Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

A MIÑA VOZ NO PARQUE

Biblioteca VIRXE DO

Created on June 19, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Blackboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Historical Presentation

Psychedelic Presentation

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Transcript

A MIÑA VOZ NO PARQUE

Varias personalidades atópanse no parque. Carlos vai coa súa nai e con Victoria, a súa cadela. Mancha vai co seu pai e o seu can. Todos diferentes e vendo as cousas de forma distinta. Imaxinas que pasaria se pudieras saber como pensa cada personaxe? Máis que catro versións sobre unha mesma historia, este libro é unha exploración sobre a arte de ler, ver e relatar.

A continuación, podedes ler as diferentes versións de varios membros do club de lectura que se animaron a relatar brevemente á excursión que fixemos como actividade final deste club.

A MIÑA VOZ NO PARQUE

ADA
CANDELA
NAYARA
PABLO
MARTÍN
LAURA
XOÁN
DANIELA
NOA
SAÚL
ANTÍA
LARA
DUNIA
FLORA

Primeiro fomos ao despacho de Montse a polas gorras e despois cando baixamos ao parque camiñando facía moito calor e íamos falando. A metade do camiño fixemos unha foto. Cando chegamos ao parque lemos un libro, comemos hamburguesas ou perrito con patatas e de postre, bica de mazá ou noces. Despois de comer estivemos falando ata que volvemos ao colexio pero en canto chegamos fomo a devolver as gorras e como tiñamos sed, fomos á cociña a por auga.

Hoxe coincidiron as actividades finais dos dous clubs de lectura dos que son moderadora. Por un lado, tivemos a comida final do club de lectura de adultos da Biblioteca Pública Municipal, o Club de Lectura Pintor de Castinande; e por outro lado, os nenos e nenas do club do colexio estiveron de excursión no parque municipal. Como non podiamos faltar á comida, a miña compañeira Julia e eu pasamos un rato polo parque antes de ir. Estivemos escoitando a lectura do libro "Voces en el parque" de Anthony Browne e cando rematou, marchamos. Deunos moita mágoa ter que marchar así pero seguro que o pasan moi ben. O próximo ano próximo teremos que ver a forma de coincidan mellor as despedidas.

DE VISITA AO PARQUE Era martes e como agasallo do club de lectura fomos ao parque de Sober camiñando e aos 100 m Flora, a profe, xa estaba enfadada cuns compañeiros que non a atendían. Cando chegamos Lorena tróuxinis a comida e a bebida, comemos na roda xiratoria todos xuntos e tamén lemos un conto. Mentres estabamos lendo chegaron Julia e Dunia a visitarnos porque tiñan que marchar a unha comida. Ao rematar de comer xogamos alí e despois cando nos fomos outra vez para o colexio facía moito calor, menos mal que levabamos gorra! Pero antes de marchar tiramos o lixo ao colector e o que non era de tirar, metémolo nunha caixa que nos fomos intercambiando para levala entre todos. De camiño pasamos por unha casa onde había un can e parámonos a velo pero a Flora esto non lle gustou moito. Ao chegar ao colexio fomos a deixar as gorras e despois correndo a beber á cociña auga fresca. Estabamos mortos de sed!!

Chegamos ao parque. Lemos un conto. Comemos e cado acabamos de comer viñemos ao colexio.A min gustoume moito.

A min gustoume moito ir ao parque aínda que facía moito calor pero paseino moi ben.Divertinme moito cos meus amigos contando anécdotas no xira xira. Tamén me gustou moito o conto “Voces en el parque” que lemos ao chegar.

Desde a miña perspectiva a visita ao parque foi moi divertida. Facía tempo que non ía ao parque.Comer no parque cos meus amigos e amigas foi súper guai e a comida estaba deliciosa pero o mellor foi despois porque xogamos todos xuntos e pasámolo xenial na tea de araña, no parque dos maiores… Tamén estaba moi rico o postre que eran unhas bicas, unha de noces e outra de mazá.Pasamos moitísimas risas pero ao final volvemos ao cole con moitísimo calor.A conclusión disto é que o pasei xenial cos meus amigos. Grazas a Flora, unha das mellores profes que organiza moitas actividades moi chulas.

