Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 25

meriruel

Created on June 4, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

Biblioteca do CEIP Plurilingüe Sestelo-Baión
No verán, cun sol relucente, séntate á sombra e le un libro sorprendente.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

ÍNDICE

E. Infantil
4º Primaria
1º Primaria
5º Primaria
6º Primaria
2º Primaria
English
3º Primaria
Música e Danza

EDUCACIÓN INFANTIL

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

6º PRIMARIA

ENGLIHS

ED. INFANTIL

2º CICLO

1º CICLO

3º CICLO

MÚSICA E DANZA

Biblioteca do CEIP Plurilingüe Sestelo-Baión XUÑO 2025

FELICES VACACIÓNS DE VERÁN A TOD@S!!

Título: ASTRO RATO E LAMPADIÑAAUTOR: FERMÍN SOLÍS EL PATITO EDITORIAL Astro-Rato leva tempo viaxando polo espazo que xa esqueceu a sú misión. Menos mal que aí está lampadiña para lembrarlle os seus deberes. Viaxa cos nosos heroes polos planetas máis estraños da Galaxia, afrontando ameazas tan espantosas como o monstro Ciclópeo ou Patacator.

TÍTULO: Curriño O can influencer AUTORA: Ledicia Costas EDITORIAL: Xerais RESEÑA: Curriño non necesita presentación: é o can máis famoso de Internet! E o máis lindo, obviamente. Seguro que ti xa o segues en todas as súas redes. Vive a corpo de rei, faltaría máis! Dorme na cama da súa humana, aliméntano con penso de importación e acicálano tres veces por semana. O que merece unha estrela coma el, vaia! Por desgraza, Curriño está a piques de descubrir que a vida fóra da súa mansión con sete cuartos de baño, jacuzzi e vistas ao mar é moito máis dura do que el cheiraba...

UN MAR DE PREGUNTAS Javier García Galdo Galaxia 2025 100 páxinas Para que serve una balea? Canta forza ten o mar? Cantas especies habitan os océanos? Porque soben e baixan as mareas? Estas e moitas outras preguntas teñen resposta neste libro sobre o mundo mariño, con ilustracións que espertarán a túa imaxinación e explicacións claras e sorprendentes baseadas no rigor da ciencia e do que hoxe coñecemos do mar. En cada páxina aprenderás algo sobre os misterios do grande azul e comprenderás por que debemos coidalo. Empápate coas súas páxinas para poder coñecer, amar e conservar os nosos mares.

Título: ¡¡Temos talento!! Autora: HANNAH WHITTY Reseñas: Non importa o noso aspecto: ¡Temos talento!. Un libro inspirador sobre como facer o que nos gusta e ser exactamente quen queres ser.

Descubrir os grandes monumentos da historia significa descubrir as grandes marabillas do mundo. Sabes de onde vén o nome do Big Ben de Londres? Ou que a Cidade Prohibida de Pequín ten máis de 8000 habitacións? Castelos, torres, palacios, templos, pirámides, pontes... Con este libro poderás percorrer os cinco continentes e todas as épocas, visitando algunhas das construcións máis espectaculares da humanidade! Desde a Alhambra ata Petra, desde Machu Picchu ata a Sacra Familia, espérache unha viaxe extraordinaria chea de segredos, curiosidades, lendas e aventuras!

MONSTRUOS Stéphane Servant e Nicolas Zouliamis Siruela 2025 112 páxinas Coa chegada a unha aldea remota do Circo Dos-Soños, que anuncia como atracción principal unha besta terrorífica “supervivente dun pobo primitivo”, a vida dos aldeáns cambiará para sempre; especialmente a de Otto, un neno solitario que encontrará nesa criatura misteriosa un cómplice para afrontar os seus medos máis fondos e comprender que o horror verdadeiro está nas accións, non nas apariencias. Os protagonistas emprenderán unha emocionante aventura na que descubrirán que teñen máis en común do que parece.

