Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

MappingCares_Itinerarios dende os coidados

andrea mouriño schic

Created on September 12, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Terrazzo Presentation

Visual Presentation

Transcript

Itinerarios dende os coidados

Museos arqueolóxicos, xénero e educación

Comezar

Descarga este recurso en formato PDF

O proxecto

Antes de comezar...

Este recurso é resultado do proxecto de investigación e divulgación Mapping Cares, que analiza como se constrúen, e que silencios agochan, os relatos sobre a Alta Idade Media (séculos IV–VII) dende unha perspectiva crítica e inclusiva.

Este recurso educativo aberto (REA) é unha ferramenta dixital e interactiva que permite explorar coleccións de diferentes museos arqueolóxicos a través de itinerarios, contidos e recursos asociados. A partir dos obxectos das súas exposicións permanentes, o recurso propón unha lectura que visibiliza os coidados, as relacións de xénero e a vida cotiá na Alta Idade Media.Cada obxecto convértese nun punto de partida para aprender, reflexionar e construír interpretacións propias, convidando a quen percorre o recurso a poñer tamén as lentes violetas e a establecer diálogos entre o pasado e o presente. A estrutura flexible do recurso permite realizar distintos percorridos e a súa adaptación a diferentes contextos educativos.

NOTA: Este recurso está deseñado para ser interactivo. Na súa versión en PDF, algunhas funcións poden non estar dispoñibles.

O proxecto

Mapping Cares. Discursos e representacións de xénero na transición á Alta Idade Media (s. IV-VII) e a súa transferencia

Un proxecto de investigación, divulgación e transferencia sobre a materialidade do cotiá

Centrado na transición á Alta Idade Media (s. IV–VII), Mapping Cares analiza como se constrúen os relatos sobre esta época nos museos arqueolóxicos do Noroeste Peninsular. O proxecto pon no centro os coidados, as relacións de xénero e a vida cotiá. A través deste recurso educativo aberto (REA), podes explorar as coleccións dos museos estudados a través dun mapa interactivo que integra diferentes itinerarios que visibilizan estes aspectos a través da súa materialidade e recursos para traballar e ampliar os contidos.

Para saber máis

Infografía: proxecto COIDARQ

O proxecto

Mapping Cares. Discursos e representacións de xénero na transición á Alta Idade Media (s. IV-VII) e a súa transferencia

Un proxecto de investigación, divulgación e transferencia sobre a materialidade do cotiá

Centrado na transición á Alta Idade Media (s. IV–VII), Mapping Cares analiza como se constrúen os relatos sobre esta época nos museos arqueolóxicos do Noroeste Peninsular. O proxecto pon no centro os coidados, as relacións de xénero e a vida cotiá. A través deste recurso educativo aberto (REA), podes explorar as coleccións dos museos estudados a través dun mapa interactivo que integra diferentes itinerarios que visibilizan estes aspectos a través da súa materialidade e recursos para traballar e ampliar os contidos.

Para saber máis

Infografía: proxecto COIDARQ

O proxecto

Quen está detrás de Mapping Cares?

Un equipo comprometido coa perspectiva de xénero

Celtia Rodríguez González

Andrea Mouriño Schick

Ana Delia González Jiménez

Investigadora posdoutoral
Investigadora posdoutoral
Arqueológa e Antropológa

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)

Ver

Ver

Ver

Fotografías: proxecto COIDARQ

O proxecto

Ilustración:José Ramón Almeida (2021)

Porque mirar cara a Alta Idade Media (s. IV-VII)?

Máis alá da crise romana

Durante séculos, este período foi visto como unha etapa de crise e invasións. Mais tamén existiron continuidades culturais, adaptacións cotiás e procesos que sostiveron a vida das comunidades. Mapping Cares busca recuperar esas dimensións esquecidas e ofrecer unha visión rigososa, científicamente falando, que visibilize a diversidade do pasado dende unha perspectiva interseccional.

O proxecto

Para que serve este recurso? Que nos aporta?

