Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Propostas polos creativos 25/26

Pablo Míguez

Created on September 15, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Genial Calendar 2026

School Calendar 2026

January Higher Education Academic Calendar

School Year Calendar January

Academic Calendar January

Choice Board Flipcards

Comic Flipcards

Transcript

Ideas e suxerencias para a elaboración de propostas didácticas mediante Polos Creativos

propostas polos creativos

tablets e ordenadores

placas makey-makey

kapla

cortadora láser

robot programable

Uso do láser para cortar ou gravar con gran precisión materiais como madeira, cartón, tecido ou metal fino.

Mediante o uso de scratch, a cámara ou outras aplicacións pódense levar a cabo milleiros de actividades.

Pódense controlar mediante programación permitindo ao alumnado aprender robótica e resolución de problemas.

Dispositivos que permiten converter obxectos (aluminio, o corpo…) en teclas ou botóns do ordenador.

Pezas de madeira para construír estruturas mediante o equilibrio, sen necesidade de cola nin encaixes

impresora 3d e/ou lápices 3d

radio

Empregando ferramentas de gravación e difusión para traballar a comunicación, a creatividade e o traballo en equipo.

Mediante a fundición dun fio, podemos crear múltiples obxectos físicos capa a capa

Propostas coa impresora 3d ou os lápis 3d

Actividades para primaria

Actividades para infantil

  • Personaxes principais: Imprimir figuras de personaxes de contos curtos ou tradicionais (Carapuchiña, os tres porquiños, animais). Usalos para dramatizacións, xogos de mesa ou contacontos en radio. Obxectos clave do conto: Por exemplo: cesta de Carapuchiña, casitas, varas máxicas, libros miniatura.
  • Escenarios en miniatura: Bosque, río, casas, castelos que se poden combinar para representar o conto.
  • Proxectos colaborativos: Cada alumno ou grupo deseña e imprime un personaxe ou obxecto, creando un “universo de contos” común.
  • Integración con tecnoloxías: Usar os personaxes impresos en stop motion ou Scratch para animar a historia.
  • Obxectos interactivos: Crear pezas que se poidan montar/desmontar como puzzles ou xogos didácticos para contar o conto.
  • Lápis 3D✏️:
    • Pequenas figuras ou obxectos directamente con lápis 3D sobre cartón ou unha base. Traballo manual e creativo, fomentando coordinación e motricidade fina.
    • Marcapáxinas ou amuletos do conto: Deseñar pequenos obxectos que representen elementos do conto, que logo se poidan levar á casa ou usar como recurso narrativo.

Propostas co uso das tablets (cámara, scratch e outras apps)

Actividades para primaria

Actividades para infantil

  • SCRATCH🐱:
    • Creación de historias interactivas: Cada alumno ou equipo deseña unha escena do conto e programa diálogos, efectos e movementos. Engadir decisións para que o espectador “escoite dous finais” ou interactúe co conto.
    • Xogo do conto: Transformar un conto en un pequeno xogo recoller obxectos ou escapar de obstáculos (p.ex., axudar á Carapuchiña a chegar á casa da avoa evitando o lobo).
  • Video contacontos: O alumnado grava a narración cunha pequena actuación e engade efectos sonoros ou visuais.
  • Contos completos en stop motion: Cada equipo crea unha escena do conto. Fotografar accións paso a paso, engadir narración e efectos sonoros na app para crear unha película curta. Hai varias opcións de app: StopMotion Studio, StopMotion Animation Maker...
  • Animar os seus debuxos sobre o conto: o alumnado debuxa personaxes do conto e son animadas coa seguinte páxina web: https://sketch.metademolab.com/canvas .
  • Fotografía de escenas ou personaxes: Os nenos poden fotografar figuras de xoguete, personaxes en 3D ou debuxos para usar nas animacións ou contos dixitais.
  • SCRATCH🐱: Animación de personaxes simples. Importar imaxes das personaxes do conto ou debuxalos no propio Scratch. Programar movementos básicos (avanzar, xirar, falar) ao ritmo da narración oral.

Propostas con robot (Photon ou earl2)

Actividades para primaria

Actividades para infantil

  • Conto programado paso a paso: O alumnado transforma un conto en instruccións secuenciais para o robot (avanzar, xirar, parar). Trabállase a comprensión lectora, a lóxica e a planificación.
  • Escape room de contos: Crear un percorrido con retos: o robot ten que pasar por varias escenas do conto resolvendo enigmas (exemplo: seleccionar o obxecto correcto ou chegar ao lugar indicado)
  • Contos colaborativos: Cada equipo programa unha parte da historia; ao final, todos os robots xogan xuntos para contar o conto completo en movemento.
    • Fomentar narración oral: mentres os robots se moven, o alumnado conta a historia en primeira persoa ou interpreta.
  • Ruta do conto: Crear un “mapa do conto” no chan (bosque, casa da avoa, río…). O alumnado programa o robot para que siga a ruta que percorre a historia. Por exemplo, Carapuchiña camiña desde a súa casa ata a da avoa sen chocar co lobo.
  • Dramatización en movemento: Cada robot representa un personaxe. O alumnado move o robot ao ritmo da narración, facendo que interactúen no escenario.
  • Xogo de asociación: Colocar imaxes de obxectos/personaxes e facer que o robot toque o correcto ao mencionar cada parte do conto.

