Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Copia - ABAU 2025

sdanslagoa

Created on May 14, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

ABAU 2025E ACCESO Á UNIVERSIDADE

ACCESO E ADMISIÓN

Parámetros ponderación

BACHARELATO

  • Superar a parte obrigatoria a lo menos cun 4.
  • A nota de acceso será a nota media ponderada entre esta parte (40%) e a cualificación final de bacharelato (60%). O resultado debe ser igual ou superior a 5.
  • A nota de admisión pódese mellorar presentándose á fase específica (voluntaria). titulación.

CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR

  • A nota de acceso será a nota media acadada no Ciclo Superior
  • Esa nota pódese mellorar presentándose á parte voluntaria (nota admisión)
CÁLCULO DA NOTA DE ADMISIÓN Á UNIVERSIDADE

NOTA DE ACCESO

NOTA MÁXIMA DE ADMISIÓN

aM1 + bM2

a e b parámetros de ponderación M1 e M2 materias mellor nota

14 PUNTOS

0,6 NMB + 0,4 NPO

DIFERENTES NOTAS DE ADMISIÓN

Os que soliciten diferentes titulacións, poden ter diferentes notas de admisión, en función da ponderación (0,1 ou 0,2) das materias elixidas na fase voluntaria, que lle conceda cada titulación

TÍTULO BACHARELATO E MATRÍCULA NA ABAU

ALUMNADO DE BACHARELATO

Prazo : do 15 ao 19 de maio

  1. Solicitar o título de bacharelato na secretaría do centro/online na web axencia tributaria cumprimentando a instancia e facendo o pagamento da TAXA que corresponda.
  2. Imprimir e cubrir o documento de TAXAS (da ABAU) e facer o pagamento no Banco. Tamén se pode facer o pagamento de Taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito.(consultar condicións de reducción e exención).
  3. Cubrir o impreso de matrícula indicando as materias das que te queres examinar.
  4. Entregar no centro educativo de secundaria: dúas copias DNI, unha copia do xustificante do pagamento de Taxas ou o de exención e o impreso de matrícula.
  5. O centro de secundaria cubre os datos de matrícula e os de pagamento de Taxas na aplicación Nerta e envía un listado ao LERD.

Documento Taxas

Impreso matrícula ABAU

NOTA

Da materia troncal da modalidade cursada xa te matriculas na parte obrigatoria, non tes que facelo na parte voluntaria

O alumnado recibirá no seu correo electrónico un "código de acceso" a unha conta de usuario en Nerta. Esta conta Nerta é necesaria para realizar as solicitudes de revisión e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazs do SUG

Revisión datos ata o 20/5

MATRÍCULA NA ABAU

ALUMNADO DE CICLO SUPERIOR

Impreso de matrícula

Prazo : do 5 ao 19 de maio

O centro grava as cualificacións do alumnado en Nerta e asina un certificado de estudos ( o expediente figura con pendente da FCT)Dúas opcións:

  1. Realizar a matrícula a través da aplicación informática NERTA.
    1. Aquí xérase un impreso para facer o pagamento que se pode facer de forma telemática ou imprimir e pagar en ABANCA. Neste último caso é necesario enviar o xustificante ao LERD
  2. Enviar a documentación por correo electrónico ao LERD correspondente.(impreso de matrícula, DNI, xustificante de ter pagadas as taxas)

Documento de Taxas

Certificado

O alumnado recibirá no seu correo electrónico un "código de activación" necesario para realizar na aplicación NERTA as solicitudes de revisión e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazs do SUG

CALENDARIO

En xornada de mañá e tarde

HORARIO

MODELOS DE EXAME

LUGAR DA ABAU

O alumnado do IES As Mariñas realizará o exame na Facultade de Economía e Empresa. Campus de Elviña - A Coruña.

Comisión Delegada 10Código CIUG 1181 Código do centro 15001148

REQUERIMENTOS QUE DEBE CUMPRIR O ALUMNADO PARA ACCEDER AOS EXAMES

Non haberá medidas restrictivas específicas de acceso ao centro onde se celebre a proba.