Un recurso educativo aberto (REA) para museos, espazos arqueolóxicos, aulas e outros contextos de aprendizaxe

O REA permite explorar os coidados, as relacións de xénero e a vida cotiá na Alta Idade Media mediante itinerarios interactivos dos museos analizados, construídos a partir dos obxectos das súas exposicións permanentes. Promove a reflexión crítica sobre os discursos museográficos e conecta cos ODS, promovendo igualdade, inclusión e xustiza social.Tamén é un apoio educativo que integra contidos básicos e transversais de Ciencias Sociais, adaptables a diferentes etapas educativas. É unha ferramenta que une investigación, transferencia e divulgación, para achegarnos ao pasado de forma máis responsable e inclusiva.

Esquema do ciclo da investigación e a transferencia de coñecemento en Arqueoloxía ¿que gañamos coa inclusión da perspectiva de xénero? (Herranz-Sánchez, 2024 p. 20)

O proxecto

Como o facemos?

Que son os coidados?

Para que estudar os coidados?

Que entendemos por coidados e como se investigan dende a Arqueoloxía

Achegas ao estudo das sociedades na Alta Idade Media (s. IV-VII)

Ver

Ver

Que son os coidados?

Que son os coidados?

Poñendo os coidados no centro

Os coidados non son só unha actividad, senón un principio ético e político que sostén a vida e permite o benestar das persoas. É dicir, dan resposta ás necesidades humanas básicas: as físicas e as afectivas.

Están ligados á xestión do cotiá, teñen emisores e receptores, e forman parte dunha rede de relacións persoais e emocionais.

A partir da súa caracterización podemos identificar as prácticas de coidado no rexistro arqueolóxico dentro do paradigma das actividades de mantemento e empregar a súa identificación e estudo para coñecer as dinámicas sociais e culturais do pasado.

Para saber máis

Infografía: proxecto COIDARQ

Que son os coidados?

Os coidados e a Arqueoloxía

As actividades de mantemento

Os coidados poden recoñecerse no rexistro arqueolóxico a través de:

  1. Corpos que amosan sinais de coidados recibidos.
  2. Materialidade asociada, como obxectos e ferramentas do día a día.
  3. Contextos domésticos e funerarios, é dicir, espazos ligados á vida cotiá.

Estas prácticas forman parte das actividades de mantemento, que abranguen as tarefas necesarias para soster a vida: hixiene e saúde, procesado e almacenaxe de alimentos, produción utensilios, organización dos espazos e socialización e aprendizaxe entre outras.

Trátase de actividades esenciais que garanten a cohesión social e a supervivencia dos grupos humanos, presentes en todas as sociedades do pasado e recoñecibles a través do rexistro arqueolóxico.

Para saber máis

Infografía: proxecto COIDARQ

Para que estudar os coidados?

Achegas ao estudo das sociedades na Alta Idade Media (s. IV-VII)

Analizar os coidados neste período permítenos:

  1. Comprender as dinámicas sociais e económicas das comunidades, tanto rurais e urbanas, dende unha perspectiva interseccional.
  2. Valorar a vida cotiá como base das identidades e das relacións humanas, máis aló das narrativas políticas centradas na crise e nas biografías de elites (posografías).
  3. Recoñecer prácticas de coidado como tarefas centrais para a organización social, desafiando enfoques tradicionais.
Como di Almudena Hernando (2015) a clave para transformar a orde patriarcal está en visibilizar o relacional, o emocional e o cotiá, sen renunciar á razón, pero cuestionando a súa pretendida neutralidade.

Fotografías: proxecto COIDARQ

Mapa interactivo de museos

Mapa interactivo

Museo Arqueolóxico de Asturias (Oviedo, España) Museo do Castro de Viladonga (Lugo, España) Museo de Arqueoloxía D. Diogo de Sousa (Braga, Portugal) Museo Nacional de Arte Romano (Mérida, España)

1 2 3 4

Infografías: proxecto COIDARQ

A exposición permanente

O noso itinerario...