Título: “QUEN SON?” Autor: Alicia Borrás. Reseñas: Adiviña quen son, quen é cada protagonista que vai aparecendo neste libro.

Seis leiras e un piano Castro, Claudia Os poemas deste libro están ateigados de ritmo e de luz. De xogo, de música, de natureza e de aldea. De sentimento e reivindicación do noso. Como apunta o poeta Antonio García Teijeiro no epílogo do libro, «Son poemas para seren lidos en voz alta. Para cantalos e acompañalos con xestos e palmas. Pero tamén para reflexionar sobre o fondo que moitos gardan e comentalos posteriormente en animadas paroladas. É boa poesía. E diso se trata».

THE GRUFFALO AUTORA: Julia Donaldson. A historia dun rato que vai a dar un paseo polo bosque e se atopa cunha serie de perigos; para escapar deles, inventa un monstro que lle axuda a fuxir, ata que o monstro se transforma en realidade...

Título: “O carteiro que non sabía ler” Autor/a: Susana Peix Cruz Reseñas: Lucas, o carteiro do bosque, goza repartindo cartas e, aínda que non sabe ler, grazas á súa intuición e ao apoio dos seus veciños, sempre logra cumprir co seu traballo.

É véspera de Nadal e a visita da clase de Joséphine ao zoo foi unha catástrofe. Ninguén sabe que pasou exactamente e os pais da nena están dispostos a descubrilo. Mentres a investigación avanza, comprendemos aos poucos que unha catástrofe nunca chega soa, que as aparencias enganan e que os acontecementos poden tomar un xiro que ninguén imaxina.

LA CHICA QUE HABLABA OSO Sophie Anderson Errata Naturae 2024 360 páxinas Entretecido con lendas tradicionais de osos, bruxas, princesas e dragóns, e con ecos do folclore ruso, La chica que hablaba oso é unha aventura máxica que nos recorda o poder curativo da imaxinación e a importancia de encontrar un fogar.

Sei cantar e sei bailar Mejuto, Eva Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar.Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casás e bailaremos con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía e cultura ao longo dos séculos. Elas todas son as homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025.

Esta historia, gira en torno a un grupo de personajes entrañables que viven una serie de aventuras inesperadas. Un sábado que debería ser un día común y corriente, se transforma en una experiencia mágica y surrealista llena de humor y fantasía. ¿Lo mejor? Es un relato que nos invita a explorar el mundo de la imaginación y la creatividad. Una lectura interactiva que fomenta nuestra curiosidad y pensamiento crítico.

«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.»

Título: “O ladrón de sol” Autor/a: Alice Hemming e Nicola Slater Reseñas: O sol desapareceu! Quen o levou? Esquío comeza unha investigación en busca de quen é o ladrón de sol mentres Paxaro, pacientemente, tenta axudarlle a buscar a solución.Cal será a verdade que se oculta detrás de todo este acontecemento?

A TASTE OF THE MOON AUTOR: Michael Grejniec Facía moito tempo que os animais desexaban descubrir a que sabía a lúa. Sería dulce ou salgada? Tan só querían probar un pedaciño.

A SALVAXE VIDA DOS DINOSAUROS E OUTROS ANIMAIS PREHISTÓRICOS Mike Barfield e Paula Bossio Aira Editorial 2025 96 páxinas Prepárate para embarcarte nunha viaxe chea de cor e diversión arredor da terra prehistórica. Explora os incribles animais e os xigantescos dinosauros que deambulaban polo planeta millóns de anos antes de que aparecesen os humanos. Este divertido libro é a maneira perfecta para aprender sobre estes animais alucinantes e as súas salvaxes vidas.

Título: “ PACO” Autores: Paula Carballeira. Reseñas: Paco es una poética obra de Paula Carballeira, que habla de la nostalgia y de la amistad.

