Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PREGUNTA PICO

Servizo Apoio Aprendizaxe Investigación

Created on August 20, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Flow Presentation

Terrazzo Presentation

Dynamic Visual Presentation

Transcript

PREGUNTA PICO

Soy un subtítulo genial, ideal para dar más contexto sobre el tema que vas a tratar

¡Vamos!

Modelo PICO

O Modelo PICO é unha ferramenta utilizada na medicina baseada na evidencia e na elaboración de revisións sistemáticas para formular unha pregunta de investigación clínica de forma estruturada e precisa.

Vantaxes:
  1. Conduce a respostas pertinentes e precisas ás preguntas formuladas.
  2. Facilita o deseño da estratexia de busca bibliográfica, permitindo combinar termos libres e descritores para maximizar a recuperación de evidencia.
  3. Axuda a identificar o tipo de pregunta (intervención, diagnóstico, prognóstico ou etioloxía/dano) e, en consecuencia, a seleccionar o deseño de investigación máis axeitado.
  4. Define criterios de inclusión e exclusión na selección de estudos, combinando os compoñentes do PICO co tipo de deseño máis relevante.

Compoñentes PICO

Paciente/poboación
Intervención
Comparación
Resultados (Outcome)

Representa aos receptores ou beneficiarios potenciais dun servizo ou intervención. Podería ser un único paciente ou un grupo de pacientes cunha condición ou problema de saúde concreto.

Representa o servizo ou a acción planificada que se prestará á poboación que pode ser terapéutica, preventiva, de diagnóstico, de prognóstico, administrativa ou relacionada con cuestións económicas.

Representa a intervención coa que se quere comparar.

Representa as formas en que se pode medir o servizo ou a acción para establecer se se obtivo o resultado desexado.

Compoñentes PICO

Paciente/Poboación: Representa aos receptores ou beneficiarios potenciais dun servizo ou intervención. Podería ser un único paciente, un grupo de pacientes cunha condición ou problema de saúde concreto. Factores a considerar:

  • Como se definiu a enfermidade/condición de interese?
  • Cales son as características máis importantes que describen esta poboación/pacientes?
  • Existen factores demográficos relevantes: idade, sexo, raza etc.?
  • Cal é o ámbito de interese: hospital, comunidade etc.?
  • Como se determina o diagnóstico?
  • Hai outros tipos de persoas que deberían excluírse da revisión porque poderían reaccionar á intervención dunha maneira diferente?
  • Como deberán manexarse os estudos que inclúen só un segmento relevante de participantes?

Compoñentes PICO

Intervención: Representa o servizo ou a acción planificada que se prestará á poboación que pode ser terapéutica, preventiva, de diagnóstico, de prognóstico, administrativa ou relacionada con cuestións económicas. Factores a considerar:

  • Cales son as intervencións experimentais e de control (comparacións) de interese?
  • Ten variacións a intervención: dose/intensidade, forma de fornecela, persoal que a fornece, frecuencia de subministración, duración da subministración, momento de fornecela etc.?
  • Deben incluírse todas as variacións: hai unha dose crítica por baixo da cal a intervención pode ser clinicamente inapropiada?.
  • Como se manexarán os ensaios que só inclúen parte da intervención?
  • Como se manexarán os ensaios que inclúen a intervención de interese combinada con outra intervención?

Compoñentes PICO

Comparación: Representa a intervención coa que se quere comparar. Factores a considerar:

  • As intervencións van comparar cunha intervención de control inactivo: placebo, ningún tratamento, coidado estándar ou un control de lista de espera?
  • As intervencións van comparar cunha intervención de control activo: unha variante diferente da mesma intervención, un medicamento diferente, unha clase diferente de tratamento?

Compoñentes PICO

Outcome: Representa as formas en que se pode medir o servizo ou a acción para establecer se se obtivo o resultado desexado. Factores a considerar:

  • Os resultados relevantes, para a súa inclusión na táboa de "Resumo dos achados", son aqueles esenciais para a toma de decisións, e usualmente focalízanse os resultados importantes para o paciente.
  • Os resultados principais son os dous ou tres resultados, de entre os relevantes, que debería discutir a revisión se se identifican estudos suficientes, co fin de chegar a unha conclusión acerca dos efectos (benéficos e adversos) dunha ou máis intervencións.
  • Os resultados secundarios inclúen o resto de resultados relevantes para a revisión (diferentes dos principais), máis os resultados adicionais útiles para explicar os efectos.
  • Asegurar que os resultados cobren os efectos adversos.