Adéntrate nas salas do museo e percorre a historia de Asturias, dende a Prehistoria ata a Idade Media.

Os coidados e a súa materialidade na transición á Alta Idade Media (s. IV–VII): sala 4.

Ver

Ver

Museo Arqueolóxico de Asturias

A exposición permanente

Discursos e representacións de xénero e espazos intervidos no itinerario

Ir ao itinerario

Ver instalacions

Planta 1

Planta baixa

Para saber máis

Sala 1. Os tempos prehistóricos Sala 2. O Neolítico. A Idade dos Metais Sala 3. O tempo dos castros Sala 4. Roma en Asturias Sala 5. Asturias medieval Outros espazos

Planta 3

Planta 2

Ilustración: Museo Arqueolóxico de Asturias

Museo Arqueolóxico de Asturias

Sala 4

Sala 4

Entre o mundo antiguo e o reino de Asturias

Entre o mundo antiguo e o reino de Asturias

Sala 4

Entre o mundo antiguo e o reino de Asturias

Sala 4

Sala 4

Entre o mundo antiguo e o reino de Asturias

Entre o mundo antiguo e o reino de Asturias

Nº inventario: 06579, 06593, 06594, 06595, 06598Obxecto/ función: Coitelos e culleres ou ligulas / uso domésticoMaterial: Bronce e FerroDescrición: Conxunto formado por 2 coitelos e 3 cullerillas ou ligulae. Trátase de obxectos vinculados á preparación e consumo de alimentos, así como a posibles tarefas de hixiene e coidado persoal. Atopáronse na Vila de Andallón (Las Regueras) e de Veranes (Xixón).

Nº inventario: 01593Obxecto/ función: fondo de sítula/ uso doméstico ou funerarioMaterial: BronceDescrición: Fondo dunha sítula de bronce asociada á Villa de Vega del Ciego (Lena). As sítulas eran recipientes metálicos, xeralmente con asa, destinados a conter ou verter líquidos. En época tardorromana aparecen tanto en contextos domésticos como funerarios.

Nº inventario: 06721 Obxecto/ función: Xerra de cerámica común / uso funerario Material: Cerámica Descrición: Xerra de cerámica común de cor alaranxada. Forma parte do enxoval da tumba 16 da necrópole de Paredes (Siero). Recipiente de líquidos ou ofrendas.

Nº inventario: 06712Obxecto/ función: Vaso/ uso funerarioMaterial: VidroDescrición: Vaso de vidro soprado con decoración aplicada en gotas de cor. Forma parte do enxoval da tumba 9 da necrópole de Paredes (Siero). Puido empregarse como recipiente de líquidos ou ofrendas.

Nº inventario: 1993.0701Obxecto/ función: Muíño/ transformación de granMaterial: Pedra (granito)Descrición: Muíño circular de granito. Empregado para a moenda de cereais, actividade esencial para a alimentación e a subsistencia. Procede da vila romana de Vega del Ciego (Lena).

Para saber máis

Modelo 3D

Para saber máis

Museo da Vila romana de Veranes

A exposición permanente

O noso itinerario...

Adéntrate nas salas do museo para coñecer a cultura castrexa a través da materialidade do Castro de Viladonga.

Os coidados e a súa materialidade na transición á Alta Idade Media (s. IV–VII): salas 2 e 3.

Ver

Ver

Museo do Castro de Viladonga

A exposición permanente

Discursos e representacións de xénero e espazos intervidos no itinerario

Ir ao itinerario

Sala 0. Información complementaria Sala 1. Hábitat e medio natural Sala 2. Cultura material Sala 3. Cultura material II

Ilustración: Museo do Castro de Viladonga

Museo do Castro de Viladonga

Sala 2

Sala 2

Sala 3

Sala 3

A terra sigillata: vitrina 6

A terra sigillata: vitrina 6

O tecido: vitrina 1

Maqueta-vídeo

Nº inventario: 1970/00607Obxecto/ función: Peite de ferro/ procesado de fibras téxtilesMaterial: FerroDescrición: Peite formado por variñas e dentes metálicos, empregado para esfiañar fibras como liño ou lá. A produción téxtil neste período é híbrida, entre o ámbito doméstico e a produción especializada.