Mortiña. Unha historia para esmedrellarse de risa. Barbara Cantini Sinopse: Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar a xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única: a festa de Halloween! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse... Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara?

A historia conta a aventura dun neno que, convidado pola corporación “Piña”, ingresa na misteriosa Escola Robot, un lugar onde viven unha divertida aventura tecnolóxica. Este libro, destaca a importancia da amizade, do traballo en equipo e da ecoloxía, mentres o protagonista enfróntase a un robot maligno... Queredes saber máis? Este é o voso libro!

Título: “Poesías para ser feliz como una perdiz” Autor/a: BEGOÑA ORO Reseñas: la hormiga Rosalía, el cartero cotillo, la vidente Patti Madora... son algunos de los personajes que descubrirás en este libro y que te demostrarán que la poesía es divertida.

TÍTULO: Cuando las niñas cambian el mundo AUTOR: Raquel Díaz Reguera EDITORIAL: Lumen RESEÑA: Violeta e os seus amigos disfrutan moito coas ás que para eles texe o señor Sequerespodes. Pero a banda de don Nonoconseguirás está de novo á espreita. A aparición do malvado don MM que esparce molestas motas de micromachismo por todos lados será esta vez o gran inimigo. Por sorte, Violeta e a súa pandilla terán a habilidade para detectar os seus sutís ataques e serán eles quen poidan cambiar o mundo facendo cousas pequenas.

TÍTULO: Cociñando con bolboretas no bandullo AUTOR: Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz EDITORIAL: Xerais RESEÑA: En cocinando con Bolboretas no bandullo cada receita garda una historia, pequenos relatos que vos engaiolarán, moito sabor e, sobre todo, moita, moita diversión. Metemos as mans na masa, xogamos coa comida, argallamos pratos sorprendentes e só de pensar nos resultados ... non podemos parar de babexar. Entre estas páxinas agóchanse momentos para gozar e sabores por conquistar. Adiante, bolboreteiras e bolboreteiros. Agardámosvos con moita ilusión. Podedes seguir todo o proceso de elaboración das receitas na nosa canle de YouTube a través dos códigos QR que aparecen en cada unha delas.

GO AWAY, BIG GREEN MONSTER! AUTOR: Ed Emberley Un libro marabilloso onde cada neno e nena construirá un monstro coas súas partes, e despois o fará desaparecer, ao igual que os seus medos.

Cando Xusta fixo seis anos, recibiu da súa familia un agasallo moi especial: un can, ao que lle puxeron o nome de Máquina. Desde aquel día, Xusta e Máquina foron dous amigos inseparables. Pero, co paso dos anos, a familia da nena foi cansando do animal. E, sen que Xusta o saiba, o pai decide desfacerse del abandonándoo nunha estrada. Unha emotiva novela, narrada con tenrura e humor, que aborda toda a complexidade das relacións entre os nenos e os animais.

Á gata Lúa desaparécenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que busca explicación para todo, e a súa amiga Branca, non entenden este misterio e non pararán ata atopar resposta. Coa lectura deste libro, búscase fomentar o interese pola narrativa e os valores de amizade, valentía e resolución de problemas. Anímaste a saber máis?

O neno de lume. Ledicia Costas. Sinopse: Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e con quen pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa que non dá levantado. Sen rastro do sol, Luminaria vaise apagando devagar. A señora Culpepper lembra a nota que traía Morgan, e o neno prepárase para iniciar unha viaxe máis alá da néboa. Só se atopan a casa das tres irmás Luminaria poderá sobrevivir. O que non imaxinan é quen son en realidade esas tres mulleres.

PETE THE CAT, I LOVE MY WHITE SHOES AUTORES: Eric Litwin, James Dean. Pete, o gato, é o primeiro libro dunha serie sobre esta personaxe optimista que sempre canta unha canción diferente. Neste libro, Pete merca uns zapatos brancos que lle encantan, pero que, por diferentes causas van cambiando de cor.

