Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Climas_Terra_1ESO

Mateo Martínez Torres

Created on July 8, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Urban Illustrated Presentation

Historical Presentation

KPOP Presentation

Snow Presentation

Corporate Christmas Presentation

Scary Eighties Presentation

Memories Presentation

Transcript

Os

climas

da terra

Disney e os climas

Por que?

Nesta unidade imos aprender os diferentes climas do mundo a través de películas de Disney. Así, poderemos entender mellor como son as paisaxes, o tempo e a vida das persoas en cada lugar do planeta. Coas películas que xa coñecemos e nos gustan, será máis fácil recoñecer as diferenzas entre desertos, selvas, montañas ou zonas xeadas, ao tempo que aprendemos divertíndonos e traballando en grupo.

Tarzán e o clima ecuatorial

Temperaturas

O clima ecuatorial presenta temperaturas sempre altas. A temperatura media anual sitúase arredor dos 27º de media e apenas hai diferenza entre as estacións nin entre o día e a noite. Este clima sitúase nas zonas próximas ao Ecuador

Precipitacións

As precipitacións son moi abundantes e uniformes ao longo do ano. Iso provoca que os ríos sexan moi caudalosos e regulares debido ás chuvias constantes. Un exemplo é o Río Amazonas en América do Sur.

Paisaxe

A calor e a humidade favorecen unha selva densa e frondosa, con gran variedade de especies animais e vexetais. A selva está organizada en pisos, formando un bosque caracterizado pola humidade e a escaseza de luz.

Poboamento

A selva está pouco poboada. No interior existen grandes espazos deshabitados nos que só viven pequenas comunidades humanas que viven dunha agricultura tradicional. Non obstante, tamén existen grandes cidades litorais como Río de Janeiro (Brasil) ou Kuala Lumpur (Malasia) acollen a millóns de persoas.

O Rei León e o clima tropical

Poboamento

A poboación que habita o clima tropical é heteroxénea. A maioría vive en grandes cidades como Lagos (Nixeria), Bogotá (Colombia) ou Nova Delhi (India) acollén a millóns de persoas. Porén, tamén existen pobos tradicionais que subsisten coa agricultura e co pastoreo.

Precipitacións

As precipitacións do clima tropical concéntrase só nunha época do ano. Así, podemos falar dunha alternancia entre unha estación seca e unha estación húmida. Os ríos, polo tanto, presentan un caudal irregular que varía en función das chuvias. Destaca, por exemplo, o Río Indo, na India.

Paisaxe

A existencia dunha estación seca orixina a paisaxe da sabana. É unha formación vexetal formada por herbas altas e árbores de gran tamaño como os baobab. Nas beiras dos ríos, debido á maior humidade, aparece a selva tropical.

Temperaturas

No clima tropical as temperaturas son elevadas durante todo o ano, aínda que cunha amplitude térmica algo máis elevada que no clima ecuatorial. Este clima sitúase nas zonas próximas aos trópicos de Cáncer e Capricornio

Aladdín e o clima desértico

Temperaturas

As temperaturas varían duns desertos a outros. Nos desertos cálidos a oscilación térmica é extrema e diaria: rozan os 50º polo día e baixan aos 0º pola noite. Nos desertos fríos, en cambio, teñen un inverno con temperaturas que baixan aos -10º.

Precipitacións

As precipitacións son case inexistentes. Nos desertos non hai ríos, senón oasis, un manantial de auga rodeado de vexetación

Paisaxe

A vexetación e a fauna son escasas. Só viven plantas adaptadas á aridez como cactos e animais como dromedarios. O relevo tamén varía. Existen tanto desertos con dunas de area como outros rochosos.

Poboamento

Os desertos son zonas desfavorables para a vida humana. Só están habitados por pequenos grupos nómades como beduínos (Arabia) ou mongois (Gobi). Porén, a globalización provocou a construción de grandes cidades nos desertos como Las Vegas (EEUU) ou Doha (Qatar).

Brave e o clima oceánico

Temperaturas

O clima oceánico, tamén chamado atlántico, presenta temperaturas suaves durante todo o ano debido á influencia do mar: veráns frescos e invernos suaves. A temperatura media oscila os 15º e a amplitude térmica é reducida.

Paisaxe

A vexetación é abundante grazas ás precipitacións constantes. Existen os prados e as landas constituídos por herbas e arbustos (toxo, xesta). Tamén os bosques de folla caduca de altitude media (castiñeiro, carballo) e, incluso, sequoias xigantes en América.

Precipitacións

As precipitacións son abundantes e regulares durante todo o ano. Debido a isto, os ríos teñen un caudal elevado e regular todo o ano. O Río Miño, en Galicia, é un exemplo de río oceánico.

Poboamento

A paisaxe oceánica está moi poboada grazas ao seu clima benigno para a vida. Así, grandes cidades como Berlín (Alemaña) ou Londres (Reino Unido) conviven cunha paisaxe rural caracterizada por actividades económicas agrícolas e gandeiras.

Luca e o clima mediterráneo

Precipitacións

As precipitacións son limitadas e concéntranse na primavera e no outono. De feito, poden ocorrer fenómenos extremos como a gota fría ou a DANA. En cambio, os veráns son moi secos.

Paisaxe

A vexetación está adaptada á seca estival. A maioría son especies de folla perenne características do bosque mediterráneo (aciñeira, sobreira) e arbustos de pequeno tamaño (lavanda, maquis).

Temperaturas

O clima mediterráneo presenta temperaturas elevadas no verán, rozando ás veces os 40º, e suaves no inverno pois non alcanza nunca temperaturas negativas. Pese a que se localiza sobre todo na costa do mar Mediterráneo, tamén existe noutros lugares do planeta.