Nº inventario: 2008/00559Obxecto/ función: Fonte ou prato/ uso doméstico Material: CerámicaDescrición: Fonte ou prato de cor negra con bordo plano e decoración de liñas bruñidas en palmas radiais. Imitación tardía de modelos baixoimperiais e paleocristiáns. Vinculado co servizo de mesa.

Nº inventario: 1970/00511Obxecto/ función: Cunca de TSHT (Drag. 37t)/ uso domésticoMaterial: CerámicaDescrición: Cunca feita a molde e decoración. Atopada nunha vivenda, de tradición castrexa, evidencia de certa romanización ou aculturación material. Vaixela fina tardía.

Recurso: Maqueta-vídeo da vida cotiáFunción: Recreación didácticaDescrición: Recreación de escenas da vida cotiá, onde as persoas que vivían no castro realizan diversas tarefas: tecido, cociña, descanso, curtido de peles e traballo do metal.Dispoñibilidade: Pódese visualizar na visita virtual.

Modelo 3D

Modelo 3D

Modelo 3D

Para saber máis

Para saber máis

Para saber máis

A exposición permanente

O noso itinerario...

Adéntrate no museo para coñecer a historia de Braga a través das súas pezas: dende a Prehistoria ata a cidade romana e medieval.

Os coidados e a súa materialidade na transición á Alta Idade Media (s. IV–VII): sala 2.

Ver

Ver

Museo de Arqueoloxía D. Diogo de Sousa

A exposición permanente

Discursos e representacións de xénero e espazos intervidos no itinerario

Planta 1

Ir ao itinerario

Planta -1

Piso 1. Vida pública e privada

  • Sala 1. Pre e Protohistoria
  • Sala 2. O imperio romano no Noroeste Peninsular
Piso 0.
  • Sala 3. O espazo urbano de Bracara Augusta
  • Sala 4. Rede viaria, morte e relixión. A Idade Media
Piso -1 . Moisaco in situ

Planta 0

Ilustración: Museo de Arqueoloxía D. Diogo de Sousa

Museo de Arqueoloxía D. Diogo de Sousa

Sala 2

A integración no imperio e o comercio: vitrina 3

Sala 2

A produción local: vitrina 3

Sala 2

A produción local: vitrina 8

Sala 2

Sala 2

A produción local: vitrina 2

A produción local: vitrina 3

Nº inventario: 2005.0999Obxecto/ función: Copa (Hayes 12/102)/ uso domésticoMaterial: CerámicaDescrición: Copa en cerámica gris tardía de produción local, imitación da forma Hayes 12/102. Ten bordo bifurcado con decoración e carena marcada con caneluras. Vinculada ao servizo de mesa.

Nº inventario: 1994.0567Obxect / función: Prato de TSHT (Palol 2) / uso domésticoMaterial: CerámicaDescrición: Prato en terra sigillata hispánica tardía da forma Palol 2. Destaca pola súa superficie coidada e uso no servizo de mesa. A súa presenza amosa a continuidade das redes de produción e consumo de vaixelas finas na antigüidade tardía.

Nº inventario: 1994.0418 DEPObxecto/ función: Cunca de vidro (tipo Lsings 114)/ uso doméstico ou funerarioMaterial: VidroDescrición: Cunca fonda e acampanada en vidro soprado con acanaladuras verticais, tipo Lsings 114. Documentado en contextos domésticos e tamén funerarios.

Nº inventario: 1998.0656Obxecto/ función: Tapa / uso doméstico ou funerarioMaterial: CerámicaDescrición: Tapa grosa de cerámica común, de produción local. Trátase dun obxecto que puido estar relacionado tanto coa preparación e conservación de alimentos como cun uso funerario, vinculado a unha furna funeraria.

