Recomendacións para ...
... abrir unha conta
USA O BOTÓN DE REPORTAR
Non dubides en usar o botón de reportar no caso de ser preciso. Se atopas contido ofensivo, ameazante, inapropiado, fraudes ou mesmo alguén te molesta, preme no botón de reportar. Os reportes son anónimos e axudan a manter a plataforma segura.
NON FACILITES INFORMACIÓN PRIVADA
Nunca compartas información persoal sensible e comprometedora como números de conta, DNI, enderezo, horarios de actividades, ubicación exacta en tempo real… xa que xente que non coñeces podería acceder a ela e mesmo usala na túa contra.
CONTROLA O TEU TEMPO NA APLICACIÓN
Instagram pode chegar a ser moi adictivo porque está deseñado para captar a túa atención con notificacións, “likes” e un fluxo interminable de contido. Usa a ferramenta de “límite de tempo diario” para establecer un máximo de tempo ao día e para recibir un aviso cando superes o tempo establecido. Apagar as notificacións ou silenciar algunhas pode axudarche a reducir o impulso de mirar a aplicación constantemente.
NON ESQUEZAS CERRAR SESIÓN
Se inicias sesión de Instagram en dispositivos alleos ou públicos recorda pechar sesión para evitar que outras persoas accedan ao teu perfil e poidan manipular os teus datos.
COIDADO COAS "FAKE NEWS"
Non contribúas á difusión de noticias ou publicacións falsas coñecidas como “fake news”. Antes de compartir algunha publicación verifica que sexa dunha fonte fiable e que o que diga sexa verdade. Para iso mira se outros medios coñecidos tamén a publicaron.
PENSA ANTES DE COMENTAR E DAR "LIKE"
Antes de escribir un comentario, asegúrate de que sexa positivo e respectuoso. Evita dicir cousas que poidan ferir os sentimientos de alguén ou causar problemas na plataforma. Dá “like” só a publicacións que realmente che gusten ou que consideres positivas. Non des “like” a cousas que non entendas ben, que poidan ser inapropiadas ou mesmo falsas.
ACTIVA A FUNCIÓN DE CONTA PRIVADA
Revisa a configuración de privacidade da túa conta e activa a función de "conta privada". Isto quere dicir que es ti mesmo quen aproba que persoas poden ver o teu contido e interactuar contigo. Unha vez feito isto, é recomendable que aceptes só as solicitudes de seguimento dos teus amigos ou coñecidos da vida real.
CREA UN CONTRASINAL DIFÍCIL E HABILITA A AUTENTIFICACIÓN EN DOUS PASOS
Crea un contrasinal único que combine maiúsculas, minúsculas, números e símbolos e, se é posible, evita empregar datas de nacemento ou palabras fáciles de adiviñar. ¡Recorda que non debes confiar ese contrasinal a ninguén!Ademáis, habilita a autentificación en dous pasos. Esta medida de seguridade envía un código adicional ao teu teléfono para confirmar que es ti quen intenta iniciar sesión desde un dispositivo non recoñecido, o que engade unha capa extra de protección á túa conta.
PENSA ANTES DE PUBLICAR
É fundamental saber que o que subes ás redes sociais pode permanecer aí para sempre. Anque Instagram permita eliminar publicacións, non sempre é posible borrar todo o que se compartiu. Por esa razón, antes de publicar algo, debes pensar se che gustaría ou te sentirías cómodo se as persoas que te seguen o ven.
LEMBRA A IMPORTANCIA DAS RELACIÓNS CARA A CARA
A pesar de que as redes sociais como Instagram están ben e poden ser ferramentas útiles e de ocio se se usan con responsabilidade, non debes esquecer que a vida real e as relacións cara a cara son iguais ou máis importantes que o que vemos na pantalla.
Recomendacións para Instagram
Andrea García
Created on September 18, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Teaching Challenge: Transform Your Classroom
View
Frayer Model
View
Math Calculations
View
Interactive QR Code Generator
View
Piñata Challenge
View
Interactive Scoreboard
View
Interactive Bingo
Explore all templates
Transcript