Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

LIGANDO EN MODO HARD ❤️‍🔥​

Aventeira Cooperativa de Educación e Lec

Created on September 10, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Flags Game

Chaotic Chef Quiz

News quiz mobile

News Quiz

Startup Speed Quiz

Flash Challenge Quiz

Dunk the clown quiz

Transcript

LIGANDOEN MODO HARD

Namorar nunca foi tan hardcore… Estás ready? ❤️‍🔥

COMEZAR

BENVIDX!

Neste xogo ti es a persoa protagonista!✨ Estás falando con alguén que coñeciches en redes sociais. A vosa historia comezou cun par de likes, uns cantos memes compartidos e varias conversas por DM. Pero como acabará todo?​ As túas decisións marcarán o destino desta relación…

CONTINUAR

Coñeces a Alex por Instagram. Comeza a reaccionar con “🔥” ás túas stories, e logo chega o seu primeiro DM: "Vale… Outro nivel! 😍". Comezades a falar 24/7. Cada vez tedes máis confianza e Alex propón quedar esta fin de semana.

→ Que fas?

Quedades para tomar algo. A conversa flúe, pero as notificacións do teu móbil soan un par de veces 📱 e Alex pregúntache, en varias ocasións, con quen falas. De súpeto, colle o teu móbil, como se fose unha broma, coa intención de mirar quen che escribiu.

→ Como reaccionas?

“Tranqui… É meu pai dicíndome que pare no súper antes de voltar a casa.”

"Alex, non me sinto cómodx con que mires o meu móbil."

Seguides falando por Instagram e Alex comeza a escribirche mensaxes moi intensas: "Creo que me estou namorando de ti... Nunca me pasou isto… Ti es diferente! 💖".

→ Como o vives?

Parece que a conexión entre vós é brutal! Ata que un día Alex deixa de contestar ás túas mensaxes e desaparece sen dar ningunha explicación. Pasan dúas semanas e reaparece de novo enviándoche un emoji: "😊", xunto coa vosa canción fav de Duki.

→ Que lle respondes?

"Mmm... Non me mola que desaparezas durante días e volvas como se nada..."

"Olaaa! Todo ben? Que foi de ti?"

Alex respóndeche o seguinte: “Andiven con moito lío. A miña axenda está apretada 😜”. Volvedes a falar todos os días, pero cando ti lle propós algún plan para facer xuntxs sempre di: “Ese día non podo… Mellor a próxima semana!”. Chega a seguinte semana e… “Upsss… Non me lembrei de que quedáramos!”.​ Ao mesmo tempo, mándache mensaxes tipo: "Hoxe soñei contigo 😏" ou "Teño mazo ganas de verte 🤗​".

→ Como te sentes?

Volves falar con Alex porque no fondo sabes que esta situación non che está molando nada… Atréveste a dicirllo: "Alex, non me senta ben que me deixes en visto varios días e logo volvas coma se nada 😔". Resposta de Alex: "Jajaja, estás flipando… Sempre estás montando dramas! 🙄 Deberías estar máis de chill, eu non fixen nada raro. Tes que confiar máis en min, non podes ser así de tóxicx…".

→ Como reaccionas?

"Ufff… Igual estou esaxerando. Se lle sigo dando tantas voltas vai pensar que son moi pesadx…"

"Teño dereito a dicir o que sinto, e non quero que me fagan sentir culpable por iso."

Decides falar claro: "Alex, gústasme moito e teño interese en coñecerte, pero preciso saber se isto é mutuo ou se só estamos pasando o tempo.". Resposta de Alex: "Ufff… Deixa de raiarte por todo! 😂​".

→ Que pensas?

"Non quero algo difuso. Se non coincidimos, mellor separar os nosos camiños."

"Ten razón… Dá igual... Mellor fluír…"

TI DECIDES O FINAL!

Segues quedando con Alex, falando a todas horas e mantendo esa “conexión especial”… pero cada vez que preguntas polo que sodes, esquiva, cambia de tema ou bótache en cara que “raias demasiado”. A ilusión inicial convértese nunha montaña rusa emocional, onde sempre esperas que esta vez sexa diferente, pero nunca cambia nada. A vosa relación convértese nun círculo que parece non ter saída… 🎡

Tempo despois, coñeces a alguén diferente. Desde o primeiro momento hai transparencia, confianza e respecto mutuo. Non tes que andar descifrando mensaxes, nin te sintes en tensión constante. As conversas flúen, os silencios son cómodos e as ganas de verse son correspondidas. Descubres que unha relación pode ser un espazo seguro e cheo de desfrute! 💖

Decides afastarte de Alex, bloqueas mensaxes e incluso pensas que xa está superado. Pero meses despois, reaparece con forza: frases intensas, promesas de cambio, confesións de que non pode vivir sen ti… Incluso chega a facer que te sintas culpable por non darlle outra oportunidade. Parece convincente… pero no fondo é o mesmo xogo de sempre! 🚩​

Nun momento de claridade, atréveste a poñer os puntos sobre as íes: expresas como te sintes, falas das túas necesidades, marcas límites e non aceptas menos do que mereces. Pode doer ao principio, pero sentes un alivio brutal ao ver que a túa paz está por riba do caos emocional. Aprendes que deixar ir tamén é unha forma de quererse! 🍃

Usa esta cara de la tarjeta para dar más información sobre un tema. Focalízate en un concepto. Haz que el aprendizaje y la comunicación sean más eficientes.