Nº inventario: 1993.0701Obxecto/ función: Cunca/ uso domésticoMaterial: CerámicaDescrición: Cunca de produción local en cerámica gris tardía, con bordo simple e carena marcada. Superficie gris escura pulida. Trátase dun recipiente habitual nos contextos domésticos de época altomedieval.

Para saber máis

Para saber máis

Para saber máis

A exposición permanente

O noso itinerario...

Adéntrate nas salas do museo para percorrer a historia de Emerita Augusta, dende a súa fundación romana ata a época visigoda.

Os coidados e a súa materialidade na transición á Alta Idade Media (s. IV–VII): piso 0, piso 1, piso 2 e colección visigoda.

Ver

Ver

Museo Nacional de Arte Romano

A exposición permanente

Discursos e representacións de xénero e espazos intervidos no itinerario

Ir ao itinerario

Colección de Arte Visigoda

Guía multimedia

Para saber máis

Piso 0. Vida pública e privada (salas I-X) Piso 1. Producions artesanais (salas I-IX) Piso 2. Sociedade e manifestacións artísticas (salas I-X) Cripta

+ Edificio de Santa Clara. Colección de Arte Visigoda Sala 1. Colección visigoda Sala 2. Sala dos escudos

Ilustración: Museo Nacional de Arte Romano

Museo Nacional de Arte Romano

Piso 2

A sociedade: o tocador da matrona

Piso 1

Producións artesanais: a cerámica

Piso 1

Producións artesanais: o vidro

Santa Clara

Colección visigoda

Piso 0

A casa romana

Nº inventario: CE08733, CE07791, CE08673Obxecto/ función: Menaxe de cociña: coadoiro, cazo e culler ou lígula/ uso domésticoMaterial: BronceDescrición: Conxunto formado por un coadoiro, un cazo e unha coller ou ligulae. Trátase de obxectos vinculados á preparación e consumo de alimentos neste caso concreto. Proceden de Olivar de los García de Blanes, da Rúa Castelar e do Almacén do Teatro Romano (Mérida).

Nº inventario: CE26817Obxecto/ función: Vaso (Isings 106 C)/ uso funerarioMaterial: VidroDescrición: Vaso soprado en vidro blanquecino, de base cadrada e depósito cónico con aristas redondeadas. O tipo Isings 106 C é habitual en contextos domésticos para o consumo de líquidos e tamén en ámbitos funerarios, como amosa este exemplar da tumba 4 do Solar de Las Torres (Mérida).

Recurso: reconstrucción e recración dunha casa romana do s. IV d.c Función: Recreación Descrición: Estancia dunha vivenda romana onde se expoñen pezas de menaxe de mesa e outras prácticas ligadas á alimentación. Estes espazos mantiveron a súa importancia e transformáronse no tempo. Dispoñibilidade: Pódese visualizar in situ e na visita virtual.

Nº inventario: CE19581 , -Obxecto/ función: Pinzas para depilar/ hixieneMaterial: BronceDescrición: Pinza de lámina curvada con extremo en ángulo obtuso. Estas pezas, ligadas ao aseo e ao coidado corporal, forman parte da materialidade asociada a hixiene vinculadas a contextos domésticos.

Nº inventario: -Obxecto/ función: Xerriñas/ uso funerarioMaterial: CerámicaDescrición: Conxunto de pequenas xerras cerámicas de diferentes tipoloxías, empregadas para conter líquidos. Documentado en contextos funerarios e necrópoles altomedievais da cidade de Mérida e arredores.