Entradas e saídas do centro e da aula ordenadas, en fila , e mantendo a distancia interpersoal prudente

Pódense levar panos de usar e tirar, xel desinfectante e bebida (auga ou refresco en botella de plástico transparente sen etiquetado)

O alumno/a pode introducir na aula mochila, carteira ou bolsa de deporte coas súas pertenzas. Custodiada polo alumno.

DOCUMENTACIÓN

DNI ou Pasaporte

Resgardo de matrícula e xustificante de pago

NON ESTÁ PERMITIDO

Xogo de etiquetas adhesivas con código de barras identificativas (serán entregadas no momento de entrar)

  • Teléfono móbil,
  • reloxio dixital (smarwatch) ou
  • dispositivos electrónicos activados

Pluma ou bolígrafo azul ou negro, indeleble

OLLO!!!

O acceso á aula con algún destes dispositivos activado é motivo de medida diciplinaria ( expulsión da aula, cualificación do exame con 0 puntos ou anulación total da proba)

Material para debuxo (para o exame de Debuxo Técnico II

Calculadora non programable e sen capacidade gráfica, para Matemáticas, Física, Química , Ciencias Xerais, Tecnoloxía e Enxeñaría e Empresa e deseño de modelos de negocio.

DIccionarios de Latín e Grego: cos apéndices gramaticais, pero non contidos literarios (estas páxinas deben graparse ou extraerse) Non está permitido ningún caderno solto nin ningún dicionario que non sexa orixinal. Os diccionarios serán revisados para comprobar se hai anotacións

NORMAS E INSTRUCIÓNS

Presentación primeiro día das probas ás 9:00h. Se o alumno só se presenta á parte voluntaria e non ten erros na súa matrícula pode presentarse no momento de realizar os exames.

Despois o alumno presentarase a cada un dos exames na hora de comezo

No momento da presentación un vogal da comisión delegada colocará ao alumnado en fila. Chamarase individualmente de viva voz, identificarase ao alumno e asignaráselle un posto que será o mesmo durante todos os exames.

Neste momento entrégaselle ao alumno un xogo de etiquetas adhesivas con código de barras que o identifican. Acompañarán sempre ao alumno. En caso de pérdida ou deterioro avisar. Os exames son anónimos, entregar coa etiqueta adhesiva.

Dende que se inicia o exame, debe permanecerse na aula como mínimo 30 minutos

O acceso ao exame implica entregar o exame etiquetado ainda que estea en branco.

Manter pabillóns auditivos despexados para comprobación por parte dos membros da comisión delegada.

CADERNO DE EXAME

En cada exame entregarase un caderno de exame con: 2 follas A3 grampadas (unha portada e 7 páxinas A4 en branco ) e unha cabeceira adhesiva. Nas 7 páxinas A4 en branco que é nas que debe escribir. Non se pode engadir nin arrincar páxinas.

Cada exame consta de catro preguntas obrigatorias, a primeira de resposta única e as restantes con posibilidade ou non de elección entre apartados. Se se responde a máis das permitidas só serán corrixidas as primeiras respondidas ata o número máximo permitido.

Os exames son anónimos. Non poden asinarse nin poden levar marcas que permitan unha eventual identificación.

Se se detecta a un alumno copiando ou non respectando as instrucións despois da súa identificación, poderá ser obxecto de medida disciplinaria.

Recollida de exames evitando aglomeracións. Entregaráselle en man a un vogal.

Cando o alumno saia da aula non pode permanecer nos pasillos, debe abandoar o centro.

