Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

CORRESPONSABILIDADE NAS RELACIÓNS AFECTIVAS 💗

Aventeira Cooperativa de Educación e Lec

Created on September 18, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Pastel Color Presentation

Visual Presentation

Relaxing Presentation

Modern Presentation

Colorful Presentation

Modular Structure Presentation

Chromatic Presentation

Transcript

corresponsabilidade nas relacións afectivas

QUE É A RESPONSABILIDADE AFECTIVA?

É ser conscientes de que todo aquelo que dicimos e facemos (ou deixamos de facer) ten un impacto emocional nas persoas coas que nos relacionamos.Sexa unha amizade, un “lío puntual”, unha relación “seria” de parella, un “non sei que somos”, ou unha persoa coa que falas por DM de cando en vez… Sempre hai emocións en xogo! 🎲✨

continuar

“É que nunca fomos nada, así que non lle debo explicacións!”

continuar

→ Porque “non ser parella”, non é carta branca para pasar dos básicos. Aquí van algúns que deberían estar sempre presentes, sexa unha relación “estable” ou unha historia que foi “un case algo”... ​😉

Esas conversas honestas que son algo incómodas, pero necesarias: “Que estamos buscando?”, “Estamos no mesmo punto?” ou “Isto está cambiando?”. Falar claro é moito mellor que supoñer ou intentar adiviñar. Os pactos son como un mapa para non perderse: axúdannos a entender que podemos esperar da outra persoa e que non.

Significa non facer dano de forma intencionada, non desaparecer sen máis, e non xogar co tempo ou cos sentimentos da outra persoa. Trátase de bo trato, mesmo cando toca poñer fin a unha historia.

Coñecer os teus e respectar os da outra persoa, sen cruzar liñas vermellas. Saber ata onde queres chegar, que cousas non estás dispostx a permitir e aprender a dicir “non” sen culpa, tamén é unha forma de coidar(se).

É poñerse no lugar da outra persoa: pensar como se pode sentir, que efecto poden ter as túas palabras ou silencios sobre ela. A empatía axuda a mirar máis alá de nós e a non ir pola vida pisando feridas alleas.

Ser consciente de que as túas accións poden impactar emocionalmente na outra persoa. Non vale xogar coas emocións alleas para alimentar o ego ou por puro aburrimento.

a responsabilidade afectiva

o respecto

a empatía

os límites

os pactos

continuar

É probable que tamén escoitaras por aí algunha destas outras frases…

→ “Paso de dicir nada, igual estou esaxerando.” Cantas veces calamos o que sentimos por medo a “molestar”, a parecer fráxiles ou a que nos digan que estamos dramatizando? 🤐​ Se algo che rabuña por dentro ou che incomoda, non o ignores. Iso que sentes é unha mensaxe importante, así que préstalle atención! Intenta poñerlle palabras ao que che está pasando. Porque cando calamos, acumulamos. E iso acaba rebentando en forma de ansiedade, rabia, tristeza ou desconexión emocional... 🌋

→ “Só era un lío, non teño dereito a estar así.”Que non fora unha relación “oficial” ou con etiquetas, non significa que non houbese sentimentos polo medio. O que sentiches é real, e é teu! ​✨ ​Non hai que estar “en parella” para que algo doa ou nos remexa por dentro. As emocións non deixan de ser válidas porque “non era algo serio” ou “non durou moito”. Tampouco son excesivas, inadecuadas nin ridículas. Son sinais que nos indican como estamos e que necesitamos en cada momento... 🌡️

continuar

ou esta de aquí...

→ “O ligue é así: confusión, drama e algo de sufrimento…” Hai quen normaliza que o ligue sexa un campo de batalla emocional, cheo de xogos retorcidos, silencios incómodos, desaparicións inesperadas e desconcerto constante. Claro que poden xurdir emocións intensas, nervios, dúbidas… É parte da conexión humana! Pero ligar non debería ser unha guerra emocional na que alguén sempre perde... ⚔️❤️‍🩹​ Conectar con outra persoa pode ser algo moi guai, sempre que vaia acompañado de respecto, comunicación e coidado mutuo. Se o xogo do ligue sempre che deixa coa sensación de perder, igual é hora de cambiar as normas. Pensa… Que tipo de partida queres xogar ti? E con que regras? 🤔​

continuar

Situationship: Sóache?