Fomos ao parque e contamos un conto, comemos hamburguesas e perritos quentes con patatas fritas. Cando comemos sentámonos arredor do xira xira e despois de comer fixemos iso: xirar. Volvemos ao cole coa caixa da comida que fomos levando entre todos turnándonos.

O martes pola tarde fomos ao paque como saída do club de lectura con Flora. Ao chegar lemos un libro que tamén falaba dunha saída ao parque pero de dúas familias. Cando acabamos comemos todos xuntos e despois pouidemos xogar e falar ata que chegou a hora de volver ao cole. De camiño facía moito calor e tiñamos que ir turnando a caixa coas cousas que nos sobraron. Paseino xenial!!

Á hora do comedor baixamos ao parque a comer e a xogar. No camiño Flora explicounos o que íamos facer: ler un libro, comer e xogar! Cuando chegamos baixamos a comida do coche de Lorena e puxémonos a ler un libro que ía dun parque. Despois comemos perritos e hamburguesas con patatas fritas e de postre bica de noces de bica de mazá. Ao rematar de comer puxémonos a xogar no parque e antes de que volveran os autobuses fómonos levando unha caixa entre todos.

O meu día no parque.Primeiro fomos ao parque camiñando e charlando. Ao chegar ao parque lemos o conto “Voces en el parque”. Despois comemos e a comida estaba boísima, de sobremesa tivemos bica de mazá e bica de noces (eu comín de noces). Ao rematar de comer, xogamos e falamos e despois volvemos ao cole andando. Aí rematou.

Fomos ao parque andando mentres falaba con Carla. Despois ao chegar ao parque lemos un conto que me pareceu raro pero bonito e ao rematar comemos arredor do xira xira. O parque estaba cheo de bichos brancos e brillantes! Cando acabamos de comer uns foron a xogar á telaraña e outros, incluída eu, fomos a falar ao xira xira. Ah! Tamén tivemos de postre bica de améndoas, ou eran noces? Xa non me acordo... Falamos duns compañeiros de música de Vilanova que non son moito de facer amigos e moitas máis cousas graciosas. Unha experiencia marabillosa!!

Primeiro fomos camiñando pasando calor pero cando chegamos lemos e xogamos. Volvemos camiñar e xogamos outra vez.Por último volvémonos ao cole.Foi unha visita moi divertida!!

Encantoume o parque!O camiño a verdade que no foi o máis divertido porque facía moito calor; pero cos amigos todo se arregla.Ao chegar limos un libro que foi moi divertido, comemos comida moi rica e despois… a xogar!Paseino bomba!!

Hoxe fomos ao parque para despedir o club de lectura deste ano. Tiña que lembrarme de coller todo o necesario: a comida de todos e o pan de Noa con coidado de que non se contaminara coa outra comida, as augas, as bicas, as gorras, a bolsa cos dous libros para ler alí e o mini botiquín con tiritas, betadine e cristalmina non fora a ser que algún se caera ou se lastimara xogando. Menos mal que todos levaban a gorra porque facía moitísimo calor e polo camiño non había ningunha sombra ata que chegamos ao parque. Ao final Dunia e Julia non puideron vir porque tiñan a comida de despedida do club de lectura de adultos; iso si, pasáronse un rato para estar con nós durante a lectura. Finalmente a excursión transcorreu sen ningún problema. Creo que foi unha boa actividade porque puidemos ler e comentar o libro e disfrutar dun bo rato no parque mentres comemos e eles xogaron; ademais unha excursión sempre é unha boa forma de relacionarse mellor co alumnado e coñecelos un pouco máis, só nos faltou que non fixera tanto calor porque a verdade é chegamos ao colexio que morríamos de calor e de sede. O próximo ano máis...