Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

SUICIDO gal

UDC

Created on June 22, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

AFRON TEMOS

Que son as condutas suicidas?

detectacheS algunha destas condutas?

SI

creo que NON

Comproba ben estes sinais

Por se acaso, considera estas falacias

como actuar?

é URXENTE?

Non, como o enfoco?

Sí, que fago?

Non estoucerto/a

CONTACTA de NUEVO

646102004

afrontemos@udc .gal

• Informa a persoa afectada de que vas contactar con axuda. •Se é posible, avisa familiares desa persoa. • Liña 024 de atención á conduta suicida. • Teléfonos de emerxencias sanitarias: 112 ou 061 (atención 24 h). Se a persoa colabora, acudide a un servizo de urxencias.

• É falso que as persoas que falan do suicidio non teñan a intención de cometelo. Iso de que «A persoa que o di non o fai, e a persoa que o fai non o di» é unha falacia. Poden estar pedindo axuda ou apoio, pois ao mellor non ven outra opción na situación de desesperanza en que se atopan. • É falso que a maioría dos suicidios acontezan sen aviso previo e de súpeto. É importante prestarmos atención aos sinais de alarma que están presentes na maior parte dos casos. • É falso que falar sobre o suicidio incite as persoas a cometelo. Ás veces pode mesmo resultar preventivo se se fai ben. • É falso que as persoas suicidas decidisen morrer. Moitas veces poden actuar impulsivamente, polo que o apoio á hora de evitar estas situacións é fundamental. • É falso que quen realizase un acto suicida algunha vez nunca vai deixar de facelo. • Tamén é falso que nada vai deter unha persoa que está decidida a suicidarse. Hai moitos casos en que se consegue evitalo. Non é verdade que o suicidio sexa un impulso e que non se poida previr. Antes de intentar suicidarse, as persoas poden evidenciar varios síntomas que son sinais de alerta, que consisten en formas de represión dos sentimentos e do intelecto, inhibición da agresividade e existencia de ideas suicidas. • É falso que só as persoas con trastornos mentais sexan suicidas. • O suicidio non ten por que herdarse. • A persoa que se suicida non é nin covarde nin valente. Sofre. Equiparar o suicidio cun trazo da personalidade resta eficacia á hora de identificar a conduta suicida. • É falso que se se reta unha persoa suicida non vai intentalo.

• Non deixes soa esa persoa, queda con ela ou intenta que alguén estea preto e lle preste atención.• Escóitaa de maneira activa, pero tranquila, sen que se sinta xulgada ou culpada. Por exemplo, non digas cousas como: «Non debes pensar iso, porque é horrible...». • Fala con esa persoa directamente e con calma. Podes preguntarlle, sen medo, por sinais que che preocupan. Por exemplo: «Ultimamente non saes nada, estás ben?» «Vexo que só pensas que non paga a pena vivir, que é o que estás pasando?». • Se o coidas necesario, explícalle directamente esta preocupación: «Cheguei a preocuparme por que penses na túa morte e penses no suicidio. Que estás sentindo?». Por veces as persoas cren que minimizar o asunto ou quitarlle importancia é o mellor («Non digas parvadas, iso non é nada, veña!»), cando en realidade é ao contrario se existen sinais preocupantes claros. • Busca axuda profesional. Podes poñerte en contacto con Afrontemos para recibir orientación ao respecto. Non intentes facer terapia pola túa conta, malia que leses moitas cousas sobre o tema. O mellor é que sirvas de ponte entre a persoa que che preocupa e os recursos profesionais de axuda. • Se é moi evidente que hai algún medio con que esa persoa poida facerse dano (obxectos, medicamentos, drogas, acceso a outros perigos etc.), bloquéao sempre que estea na túa man facelo.

• Informa a persoa afectada dos recursos e servizos dispoñibles para pedir axuda. Non debemos obrigala a acudir a eses servizos, simplemente informala de que existen. • Dentro da UDC temos o programa Afrontemos: 646 102 004. • No Sergas, pode solicitar cita no seu centro de atención primaria, onde valorarán a súa derivación á área de saúde mental. • Liña 024 de atención á conduta suicida. • Teléfono da esperanza: 981 519 200.