É unha palabra moi usada pola mocidade en redes sociais e APP´s de ligue para describir unha “non-relación”. Isto é cando dúas persoas teñen algo máis ca amizade (mensaxes, quedadas, afecto, incluso sexo), pero sen compromiso claro nin definición do que son. Non é exactamente unha parella, pero tampouco só colegas: queda nun limbo difuso... 😶‍🌫️ → Moitas veces xera confusión porque unha das partes pode esperar máis, mentres a outra prefire deixalo en casual vibes sen etiquetas.

continuar

RED FLAGS... OU GREEN FLAGS? 🚩

Ás veces, cando alguén nos gusta ou estamos ilusionadxs cun vínculo novo, podemos pasar por alto situacións que, vistas desde fóra, serían máis evidentes. O subidón, a conexión ou as ganas de que funcione poden facer que normalicemos actitudes e comportamentos que nos fan sentir incomodidade, dúbidas ou que directamente nos fan dano. Tamén pode que non valoremos o suficiente aquelas que nos fan sentir benestar de verdade.

continuar

🟢​ GREEN FLAGS Son como power-ups nun videoxogo: fannos sentir ben e enriquecen os nosos vínculos! Tamén son unha sinal de que a nosa relación coa outra persoa está sendo saudable, coidadosa e respectuosa. Se sentes que podes falar con liberdade, que es escoitadx, que a outra persoa respecta os teus tempos e valida as túas emocións... Todo está indo polo bo camiño! Bandeira verde! 💚✨

🔴 RED FLAGS Son como as sinais de alerta nun videoxogo, que nos din: “Ei, isto non pinta ben!”. A relación coa outra persoa pode estar sendo tóxica ou daniña. Se alguén te controla, se te fai sentir culpable por poñer límites, ou se desaparece e aparece cando lle peta… Coidado! Bandeira vermella! 🚨⚠️

continuar

MODERN LOVE 💗

As redes sociais fannos conectar máis rápido ca nunca: con só deslizar, dar like ou reaccionar a unha storie, xa podemos iniciar unha conversa ou mesmo un vínculo. Pero esta mesma rapidez tamén ten un lado escuro: todo pode volverse máis volátil, inmediato e confuso. Mensaxes que van e veñen só “por cumprir”, respostas a golpe de emoji, conversas a medias, persoas que desaparecen e reaparecen coma un poltergeist, xogos mentais dignos dun escape room emocional... E ti coa sensación de non saber se estás nunha historia real ou nun thriller psicolóxico saído de Netflix.

continuar

Benvidx ao dicionario do Modern LOVE (século XXI)! →

continuar

→ Seguro que xa viviches en primeira persoa algún destes fenómenos, aínda que non souberas o seu nome. Preme os botóns luminosos! 👇​

continuar

→ Isto non remata aquí! Hai máis fenómenos agardando por ti. Preme de novo os botóns luminosos! 👇

continuar

E agora que xa sabes todo isto…? 🤔​

Non se trata de memorizar este novo dicionario, senón de saber recoñecer dinámicas e formas de relacionarnos que nos fan sentir benestar ou, pola contra, malestar. Porque, ás veces, o Modern LOVE pode ser complicado… 😵‍💫​

continuar

Bla Bla Land: Como nos comunicamos?💬

A forma na que nos expresamos (ou evitamos facelo) crea pontes... ou muros. Non todo se trata de “gústasme” ou “non me gustas”. Hai moitos xeitos de coidar —ou de facer dano— a través das palabras, dos silencios e da forma de comunicarnos.

continuar

Velaquí algunhas claves para evitar perdernos no Bla Bla Land →

continuar

COMUNICACIÓN EMOCIONAL

Non se trata de conversar moito, senón de expresar o que sentimos, o que necesitamos e o que queremos (ou non queremos) de forma clara, honesta e sen xogar ao despiste... 🦜​✨ A comunicación emocional vai máis alá de responder con emojis, enviar memes ou reaccionar a stories. Ten que ver con: → Compartir como te sentes, sen medo a parecer “demasiado intensx” ou “exageradx”. → Explicar o que necesitas, sen agardar a que a outra persoa o adiviñe. → Facer peticións claras, non suposicións nin xogos mentais tipo: “Se lle importase de verdade, xa o sabería”.

