LAXEVERSO
2024/2025
4.Día Mundial da Educación Ambiental
1.Semana mundial do espazo
3.Un agasallo diferente
2.Día Universal da infancia
5.Día de Rosalía de Castro
8.Día Mundial da Diversidade cultura
7. Aí vén o maio
6.Día I. Eliminación da Discriminación racial
QUE É LAXEVERSO?
Laxeverso nace neste curso 2024/2025 co propósito de fortalecer os lazos entre familias, alumnado e profesorado, promovendo un espazo de convivencia activa e creativa. A través de contos e actividades inspiradas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustible (ODS), búscase fomentar o sentimento de pertenza á comunidade educativa, cultivar valores como a igualdade, o respecto, a sustentabilidade e a cooperación, e crear experiencias compartidas que involucren á comunidade escolar con estrelas convidadas. Laxeverso é un universo de historias que nos unen, que educan en emocións, e que sementan futuro.
Un universo de contos sostibles
Día Mundial da Diversidade Cultural
No Día Mundial da Diversidade Cultural vivimos unha actividade moi especial que nos permitiu viaxar a través das diferentes culturas que enriquecen o noso centro. Coñecemos tradicións, costumes e contos de distintos lugares do mundo, aprendendo a valorar a riqueza que aporta cada cultura. Foi unha xornada de encontro, respeto e celebración da diversidade que nos fai únicos e unidos.
- 21 de maio de 2025
- Estrelas convidada: FAMILIAS
Un universo de contos sostibles
Día Universal da Infancia Dereito a Xogar
No cole celebramos o Día Mundial da Infancia e o Dereito a Xogar cun Laxeverso moi especial. O profe Esteban veu para acompañarnos e organizou unha divertida búsqueda do tesouro, onde tivemos que superar probas e descubrir pistas. Foi unha experiencia moi divertida e especial para lembrar a importancia do xogo na infancia.
- 21 de novembro de 2024
- Mestre convidado: Esteban
Un universo de contos sostibles
Día Internacional da Eliminación da Discriminación racial
Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, tivemos unha actividade moi significativa coa mestra Alba. A través do conto El color de tu piel, reflexionamos sobre a importancia da diversidade e do respecto. Para expresar o que aprendimos, realizamos creacións artísticas cheas de cor e significado, descubrindo que existe unha infinita paleta de tons que nos fan únicos e especiais. Foi un día para celebrar a riqueza da nosa diversidade.
- 20 de marzo de 2025
- Mestra convidada: Alba do CRA
de Vilaboa.
Un universo de contos sostibles
Día Mundial da Educación Ambiental
No Día Mundial da Educación Ambiental vivimos unha experiencia moi especial coa mestra Puri, quen coidou do noso horto o curso pasado. Ela compartiu con nós o fermoso conto Semillas, que nos inspirou a valorar a natureza e o coidado do noso entorno. Para seguir sementando momentos cheos de significado, elaboramos con moito agarimo un kokedama, unha pequena obra de arte viva que levamos con nós como recordo desta xornada máxica.
- 22 de xaneiro de 2025
- Mestra convidada: Puri
Un universo de contos sostibles
Día de Rosalía de Castro
Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, vivimos un Laxeverso moi especial coa profe Carla. Achegámonos ao firmamento poético para homenaxear a esta estrela pioneira da literatura galega. A través das súas palabras, aprendemos sobre constelacións e, con moita creatividade, creamos a nosa propia constelación, unindo a poesía coa maxia do ceo. Foi unha experiencia inspiradora e chea de luz.
- 19 de febreiro de 2025
- Mestra convidada: Carla
Un universo de contos sostibles
Un agasallo diferente
Para celebrar a entrada do Nadal, tivemos un Laxeverso moi especial da man da mestra Pili que nos leu o conto "Un agasallo diferente". Despois deixamos voar a imaxinación e coas nosas familias elaboramos unha preciosa coroa de Nadal sostible para decorar as portas do noso fogar. Rematamos cunha gran chocolatada en comunidade.
- 18 de decembro de 2024
- Mestra convidada: Pili do EEI
O Grupo
Un universo de contos sostibles
Semana Mundial do ESPAZO
Na Semana Mundial do Espazo, viaxamos con imaxinación da man da mestra estrela Yoli, que nos agasallou coa lectura do conto El botón de la imaginación. Despois, continuamos a aventura con obradoiros cheos de creatividade, onde cada neno e nena puxo en órbita as súas ideas máis brillantes. Un día para lembrar... ¡cos pés na terra e a mirada nas estrelas! ✨🚀
- 21 de outubro de 2024
- Mestra convidada: Yoli dende o Cra de Vilaboa.