Título: “100 pisos bajo el mar” Autor/a: Toshio Iwai Reseñas: Ten, unha elegante boneca, cae ao mar. Entón descubre unha casa submarina tan alta coma un rasñaceos habitada por extraordinarios animais. Dará comezo unha aventura na que terá que recorrer de arriba abaixo todos os pisos de esta misteriosa casa para atopar as súas pertenzas e poder vestirse..

NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA Autor: Pablo Nogueira Editorial: Bahía Edicións Sinopse: Nube Branca devece por ver as estrela de preto e coñecer a Lúa e os planetas do sistema solar. Tras o fracaso da construción dun foguete espacial, procura a axuda de Clarisa, Cacharrante, Antón e o sabio Octavio. Conseguirá, por fin, ser astronauta?

No corazón do bosque. Agustín Fernández Paz Sinopse: Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras. Entón escoitou uns ruídos que procedían da súa mochila, descubrindo que alí había un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrín, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos seus compañeiros desapareceran.Como é habitual nas obras de Fernández Paz, neste libro tamén se abordan outras cuestións de interese para os lectores de oito anos en diante. A convivencia dentro da familia, os conflitos dentro da aula, os problemas económicos, a amizade e a soidade, os problemas ecolóxicos ou do medio ambiente.

Vida mía Santos, Tamara Vida, se cada vez fas máis pequeniños os teus medos. Vida, se visitas rincóns que xamáis haberías imaxinado. Vida, se te achegas a persoas fieis e bondadosas. Vida, se fas medrar as túas cualidades. Unha persoa díxome que xa todo estaba creado, escrito, oído pero que aún existe a OPORTUNIDADE. Saberás atopar entre estas páginas Un libro para ler, reler, emocionar, disfrutar, para recordar; para quererte. Sin límite de idade nin momento para abrazarlo.

Título: “No se, no puedo, no me sale” Autor/a: Pilar Serrano Burgos Reseñas: Álex non deixa de repetirse unha e outra vez que non pode facer o que se propón. A veces incluso antes de intentalo. Pero un paseo pola montaña cambiarao todo. Porque é importante a forma en que nos falamos e nos falan para crer en nós mesmos.

FELIZ FEROZ. O LOBIÑO RIQUIÑO Autor: O Hematocrítico Editorial: Xerais Sinopse: A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade.

Título: “Los animalísticos” Autor/a: Isabel Cortés, Antonio José García Gómez Reseñas: Caracois, camaleóns e moitos máis animais reuníronse neste libro para poder contar, a todo aquel que se atreva, a incríble aventura de explorar o reino animal..

THE BORROWERS AUTORA: Mary Norton. Estas pequenas persoas viven nos lugares segredos das vellas casas. Pensan que os seres humanos foron inventados só para facer o traballo sucio... Pero un día Arrietty faise amiga do neno humano que vive na casa e todo cambia.

Este libro no es un libro cualquiera, es un libro para reír a carcajadas y jugar con divertidos dilemas. Incluye cientos de dilemas ingeniosos sobre temas alocados de todo tipo, como por ejemplo: ¿Qué preferirías... comer solo pizza durante un mes o comer solo helado durante un mes? ser capaz de leer la mente de todos a tu alrededor o ser capaz de hablar todos los idiomas del mundo? ¿Sabíais que los dilemas son una herramienta muy útil para fomentar el desarrollo moral y la toma de decisiones? Además, nos ayudan a aprender y a identificar valores, a reflexionar y a desarrollar habilidades de resolución de problemas. Estas preguntas y muchas más, esperan vuestras respuestas!

Título: “A ovella á que o lobo lle comeu a sombra” Autor/a: Carlos López- Lluis Farré Reseñas: Todos os animais queren axudar a ovella á que o lobo lle comeu a sombra a atopar outra que poida substituír a súa. Aínda que a tarefa é laboriosa, por sorte sempre hai un traxe á medida de cada un.