continuar

consentimento emocional

Sempre falamos do consentimento físico ou sexual—e é importantísimo—, pero tamén temos que ter en conta o consentimento emocional. Significa ser clarxs coas nosas intencións, non xogar a “Xa verá o que entende…” ou “Deixarei sinais sutís…”. Se estou falando contigo, ligando ou creando un vínculo, debo respectar como te sintes e non crear falsas expectativas... 💗 Entón, o consentimento emocional é dicir: “Non estou buscando nada serio agora mesmo”, e actuar en consecuencia. Podes mudar de opinión (faltaría máis!), pero é importante compartilo coa outra persoa para que poida decidir tamén con liberdade! 💬​

continuar

SINCERIDADE AFECTIVA

Non se trata de dicilo todo sempre, sen filtros. Trátase de ser honestxs coas persoas, sen ferir: comunicar o que sentimos ou non sentimos dun xeito claro, coidadoso e respectuoso. A sinceridade tamén é saber dicir “non”, sen culpa. Decidir marchar sempre é unha opción válida, pero facelo sen dar unha explicación ou deixando á outra persoa nun limbo emocional… é cuestionable! ​🧐 É mellor un: “Penso que non estou no mesmo punto ca ti. Estás sendo moi cariñosx comigo e non sei se podo corresponder do mesmo xeito. Prefiro dicircho agora a que te poidas sentir enganadx máis adiante.” …que dar longas para non incomodar! 😉​

continuar

Ambigüidade intencionada

Ese xogo de “nin contigo nin sen ti”. De mandar mensaxes confusas para manter o control emocional da situación: non dicir claramente o que sentimos, pero tampouco afastarnos. A ambigüidade intencionada é unha forma de manter á outra persoa enganchada sen responsabilizarse, sen compromiso, pero sen soltar. Mensaxes tipo: “Es moi especial, pero agora mesmo non podo”, seguidas de stories con indirectas ou algún “Quérote bb” solto de vez en cando. Lembra que rematar unha relación con respecto, tamén é coidar. Podemos evitar desaparecer de súpeto, deixar á outra persoa chea de dúbidas ou manter portas entreabertas que só xeran confusión. Se sabes que non queres volver, non deixes ese “xa veremos…” que a outra persoa interpreta como esperanza... 🍃 Mellor unha verdade con tenrura 💗​… que un silencio cheo de confusión! 😵‍💫​

continuar

LIKÉATE: Autoestima, límites e coidado persoal ❤️​

Darlle “like” a ti mesmx é o primeiro paso. A autoestima non vai de ser perfectx, senón de recoñecer o teu valor, poñer límites sans e respectarte. Cando te coidas, tamén melloras as túas relacións cas demais persoas.

continuar

Autoestima afectiva

O noso valor persoal vai máis alá de como nos tratan as demais persoas. O meu valor non aumenta porque “alguén me escolle” nin diminúe porque “alguén deixa de falarme”. Cando dependemos da atención ou da validación das outras persoas para sentirnos ben ou queridxs, acabamos pendentes do que fan ou deixan de facer: se nos escriben, se nos responden rápido, se nos din algo bonito… 😬​ Se non o fan, sentímonos mal con nós mesmxs, como se fósemos menos interesantes ou menos valiosxs. Isto pode levarnos a aceptar actitudes e comportamentos doutras persoas que nos xeran malestar, que nos fan dano ou que non queremos, só por medo a perder esa atención ou esa conexión... 🚩

continuar

límites sans

Poñer límites non é ser borde nin fríx, é ser clarx co que che fai ben e co que non. Dicir “Isto non me gusta”, “Non estou preparadx para isto” ou “Non quero seguir falando se me tratas deste xeito” é unha forma de coidarse e de amosar como queres ser tratadx. Moitas veces temos medo de poñer límites porque pensamos que a outra persoa se vai enfadar ou marchar. Lembra: Se alguén se afasta porque lle pos un límite, ese límite era necesario! 🚧​ Aínda que haxa unha conexión incrible ou moito cariño, se un vínculo che xera malestar… sempre podes decidir marchar. E está ben. Porque o amor non se demostra aguantando o que doe. O amor desfrútase! 💖​

