Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Xornal escolar Vilamartín 24-25

Marta

Created on June 12, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Illustration Dossier

Education Dossier

Mobile App Dossier

Notes Dossier

Futuristic Tech Dossier

Crowdfunding Campaign

Company Dossier

Transcript

A Voz Da Escola

Xornal Escolar CEIP Xosé Manuel Folla Respino Vilamartín de Valdeorras Curso 2024-2025

Xornal interactivo. Preme na frecha para continuar

Edición e maquetación: profe Marta C.L.

Introducción

Estamos rematando xa o curso, e é hora de lembrar cousas que fomos facendo ao longo deste curso que axiña remata. Non todo vai ser estudar, non si? Vivimos xuntos moitas aventuras, descubrimentos e xogos. Coñecimos a novos amigos e amigas, e cousas interesantes que nos poden salvar a vida. Compartimos vivencias, espazos e ilusións, e todo sempre co maior dos sorrisos. Agora que o curso acaba, que non acaben as aventuras!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Visita a Expo Ourense

Que ben o pasamos visitando a aldea Pitufa en Ourense! Vivimos moitas aventuras!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Halloween/Samaín

Viñemos disfrazados de cousas terroríficas, pero non sabíamos que un crime se cometeu no colexio!! Tivemos que buscar ao culpable para lograr un premio moi saboroso!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Halloween/Samaín

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Magosto

No Magosto pasámolo moi ben, xogando e papando as castañas quentiñas!

Ver Video

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Nadal

Ver Video

En Nadal visitamos de novo Valdegodos, para compartir momentos cos nosos maiores. Tamén houbo concursos!!

Ver Video

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

A Respi-Biblioteca

Respi foi a mascota elixida para a biblioteca. É un coelliño ao que lle encanta ler, e ten a súa madrigueira entre os nosos libros. Este ano a biblioteca funcionou a tope, con carnets novos, día oficial de préstamos e incluso axudantes voluntarios para coidar os libros e colocalos. Respi seguirá lendo moi contento o ano que ven!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Entroido

Ver Video

Ver Video

Seguimos as ordes do noso meco durante toda a semana, e desfilamos co noso disfraz inspirado pola moscota da biblioteca Respi, o coelliño lector. Foi moi divertido!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Letras Galegas 2025

O Día das letras galegas 2025 foi adicado ao folklore e as cantareiras de Galicia. Aprendimos cantigas e cancións, danzas e fixemos murais e traballos moi fermosos. Ata fomos á praza maior de Ourense con outros colexios a danzar todos xuntos en honor á nosa cultura ancestral!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Mestres Gandeiros: Apicultura

Dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia "Mestres Gandeiros" coñecemos o mundo da apicultura, a vida das abellas,vestímonos de apicultores, aprendimos como funciona un panal e unha colmea, e ata probamos unha deliciosa mel natural!! Boísima. Agora apreciamos mellor o traballo de esas pequenas amigas

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Mestres Gandeiros: Coidado do Monte

Continuando co programa "Mestres Gandeiros", outro día aprendimos cousas sobre coidar os nosos montes e a natureza da man dos expertos Gardas Forestais de Petín, que nos ensinaron o seu equipamento e como usalo, ademáis de moitos consellos para evitar lumes e axudar en caso de perigo chamando sempre ao teléfono 112"

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Mestres Gandeiros: Coidado do Monte

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Mestres Gandeiros: Aprendemos sobre agricultura

Aprendemos cousas moi interesantes sobre as árbores e o seu coidado, ademáis de como facer inxertos de modo profesional.

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Mestres Gandeiros: O noso gando

Visitáronnos dous novos amigos do cole: unha galiña moi paciente e un coelliño encantador. Con eles aprendemos sobre os coidados que os animais de granxa necesitan, ademáis de aloumiñalos tamén un pouquiño.