Para saber máis

Recursos

Recursos

Guía didáctica

Museo de Prehistoria de Valencia

Curso formativo

Caderno de profesorado

Universidade de Vigo

Instituto Universitario en Arqueoloxía Íbera, Universidad de Xaén

Guía

Portal web

Instituto das Mulleres

Red de investigación PastWomen

Guía

Rede de Museos de Historia e Monumentos de Cataluña

Exposición

Red de Museos de Xixón

Guía

Red de investigación PastWomen, Goberno de Navarra

Exposición

Red de investigación PastWomen

Créditos
  • Maquetación e deseño: Andrea Mouriño Schick (USC)
  • Fotografías: equipo investigador, Museo Arqueolóxico de Asturias, Marta Cancio, Museo do Castro de Viladonga, Museo D. Diogo de Sousa, Ana Osorio Calvo, Jose Mª Murciano Calles e Luis Fallola Collazos, Museo Nacional de Arte Romano.
  • Ilustracións e infografías: equipo investigador, Jose Ramón Almeida, Museo Arqueolóxico de Asturias, Museo do Castro de Viladonga, Museo D. Diogo de Sousa, Museo Nacional de Arte Romano.
Data de creación: 20/07/2025 Data da última actualización: 06/10/2025 ISBN: 978-84-09-80635-5 Licenza de uso: Uso libre para fins non comerciais, con obrigatoriedade de citar a autoría e de compartir as adaptacións baixo a mesma licenza.

Ficha técnica

Título: Mapping Cares: itinerarios dende os coidados. Museos arqueolóxicos, xénero e educación. Autoría e coordinación:

  • Andrea Mouriño Schick (USC)
  • Celtia Rodríguez González (USC)
  • Delia González Jiménez (UNED)
Colaboracións:
  • Diego Torres Iglesias (Museo do Castro de Viladonga)
  • Francisco Folgueira Ríos (USC)
Marco do proxecto:
  • Proxecto COIDARQ. Coidados, materialidade e espazo (ED481B_013, Xunta de Galicia)
Financiamento
  • Archaeology Committee Grants 2025, The Roman Society
Deseño e elaboración:
  • Contidos e itinerarios: equipo investigador

Créditos

Entidades

Este recurso realizouse no marco do proxecto COIDARQ. Coidados, materialidades e espazos (ED481B_013), dirixido pola investigadora Celtia Rodríguez González, asociado ás axudas posdoutorais da Xunta de Galicia e centrado na investigación das sociedades rurais altomedievais do Noroeste Peninsular dende a perspectiva de xénero. Contou coa finaciación de The Roman Society, a través das Archaeology Comitte Grant 2025, un programa destinado a impulsar proxectos e iniciativas que promoven a Arqueoloxía romana, a formación en habilidades especializadas, divulgación e a participación cidadá.

Os coidados e a súa materialidade na transición á Alta Idade Media (s. IV–VII): salas COMPLETAR.

Para saber máis

Se che gustou... comparte a túa experiencia para que chegue a máis persoas

Este recurso educativo aberto (REA) está pensado para ti: para empregar en museos, espazos arqueolóxicos, aulas ou calquera lugar de aprendizaxe. Anímate a compartilo, a difundilo e a contarnos como o empregaches. A túa experiencia axúdannos a mellorar e a seguir xerando novos recursos!!!

Voltar ao comezo

Descarga este recurso en formato PDF

Fotografías: Museo do Castro de Viladonga

Museo do Castro de Viladonga

Dedicado ao coñecemento, estudo e comprensión do Castro de Viladonga e do mundo castrexo tras a conquista romana.

Coñece o museo Pezas destacadas Visita virtual Para saber máis...

Ir ao itinerario

Fotografías: Museo D. Diogo de Sousa e equipo investigador

Museo de Arqueoloxía D. Diogo de Sousa

Dedicado á investigación e divulgación das coleccións arqueolóxicas de Braga, con especial atención ao legado romano da cidade.

Coñece o museo Pezas destacadas Visita virtual Para saber máis...

Ir ao itinerario

Bécares Rodríguez, Laura (2016). Asturias y el patrimonio arqueológico en femenino. Avances y permanencias, Revista Ph, 89, 163-165

Lorem ipsum

Exposición (2023) "Entre la vida y la muerte: el lugar de las mujeres. Desde la Prehistoria a los tiempos medievales", Museos Arqueolóxicos de Xijón.