continuar

BeReal, pero de verdade: Como inflúen as redes sociais nas nosas relacións? 📲​

continuar

comparación constante

Scrolling infinito de parellas felices, shippeos entre persoas famosas, citas perfectas, viaxes románticas… E ti pensando: “E eu? Por que non teño iso?” 💞​ As redes sociais amosan momentos illados, posados, editados… Non é a realidade completa, é unha realidade distorsionada. Pero tranqui! 😌​ A túa relación non é menos real por non ter mil fotos publicadas con filtros de solpor... 🌅​

continuar

fomo relacional

Coas redes sociais é fácil sentir que sempre hai outra opción dispoñible: parecen catálogos infinitos de persoas, como se estivésemos facendo scroll na APP dunha tenda de roupa. Un escaparate tras outro. Un perfil máis interesante, unha vida máis atractiva, unha historia mellor contada... 😏​ Isto pode levar a manter conversas abertas con varias persoas ao mesmo tempo, sen comprometerse con ningunha, deixándoas nun limbo emocional. A relación convértese nunha especie de “proba gratuíta”, pero sen opción de saber se haberá unha conexión real. As persoas non son produtos a probar. Non son matches, likes ou oportunidades que podes gardar na “lista de desexos”, por se acaso. Crear vínculos reais require parar, estar presente, mirar de fronte e empezar a coidar o que xa tes diante... 🩵​

continuar

Comunicación dixital e malentendidos

Mensaxes que se malinterpretan, respostas que tardan días en chegar (ou nunca chegan) e xeran ansiedade, emojis ambiguos, stories que parecen dicir algo, pero non… ​ Sen unha conversa clara fóra da pantalla, é moi fácil encher o baleiro coas nosas dúbidas e inseguridades, ou buscar sinais onde non hai nada claro! 🫨​ Por exemplo, viches a súa storie e non sabes se é unha indirecta para ti ou unha canción random? Non montes a túa propia película! Se dubidas… Mellor fala! 🎬

continuar

indirectas públicas

Subir unha storie cunha canción de desamor, repostear frases tipo “Aprende a perderme” ou “Se non aportas, aparta”, ou darlle like a fotos para provocar… As redes sociais tamén se usan como armas afectivas! ⚔️​❤️‍🩹​ Este tipo de mensaxes son un exemplo de comunicación pasivo-agresiva: non se di directamente o que molesta ou doe, pero lánzase a mensaxe con segundas intencións, esperando que a outra persoa a interprete. Isto só xera máis confusión, ruído e malestar. Se queres dicirlle algo… Mellor por privado que nun post con fondo de neón e frase en inglés! ​😉

continuar

Non se trata de evitar sentir, senón de aprender a coidar(nos) mentres sentimos.

continuar

grazas por chegar ata aquí!

🎡​ Situationship

Un vínculo que parece unha relación, pero sen nome, nin claridade. Moitas veces, unha persoa quere algo máis e a outra non. → Por exemplo: Levades varios meses quedando, durmides xuntxs, facedes plans, etc., pero cando preguntas: “Que somos?”, responde con: “Non sei, estamos ben así, para que poñer etiquetas? Mellor fluímos!”.

🪐 Orbiting

A persoa non che fala, pero ve todas as túas stories, dálle like ás túas fotos e déixache algún comentario nelas. Está sempre aí, orbitando arredor túa e dando voltas, pero sen chegar a contactar directamente contigo. → Por exemplo: Non che fala desde hai semanas, pero ve todas as túas stories, dálle like ás fotos que subes, e incluso comenta 🔥 nun post. Pero... nin un “Ola” en privado.

SÓACHE ESTA FRASE?

Pois moito ollo! 👀 Que non haxa etiquetas, non significa que poidas facer o que queiras sen consecuencias. Se hai conexión emocional ou física, tamén hai responsabilidade! 🫰

👀​ por exemplo...

→ “Non me apetecía quedar, pero díxenlle que si porque se non igual deixaba de falarme.” → “Fixo un comentario que me fixo sentir mal, pero non dixen nada porque non quería parecer intensx ou pesadx.”

