Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

FEITAS/OS PARA BRILLAR! 2º BACH 24-25

PIENSOSIENTOSOY

Created on May 12, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

2º Bacharelato

Made in Mugardos. Feitos/as para brillar!

D. Orientación IES MugardosMaio 2025Piensosientosoy

OPCIÓNS CON TÍTULO

ACCIÓNS A TER EN CONTA COA SUPERACIÓN DA ETAPA

PAGO TAXAS TÍTULO BACHARELATO

ACCESO ESPECIAL A ENSINANZAS

  • Consulta inscricion, datas e , probas das Ensinanzas Superiores e Profesionais de Réxime Especial.
  • Consulta acreditación de idiomas para Relacións internacionais e Deseño industrial de Moda.
  • Consulta probas de acceso a Actividades Físicas e do Deporte.
  • Para conseguir o título todo o alumnado que supere a etapa debe pagar estas taxas.
  • Necesario para solicitar admisión en ensinanzas posteriores

4. SOLICITUDE PRAZA

  • Universidade: empregar NERTA
  • FP: aplicación do portal de FP
  • Ensinanzas de Réxime Especial: aplicación EA

5.MATRÍCULA

PRE MATRÍCULA PAU

PAU. REVISIÓN

  • Decidir materias vinculadas á rama universitaria na que se encontran os Graos Universitarios que queredes estudar. Máximo 3 materias + 2ª l. Estranxeira. Ver ponderacións.
  • Realizar e pagar prematrícula PAU.
  • Universidade: Webs da Universidade
  • FP: aplicación do portal de FP
  • Centros de Ensinanzas de Réxime Especial

Máis do 90% do alumnado aproba, tranquilidade!

PAU

Parámetros de ponderación 2025

  • GALICIA: consultar páxina da CIUG (preme no enlace)
  • DOUTRAS COMUNIDADES: debes consultar os parámetros de ponderación de cada comunidade autónoma (preme no enlace)

TAXAS TÍTULO

Quen ten que pagar estas taxas?

Procedemento

  • Donde realizas o pago? De forma telemática ou nalgunha das entidades que aparecen no recadro
  • Prezos:
-Tarifa normal: 54,00€ -Familia numerosa xeral: 27,03€ -Familia numerosa especial: gratuito
  • Códigos: aparecen na folla de pago.
  • Garda o xustificante de pago porque deberás entregalo na secretaría do IES.
  • Todo o alumnado que fose proposto para obter o título.
  • O precisas para facer outros trámites como a matrícula nas PAU.

Como facer a inscrición na PAU?

Datas e Documentación

Procedemento

1. Paga as taxas de inscrición na PAU. O podes facer de dúas formas: -telematicamente desde NERTA. Neste caso xa non tes que enviar xustificante de pago. -a través de ABANCA/Banco Santander Central Hispano. Neste caso debes imprimir o impreso de liquidación e entregar copia do xustificante de ingreso no centro (precisas 3 copias: para o centro, para o banco e para ti) *Prezo: 63,67 euros. *Exencións e descontos (debes achegar xustificante) : +31,84 euros: Familia numerosa1ª-2ª - Categoría Xeral +Gratuíta: Familia numerosa - Categoría Especial, persoas con discapacidade (>= 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero, persoal das Universidades do SUG -Observación: pagas polo procedemento non polo número de materias. 2. Cubre o impreso oficial de pre matrícula na PAU. *Parte voluntaria: MÁXIMO 3 materias cursadas ou non cursadas+ Segunda Lingua estranxeira II. A materia propia de modalidade da fase obrigatoria, Hª de España ou Historia da Filosofía non se marcan na fase voluntaria *Marca Exención de lingua galega: se é o caso. *É posible facer rectificación das materias matriculadas ata as 13.00 horas do 22 de maio no IES. Non se permitirán cambios logo desta data como en anos anteriores. *Entrega a prematrícula no IES. 3. Activa a conta da aplicación Nerta. Logo de entregar a folla de prematrícula recibirás no teu correo electrónico un Código de Acceso para poder realizar en NERTA: as solicitudes de revisión + solicitude de preinscrición na Universidade.

  • Do 15 ao 19 de maio (ordinaria)
  • Do 13 ao 16 xuño (Extraordinaria)
  • Se solicitas revisión as datas serán as seguintes: ata 21 maio (C.Ordinaria), ata 18 xuño (C. Extraordinaria). No día seguinte á resolución.
  • Documentación:
-Copia DNI.-Xustificante de ter pagado taxas título.-Xustificante de ter pagado a PAU.-Impreso oficial de prematrícula na PAU (preme no enlace).