Lorem ipsum

Bécares Rodríguez, Laura (2013). El discurso histórico en el museo aqueológico de Asturias: algunas reflexiones en clave de género. I Congreso Xénero Museos e Arte.

Lorem ipsum

As actividades de mantemento na Alta Idade Media (s. IV-VII)

Este esquema é unha caracterización xeral das actividades de mantemento, mais no noso caso cómpre precisar:

1. A produción cerámica realizábase en centros especializados (Lugo, Burgos, etc.), fóra do ámbito doméstico. Xa dende época romana deixou de considerarse unha tarefa de mantemento.

2. A produción téxtil mantívose como unha actividade híbrida: seguía realizándose no fogar, pero ás veces transcendía esa escala doméstica e integrábase en dinámicas máis amplas de produción e intercambio.

Fotografías: Museo Arqueolóxico de Asturias

Museo Arqueolóxico de Asturias

Dedicado ao coñecemento, estudo e comprensión da historia e do patrimonio arqueolóxico de Asturias, dende a Prehistoria ata a Idade Media

Coñece o museo Pezas destacadas Visita virtual Para saber máis...

Ir ao itinerario

Aspectos clave

Deseño de itinerarios e contidos

Estratexias para a xeración de narrativas inclusivas (Mouriño Schick, 2024, p. 533-535 )

Características dos coidados

En trazos xerais, trátase de traballos que non se atopan suxeitos ao tempo nin ao espazo e responderían as seguintes características:

  • Estar asociados á xestión do cotiá.
  • Ter emisores (persoa que exerce os coidados) e receptores (conxunto da sociedade).
  • Formar parte dunha rede de relacións persoais e interpersoais marcada polo ámbito emocional.
  • Ser unipersoais e non transferibles.
  • Ser heteroxéneas.
  • Precisar de coñecementos especializados e capacidade de xestión, o que deriva nunha gran complexidade profesional.
  • Consumir tempo.
  • Non ser computables en termos mercantís nin comerciais.
  • Ser o nexo de unión entre o privado e o público.

Para saber máis

Infografía: Proxecto COIDARQ

Fotografías: Museo Nacional de Arte Romano

Museo Nacional de Arte Romano

Dedicado ao coñecemento, estudo e difusión da cultura romana e visigoda a través das coleccións arqueolóxicas de Emerita Augusta.

Coñece o museo Pezas destacadas Visita virtual Para saber máis...

Ir ao itinerario

Resultados preliminares

Tendencias e patróns discursivos
Relato lineal e elitistaFoco no colapso romano e no poder político, militar e relixioso, invisibilizando o cotiá.Redución do cotiá ao doméstico e invisiblización dos coidados Caracterízanse como tarefas pasivas e estáticas vinculadas ao espazo privado e ás mulleres, sen recoñecer a súa complexidade técnica e significación social. Reprodución de estereotipos e roles de xénero Lexitimación do sistema patriarcal e o seu imaxinario. P. ex: separación público/privado. Relato homoxeneizador Constrúese unha memoria oficial de corte sexista, arqueográfica (centrada nos obxectos) e de tipo clean*, que exclúe as prácticas e saberes ligados ao cotiá, as relacións de xénero e os coidados.
* Concepto proposto por Aida Rechena (2014: 57-58) para facer referencia aos discursos onde non se teñen en conta as relacións humanas para a explicación do pasado.

Semana temática "Ser Mujer en Roma". A programación inclúe conferencias, visitas e recreacións para coñecer en profundidade a vida das mulleres de Augusta Emerita. A colección do MNAR achega pezas esenciais para comprender o seu papel na sociedade do momento.

Ciclo de conferencias "Mujeres del pasdao. Mujeres del futuro" (2023). Museo Nacional de Arte Romano

Útiles téxtiles e ferramentas relacionadas co traballo agrícola, Vila romana de Veranes. Exposición "Entre la vida y la muerte: el lugar de las mujeres " (2023), Museos de Xixón.