Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
CONTOS DO SAMAÍN
ISAAC
Created on July 9, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
CONTOS
samaín!
DO
ENTRAR
índice
lecturas
que sabes do samaín?
que é o samaín?
>
contos
>
relatos curtos
>
os celtas
>
videocontos
>
as cabaceiras
>
que é o samaín?
A festa do Samaín non é máis que a celebración de fin do ano celta. A noite do 31 de outubro era a data máis perigosa do calendario celta porque nesa noite a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos quedaba aberta. Nesa noite os mortos podían visitar os vivos nas súas casas e quentarse ao abrigo dunha fogueira. Era a data máis importante para os celtas dentro do seu calendario porque tamén marcaba o inicio dun novo ano.
Un pouco de historia
os celtas
Os celtas foron un pobo que chegaron a Galiza hai uns 2.600 anos e que ademais dos seus avances científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.Galiza garda moitas das tradicións que os celtas deixaron como legado na nosa terra. Entre as tradicións que nos deixaron está a celebración do Samaín ou noite dos mortos.
AS CABAZAS
Se hai algo que aparece por todas partes cando chega o Samaín son as cabazas con caras esculpidas. A todos nos gusta converternos en artistas e baleirar estas hortalizas, facerlles uns buratos e prenderlles unha cadea dentro. Esta tradición tamén a hai en Irlanda.
Pero para cabazas as nosas! A tradición galega tenlles moitos nomes diferentes: melóns en Cedeira, Calacús nas Rías Baixas ou Bonecas en Xermade. Pero todas son iguais: caras horripilantes para alumear esta noite máxica.
A TRADICIÓN DAS CABAZAS
As cabazas na comarca
OBRADORIO DE CABAZA
lENDA DAS CABAZAS
A TRADICIÓN DAS CABAZAS
A tradición das cabaceiras remóntanse aos guerreiros celtas que tiñan a tradición de poñer as caveiras dos seus inimigos mortos cunha luz acesa dentro. Eles crían que facendo este ritual a forza e o espírito do seu enimigo estaría con eles. Hoxe en día empréngase as cabazas para representar esas caveiras dos celtas.
As cabazas na comarca
lENDA DAS CABAZAS
OBRADORIO DE CABAZA
a lenda das cabazas
Hai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o diaño cumpriu o seu parte e non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack (coñecido por Jack of the Lantern, Jack da lanterna) deambula polo mundo coa súa lanterna en busca dun lugar onde descansar.
OBRADOIRO DE CABAZAS
Se hai algo que aparece por todas partes cando chega o Samaín son as cabazas con caras esculpidas. A todos nos gusta converternos en artistas e baleirar estas hortalizas, facerlles uns buratos e prenderlles unha cadea dentro.
QUERES APRENDER A FACELO? Lembra que necesitas a axuda dun adulto....
contos do samaín
É tempo de
RELATOS CURTOS
O NOSO SAMAÍN
AS ORIXES DO SAMAÍN
CAMIÑO AO SAMAÍN
a LENDA DAS CABAZAS
UNHA CABAZA VOU FACER
BOAS NOITES, VICTOR
UN OLLO DE VIDRO
A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE
a nena mexanacama
O CAN PANTASMA
A MANDA DE LOBOS
a PEQUENA ERNESTA
AS BOLECHAS VAN Á FESTA DOS CALACÚS
pequenos
O esqueleto con traxe
A cabaza
relatos
O moucho gatuñeiro
A cabaza boa
O neno cagarriñas
A casa enmeigada
O vampiro e o visitante
A pataca de Samaín
Paseo sen fin
A serpe desdentada
Que foi iso?
Cabazas na leira
Samaín 2017
Néboa tóxica
A pantasma da miña avoa
O bosque embruxado
Campamento terrorífico
O castelo enmeigado
Soño ou realidade
O gato de Carmela
videocontos
o noso samaín
corre corre cabaciña
o samaín
MÁIS VIDEOCONTOS
videocontos
cababuñas
verlioka
onde viven os monstros
MÁIS VIDEOCONTOS
pápote a bicos
o papón
videocontos
o esqueleto
o grúfalo
lobo feroz
MÁIS VIDEOCONTOS
a estraña sorpresa
andrés cabeza abaixo
videocontos
os esqueletos divertidos
unha pantasma con asma
a min non me comas
seis barbudos
tío lobo
a bruxa regañadentes
disfruta das nosas tradicións !
O GRÚFALO
O Grufalo, de Julia Donaldson, é unha divertida fábula sobre os poderes da nosa imaxinación.
Usando astucia e imaxinación, un ratiño crea un monstro terrible e aterrador, o Grufalo, e divírtese espantando aos seus depredadores. Pero cal é o seu asombro cando ve a súa imaxinación personificada diante del.
O ESQUELETO
Relato cheo de humor no que o seu protagonistta é un esqueleto.A intención do conto, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos. Ao final do conto, o lector atopa unha divertida descrición do monstro en cuestión.
"Osiños" quere ser futbolista como as persoas de carne. A súa familia, alarmada, tratou de facerlle ver que para un esqueleto non é posible. Pero, aínda así, por que non intentalo?
ONDE VIVEN OS MONSTROS
Castigado sen cear polas súas trasnadas, Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos. Alí chegará a converterse no Rei dos monstros.
PÁPOTE A BICOS
O conto ten por protagonista a un monstro peludo con moi mal xenio que sempre está enfadado pero, pode cambiar?
Peludo é un monstro moi grande. Peludo sempre está enfadado. Peludo está moi só. Terá iso algo que ver co seu mal humor?
