Familias
INFORMACIÓN
Cuestións relevantes
Faltas de asistencia
Procedemento de acceso
Programacións didácticas
Pais/nais/responsables e alumnado
Dereitos e deberes
Cuestións relevantes
Cuestións relevantes
Faltas de puntualidade
Procedemento a seguir
Comunicación co profesorado
Autoridade profesorado
Procedemento acceso
Concreción Curricular
Procedemento a seguir
Revisión cualificación final
Documentos do centro
Procedemento de acceso
CEIP Sada y sus Contornos
Creatividad
Autoridade do profesorado
O profesorado, como profesional do ensito, ten a condición de autoridade pública–tal e como recoñece o artigo 11 da Lei 4/2011, do 30 de xuño.
Segundo a normativa vixente, os feitos constatados polo profesorado terán presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa outras persoas poidan sinalar ou achegar coa debida motivación, imparcialidade e obxectividade.
As agresións físicas ou verbais, as ameazas e as intimidacións contra o profesorado no exercicio das súas funcións, tanto no propio centro como fóra del, a través de calquera medio, incluídos os dixitais, poderán considerarse, atendendo ás circunstancias, un ataque contra a autoridade pública e poderán ser obxecto, segundo a persoa agresora, de responsabilidade penal, administrativa e/ou das medidas correctoras pertinentes.
Documentos do centro
Todos os documentos do centro están dispoñibles na nosa páxina web.
DOCUMENTOS DO CENTRO
Revisión da cualificación final
As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado que non estean de acordo coas cualificacións ou decisión de promoción adoptadas na avaliación final, poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado.
O procedemento a seguir será o recollido no Art. 27. Reclamacións contra as cualificacións das NOFC do centro. Este mesmo artigo inclúe o procedemento para obter copia dos instrumentos de avaliación aplicados.
ACCESO ÁS NOFC
Programacións didácticas
As programacións didácticas, unha vez rematadas polo profesorado, serán públicas para garantir o dereito do alumnado a unha avaliación obxectiva e o coñecemento do proceso de ensino e de aprendizaxe pola comunidade educativa. Neste sentido, os centros darán visibilidade ao acceso público a través da aplicación informática Proens, sen prexuízo doutros medios de difusión que desexen empregar. CÓDIGO DO CENTRO: 15014881
ACCESO ÁS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
Dereitos e deberes
Infórmase dos dereitos e deberes dos pais, nais, responsables e do alumnado que establece a normativa –con carácter xeral:
- Artigo cuarto e sexto da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo.
- Artigos 6 e 7 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.
Pais Nais Resposables Alumnado
- NOFC. Capítulo I. Dereitos e deberes do alumnado e Capítulo II. Dereitos e deberes das familias.
Comunicación co profesorado
As nais, os pais ou as persoas titoras legais poderán solicitar aclaracións acerca do proceso de aprendizaxe ou das incidencias que sucedan na aula. Cando as aclaracións sexan referidas a incidencias ou a cuestións específicas relacionadas cunha área ou mestre/a concreto, os responsables do alumnado deberán falar en primeiro lugar con este/a mestre/a. Se despois de recibir as aclaracións pertinentes non estivera da cordo coas mesmas, trasladará esta cuestión ao mestre/a titor/a. Se o desacordo persiste, contactará co equipo directivo para abordar o sucedido. Para isto deberán solicitar unha cita de titoría co mestre/a co que desexen falar indicando o motivo da mesma. Esta reunión terá lugar na hora semanal de atención a nais e pais establecida na Programación Xeral Anual.
Faltas de puntualidade
As faltas de puntualidade alteran o normal desenvolvemento da actividade escolar.
Cando un alumno ou alumna chegue tarde ás clases, despois do peche do portal da entrada, as familias deberán xustificar por escrito ante o profesorado titor esas faltas de puntualidade. As faltas de puntualidade están tipificadas como condutas leves contrarias á convivencia (20%).
É unha obriga da familia acudir puntualmente ao remate das clases a recoller ao alumnado. No caso dalgún imprevisto débese comunicar esta circunstancia ao centro. De non facelo, se a demora é considerable, darase aviso ás instancias policiais para que se fagan cargo da situación e dispoñan sobre a custodia provisional do menor.
Concreción Curricular
A concreción curricular é o marco que establece o claustro de profesorado cos criterios e decisións para orientar o desenvolvemento do currículo por parte dos mestres/as e a coordinación interdisciplinar por parte dos órganos de coordinación didáctica para garantir a coherencia na actuación docente. CÓDIGO DE CENTRO: 15014881
ACCESO Á CONCRECIÓN CURRICULAR.
