nas programacións didácticas.
  • Evita problemas de inseguridade e ansiedade ante os exames.
  • Moi necesaria para organizar estudo.
  • Aconsellamos que o alumnado anote os exames na axenda e os teña preparados 3-5 días antes.
  • Colaboración da familia en:
-revisión datas de exames e tarefas -consolidación do hábito de ter organizado o plan de traballo

+Calendario de exames

Lei de Convivencia. NOF: normas de organización e funcionamento do centro.

Debemos ter unha resposta unificada para conseguir unha boa convivencia, ambiente de traballo, e respecto aos membros da comunidade educativa. Condutas como: - durmir na aula, - non vir a clase freando o ritmo da aula, - faltar a exames de forma reiterada - perder o respecto ao profesorado - realizar comentarios discriminatorios por razón de sexo, xénero, raza, ou lugar de nacemento - aillar a compañeiros/as -ter comportamentos disruptivos que impiden o bo funcionamento da aula e entorpecen a aprendixade do resto do alumnado deben ter unha resposta firme por parte da familia. Nestes casos debemos ser máis tribu que nunca. Uso do móbil no centro: unicamente está permitido empregar o móbil cando o profesora/a o solicita previamente e se lle dá un uso pedagóxico para unha actividade concreta. O alumnado é responsable do uso do material e o mobiliario. O desperfecto ou perda será subsanado pola familia do alumno/a. Obriga do alumnado de traer sempre o material a clase (de non facelo pódese considerar abandono da materia). Especialmente importante nas clases de EF e EPV/Debuxo. Facilitamos o aluguer de taquilla (5 euros/ano). Saída do recinto escolar: o centro permanecerá pechado no horario lectivo. Saída no tempo de lecer: con autorización para maiores de 16 anos. Pode ser revocado no caso de que a dirección o considere necesario. Tres faltas leves terán a consideración de falta grave.

Na web do IES

Xustificación faltas en idade de ensino obrigatorio

Procedemento de xustificación das faltas de asistencia: Modelo: en conserxería e na web do centro. Aplicación Abalar. Se non funciona, avisar no centro. Entrega de xustificación ao titor/a: 2 días a partir do día de incorporación ao centro Faltas que son xustificables: Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario. Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao. Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario. Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos. Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica. Non se pode faltar aos exames sen un xustificante oficial (por exemplo: consulta médica). Protocolo de absentismo: A asistencia é obligatoria ata os 16 anos, e cando se teñen completado 10 anos de escolaridade. De vulnerarse o o dereito á educación pola falta de asistencia inxustificada, procederase á apertura dun protocolo de absentismo. Número de horas polas que pode abrirse o protocolo: 10% mensual. Consecuencias apertura protocolo: derivación a inspección e Servizos Sociais. . Activación previa da UACO

Protocolo

Actividades complementarias

As actividades complementarias son actividades que complementan e enriquecen a programación. Implican un gran esforzo do profesorado que as organiza, e un esforzo económico por parte da ANPA e o instituto. Estamos observando que nos últimos anos hai alumnado que deixa de asistir a actividades complementarias para quedar na casa, e xustifica que é mellor gastar os cartos en actividades ou materiais non escolares. No caso de que un alumno ou alumna non participe, é importante que a familia dé valor ao noso traballo e coide que o alumno asiste ao centro. Atopámonos tamén que as autorización se confirman no mesmo día ou se anula sen avisar con tempo. Como consecuencia, o profesorado ten dificultades para elaborar as listas de asistencia, e se resisten os orzamentos do centro.Non é a primeira vez que temos que pagar un bus máis caro cando a asistencia final permitiría un bus de menor tamaño e precio. A responsabilidade individual ten consecuencias para a oferta de actividades nos grupos e etapas, e para a xestión organizativa e económica do centro. Forma parte da nosa actuación educativa formar en valores de respecto, en xestión dos recursos e en responsabilidade individual. Animamos a que continúe a participación coma sempre, e as actividades complementarias sexan un elemento diferenciador do centro que leva a educación fóra das paredes do centro.
Como poden colaborar as familias?: -Controlando e, sobre todo, dialogando sobre como se mostran nas redes e como esta imaxe e identidade dixital pode beneficiarlles ou perxudicarlles. -Facéndolles actuar con responsabilidade en relación á imaxe dos demáis, en especial, se son menores. Grabar e difundir nas redes imaxes que vulneren a imaxe dos demáis e, participar en cadeas é delito. -Tratando o tema da confidencialidade: dos contrasinais, da información persoal e familiar que transmiten coas imaxes e datos que facilitan. -O control dos tempos: recomendamos limitar os usos das tecnoloxías marcando horarios para diferentes actividades e facer uso de apps para controlar o uso/abuso do móbil. É importante asegurarse de que polas noites non teñen acceso ás tecnoloxías (retirada móbiles ou desconexión datos) e teñen un sono reparador. -Comprobando que traen a batería dos ordenadores cargada (1º -2º ESO). -Animando e comprobando o emprego de axendas dixitais: tareas e exames e uso de alarmas para xestionar o estudo.

