Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Os discursos de odio
pvazquezsilva
Created on September 23, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Un achegamento ó concepto e algunhas pistas para recoñelo e enfrontalo
Os discursos de odio
Que converte á desinformación en "discurso de Odio"?
O papel dos prexuízos contra grupos que historicamente viron vulnerados os seus dereitos
A día de hoxe non existe unha única definición para "discurso de odio". Aínda así, poderíamos considerar quese trata dunha expresión (oral, escrita, visual, etc) que incita a discriminar ou a agredir a unha persoa por motivos de odio racial, xenófobo, homófobo, tránsfobo e outras formas de intolerancia. Non so se trata de expresións que promoven a violencia directa. O concepto tamén inclúe contidos que fomentan *prexuízos e intolerancia*, porque contribúen a crear un clima de hostilidade que pode facilitar que se produzan e acepten agresións máis graves.
'O discurso de odio na Internet coñécese como “Ciberodio”*, e está condicionado polas características particulares da rede.
A desinformación *pode ser unha forma de discurso de odio,* cando incita á discriminación ou alimenta os prexuízos contra grupos que historicamente viron vulnerados os seus dereitos.
A investigación "Odio en Twitter: a intersección entre xénero e racismo", realizada por Novact, presenta unha análise cualitativa sobre o discurso de odio e a súa materialización nas plataformas dixitais cun enfoque especial en Twitter (X).
leer mais
Tipos de discursos de odio
o discurso de odio perpetúa os prexuízos, os estigmas e a discriminación.
Estas son algunhas das formas de discurso de odio (e discriminacións) máis frecuentes. Nelas, selecciónase á vítima por... *RACISMO*: pola súa etnia. *XENOFOBIA:* polo seu lugar de orixe. *ISLAMOFOBIA*: porque son de relixión musulmá. *SEXISMO:* por ser mulleres. *HOMOFOBIA*: pola súa orientación sexual. *TRANSFOBIA:* pola súa identidade de xénero.
*APOROFOBIA*: por estar en situación de pobreza *CAPACITISMO*: pola súa diversidade funcional. *IDADISMO*: pola súa idade.
Decotío nos preguntamos por que medra o odio e a desinformación. Con anterioridade falabamos das circunstancias ideolóxicas, sociais e económicas que están a impulsar o odio: -O discurso político -O enfoque mediático -A viralidade das redes -A sucesión de crises e os traumas colectivos Ademais, hai outro fenómeno que tamén opera de maneira inconsciente, cando tomamos decisións sobre unha información: son os *nesgos cognitivos*: os nesgos cognitivos son *interpretacións erróneas da información* que inflúen na forma na que procesamos os nosos pensamentos, emitimos xuízos sobre as cousas, tomamos decisións e, por tanto, actuamos. Todas as persoas estamos influídas polos nesgos cognitivos pero, ao ser inconscientes, non nos decatamos!
7 preguntas para valorar os discursos de odio
Paso 1. Quen está a falar e sobre quen está a falar?
Hai persoas que polo seu cargo, número de seguidores, prestixio ou visibilidade teñen a capacidade de influír moito na opinión pública e na percepción da realidade. Lembra: consideramos discurso de odio as mensaxes que se lanzan contra persoas ou grupos que historicamente viron vulnerados os seus dereitos.
Paso 2. Que contido ten a mensaxe?
Ameazas, insultos, burla ou expresións de menosprezo e estigmatización. Desprezo ou chamadas á segregación dun colectivo que consideran ‘inferior’. Banalización ou exaltación da discriminación, racismo, persecución etc.
Paso 3. Que obxectivo ten quen fala?
Non sempre é fácil valoralo, pero ás veces podemos detectar se hai detrás unha estratexia deliberada de difusión do odio, se é un comentario ocasional dito a treo ou se é unha broma…
Paso 4. Que consecuencias pode ter a mensaxe?
Dano psicolóxico persoal. Sobre os dereitos da persoa ou grupo atacado. Sobre as opinións e percepcións, e, por tanto, sobre a convivencia pacífica.
Paso 5. Que alcance ten a mensaxe?
O número e o perfil das persoas ás que pode chegar a mensaxe condiciona o dano que pode producir. É no espazo público ou no ámbito privado? É unha persoa con moitos seguidores ou non? A mensaxe estase viralizando ou apenas ten reaccións?
Paso 6. En que contexto social aparece a mensaxe?
Dependendo da situación social, económica ou dos acontecementos recentes, un mesmo comentario pode resultar inocuo ou perigoso. *Exemplo*: nun momento de medo, incerteza e angustia polo futuro, unha expresión que sinale a un grupo como culpable dos problemas pode ter consecuencias especialmente graves.
Paso 7. Hai un patrón no discurso?
Investiga se a persoa ou perfil que difunde a mensaxe xa publicou antes cousas semellantes. Así saberás se se trata dun comentario puntual ou dun comportamento habitual de odio, que é máis perigoso.
A pirámide do odio. Ferramentas para actuar.
Desmontar o discurso de odio e difundir un discurso alternativo é crucial para frear a deshumanización e discriminación de persoas e colectivos.
▪️ Trata de entender por que difunde 'iso' e alcanzar unha posición de achegamento para poder empezar a debater. ▪️ Planta a semente da dúbida: fai preguntas como: por que crees iso? Onde conseguiches esa información? ▪️ Intervén ao comezo do fío de comentarios. A túa mensaxe pode animar a outras persoas para que expresen ideas tolerantes. ▪️ Non retuitees nin uses os seus hashtags ou os seus termos! ▪️ Argumenta en positivo: fala do que apoias. ▪️ Se coñeces a alguén que difunde un bulo, é mellor corrixir en privado.
A lóxica da pirámide do odio é que cada chanzo sustenta a posibilidade de pasar ao seguinte**. Por iso é crucial analizar e valorar a gravidade dos incidentes de odio. Ás veces non é fácil saber que facer ante un comentario de odio nas redes sociais. Non sempre hai que ‘facer algo’, e existen distintas estratexias de resposta. ▪️ Selecciona as túas batallas. Non é rendible debater con persoas descoñecidas moi polarizadas. ▪️ Evita a confrontación directa: non ataques nin ridiculices. ▪️ Evita reproducir os mecanismos do odio: nin xeneralización nin chibos expiatorios, etc.
Materiais elaborados a partir de documentación proporcionada por Ecos do Sur