Cualifición provisional:

12 de xuño

Cualifición definitiva:

19 de xuño

Cada alumno/a recibirá ao día seguinte a súa tarxeta por correo electrónico

Datas revisión: do 13 ao 17 de xuño (ata as 14:00h)

(Prazo 3 días hábiles contados a partir da data de publicación das cualificacións) 1º Analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sen corrixir)

  • No caso de existir algún erro que dea como resultado unha cualificación superior á provisional esta modifícase e pasa a ser a nova cualificación e indentifícase como P)
  • Se non houbo erro mantense a cualificación provisional e indícase por P.
2º Realízase unha 2ª corrección por un novo corrector/a. A 2ª cualificación indícase como S.
  • Se a diferenza é menor de dous puntos (S+P)/2
  • Se a diferenza é igual ou maior de dous puntos, dúas persoas diferentes ás anteriores efectuarán unha 3ª corrección. A cualificación definitiva será a consensuada por estas dúas persoas.

Solicitude a través da aplicación Nerta

PODO PRESENTARME A SUBIR NOTA?

PARTE OBRIGATORIA
PARTE VOLUNTARIA

TERÁS QUE EXAMINARTE DE TODAS AS MATERIAS DESTA FASE. A NOTA DA PARTE OBRIGATORIA É UNHA ÚNICA CUALIFICACIÓN E CONSÉRVASE A MÁIS ALTA.

CONSÉRVASE A MELLOR CUALIFICACIÓN DE CADA UNHA DAS MATERIAS DAS QUE TE EXAMINES. PODES CAMBIAR DE MATERIAS OU EXAMINARTE SÓ DAS QUE TI DECIDAS.

TEN EN CONTA QUE ...

no proceso de admisión ten prioridade o estudantado que ten superada a PAU na convocatoria ordinaria ou anteriores, polo que se melloras a nota de admisión esta non terá efectos ata o curso seguinte.

PREINSCRIPIÓN NA UNIVERSIDADE

A solicitude de acceso deberá facerse a través da aplicación informática NERTA ou entregándoa debidamente cuberta nos LERD.

UNHA ÚNICA SOLICITUDE

POR ORDEN DE PREFERENCIA

UN MÁXIMO DE CINCO TITULACIÓNS DIFERENTES

MÁXIMO DE DEZ TITULACIÓNS IMPARTIDAS EN DIFERENTES CENTROS

OPCIÓNS POSIBLES DE ESTADO NO NERTA

  • CONVOCADO/A
  • EN ESPERA
  • PECHADA
  • LIBERADA

Se o solicitante aparace convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberá matricularse no prazo establecido, do contrario perderá todos os seus dereitos.

Se o solicitante aparace convocado/a para matricularse nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia, poderá esperar a matricularse nela en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. É necesario reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG No caso de matricularse nela decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso.

O peche de matrícula dunha determinada titulación implica a desaparición automática das listas de espera, de xeito que non se volverá a abrir de novo a matrícula desa titulación.

Datas do curso pasado

Fai clic para acceder ao calendario

(*) Nota: Os días festivos non hai soporte para resolver os problemas que poidan xurdir. Suxírese que se faga a matrícula no primeiro día do prazo para poder resolver calquera incidente que poida xurdir. Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).

LUGARES DE MATRÍCULA

A matrícula deberá facerse na Internet (https://matricula.udc.es/MatriculaPrimeiro/)

A matrícula deberá facerse na Internet (https://matricula.usc.es/MatriculaPrimeiro/)

IMPORTANTE:

A matrícula deberá facerse na Internet (https://matricula.uvigo.es/MatriculaPrimeiro/)

  • Indicar no momento de realizar a matrícula si se solicita bolsa.
  • O alumnado que acceda despois de cursar un ciclo superior pode solicitar a validación de créditos. Consultar o catálogo.

Para máis información...

Acceso a Nerta

Lerd Coruña (acceso y admisión) lerdcoruna@udc.gal

Asesoramento

SIE

SOLICITUDE TÍTULO BACHARELTO

Datos a cubrir:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Código 07 Delegación de Servizos Centrais Código 13 Servizo de Ensino Medio Código 03 Taxa denominación: Expedición de Títulos Académicos e Profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOE Código 302003 Liquidación: Título de Bacharelato Tipo de tarifa: - Normal : 54,00€ - Familia numerosa categoría xeral: 27,03€ -Familia numerosa categoría especial: 0 €