¿Tienes una idea?
Usa este espacio para añadir una interactividad genial. Incluye texto, imágenes, vídeos, tablas, PDFs… ¡incluso preguntas interactivas! Tip premium: Obten información de cómo interacciona tu audiencia:
- Visita las preferencias de Analytics;
- Activa el seguimiento de usuarios;
- ¡Que fluya la comunicación!
A BRUXA REGAÑADENTES
Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida. Conto de medo da tradición turco-rusa que conclúe cun final positivo que transmite a idea de que é posible superar os obstáculos.
O PAPÓN
O Papón é un dos comenenos máis populares en toda a xeografía española, e por este motivo presenta características diferentes segundo a zona. Nesta versión axústase en boa medida á tradicional, aínda que o autor trata o asunto con moito máis sentido do humor e decídese por un desenlace amable e divertido.
A avoa decide prepararlles ás súas tres netas unha sorpresa na bodega: pan con mel (esquecera que ese era precisamente o xantar preferido do Papón). As netas, unha por unha, baixan polas escadas escuras, frías e misteriosas; empurran a porta e....
CARABUÑAS
Conto que narra a amizade entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser a súa próxima vítima, Branca.A intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 360 graos.
O NOSO SAMAÍN
O obxectivo deste conto é explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente, da época prerromana. Trátase, polo tanto, de que os cativos comprendan a diferencia entre o recuperado Samaín e o ascedente Halloween norteamericano.
SEIS BARBUDOS
Seis barbudos entraron nunha panadaría. O panadeiro caeu co susto. Os clientes estaban aterrorizados. Aqueles barbudos non podían buscar nada bo! Con axuda das ilustracións, que evolucionan dunha ambientación escura e inquietante cara a imaxes coloristas e alegres, este conto dá unha lección do enganosas que poden ser as aparencias e de como estas crean prexuízos inxustos. Por norma xeral, non é bo deixarse levar por primeiras impresións.
LOBO FEROZ
Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz…
VERLIOKA
O terrible xigante Verlioka raptoulle as netas ao labrego e quixo esmagar a súa muller. Entón, o avó decidiu ir na súa procura para axustarlle as contas. Polo camiño atopou unha oca sen cola, un can mil razas e un burro rabón; e todos xuntos foron darlle o seu merecido ao xigante.
A ESTRAÑA SORPRESA
Había unha vez unha velliña que todas as noites tiña visita. Pero aquela noite, á hora acordada, chegou o visitante e... non atopou nada! A candea apagada, a roca baleira e na randeeira ninguén se arrandeaba.
A MIN NON ME COMAS
Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta. Mirou cara alí, pero só viu unha sombra...Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun...MONSTRO! Para superar os medos é preciso enfrontarse a eles, e iso é o que fai o protagonista deste conto. Despois dunha delirante sucesión de acontecementos na que o osiño, o can, o seu irmán e a súa tía non saen moi ben parados, Mateo é quen de encararse ao monstro e poñer a familia a salvo. Un álbum que combina o medo e o humor a partes iguais.
O SAMAÍN
O Samaín é unha celebración moi moi antiga que marca o paso do outono e indica que axiña vai chegar o inverno.
Chega o outono. Hoxe o ceo decorouse de lóstregos e tronos. Bo día para celebrar esta festa.
TÍO LOBO
Esta adaptación de “Tío Lobo” está baseada nun conto tradicional italiano da zona de Friol. Empregando un ritmo narrativo áxil e un ton divertido, a historia vai medrando ata dar lugar a un final inesperado. O conto recrea as aventuras de Carmela con escenografías ricas en detalles e sorprendentes xogos visuais, onde o bosque toma a forma dunha tixola ou o pelo do protagonista. Está integrado na paisaxe, entre outras pistas que os lectores poderán descubrir.
ANDRÉS CABEZA ABAIXO
Este libro é unha matrioska de todas as temidas e voraces feras dos contos tradicionais. A historia realiza este orixinal repaso a través do estómago de cada unha das criaturas fantásticas que, xeración tras xeración, atemorizaron os nenos de todas as épocas baixo a ameaza de engulilos. As ilustracións obrigan a non perderse nin un só detalle e posibilitan novas lecturas. O humor irreverente das imaxes encaixa coa lectura divertida que pretende este álbum.
CORRE CORRE, CABACIÑA
Adaptación de este popular conto portugués que conta a historia de cómo unha avoiña e á súa neta danlle unha lección ao lobo, ao oso e ao león que pretenden comer á anciá. Un libro cheo de inxenio, humor e imaxinación cun ritmo moi áxil e unha narración moi expresiva.
UNHA PANTASMA CON ASMA
Mesmo as pantasmas poden contraer enfermidades, especialmente se viven en ambientes insalubres ou solitarios. Pero as rimas divertidas desta historia prescribiranos o remedio infalible que cura todos os males, incluso os fantasmagóricos. "Unha pantasma con asma" é unha historia en verso onde os máis pequenos atoparán un personaxe peculiar e excéntrico que, aínda que está moi necesitado de cariño e amizade, animaraos a estimular a túa imaxinación.
OS ESQUELETOS DIVERTIDOS
“Os esqueletos divertidos” é unha divertida historia protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun can que saen unha noite a pasear e a asustar a xente. Lonxe de infundir medo, son personaxes simpáticos e alegres que o pasan ben -e os lectores canda eles- xogando, cantando e ata atemorizándose uns aos outros. Pero os dous primeiros son tan despistados que para reconstruíren os ósos desmontados da súa mascota arman un tremendo, cómico e melódico lío.