Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

De viaxe...

Mª JESÚS PRESAS VALENTE

Created on September 12, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Frayer Model

Create Your Story in Spanish

Microcourse: Key Skills for University

Microcourse: Learn Spanish

History Timeline

Education Timeline

Body Parts Game

Transcript

de viaxe....

ceip amadeo rodríguez barroso PDI curso 2025_26

FOLLA DE RUTA

EMOCIÓN

CURIOSIDADE

ATENCIÓN

COÑECEMENTOS

COMUNICACIÓN

ÍNDICE

temÁTICA DO pdi

que son os pdi

temporalización

por que se chaman así?

algúns recursos e ideas

contaremos con...

produtos finais e difusión

planificación E ESTRATEXIAS DE TRABALLO

avaliación

GRAZAS

temática do pdi 2025_26

PREPARADOS...COMEZAMOS A VIAXE

Neste curso 25_26 o tema proposto desde Biblioaroba é DE VIAXE... unha viaxe polo mundo do coñecemento, a información, a literatura, a imaxinación... En definitiva, unha viaxe en sentido metafórico ou real.

que son os pdi

e ademáis tamén son...

Son pequenos traballos de investigación nos que o alumnado traballa directamente coa documentación (independentemente do soporte) aprendendo a aprender e a traballar autonomamente.

Son investigacións nas que o alumnado, ademáis de investigar sobre un tema, ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de busca de información e traballo intelectual empregando os recursos documentais da Biblioteca Escolar.

por que se chaman así?

O que se pretende acadar é que o alumnado constrúa o seu coñecemento, que sexa creativo e que sexa capaz de comunicar o que entende, e para iso empregarase a documentación. 1. Recollida de información (documentación) 2. Tratamento da información recollida (análise e reflexión) 3. Produto final

Promóvese a implicación de todas as áreas de coñecemento, de xeito globalizado e interdisciplinar. Supón a participación de TODO o profesorado e tamén da comunidade educativa podendo implicar igualmente a outras bibliotecas escolares e/ou públicas.

Un proxecto é unha acción concebida e planificada con un obxectivo acotado no tempo e con recursos definidos. Céntrase no alumno que aprende a buscar a información e a procesala empregando distintas estratexias favorecendo así a aprendizaxe autónoma.

INTEGRADO

DOCUMENTAL

PROXECTO

contaremos con....

páxinasweb/BLOGS

libros sobreo proxecto a desenvolver

radio rosais

FAMILIAS

recomendaciónslectoras

XORNAIS/REVISTAS

hora de ler

equipo de biblioteca

AULA LÍA

PERSOAS EXPERTAS

PASOS PREVIOS

  • Motivación e decisión do
tema
  • Valorar a súa integración
no currículo
  • Que sei e que quero saber
  • Recursos dispoñibles
  • Difusión do proxecto

PLANIFICACIÓN E ESTRATEXIAS DE TRABALLO

POSTA EN MARCHA

  • Temporalización
  • Deseño de materiais
  • Deseño de actividades
  • Posta en común

ESTRATEXIAS DE TRABALLO

  • Proxectos levados a cabo desde as titorías
  • Conmemoracións desde o PDI
  • Colaboracións con outros equipos
  • Experiencias colaborativas con outros cursos

DURANTE O PROXECTO

  • Realización das actividades propostas
  • Emprego de recursos do centro e da comunidade educativa
  • Crear contidos relacionados co tema implicando ás familias

FINAL DO PROXECTO

  • Recopilación de materiais
  • Análise, valoración das actividades
  • Reflexións e conclusións
  • Avaliación do proxecto
  • Difusión do aprendido

temporalización

O prazo para presentar o produto final será a semana do 23 ao 27 de marzo de 2026.

Na biblioteca disporase de material para consultar, que servirá de complemento ao que se poida recoller nos enlaces desta presentación.

Calquera actividade que se faga na aula referida ao proxecto terá que ser recollida para ser incorporada ao blog da biblioteca.

Radio rosais estará dispoñible para todo o profesorado e o alumnado.

IDEAS

DE VIAXE ...

POLA MÚSICA

POLAS ESCRITORAS GALEGAS

POLO HORTO

POLOENTROIDO TRADICIONAL GALEGO

POLOS CONTOS

POLA HISTORIA

POLA CIENCIA

POLOS XOGOS

POLA POESÍA GALEGA

POLA ARTE

E POR TODOS OS LUGARES A ONDE A VOSA IMAXINACIÓN OS LEVE

ALGÚNS RECURSOS

DE VIAXE ...

instituto geográficonacional. recursos educativos

museo virtual el prado

mapas para xogar

VIAXEIRAS PORGALICIA

museo virtualel louvre

15 grandes viaxeiras que cambiaron o mundo

POLA CIENCIAEN GALEGO

O CAMIÑO DE SANTIAGO

ARTE:PICASSO

PRODUTOS FINAIS

  • Exposición oral a outro alumnado usando recursos diversos empregados no traballo de investigación: paneis explicativos, exposicións dixitais, maquetas..
  • Vídeos explicativos. en Croma
  • Podcast e programas de radio.
  • Exposición de traballos.
  • Dramatizacións.
  • Experimentos.
  • Presentacións en Canva, Genially, PowerPoint Kahoot
  • Enquisas
  • ...

QUE TEMOS QUE FACER

Trátase de crear un produto final relacionado co tema traballado, un contido creado polo alumnado, de xeito que se constate que o alumnado coñece, valora e toma conciencia do aprendido durante o proxecto.

POSIBLES PRODUTOS FINAIS

difusión

Páxina web do centro Blog da biblioteca Distintos blogs do cole

AVALIACIÓN

LISTAS DE CONTROL

RECOLLIDA DE INFORMACIÓN

AUTOAVALIACIÓN

ANÁLISE DA INFORMACIÓN

ELABORACIÓN DUN INFORME

CONCLUSIÓNS

TOMA DE DECISIÓNS

RÚBRICAS

Moitas grazas!

"As bibliotecas só existen se os libros saendos andeis e se moven, como se moven os nómades, por todos os lugares onde hai alguén que queira ler un libro, escoitar un conto ou escribir unha historia."
BOA VIAXE!!!!