🦗 Cricketing

Cando alguén tarda moitísimo en responder a unha mensaxe e, cando o fai, actúa coma se nada pasara. Non hai desculpas, non dá explicacións, simplemente cambia de tema ou quédase en silencio (escóitanse “os grilos” no baleiro). → Por exemplo: Escribes “Ola! Como foi o exame?” un mércores. Non responde ata o sábado pola noite con: “Ei, que fas hoxe?”, cambiando de tema e como se non vira antes a túa mensaxe.

💡 ​Gaslighting

Fai que dubides de ti mesmx: dos teus sentimentos, da túa memoria ou da túa versión da realidade (“Estás esaxerando…”, “Iso non pasou así…”, etc.). É manipulación emocional disfrazada de “tranquilidade”. → Por exemplo: Dígoche que me molestou que flirtearas cunha persoa na festa e ti respóndesme: “Estás tolx, iso non pasou, es moi sensible, sempre te montas películas...”.

👻 ​Ghosting

Cando alguén desaparece sen previo aviso, cortando toda comunicación de golpe. Non contesta ás mensaxes e non dá ningunha explicación… Simplemente, esfúmase! Pode xerar confusión, inseguridade, culpa ou dor emocional. → Por exemplo: Levades falando durante dúas semanas 24/7, e incluso quedastes unha vez. De repente, deixa de responder ás túas mensaxes e desaparece sen dicir nada.

❄️ Cuffing Season

Época do ano (xeralmente outono-inverno) na que moitas persoas buscan parella por compañía ou rutina, máis que por conexión real. Adoitan rematar a relación en primavera coa chegada do verán. → Por exemplo: En novembro comeza a falarche e invítate á súa casa a ver películas e a facer outros plans de inverno. Pero chega maio e desaparece sen máis! Xusto cando chega o bo tempo, a festa, os plans de praia…

💭 Lembra que...

A comunicación é a base para crear vínculos sans e evitar malentendidos, falsas expectativas ou decepcións que se poderían evitar cunha conversa a tempo.

🥖​ Breadcrumbing

Dar pequenos sinais de interese de vez en cando (como “migallas de pan”) para manter á outra persoa enganchada, pero sen intención real de ter unha relación con ela. → Por exemplo: Despois de días sen falarche, mándache un “Soñei contigo 😏”. Non segue a conversa, pero tampouco a corta. Só deixa esa “migalla” para manter o teu interese.

🎯 Strategic Posting

Publicar contido nas redes sociais de forma estratéxica para chamar a atención do teu crush, adaptándote aos seus gustos para parecer “máis compatibles”. → Por exemplo: Sabes que o teu crush adora o skate e esa tarde vas pasar por diante dun skatepark. Fas un par de fotos e subes unha storie co último tema de Duki. Non é casualidade: sabes que a vai ver.

🛟 Cushioning

Ter varias conversas afectivas con outras persoas “de reserva” mentres estás nunha relación principal, por se esta non funciona. Son “almofadas emocionais”: non hai compromiso real coas outras persoas, pero úsanse como “colchón” para amortecer unha posible caída. → Por exemplo: Tes unha relación bastante “seria”, pero segues mantendo conversas coa túa ex e con outra rapaza que coñeciches por Instagram, “por se o de agora non funciona”.

🧟‍♂️ Zombieing

Cando alguén que fixo ghosting reaparece tempo despois como se nada pasara. Pode ser enviando unha mensaxe casual, dando un like, reaccionando a unha storie, ou pedindo volver falar. Pode reabrir feridas emocionais e xerar moita confusión. → Por exemplo: Despois de semanas sen saber nada da persoa que che fixo ghosting, aparece reaccionando cun 💖 a unha storie túa na praia como se non pasara nada.

🟢 Alguén que che di...

“Se agora non che apetece falar, está ben. Eu estou aquí cando ti queiras.” → GREEN FLAG!Porque non se trata só de conseguir gustar a unha persoa, senón de sentirnos cómodxs e coidadxs, mentres desfrutamos do camiño.

FOMO ​👉​ “Fear Of Missing Out”

Medo a comprometerse con alguén por se aparece “algo mellor”.

🌊​ Hoovering

Despois de afastarse ou romper a relación, volve con palabras bonitas e falsas promesas para que volvas. Pero non busca un cambio real: só recuperarte e repetir o ciclo. Esta é unha estratexia de manipulación emocional. → Por exemplo: Tras deixarte porque “non sabía o que quería”, aparece un mes despois enviándoche a vosa canción fav, dicindo que te botou moito de menos, que cambiou, que contigo é diferente..., pero aos días volve desaparecer!