PICO na práctica

Paciente, poboación, problema

Intervención

Comparación

Resultado (Outcome)

PICO na práctica

Paciente, poboación, problema

Intervención

Comparación

Resultado (Outcome)

Variantes de PICO: PICOT

É unha extensión de PICO. Engade a T = Time (tempo), que axuda a precisar a duración da intervención, o seguimento ou o período de estudo. Útil cando a dimensión temporal é relevante na investigación.

Variantes de PICO: PICOS

É unha extensión de PICO. Engade a S = de Study design (deseño de estudo), o que permite especificar o tipo de estudos que se desexan considerar (por exemplo, ensaios clínicos, estudos de cohortes, revisións sistemáticas etc.)

Exemplo práctico PICO

1. Escenario clínico

Á consulta de rehabilitación dun hospital, chega María, de 65 anos, que sufriu un ictus isquémico hai 8 meses. Desde entón presenta dor persistente no ombreiro dereito, que lle limita as actividades da vida diaria como vestirse ou peitearse. O equipo de fisioterapia e neuroloxía está a valorar opcións de tratamento para controlar a dor e mellorar a súa calidade de vida. Na unidade emprégase con frecuencia a estimulación nerviosa eléctrica transcutánea (TENS) como técnica non invasiva. Con todo, outro grupo de profesionais recomenda o uso de antiinflamatorios non esteroideos (AINEs), como o ibuprofeno, polo seu efecto analxésico. Ante esta situación, o equipo exponse unha pregunta clínica para guiar a procura de evidencia nunha revisión sistemática.

Exemplo práctico PICO

2. Constrúe a pregunta estruturada PICO

Paciente, poboación, problema

Intervención

Comparación

Resultado (Outcome)

Exemplo práctico

3. Transforma a pregunta nunha frase

Cando formules a pregunta PICO ten en conta...

  • O teu paciente é un membro dunha poboación, ademais dunha persoa cun problema de saúde (ou en risco de padecelo). Por tanto, ademais da idade e o sexo, é posible que tamén deba ter en conta a orixe étnica, o nivel socioeconómico ou outras variables demográficas.
  • Unha comparación non sempre está presente nunha análise PICO.
  • Os resultados deben ser medibles, xa que as mellores probas proceden de estudos rigorosos con resultados estatisticamente significativos.
  • O ideal é que un resultado mida o benestar clínico ou a calidade de vida, e non alternativas como os resultados de probas de laboratorio.

Checklist para formular preguntas PICO

Se específico → evita termos vagos; describe claramente poboación, intervención e resultados.

Un só enfoque por pregunta → non mestures varios problemas de investigación na mesma PICO.

Define ben a poboación (P) → concreta idade, condición clínica, contexto se é relevante.

Precisa a intervención (I) → indica a acción, tratamento, proba ou exposición que interesa estudar.

Comparación (C) → Non sempre está presente, inclúea só se existe unha alternativa clara e relevante.

Resultados (O) → prioriza desenlaces clinicamente importantes (supervivencia, calidade de vida, redución de síntomas).

Linguaxe neutra e clara: formula a pregunta sen asumir a resposta.

Evita preguntas demasiado amplas: limita a busca e facilita a selección de estudos relevantes.

Outros exemplos PICO

Unha vez que identifiques claramente os elementos principais da túa pregunta utilizando o modelo PICO, resultarache fácil redactar o enunciado da pregunta. A seguinte táboa ofrece algúns exemplos en función do tipo de estudo (para ampliar a información preme nos elementos interactivos).

Terapia / intervención
Prevención
Diagnóstico
Prognóstico
Etioloxía (factores de risco/causais)

De PICO á estratexia de busca

A pregunta PICO axudarache a elaborar a estratexia de busca que permitirá recuperar información sobre o tema de investigación en bases de datos e buscadores científicos.

  1. Formula a pregunta
  2. Identifica os compoñentes PICO

Imolo ver co noso exemplo práctico:

Empezamos formulando a nosa pregunta, logo a descompoñemos nas palabras chave e sinónimos para os termos de busca e, por último, utilizamos operadores booleanos (AND e OR) para elaborar unha ecuación de busca.