Competencia dixital

Bos hábitos que acompañan o benestar físico e emocional, e o éxito escolar

  • Coidar a hixiene (ducha diaria, muda para cambiarse logo de E.F) nos fai sentir ben e non repercute negativamente na aula.
  • Bos hábitos alimenticios.
  • Prevención de consumos (detectamos un aumento de consumos de alcol, tabaco e outras sustancias).
  • Descanso (cada vez máis durmen escasas horas por estar coa tablet ou teléfono polas noites).
  • Exercizo. Estudos demostran que o hábito de exercicio diario repercute no rendemento académico, ademáis facilita a liberación das hormonas do benestar e a felicidade (endorfinas, serotonina e dopamina). En estados de ansiedade (habitual en época de exames) e/ou depresión o exercicio moderado é altamente recomendable.

Benestar emocional: protocolos, actuacións e servizos de axuda

- Círculos de diálogo. Dende hai tres cursos estamos realizando estos círculos para mellorar a escoita activa e expresar as emocións, algo fundamental na convivencia e no benestar emocional.Tamén realizamos círculos temáticos: de igualdade, sobre a morte introducindo a cuestión do suicidio e os recursos de axuda no centro e fóra do mesmo.- Acoso escolar: Protocolo de acoso. Equipo ACAE. Buzón laranxa. Termómetro acoso.*Protocolo: establece procedemento de actuación. *Punto laranxa: permite comunicar en papel ou de forma teleḿatica (na web) as situacións de acoso *Equipo ACAE: equipo encargado de investigar situacións de posible acoso *Termómetro acoso: nova ferramenta (curso 25-26) para detectar situacións de acoso na aula.

Benestar emocional: protocolos e servizos de axuda

-Anar: inclúe chat para adolescentes e tamén para as familias (servizo externo). Ofrecen apoio entre outras cuestións cando existe: violencia no fogar, violencia de xénero no noviazgo, suicidio, acoso escolar. -Suicidio: *dende o centro podemos iniciar protocolo de conduta suicida en coordinación con servizos de saúde *024 (servizo externo) -Identidade e orientación sexual. Sexualidade: *Protocolo identidade de xénero (actívase dende o centro) *Quérote (chat whatsapp) 647 018 752 (servizo externo)

Modalidades solicitadas PIE: Convivencia e Igualdade

CONVIVE

IGUÁLAT

Vinculado coa mediación e resolución de conflitos, a empatía e comprensión das diversidades, etc

Vinculado coa igualdade e a diversidade

Conversas sobre o futuro

Durante esta etapa na que hai que decidir cuestións importantes na traxectoria persoal, académica e profesional recomendamos ás familias:-Conversar sobre cualidades positivas e talentos da alumna e alumno.-Facilitar a visibilización de imaxes relacionadas con “como me vexo facendo no futuro? No centro facilitaremos a toma de decisións vocacionais: 1. con recursos para coñecer opcións e ampliar información2. organizando a Semana das Profesións igual ca na ESO para coñecer opcións educativas e laborais3. visitando universidades en cada un dos cursos4. recibindo asesoramento e orientación individual e grupal coa orientadora5. dando a coñecer opcións e experiencias emprendedoras mediante obradoiros e/ou charlas 6. establecendo pontes coas universidades: charlas da USC, UDC 7. achegando experiencias variadas que atendan aos intereses do alumnado 8. promovendo eleccións sen etiquetas de xénero

Club de Ciencias

Club de lectura

Como en anos anteriores, o Club de Ciencias realizará propostas para estimular o interese polas Ciencias. Hai actividades dirixidas a: -todo o grupo clase -o alumnado do Club de Ciencias. Contamos cunha alta participación de rapazas interesadas na Ciencia, algo que demanda o mundo laboral. Seguide animándoas!

O alumnado pode participar nalgún dos Clubs de Lectura da ESO. Novidade: este ano contamos con Club de Lectura de adultos!. Podedes seguir todas as novidades no blog da Biblio OverBooking. Este ano o proxecto do centro é a felicidade de ler.

Hora de Ler

O alumnado participante NESTAS ACTIVIDADES E que vive lonxe, pode quedarse a comer nAS INSTALACIÓNS Do centro sempre que a dirección o autorice.

Podedes seguir todas as novidades no blog da Biblio OverBooking.O alumnado debe traer un libro da casa ou emprestado pola biblioteca.

Idiomas

Cuale

Neste momento temos solicitado:

  • un grupo de A2 en inglés
  • un grupo de B1 en inglés.
  • un grupo de B2 en inglés.

  • Ensinanza orientada á cualificación e acreditación de idiomas estranxeiros.
  • Fóra do horario escolar.
  • Demanza en alza
  • Cursos anteriores: 80% do alumnado certifica.

Francés

Auxiliar de conversa

Xa temos con nós a Sofía, a auxiliar de conversa. As normas de respecto deben ser as mesmas que para calquera outro profesor/a.

Inglés

Portugués

FESTIVO LOCAL E DÍA NON LECTIVO20 marzo: día non lectivo proposto polo centro.26 de maio: Voto de Chanteiro en Mugardos e Ares (festivo local).