+ info

HORARIO PAU

Nos casos de hospitalización ou defuncion de familiares ata 1º grao, no prazo de 7 días antes do 1º exercizo, é posible presentarse á C. Extraordinaria con efectos de C. ordinaria

PAU: ASÍ SERÁ

Vídeo da CIUG

Instrucións PAU escritas(preme no móbil)

  • Presentación: horario, documentos a presentar, chamamentos
  • NOVIDADE: non se pode cambiar matrícula de materias a examinarse o día da PAU
  • Material non permitido e permitido: especificacións sobre uso de calculadoras e dicionarios
  • Anonimato: non asinar, non realiar marcas tipo cor ou subliñados, código barras
  • Realización do exame.
  • Caderno e pegatinas. Dúas follas A3 e sete páxinas A4
  • Copia e sancións
  • Entrega examen: en man logo de pasados 30 minutos

QUE TEÑO QUE LEVAR A ABAU?

Confianza, tranquilidade e un sorriso.

  • DNI ou, pasaporte ou, carné de conducir.
  • Resgardo de matrícula.
  • Xustificantes de pago para as probas
  • Bolígrafo azul ou negro con tinta imborrable
  • Podedes levar: xel desinfectante, auga ou refresco en botella transparente sen etiquetado, e panos de usar e tirar.
  • Debuxo técnico ou artístico II, técnicas gráfico-plásticas: Material de debuxo, pintura e complementario indicado nas circulares, directrices e orientacións dos grupos de traballo.
  • Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, Física, Química, Empresa e deseño de modelos de negocio, CIencias Xerais: calculadora non programable que non teña capacidade gráfica. No caso de que se retire por non cumprir requisitos, non será substituída.
  • Latín II: dicionario de latín-español/galego. Permitirase o uso do seu apéndice gramatical, pero sen páxinas de contidos literarios, que no seu caso, deberán ser extraídas ou grampadas. Non está permitido ningún caderno solto nin ningún diccionario que non sexa orixinal.
  • Grego II: dicionario de grego-español/galego incluíndo o apéndice gramatical. Non estará permitido ningún caderno solto nin ningún engadido ao dicionario que non sexa orixinal..

QUE NON PODO LEVAR Á ABAU?

  • Dispositivos que emitan ou reciban radiofrecuencias, reloxos, teléfonos móbiles ou calquera outro dispositivo electrónico.
  • Os pavillóns auditivos deben estar despexados para verificar que non se usan dispositivos non permitidos.

CANDO E DONDE SE PUBLICAN OS RESULTADOS?

  • DATAS: 12 de xuño (Ordinaria) e 10 xullo (Extraordinaria) a partir das 20:00 horas.
  • DATAS CON REVISIÓN (PUBLICACIÓN DEFINITIVA): 19 de xuño (Ordinaria) e 17 de xullo (Extraordinaria)
  • DONDE: no Nerta.

PRAZO: O prazo de solicitude revisión será de tres días hábiles contados a partir da publicación das calificacións (12 de xuño) - C. Ordinaria: 13 ao 17 de xuño (ata as 14.00 horas). - C. Extraordinaria: 11 ao 15 de xullo (ata as 14.00 horas).As reclamacións poden ser á alza ou baixa. DONDE: na aplicación NERTA co teu código de acceso (gardar xustificante).Procedemento de REVISIÓN ÚNICO:1º PASO: análise de erros de corrección (preguntas sen corrixir ou erros nas sumas). No caso de existir algún erro material modificarase a cualificación, tanto á alza coma á baixa. Esta cualificación, P, pasa a ser a nova cualificación provisoria.2º PASO: realízase unha 2ª corrección por un novo corrector/a. Se esta segunda cualificación, S, ten unha diferenza menor de dous puntos con P, a cualificación definitiva será a media aritmética: (S+P)/2. 3º PASO: se a diferenza entre S e P é de dous ou máis puntos, dúas persoas diferentes das anteriores realizarán unha terceira corrección. Neste caso, a cualificación definitiva será a consensuada por estas dúas persoas. Pódense VER EXAMES finalizado o proceso de revisión. -Cando?: o 30 de xuño (Ordinaria) e 22 de xullo (extraordinaria). -Solicitude: do 20 ao 23 de xuño (Ordinaria), e do 18 ao 21 de xullo (Extraordinaria) ata as 14:00 horas.