“La estimulación nerviosa eléctrica transcutánea (TENS) es más eficaz que los antiinflamatorios no esteroideos para reducir la intensidad del dolor de hombro en pacientes que sufrieron un ictus?”

De PICO á estratexia de busca

A pregunta PICO axudarache a elaborar a estratexia de busca que permitirá recuperar información sobre o tema de investigación en bases de datos e buscadores científicos. Estes son os pasos para facelo:

Elabora a ecuación de busca

Desagrega a pregunta en compoñentes PICO

Identifica as palabras chave

Refina a busca

Revisa os resultados

De PICO á estratexia de busca

1. Desagrega a pregunta en compoñentes PICO

Definición
Compoñente
Na nosa pregunta

Pacientes con dor de ombreiro tras un ictus.

En quen ou en que situación se centra a investigación?

P (Paciente, problema)

Que tratamento ou exposición se estuda?

Estimulación eléctrica transcutánea (TENS)

I (Intervención)

Anti-inflamatorios non esteroideos (AINEs)

C (Comparación)

Con que se compara a intervención?

Redución da intensidade da dor.

O (Outcome)

Que se quere medir ou mellorar

De PICO á estratexia de busca

2. Identifica as palabras chave

A partir de cada compoñente de PICO, extrae os termos principais e sinónimos. Isto permitirache ampliar a busca e non depender só dunha palabra exacta. Podes combinar termos da linguaxe natural con termos do tesauro (exemplo: MeSH no caso de Medline)

Pacientes con dor de ombreiro post-ictus
AINEs
TENS
Redución da dor

pain relief, pain reduction, analgesia, decrease pain intensity

NSAIDs, non-steroidal anti-inflammatory drugs, ibuprofen, diclofenac

transcutaneous electrical nerve stimulation, TENS, electrotherapy

shoulder pain, hemiplegic shoulder pain, stroke, cerebrovascular accident, post-stroke

De PICO á estratexia de busca

3. Elabora a ecuación de busca

Usa operadores booleanos para combinar os termos:

  • OR para os sinónimos.
  • AND para unir os bloques P, I, C, O

Atención: isto só é un exemplo, de como combinar os operadores. Non sempre terás que incluir todos os termos na ecuación de busca.

("shoulder pain" OR "hemiplegic shoulder pain") AND("stroke" OR "cerebrovascular accident") AND ("transcutaneous electrical nerve stimulation" OR TENS OR electrotherapy) AND ("NSAIDs" OR "non-steroidal anti-inflammatory drugs" OR ibuprofen OR diclofenac) AND ("pain relief" OR "pain reduction" OR analgesia)

De PICO á estratexia de busca

3. Elabora a ecuación de busca

  • A P (paciente ou poboación) e a I (intervención ou tratamento ou fenómeno de interese ou interese etc.) adoitan buscarse en primeiro lugar.
  • A C (comparación) e a O (resultado) inclúense con menos frecuencia nunha busca.
  • Comeza a busca con P e I (ou a faceta de intervención/fenómeno de interese alternativo) e agrega aspectos de pregunta adicionais segundo sexa necesario

Exemplo de busca na base de datos Medline

De PICO á estratexia de busca

4. Refina a busca

Exemplo na base de datos Medline

Super!

We love data

Tipos de estudos segundo a pregunta de investigación nunha revisión sistemática

  • Eficacia de intervencións: Ensaios clínicos controlados aleatorizados (ECA), ensaios cuasiexperimentais.
  • Etioloxía / Factores de risco: Estudos de cohortes, estudios de casos e controis.
  • Diagnóstico / Precisión de probas: Estudos de validación diagnóstica (comparando con patrón oro).
  • Prevalencia ou características de saúde: estudos transversais.
  • Experiencias, percepcións ou barreiras: Estudios cualitativos (entrevistas, grupos focais).
  • Economía da saúde: Estudios económicos (coste-efectividade, coste-utilidade).
  • Síntese da evidencia existente: Revisións sistemáticas e metaanálises previos.

Factores a considerar

  • Priorizar os resultados relevantes, esenciais para a toma de decisións e importantes para o paciente.
  • Escoller 2-3 resultados principais, que permitan chegar a conclusións sobre efectos beneficiosos e adversos.
  • Incorporar tamén resultados secundarios e outros datos útiles para interpretar os efectos.
  • Garantir a inclusión de efectos adversos.
  • Ter en conta resultados de interese para todos os decisores, incluíndo aspectos económicos.
  • Valorar o tipo de medida utilizada e o momento no que se avalían os resultados.