Exemplo con Photon

Propostas de radio

Actividades para primaria

Actividades para infantil

  • Adaptacións modernas: escoller o conto, tradicional ou non, e reinventalo en clave actual (“Carapuchiña Vermella vai ao cole en patinete eléctrico” ou empreganse cancións modernas no conto) para gravar unha radionovela curta.
  • Entrevistas a personaxes: o alumnado fai de xornalista e entrevista ao protagonista dun conto (p.ex. “Preguntas ao Lobo Feroz”).
  • Radio en varias linguas: gravar contos breves en galego, castelán ou en inglés e mesmo noutras linguas presentes no centro (se hai alumnado estranxeiro), fomentando a diversidade.
  • Conto colaborativo: cada clase aporta un capítulo dun conto longo ou dunha serie de contos relacionados (un “conto por episodios”) ou ben danlle ao conto un final alternativo ou unha continuación.
  • Contacontos radiofónico: o alumnado interpreta o conto dun xeito curto, xogando cos tons de voz e as onomatopeas.
  • Efectos sonoros caseiros: crear e gravar sons co corpo ou obxectos (auga con vasos, portas, pasos, instrumentos…) para acompañar a narración.
  • Minisección “O conto da semana”: cada semana un grupo graba un conto de 1-2 minutos que se emite para toda a escola.

Propostas coa cortadora láser

Actividades para primaria

Actividades para infantil

  • Escenarios modulares: Cortar e montar escenarios en varias capas (bosque, río, casa da avoa) para crear mini-teatros ou dioramas. Pódense usar xunto con personaxes en 3D, lápices 3D ou Bee-Bot para que interactúen no espazo.
  • Contos interactivos físicos: Cortar fichas ou obxectos que ao ser colocados sobre unha mesa ou tablero interactivo (con Makey Makey ou sensores sinxelos) activen sons, luces ou movementos.
  • Xogos de reconstrucción de contos: Crear pezas láser que representen partes do conto (personaxes, obxectos, lugares). O alumnado ten que reconstruír a historia ordenando correctamente as pezas nun mural ou tablero.
  • Personaxes recortables: Crear figuras de personaxes ou animais de contos en madeira fina ou cartón. O alumnado pode pintalos e logo usalos para dramatizar o conto ou xogar co teatro de sombras.
  • Obxectos e símbolos do conto: Cortar elementos como a cesta de Carapuchiña, a porta da casa, as casitas dos tres porquiños. Usalos como soporte visual durante a narración ou para crear pequenos escenarios.
  • Puzzles de historias: Crear pezas recortables con escenas do conto que o alumnado poida montar na orde correcta, traballando comprensión lectora e secuenciación.

Propostas makey-makey

Actividades para primaria

Actividades para infantil

  • Teclado de contos: Cada tecla ou elemento táctil representa unha acción ou personaxe do conto. O alumnado pode “recrear” a historia pulsando os elementos na orde correcta, como se fose un xogo interactivo.
  • Poster interactivo: Crear un poster interactivo sobre o conto ou sobre o día a celebrar. Cada sección está ligada a unha tecla Makey Makey que reproduce a narración, son ou canción.
  • Xogo de preguntas do conto: O alumnado conecta respostas correctas do conto a diferentes teclas. Ao tocar a correcta, soa un efecto positivo; se é incorrecta, outro efecto. Fomenta comprensión lectora, memoria e atención.
  • Contos interactivos con sons: Cada personaxe ou obxecto do conto está asociado a un son ou unha frase curta (p.ex., “lobo: gruñido”, “Carapuchiña: Ola!”). O alumnado toca a imaxe ou figura conectada á placa e activa o son mentres se conta o conto.
  • Mapa de historia: Colocar diferentes “lugares” do conto nunha cartolina grande (bosque, casa da avoa, río…). Cada lugar ten un contacto Makey Makey que reproduce unha frase ou efecto sonoro cando se toca.
  • Instrumentos do conto: Crear instrumentos conectados á placa para acompañar a narración de forma musical.

Exemplo poster interactivo

Propostas co uso das kapla

Actividades para primaria

Actividades para infantil

  • Contos colaborativos: Cada equipo constrúe unha escena do conto usando Kapla. Ao final, xúntanse todas as escenas para representar a historia completa
  • Xogos de narrativa interactiva: Construír varias alternativas de escenarios ou finais: por exemplo, se o lobo entra pola porta ou pola fiestra, a historia cambia. Os alumnos programan “camiños” ou secuencias de movemento dos personaxes usando Kapla como soporte físico.
  • Recreación de escenarios: Construír a casa da avoa, o bosque do lobo ou as casitas dos tres porquiños. Usar os escenarios durante a dramatización ou o contacontos.
  • Personaxes en Kapla: Montar figuras simples de animais ou personaxes do conto, combinando varias pezas. O alumnado pode mover as figuras mentres narra a historia.
  • Xogos de secuenciación: Crear diferentes escenarios e pedir ao alumnado que os coloque na orde correcta segundo a historia.