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Mestres Gandeiros: Visita a Piornedo de Cervantes (Lugo)

Finalmente viaxamos a poñer en práctica os coñecementos gandeiros nunha localidade moi fermosa de Lugo, onde coidamos animais e vimos cousas enxebres da zona que usaban fai anos en agricultura e gandeiría

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Mestres Gandeiros: Visita a Piornedo de Cervantes (Lugo)

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Nós tamén creamos: curta"O avó de Zulaimar"

En Infantil, con axuda dos profes, fixemos unha curta de stop-motion moi traballosa, baseada nun conto moi fermoso chamado "O avó de Zulaimar" (de Juan Carlos méndez Guedez, editorial OQO). Foi moi divertido, e tamén tedioso, pero mereceu moitísimo a pena!! Fixemos unha estrea estelar no colexio, e ademáis... déronnos un fantástico premio por el!

Ver Video

Ver Video

Ver Video

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Nós tamén creamos: curta"O avó de Zulaimar"

Aquí poderedes ver a nosa curta na canle de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e tamén está en Xabarín.gal, con todos os nosos debuxos animados favoritos! E ademáis saímos na presa, foi xenial.

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Premio Zulaimar: Viaxe a Santiago

Viaxamos á capital de Galicia para recoller o premio outorgado á nosa curta. Visitamos tamén a praza do Obradoiro e admiramos a catedral de Santiago. Moitos peregrinos nos saudaron!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Aprendemos a coidar os nosos dentes

A hixiene dental é moi impoortante, así que tamén aprendemos a coidar os nosos dentes mellor. Lavámolos cada día despois de comer no comedor, e non hai que esquecerse de lavalos tamén na casiña!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Saint Patrick's Day

O 17 de Marzo é St.Patrick's Day, e en clase de inglés celebrámolo moi irlandesamente. Fixemos debuxos, gorros, cantamos cancións e danzamos Irish Jigs. Levamos un amuleto irlandés dun "four leaf clover" de agasallo, e ademáis atopamos varios tréboles de catro follas no patio do colexio!!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Saint Patrick's Day

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

A nosa horta

Este ano voltamos a dedicar tempo ao noso horto escolar, con gran colleita de pementos, leitugas, algunhas fresas... é estupendo ver como crece todo o que plantamos e coidamos!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Cholo e Nela

A convivencia comarcal de educación infantil de Cholo e Nela este ano foi cerquiña, na Rúa. Participamos con moita ilusión, e con algo de axuda fixemos un taller moi divertido de robots, xa que o tema deste ano era a ciencia. Ademáis de divertirnos, aprendemos moitísimas cousas!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Cholo e Nela

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Cholo e Nela

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Proxectos en Educación Infantil

Os máis peques do cole fixemos cousas moi grandes! Cociñamos, fomos ao espazo, convertémonos en médicos, en piratas.... E coñecemos un montón de amigos e de cousas novas!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Visita á queixería "O Rexo", en Allariz

Visitamos unha fábrica artesanal de queixo, na que degustamos os seus productos deliciosos, e ademáis fixemos as nosas propias manualidades personalizadas!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Convivencia cos maiores da Residencia "A Sobreira" de Vilamartín

Coa chegada do bo tempo fomos ata un parque en Vilamartín, onde nos deseñaran una xogos para compartir con algúns maiores da residencia. Foi moi divertido, fixemos bos amigos e escoitamos unhas historias interesantísimas. E fixéronnos unhas pulseiras moi xeitosas!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Graduacións de Infantil e Primaria

Daniela, Leticia, Gabriel, Anita, Naiara e Diego cambian de etapa para o vindeiro ano, así que houbo unha gran homenaxe a todos eles lembrando os seus mellores momentos no noso colexio. Tamén houbo bailes e a estrea oficial no cole da curta "O avó de Zulaimar"

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Fin de curso!

E chegou o último día de cole! Celebrámolo ao grande! Colchonetas, espuma e moitísima diversión. Merecémolo!!

Pasámolo moi ben, disfrazados de cousas terroríficas!!

Fin de curso!

Lecturas recomendadas para o verán

(Departamento de Orientación)

Lecturas recomendadas para o verán

(Departamento de Orientación)

Despedida

Ata o curso que ven!!

O curso que ven comeza unha nova aventura! Para algúns será lonxe deste colexio, para outros aínda nel. Sexa como sexa, no CEIP Xose Manuel Folla Respino sempre teremos todos un cachiño da nosa historia, e do noso corazón. Preparémonos ben para afrontar o novo curso con enerxía, e desfrutemos do verán mentras tanto! Moita sorte aos que marchan, esperamos que non nos esquezan e veñan a visitarnos!