Cal é o patrón de recuperación ao longo do tempo e que posibles complicacións poden xurdir? A modo de exemplo, se o meu paciente sufriu un ictus hai dous meses, cando pode esperar recuperar a capacidade de camiñar de forma independente?

Inflúe ____________ en ______________ en pacientes que teñen _____________?

Máis exemplos: Inflúe a inxesta de hidratos de carbono no mantemento dun peso saudable (IMC <25) en pacientes con antecedentes familiares de obesidade (IMC >30)? Inflúen os suplementos de vitamina D na fatiga das persoas con esclerose múltiple?

Que información crucial debo recompilar? Como podo obter esa información e interpretar correctamente os resultados? Por exemplo, cal é o método óptimo para avaliar o equilibrio en pacientes que sufriron un ictus?

É (son) ________________ máis preciso no diagnóstico de _______________ en comparación con ___________?

Máis exemplos: É a análise do dímero d máis preciso para descartar a trombose venosa profunda en comparación coa ecografía? É a mamografía 3D máis precisa para identificar neoplasias mamarias que a mamografía 2D convencional?

Que intervención ou procedemento será máis beneficioso para o meu paciente? Por exemplo, cales son os resultados de aplicar o concepto de Facilitación Neuromuscular da Propiocepción en pacientes que sufriron un accidente cerebrovascular en comparación con outros enfoques fisioterapéuticos?

En _______________, cal é o efecto de ________________ sobre _______________ en comparación con ___________?

Máis exemplos: En persoas con artroses nos pés, cal é o efecto dos exercicios de estiramento na redución da dor en comparación co repouso?

Como podo identificar as posibles causas dun problema? Por exemplo, que é o que limita a amplitude de movemento do ombreiro nos sobreviventes dun ictus?

Están os ______________ que teñen _______________ en risco de/de ____________ en comparación cos _____________ con/sen______________?

Exemplos: Os nenos que estiveron expostos regularmente ao fume de tabaco alleo teñen un maior risco de padecer cancro de pulmón en comparación cos nenos non expostos ao fume de tabaco alleo?

Como podo evitar que xurdan problemas e mellorar o benestar dos meus pacientes? Por exemplo, cal é o método máis eficaz para previr a dor de ombreiro en pacientes que sufriron un accidente cerebrovascular?

No caso de ___________, o uso de _________________ reduce o risco futuro de ____________ en comparación con ______________?

Máis exemplos: Para as persoas con dor leve do nervio mediano, unha muñequera nocturna reduce o risco futuro de síndrome do túnel carpiano en comparación coa ausencia de muñequera? No caso dos adultos maiores, unha intervención con exercicios de ioga reduce o risco de caídas en comparación con outros programas de exercicios?

Factores a considerar

  • As intervencións van comparar cunha intervención de control inactivo: placebo, ningún tratamento, coidado estándar ou un control de lista de espera?
  • As intervencións van comparar cunha intervención de control activo: unha variante diferente da mesma intervención, un medicamento diferente, unha clase diferente de tratamento?

Factores a considerar

  • Como se definiu a enfermidade/condición de interese?
  • Cales son as características máis importantes que describen esta poboación/pacientes?
  • Existen factores demográficos relevantes: idade, sexo, raza etc.?
  • Cal é o ámbito de interese: hospital, comunidade etc.?
  • Como se determina o diagnóstico?
  • Hai outros tipos de persoas que deberían excluírse da revisión porque poderían reaccionar á intervención dunha maneira diferente?
  • • Como deberán manexarse os estudos que inclúen só un segmento relevante de participantes?

Factores a considerar

  • Cales son as intervencións experimentais e de control (comparacións) de interese?
  • Ten variacións a intervención: dose/intensidade, forma de fornecela, persoal que a fornece, frecuencia de subministración, duración da subministración, momento de fornecela etc.?
  • Deben incluírse todas as variacións: hai unha dose crítica por baixo da cal a intervención pode ser clinicamente inapropiada?.
  • Como se manexarán os ensaios que só inclúen parte da intervención?
  • Como se manexarán os ensaios que inclúen a intervención de interese combinada con outra intervención?