Un universo de contos sostibles
Aí ven o maio
Para celebrar a chegada do mes de maio e da primavera tivemos unha actividade moi especial coa estrela convidada Celso Méndez, un experto na tradición galega dos "maios". Celso explicounos o significado e as tradicións desta festa tan antiga e bonita. Despois, con moita ilusión, elaboramos o noso propio maio para encher o centro de cor e ledicia, mantendo viva a nosa cultura.
- 29 de abril de 2025
- Estrela convidada: Celso Méndez
Ateneo Santa Cecilia.
foto
patriciapousada89
Created on May 27, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Customer Profile
View
Movie Infographic
View
Interactive QR Code Generator
View
Advent Calendar
View
Tree of Wishes
View
Witchcraft vertical Infographic
View
Halloween Horizontal Infographic
Explore all templates
Transcript
LAXEVERSO
2024/2025
4.Día Mundial da Educación Ambiental
1.Semana mundial do espazo
3.Un agasallo diferente
2.Día Universal da infancia
5.Día de Rosalía de Castro
8.Día Mundial da Diversidade cultura
7. Aí vén o maio
6.Día I. Eliminación da Discriminación racial
QUE É LAXEVERSO?
Laxeverso nace neste curso 2024/2025 co propósito de fortalecer os lazos entre familias, alumnado e profesorado, promovendo un espazo de convivencia activa e creativa. A través de contos e actividades inspiradas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustible (ODS), búscase fomentar o sentimento de pertenza á comunidade educativa, cultivar valores como a igualdade, o respecto, a sustentabilidade e a cooperación, e crear experiencias compartidas que involucren á comunidade escolar con estrelas convidadas. Laxeverso é un universo de historias que nos unen, que educan en emocións, e que sementan futuro.
Un universo de contos sostibles
Día Mundial da Diversidade Cultural
No Día Mundial da Diversidade Cultural vivimos unha actividade moi especial que nos permitiu viaxar a través das diferentes culturas que enriquecen o noso centro. Coñecemos tradicións, costumes e contos de distintos lugares do mundo, aprendendo a valorar a riqueza que aporta cada cultura. Foi unha xornada de encontro, respeto e celebración da diversidade que nos fai únicos e unidos.
Un universo de contos sostibles
Día Universal da Infancia Dereito a Xogar
No cole celebramos o Día Mundial da Infancia e o Dereito a Xogar cun Laxeverso moi especial. O profe Esteban veu para acompañarnos e organizou unha divertida búsqueda do tesouro, onde tivemos que superar probas e descubrir pistas. Foi unha experiencia moi divertida e especial para lembrar a importancia do xogo na infancia.
Un universo de contos sostibles
Día Internacional da Eliminación da Discriminación racial
Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, tivemos unha actividade moi significativa coa mestra Alba. A través do conto El color de tu piel, reflexionamos sobre a importancia da diversidade e do respecto. Para expresar o que aprendimos, realizamos creacións artísticas cheas de cor e significado, descubrindo que existe unha infinita paleta de tons que nos fan únicos e especiais. Foi un día para celebrar a riqueza da nosa diversidade.
- 20 de marzo de 2025
- Mestra convidada: Alba do CRA
de Vilaboa.Un universo de contos sostibles
Día Mundial da Educación Ambiental
No Día Mundial da Educación Ambiental vivimos unha experiencia moi especial coa mestra Puri, quen coidou do noso horto o curso pasado. Ela compartiu con nós o fermoso conto Semillas, que nos inspirou a valorar a natureza e o coidado do noso entorno. Para seguir sementando momentos cheos de significado, elaboramos con moito agarimo un kokedama, unha pequena obra de arte viva que levamos con nós como recordo desta xornada máxica.
Un universo de contos sostibles
Día de Rosalía de Castro
Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, vivimos un Laxeverso moi especial coa profe Carla. Achegámonos ao firmamento poético para homenaxear a esta estrela pioneira da literatura galega. A través das súas palabras, aprendemos sobre constelacións e, con moita creatividade, creamos a nosa propia constelación, unindo a poesía coa maxia do ceo. Foi unha experiencia inspiradora e chea de luz.
Un universo de contos sostibles
Un agasallo diferente
Para celebrar a entrada do Nadal, tivemos un Laxeverso moi especial da man da mestra Pili que nos leu o conto "Un agasallo diferente". Despois deixamos voar a imaxinación e coas nosas familias elaboramos unha preciosa coroa de Nadal sostible para decorar as portas do noso fogar. Rematamos cunha gran chocolatada en comunidade.
- 18 de decembro de 2024
- Mestra convidada: Pili do EEI
O GrupoUn universo de contos sostibles