Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
PRESENTACIÓN DE MERCADOS
saranunezserantes
Created on September 24, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
PRESENTACIÓN DE MERCADOS
Sara Núñez Serantes
ÍNDICE
- Introducción
- Mercados de competencia perfecta
- Monopolio
- Oligopolio
- Competencia monopolística
Estruturas de mercado
As estruturas de mercado explican como se organizan as relacións entre empresas que venden un produto e os consumidores que o compran.A forma na que está configurado un mercado depende de factores como:
- o número de empresas e compradores,
- o tipo de produto que se ofrece,
- a capacidade de influír nos prezos,
- e a facilidade ou dificultade para que novas empresas entren a competir.
Dato aproximado: Galicia conta con máis de 13.000 explotacións agrícolas de hortalizas e patacas segundo datos do Ministerio de Agricultura (MAPA 2023). Isto mostra un mercado moi fragmentado.
Competencia perfecta
Características principais:
- Hai moitos vendedores e compradores, ningún pode fixar o prezo por si só.
- O produto que se vende é practicamente igual (homoxéneo).
- É fácil entrar e saír do mercado.
- A información sobre prezos e condicións é accesible para todos.
MONOPOLIO
Características principais:
- Só existe unha empresa que ofrece o produto ou servizo.
- Non hai substitutos reais.
- É difícil que entren novas empresas (barreiras altas: investimento, regulación, patentes…).
- A empresa decide en gran parte o prezo.
Dato: A Lei española permite que certos servizos básicos (auga, luz ou transporte ferroviario) funcionen como monopolios naturais porque sería pouco eficiente que houbese varias redes competindo.
OLIGOPOLIO
Características principais:
- Poucas empresas dominan a maior parte do mercado.
- As decisións dunha afectan ás demais (interdependencia).
- Barreiras de entrada importantes (investimento, tecnoloxía, marcas fortes).
- Poden competir con prezos ou cooperar tacitamente.
Dato: Gadisa (matriz de Gadis) lidera a distribución en Galicia cunha cota superior ao 20% segundo informes de Kantar (2023).
COMPETENCIA MONOPOLÍSTICA
Características principais:
- Hai moitas empresas pero cada unha trata de diferenciar o seu produto (marca, calidade, servizo, imaxe…).
- Barreiras de entrada moderadas: pódese entrar, pero custa destacar.
- Cada empresa ten certo poder para fixar prezos polo valor engadido da súa marca.
Dato: Inditex é a maior empresa téxtil do mundo, con sede en Arteixo (A Coruña) e facturación de máis de 35.900 millóns € en 2023.