Usa esta cara de la tarjeta para dar más información sobre un tema. Focalízate en un concepto. Haz que el aprendizaje y la comunicación sean más eficientes.

Usa esta cara de la tarjeta para dar más información sobre un tema. Focalízate en un concepto. Haz que el aprendizaje y la comunicación sean más eficientes.

Usa esta cara de la tarjeta para dar más información sobre un tema. Focalízate en un concepto. Haz que el aprendizaje y la comunicación sean más eficientes.

Título

FINAL A

Título

FINAL B

Título

FINAL C

Título

FINAL D

HOOVERING 🌪️

SITUATIONSHIP CRÓNICO 🌀

Escribe aquí una descripción breve

Escribe aquí una descripción breve

LÍMITES E AUTOCOIDADO ❤️‍🩹​​

Escribe aquí una descripción breve

NOVA CONEXIÓN E GREEN FLAGS 🟢

Escribe aquí una descripción breve

CONTINUAR

INICIO

level up!

Parabéns! Xa subiches de nivel! ✅ Aprendiches a coidarte, poñer límites claros e non deixarte arrastrar por xogos tóxicos. Pero tamén descubriches que coidar ás outras persoas importa: comunicar con honestidade, respectar sentimentos e ser consciente das túas accións fai que as relacións sexan máis sanas e máis reais. Agora toca aplicar todas estas skills na vida real! 🔥

💗​💣 LOVE BOMBING

Cando alguén che enche de mensaxes intensas, promesas ou declaracións de amor demasiado rápido, pode parecer super romántico…, pero tamén pode ser un truco de enganche. O problema é que esa intensidade inicial adoita baixar de golpe e deixarte confundidx. O amor real non vai a 200km/h: precisa calma, tempo e reciprocidade.

⚽ BENCHING

É cando alguén che deixa no “banco de suplentes”: non che dá un lugar real nin se compromete, pero tampouco desaparece. Escríbeche para manterte pendente, pero á hora da verdade nunca se concreta nada. Quedas atrapadx esperando unha oportunidade que nunca chega.

🥖 BREADCRUMBING

Literalmente, “dar migallas”. É cando alguén solta likes, emojis ou frases doces de cando en vez, pero nunca aposta por algo real.

Mantente alerta! 🚩 ​Se só che dan migallas de atención, igual é mellor saír desa partida e buscar vínculos con reciprocidade.

👻 GHOSTING

Un día todo é risas e DM’s infinitos… e ao seguinte, puff! Desaparece sen explicación. Iso é ghosting: cortar o contacto de golpe, deixando á outra persoa chea de dúbidas. Non é culpa túa nin ten que ver con “non ser suficiente”. É unha forma pouco sa de saír dunha relación.

🧟 ZOMBIEING

E cando esa mesma persoa reaparece como se nada, cun emoji ou unha mensaxe random? Iso é zombieing. Xogan a volver á túa vida sen dar explicacións, só para manter o control ou comprobar se aínda estás aí.

Se non hai responsabilidade nin claridade, non é un regreso… É un replay tóxico! 🚩​

📱MONITOREO 24/7

Cando alguén quere comprobar constantemente con quen falas, revisar as túas notificacións ou mirar o teu móbil empregando a túa contrasinal, non é un “xesto de amor e confianza”: é CONTROL.Se tes que dar explicacións todo o tempo, acabas perdendo a túa intimidade e liberdade. Nunha relación sa, cada quen ten dereito ao seu espazo e á súa privacidade.

💡 GASLIGTHING

É cando alguén che fai dubidar do que sintes ou do que percibes, como se todo fose “cousa túa”. Minimiza as túas emocións, diche que es “tóxicx” ou que “montas dramas”, cando en realidade só estás expresando algo que che doe. Este xogo mental desgasta moitísimo, porque che fai sentir culpable sen razón. Tes dereito a falar do que che incomoda sen que ninguén che faga crer que estás toleando.

😵‍💫 SITUATIONSHIP

É cando estás con alguén, pero nunca queda claro “o que sodes”. Hai moito rollo, pero cero compromiso ou claridade. Parece relación, pero tamén parece nada… E vives nun limbo raro no que non sabes se podes pedir máis. O problema é que isto xera inseguridade e desgaste emocional. Non é de pesadxs pedir claridade: é saber que mereces vínculos onde haxa reciprocidade e honestidade.