🔴 Alguén que che di...

“Se non me respondes en 5 minutos, xa sei que estás pasando de min.” → RED FLAG!Aprender a identificar estas bandeiras axúdanos a non perder o Norte nunha relación e, sobre todo, a coidarnos mentres coñecemos, conectamos ou ligamos con alguén.

🐱 Kittenfishing

Forma “suave” de catfishing: adornar ou falsear a realidade en redes sociais ou APP´s de ligue para parecer máis atractivx ou interesante. → Por exemplo: No seu perfil de Tinder ten fotos de hai 4 anos e di que lle encanta o deporte, pero cando quedades, recoñece que odia moverse do sofá e que non vai ao ximnasio desde 2020.

🥇​ Flexting

Enviar mensaxes para presumir, non para coñecer realmente a alguén: amosar logros, diñeiro, corpo, vida “perfecta”, etc. para impresionar á outra persoa e parecer máis desexable. É unha forma de comunicación baseada na fachada, non na conexión real. → Por exemplo: Empeza a conversa contándoche que vai ir ao festival máis caro do verán, que lle patrocina unha marca de roupa, e que o seu último vídeo en TikTok pasou das 100K views. Non che pregunta nada sobre ti e non amosa interese por coñecerte.

SÓACHE ESTA FRASE?

Pois moito ollo! 👀​ Que non haxa etiquetas, non significa que poidas facer o que queiras sen consecuencias. Se hai conexión emocional ou física, tamén hai responsabilidade! 🩷​

⚽ Benching

Manter a alguén como “Plan B” (en reserva). Consiste en ter un contacto mínimo coa outra persoa, sen avanzar nin romper: ti estás aí, no banco de suplentes, por se algún día lle apetece “xogar” contigo. → Por exemplo: Fálache de vez en cando por DM: “Ola, guapx 😉”, pero nunca propón quedar. Sempre está “liadx” ou di “xa falamos…”, pero tampouco chega a desaparecer.

🎣 Catfishing

Crear unha identidade falsa en redes sociais para enganar a alguén. Pode ser usando fotos doutra persoa ou inventando completamente unha vida que non é real. Lembra que suplantar a identidade dunha persoa é DELITO! → Por exemplo: Durante semanas falas cun perfil de Instagram dun mozo guapísimo. Cando lle pides facer vídeochamada, sempre pon escusas. Máis tarde descobres que as fotos eran dun modelo de Internet.

✅ RESPONSABILIDADE AFECTIVA É...

→ Aceptar que as nosas accións teñen consecuencias emocionais para quen está do outro lado.→ Non usar a alguén como escape emocional, para cubrir baleiros, como paréntese cando estamos mal, ou como entretemento mentres non aparece “alguén mellor”.

💣​ Love Bombing

Ao comezo dunha relación, énchete de mimos, atención e detalles. Fai que todo pareza intenso e ideal. Pero logo retírase de golpe e pode deixarche nunha montaña rusa emocional. → Por exemplo: Nada máis empezar a falar, mándache parágrafos de amor, faiche agasallos, di que nunca coñeceu a alguén coma ti e que nunca sentira isto antes... De súpeto, desaparece ou cambia de trato sen explicación!

🕳️ Pocketing

Cando alguén te oculta: non che presenta ás persoas do seu círculo, non publica fotos contigo en redes sociais ou fai coma se non existise a relación. Como se te metese nun peto. → Por exemplo: Levas meses saíndo con alguén, pero nunca che presenta ás súas amizades, nunca sube fotos contigo a Instagram e, cando estades xuntxs en público, actúa coma se foses só unha coñecida.

✅ RESPONSABILIDADE AFECTIVA É...

→ Ser honestxs co que sentimos, co que necesitamos e co que queremos (ou non queremos).→ Actuar con claridade e respecto, sen deixar á outra persoa no aire ou xogando ao despiste.

PERO... QUE É? 🤔​

→ Non é friendship (amizade).→ Non é relationship (relación).→ É situationship: Unha especie de “situación” rara, sen nome claro, que pode molar un tempo… ou acabar sendo tóxica se non hai claridade.