Poboamento

A paisaxe mediterránea leva habitada miles de anos. O interior foi aproveitado para a agricultura (trigo, vide, oliveira) e, na costa, o turismo provocou o crecemento de cidades como Barcelona (España), Roma (Italia) ou Atenas (Grecia).

Mulán e o clima continental

Precipitacións

As precipitacións son limitadas e concéntranse no verán. Pese a isto, os ríos teñen un caudal elevado grazas ao desxeo das montañas. Así, ríos continentais como o río Volga permanecen conxelados no inverno e son caudalosos no verán.

Temperaturas

O clima continental sitúase no norte e centro de Europa, Asia e América. As temperaturas son extremas, é dicir, un inverno longo e frío e un verán curto e caloroso. É dicir, unha amplitude térmica moi alta.

Paisaxe

A vexetación asociada ao clima continental é o bosque boreal. Non obstante, nas zonas máis ao norte o bosque é substituído pola estepa, como ocorre en Siberia.

Poboamento

A poboación é escasa no clima continenal. Concéntrase nas zonas costeiras, en cidades como Toronto (Canadá) ou Vladivostok (Rusia) mentres que o interior está practicamente baleiro.

Frozen e o clima polar

Poboamento

As rexións polares están prácticamente deshabitadas. No círculo polar ártico (Polo Norte) viven pequenos grupos de saamis (Europa) e inuit (América). En cambio, na Antártida só hai bases científicas.

Temperaturas

O clima polar presenta as temperaturas máis frías do planeta. No verán non superan os 10º e no inverno poden baixar ata os -50º. Este clima localízase na zona ártica (Polo Norte) e na Antártida (Polo Sur)

Precipitacións

As precipitacións son moi escasas e, cando suceden, caen sempre en forma de neve. Así, fórmanse enormes bloques de xeo, os glaciares.

Paisaxe

Na maior parte das rexións polares, o solo permanece xeado todo o ano (permafrost) e o frío impide o desenvolvemento de vexetación. Nas áreas próximas ás zonas temperadas, onde existe un curto verán, aparece a tundra.

Bosque mediterráneo de folla perenne en Australia
Os glaciares son o accidente xeográfico dominante na Antártida
O Río Finnis, en Australia, durante a estación seca e a estación húmida.
Barcelona (arriba) ou Roma (abaixo) son algunhas das cidades turísticas máis visitadas do mundo
Tríada mediterránea de trigo, vide e oliveira
O río Volga conxelado en inverno
O río Volga, con moito caudal, durante o verán
Paisaxe rural característica do clima oceánico
Viena, a capital de Austria, é unha das grandes cidades europeas
En Europa, grandes capitais como Budapest (Hungría) son atravesadas por ríos navegables coma o Danubio
A ponte romana de Ourense sobre o Río Miño
Na inauguración dos Xogos Olímpicos de París (2024), as comitivias dos distintos países navegaron polo río Sena
O río Támesis en Londres (Reino Unido)
O Sáhara. Exemplo de deserto cálido
A Patagonia (Arxentina). Exemplo de deserto frío
Lagos Ubari, oasis no desérto do Sáhara en Libia
A recente e catastrófica DANA ocorrida en Valencia no mes de outubro de 2024 é un exemplo dos fenómenos meterolóxicos extremos que poden ocorrer nun clima mediterráneo
O río Júcar, en Valencia, seca durante o verán e desborda nos meses de outono polas intensas chuvias
Mapa do risco de desertificación en España
Pastores nómades no desero do Sáhara
Burj Khalifa, o edificio máis alto do mundo, foi construído en Dubai (Emiratos Árabes Unidos)
Las Vegas (EEUU) unha cidade construída no deserto de Mojave
Kuala Lumpur, capital de Malasia, é a cidade máis poboada do país con 2,5M de habitantes.
Comunidade indíxena no Amazonas
A praia de Copacabana en Río de Janeiro (Brasil). Na cidade viven preto de 7M de persoas.
Toronto, unha das cidades máis importantes de Canadá
Na costa pacífica de Rusia atópase Vladivostok
Reikiavik (Islandia) é a capital máis ao norte do planeta
Estepa en Mongolia
Bosque boreal en Rusia
Vista panorámica da selva do Amazonas
Piso inferior da selva do Amazonas
Toxos nunha landa en Cantabria
Carballos e castiñeiros nas Fragas do Eume (A Coruña)
Prado de herba en Galicia
Secuoias xigantes en California (EEUU)
Deserto de area Rub al-Jalí (Emiratos Árabes Unidos)
Deserto rochoso. Val do lume (Nevada, EEUU)
A aridez é unha característica do Deserto de Atacama (Chile)
O río Amazonas (Brasil) é o máis caudaloso do mundo
Chuvia nunha selva ecuatorial na illa de Borneo (Indonesia)
As fervenzas Vitoria (Zambia) son as máis grandes de África
Os masai son un pobo de pastores nómades que habitan unha rexion próxima ao Serengueti (Kenia). A súa cultura, caracterizada por unha danza tradicional moi particular, esmorece co paso dos anos debido a que moitos deles foron obrigados a emigrar ás cidades.
Lagos, a capital de Nixeria, é unha das cidades máis poboadas do mundo ao rozar os 19M de habitantes
En Bogotá, capital de Colombia, viven arredor de 8M de persoas.
Familia de pastores en Senegal
A tundra asoma na Antártida durante o verán
Paisaxe de sabana en Tarangire (Tanzania)
Gran Sabana en Venezuela
Selva tropical no Congo
A que país pertence a Antártida?
Os inuit, pobo autóctono do Polo Norte
Base científica española na Antártida