Faltas de asistencia
A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado. Estes deberán comunicar previamente, sempre que sexa posible, a ausencia a clase da alumna/o. O profesorado titor marcará diariamente en XADE as faltas de asistencia do alumnado. Estas estarán dispoñibles para as familias na app abalarMóbil. Tanto a comunicación das ausencias como a xustificación das faltas pode realizarse a través de medios físicos ou dixitais e acompañarase coa documentación xustificativa no caso de que fose precisa.
FALTAS XUSTIFICADAS
Nos casos de faltas inxustificadas que superen o establecido no Protocolo de Absentismo Escolar suporá a apertura do mesmo.
Información para as familias
andressaavedra
Created on August 27, 2025
Información para as familias do CEIP Sada y sus Contornos
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Map
View
Akihabara Map
View
Periodic Table
View
Discover Your AI Assistant
View
Match the Verbs in Spanish: Present and Past
View
Syllabus Organizer for Higher Education
View
Mathematical Operations
Explore all templates
Transcript
Familias
INFORMACIÓN
Cuestións relevantes
Faltas de asistencia
Procedemento de acceso
Programacións didácticas
Pais/nais/responsables e alumnado
Dereitos e deberes
Cuestións relevantes
Cuestións relevantes
Faltas de puntualidade
Procedemento a seguir
Comunicación co profesorado
Autoridade profesorado
Procedemento acceso
Concreción Curricular
Procedemento a seguir
Revisión cualificación final
Documentos do centro
Procedemento de acceso
CEIP Sada y sus Contornos
Creatividad
Autoridade do profesorado
O profesorado, como profesional do ensito, ten a condición de autoridade pública–tal e como recoñece o artigo 11 da Lei 4/2011, do 30 de xuño.
Segundo a normativa vixente, os feitos constatados polo profesorado terán presunción de veracidade, sen prexuízo das probas que na súa defensa outras persoas poidan sinalar ou achegar coa debida motivación, imparcialidade e obxectividade.
As agresións físicas ou verbais, as ameazas e as intimidacións contra o profesorado no exercicio das súas funcións, tanto no propio centro como fóra del, a través de calquera medio, incluídos os dixitais, poderán considerarse, atendendo ás circunstancias, un ataque contra a autoridade pública e poderán ser obxecto, segundo a persoa agresora, de responsabilidade penal, administrativa e/ou das medidas correctoras pertinentes.
Documentos do centro
Todos os documentos do centro están dispoñibles na nosa páxina web.
DOCUMENTOS DO CENTRO
Revisión da cualificación final
As nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado que non estean de acordo coas cualificacións ou decisión de promoción adoptadas na avaliación final, poderán solicitar cantas aclaracións consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado.
O procedemento a seguir será o recollido no Art. 27. Reclamacións contra as cualificacións das NOFC do centro. Este mesmo artigo inclúe o procedemento para obter copia dos instrumentos de avaliación aplicados.
ACCESO ÁS NOFC
Programacións didácticas
As programacións didácticas, unha vez rematadas polo profesorado, serán públicas para garantir o dereito do alumnado a unha avaliación obxectiva e o coñecemento do proceso de ensino e de aprendizaxe pola comunidade educativa. Neste sentido, os centros darán visibilidade ao acceso público a través da aplicación informática Proens, sen prexuízo doutros medios de difusión que desexen empregar. CÓDIGO DO CENTRO: 15014881
ACCESO ÁS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
Dereitos e deberes
Infórmase dos dereitos e deberes dos pais, nais, responsables e do alumnado que establece a normativa –con carácter xeral:
Pais Nais Resposables Alumnado
Comunicación co profesorado
As nais, os pais ou as persoas titoras legais poderán solicitar aclaracións acerca do proceso de aprendizaxe ou das incidencias que sucedan na aula. Cando as aclaracións sexan referidas a incidencias ou a cuestións específicas relacionadas cunha área ou mestre/a concreto, os responsables do alumnado deberán falar en primeiro lugar con este/a mestre/a. Se despois de recibir as aclaracións pertinentes non estivera da cordo coas mesmas, trasladará esta cuestión ao mestre/a titor/a. Se o desacordo persiste, contactará co equipo directivo para abordar o sucedido. Para isto deberán solicitar unha cita de titoría co mestre/a co que desexen falar indicando o motivo da mesma. Esta reunión terá lugar na hora semanal de atención a nais e pais establecida na Programación Xeral Anual.
Faltas de puntualidade
As faltas de puntualidade alteran o normal desenvolvemento da actividade escolar. Cando un alumno ou alumna chegue tarde ás clases, despois do peche do portal da entrada, as familias deberán xustificar por escrito ante o profesorado titor esas faltas de puntualidade. As faltas de puntualidade están tipificadas como condutas leves contrarias á convivencia (20%).