Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
OS CONTOS DO APALPADOR
ISAAC
Created on July 9, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
OS CONTOS DO APALPADOR
historia
video
CONTOS
pictograma
O Apalpador ou Pandigueiro é a figura dun carboneiro, ligado ó Nadal. Ten a súa procedencia nas zonas de O Courel e O Cebreiro. Na noite do 31 de decembro baixa ata os pobos e cidades para visitar aos nenos
Con moito coidado toca a barriga dos nenos para ver se comeron o suficiente durate todo o ano, e deixalles unha bolsa chea de castañas, ocasionalmente un agasallo (especialmente de madeira) e deséxalles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
historia do apalpador
OS CONTOS DO
APALPADOR
CONTOS DO APALPADOR
Contacontos de monicrecques da "Xanela do Marín"
Outros libros recomendados
AS AVENTURAS DO
APALPADOR
TEXTOSFERNANDO M. CIMADEVILA
ILUSTRACIÓNS JOSÉ ÁNGEL ARES
O APALPADOR E A NENA SEN MEDO
ANTÓN E O APALPADOR
Antón é un neno de cidade que viaxa ao Courel para pasar as vacacións de Nadal coa súa madriña. O que non imaxina Antón é a aventura que lle agarda nesta viaxe, onde coñecerá misteriosos e fantásticos personaxes da devesa, entre eles o Apalpador, un vello de oficio carboeiro que na noite de Nadal baixa polas aldeas a apalparlle as barrigas dos nenos e nenas para ver se están ben mantidos e deixarlles un feixe de castañas na mesiña de noite.
Autores: CASTRO LIMA, MANUEL AMEIJEIRAS SÁNCHEZ, MARÍA DEL MAR
Editorial: BARAFUNDA
antón e o apalpador
A NOITE DO APALPADOR
Conto escrito en forma de poema que nos narra a historia do Apalpador que baixa na noite de Ano Vello para apalparlles a barriguiña aos nenos e deixarlles una presa de castañas e agasallos
Autor: Xurxo ValcárcelIlustrador: Pepe Carreiro
A ORDE DOS GARDIÁNS
Nas últimas noites Noa está a ter uns soños moi misteriosos. Todo semella virar arredor do abrigo máxico que lle agasallou a súa avoa. Chegou o momento de descubrir o que significa ser a Gardiá do Inverno e, xunto os seus amigos, o Apalpador e mais o elfo Din-Don, afrontar a proba definitiva na torre encantada dos Gardiáns.
o conto do apalpador
O CONTO DO APALPADOR
Inés vive na montaña. Achégase o Nadal e hai pouca comida na casa e coa axuda do seu cadeliño busca algo no bosque, mentres o fan son observados por uns seres pequeniños aos que lles gusta gastar bromas e vixiar como se portan os nenos e nenas.
Autores: Lúa Sende e Alexandre Miguéns Ilustrador: Leandro Lamas Contos para Miúdos Edições da Galiza/ A Fenda Editorial
O APALPADOR
Os "nenos" de Luisa agardan con expectación a visita do Apalpador e os regalos que lles pode deixar.
Conto que pertence á serie "Contos da Rata Luisa"
Autor: MON DAPORTA
O APALPADOR E O ARCO DA VELLA
A dona das augas, Coventina, agasalla ao Apalpador cun frasquiño máxico.
Grazas á maxia que agocha aparecerán arcos da vella por todo o país e levarán ao Apalpador de casa en casa para que entregue os seus agasallos e as súas castañas.
Autor: XOAN G.
Editorial: Biblos Clube de Lectores
o APALPADOR E A NENA SEN MEDO
O APALPADOR
O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas. no Courel. No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar aos nenos. Neste conto, Xoán G. pretende quedarse co concepto positivo do personaxe e co seu agarimo.
Autor: XOAN G.
Editorial: Biblos Clube de Lectores
A CARBALLEIRA DOS DRUIDAS
O Apalpador e o elfo Din-Don deciden axudar a Noa nunha aventura que os levará a coñecer os segredos máis profundos do Courel. Nun lugar coñecido como a Carballeira dos Druídas atoparán un antigo espírito da natureza que lles ensinará un poderoso esconxuro. O que os tres amigos non saben é que ese meigallo terá unhas consecuencias inimaxinábeis.
O APALPADOR E A CASTAÑA MÁXICA
O señor Apalpador, como todos os días, érguese cedo e fai os seus labores cotiáns. Mais un día decátase de que algo mudaba esa rutina, non atinaba ben a identificalo, pero parecía que as cousas que pensaba volvíanse realidade. Algo misterioso? Algo máxico? Será unha castaña a responsable de todo? Será unha castaña distinta? Pero… pásalle só a el?
Mención Especial do Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil do ano 2011 (AGE)
Autor: Xoán G.Editorial: Biblos Clube lectores
a noite do apalpador
O APALPADOR EA NENA SEN MEDO
O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.
Autoras: Celtia Figueiras/Sonia García
HISTORIA DO APALPADOR
Adaptación da historia do Apalpador realizada polo CEIP Nosa Sra. de Xuvencos de Boborás con debuxos inspirados nas imaxes de Leandro Lamas.
O TESOURO DOS MOUROS
A valente Noa, o elfo Din-Don e mais o seu amigo carboeiro o Apalpador emprenden unha nova aventura nas fragas do Courel, desta volta na procura do mítico tesouro dos mouros, que está agochado nalgures. Para o descubrir deberán superar as máis variadas probas e coñecerán toda clase de personaxes.
TEXTO: FERNANDO M. CIMADEVILAILUSTRACIÓNS: JOSÉ ÁNGEL ARES
o castiñeiro do apalpador
O CASTIÑEIRO DO APALPADOR
Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos?Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificacmente ilustrada a toda cor.
APALPADOR VS PAPÁ NOEL
Nos misteriosos bosques do Courel están a acontecer cousas moi estrañas. Cando o elfo explorador Dintantalius decide pescudar o que ocorre, atópase coa axuda dunha rapaza chamada Noa. Ambos os dous emprenden unha fantástica viaxe na procura do gardián do bosque, un xigante coñecido como O Apalpador. Noa axiña descubrirá que aquela fraga esconde un mundo máxico como nunca puido imaxinar.
o apalpador - Xoán G.
O CASTIÑEIRO DO APALPADOR
DE COMO UN CARBOEIRO SE VIROU MAGO DO NADAL
Intigrante historia dramatizada na que descubriremos cal é a orixe do Apalpador e porque un carboeiro decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos.
Video informativo
Autor: INACIOIlustracións: NURIA DÍAZ
historia do apalpador
AS PORTAS DO TEMPO
Noa, en compaña dos seus amigos o Apalpador e o elfo Din-Don, diríxese aos restos do Castro do Vilar, moi preto da súa casa. O que ela non sabe é que as vellas pedras do lugar gardan segredos do pasado e voces dun tempo moi afastado, que levarán os tres a vivir a máis fantástica das súas aventuras