• Revisa desde o inicio toda esta árbore de toma de decisións. •Podes chamar ao programa Afrontemos para recibir orientación por teléfono.

• Di cousas como: «Quero morrer», «Vou suicidarme», «Ogallá non espertase», «Xa non aturo máis», «Son unha carga para as demais persoas», «Ninguén me ha botar de menos», «Axiña deixarei de ser un problema», «Se me pasa algo, quero que saibas...». • Sente moita preocupación pola morte: conversas, debuxos, escritos ou buscas en liña sobre a morte, o suicidio ou métodos para facerse dano. • Busca claramente maneiras de suicidarse (por exemplo: comprou unha arma, acumulou pastillas, buscou información en Internet), regala pertenzas importantes, despídese de amizades e familiares, fai testamento ou pon os seus asuntos en orde. • Illouse, non fai nada, non quere saír da casa. • Comezou, de xeito compulsivo, a abusar do alcohol ou das drogas, cortarse ou autolesionarse, ou poñerse en situacións de perigo. • Ten cambios bruscos de humor que son moi raros nesa persoa, tamén nos seus hábitos, como durmir moitas horas ou case ningunha. Abandonouse na súa hixiene e no seu aspecto físico. • Cambios no sono: dorme demasiado ou moi pouco. • Está incriblemente desanimado/a, expresa que non hai razón para vivir. Ten unha dor psicolóxica insoportable. • Deixa claro que sente que é unha carga para as demais persoas e/ou que non achega nada e ninguén o/a necesita.

• A máxima urxencia é que haxa sinais de preparación: conseguiu os medios, acumulou medicamentos, ten información sobre métodos letais, cancelou débedas, fixo as paces con determinadas persoas ou despediuse delas, abandonou o traballo...• A urxencia máis obvia represéntaa a existencia de autolesións moi graves ou intentos falidos, usou: obxectos afiados para se facer cortes profundos, provocouse queimaduras, golpeou a cabeza ou o corpo contra obxectos, causouse feridas graves, consome grandes cantidades de alcohol ou drogas/medicamentos.

  • Chámaselle condutas suicidas a unha variedade de pensamentos e actos que apuntan a un risco de suicidio. Por exemplo:
  • Pensamentos ou verbalizacións sobre morrer: «Quero morrer», «Vou acabar con todo», «Non soporto máis seguir neste mundo». Outros pensamentos son máis indirectos, como por exemplo: «Non lle vexo o sentido a nada», «Ogallá me atropelase un coche», «Gustaríame morrer mentres durmo e non espertar», «Son unha carga para as demais persoas», «Axiña deixarei de preocupar a ninguén». Tamén pode ser un indicador pensar de forma excesiva ou obsesiva sobre a morte.
  • Ideas explícitas ou directas sobre o suicidio, que indican un risco importante de cometelo:
  • «Quero suicidarme», «Vou acabar con isto», «Pregúntome como sería [método]», «Pensei en [método]». Responde a este caso igualmente que vexamos unha persoa buscando información sobre xeitos de facelo ou falando sobre cal pode ser máis efectivo.
  • Planificación do suicidio (malia non haber intentos):
  • Pensamentos como: «Fareino na casa cando non haxa ninguén», «Cando as miñas compañeiras marchen sería un bo momento». Tamén pensamentos respecto de como sería o proceso ou ensaios mentais etc. Considerar os medios necesarios ou poñer algún prazo: «Necesito conseguir [medicamento/arma/obxecto]», «Se as cousas non melloran, ao rematar o curso, fareino». Tamén imaxinar a reacción das demais persoas ou chegar a escribir ou concibir unha nota de despedida.
  • Finalmente, aínda que isto é máis difícil de valorar, é importante observar cambios de comportamento que sexan moi estraños e negativos.
  • Illarse de forma radical de amizades e familiares.
  • Pasar dunha tristura profunda a unha euforia inesperada, deixar repentinamente de gozar das actividades preferidas, padecer un insomnio severo ou durmir demasiado, deixar de preocuparse pola hixiene ou o aspecto e tamén ter sentimentos moi intensos de culpa ou inutilidade.