REVISIÓN NOTA PAU

SUBIR NOTA

  • SUBIR NOTA NA FASE OBRIGATORIA: tense en conta a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior. Examinaste de todas as materias desta fase.
  • SUBIR NOTA NA FASE VOLUNTARIA: podes mellorar a cualificación de calquera das materias desta parte. Terán en conta a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior, e tendo en conta o período de validez de superación das materias obxecto de exame na Parte Voluntaria establecido. Podes cambiar de materias e podes volver a examinarte do número de materias que decidas.

IMPORTANTE: Debe de terse en conta que no proceso de admisión ten prioridade o estudantado que ten superada a PAU na convocatoria ordinaria ou anteriores, polo que se melloras a nota de admisión esta non terá efectos ata o curso seguinte.

Itinerarios

Tres itinerarios académicos

RÉXIME ESPECIAL

UNIVERSIDADE

FP

Precisan proba de acceso específica

E. Deportivas

FP Dual Ordinaria

Ensinanzas Artísticas.

FP Dual Intensiva

  • Graos
  • Dobres Graos (Programa de simultaneidade)
  • Graos Duais
  • Graos semipresenciais e virtuais

FP Modular

  • Arte Dramático
  • Conservación e Restauracións de bens culturais
  • Ciclos de ensinanzas plásticas e deseño
  • Danza
  • Ensinanzas profesionais e superiores de Música
  • Estudos Superiores de Deseño

ACCESO Á UNIVERSIDADE

GRAO(FORMACIÓN BÁSICA) 4 ANOS salvo excepcións

UNIVERSIDADE

MÁSTER(ESPECIALIZACIÓN) 1-2 anos

DOCTORADOInvestigación e docencia

PLAN DE ESTUDOS. UNIVERSIDADE (240 créditos)

1º cuadrimestre:Setembro-Decembro (6 créditos por materia (caso xeral)

2º cuadrimestre: Xaneiro/Febreiro-Maio (6 créditos por materia (caso xeral)

Xaneiro EXAMES (sen docencia)

Maio/Xuño EXAMES (sen docencia)

SEGUNDA OPORTUNIDADE

ORGANIZACIÓN DUN CURSO ESCOLAR

CRÉDITO ECTS=25 horas60 créditos por cursoCURSOS: 4 (de forma xeral) TRABALLO FIN DE GRAO en último curso

Requisitos específicos para acceso a Graos no SUG

Requisitos de Idiomas: acreditación nivel Inglés

  • Relacións Internacionais.
  • Xestión Industrial de Moda.

Proba de acceso

  • Ciencias da actividade física e do deporte (pódese facer proba en 1º Bach, válida durante 2 cursos).

REQUISITOS ESPECÍFICOS DE ACCESO A GRAOS

RELACIÓNS INTERNACIONAIS E XESTIÓN INDUSTRIAL DE MODA (Ferrol)

SÓ terá que acreditar o nivel B1 de Inglés aquel alumnado que:

  • cursase o Bacharelato en centros privados de Galicia.
  • cursase o Bacharelato en centros públicos e privados de calquera outro punto de España (e resto do mundo).
  • non dispoña dunha nota media igual ou superior a 7 na materia de inglés (Expediente de Bacharelato).
A documentación acreditativa presentarase NO MOMENTO DE FORMALIZAR A MATRÍCULA ante a UXAI Esteiro (Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social).

Como podo acreditar o meu nivel de inglés? Mediante a presentación de calquera dos seguintes xustificantes:
  • Certificación oficial de Nivel B1 de inglés (só se admitirán aqueles certificados recoñecidos pola Asociación de Centros de Linguas na Ensinanza Superior -> https://acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_OCTUBRE2021.pdf
  • Cualificación en inglés cunha nota media dos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 7 (expediente académico).
  • Ter cursado, en sistemas educativos de fala inglesa, 4º curso de ESO ou un curso do bacharelato.
  • Diploma de asistencia e aproveitamento de nivel B1.2 ou superior de inglés, ou diploma de dominio de nivel B1 ou superior de inglés do Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Tamén se admitirán certificados similares expedidos por outros centros de linguas de universidades españolas.

REQUISITOS ESPECÍFICOS DE ACCESO A GRAOS

Novidade dende 23-24: a superación das probas específicas de acceso nunha universidade galega dá acceso na outra.

Ciencias da actividade física e do deporte (INEF A Coruña)

Ciencias da actividade física e do deporte (Pontevedra)

Probas e inscrición

Probas e inscrición

DATAS DE MATRÍCULA E CELEBRACIÓN DAS PROBAS CORUÑA:Exame 26 de abril: inscrición do 03 ao 25 de marzo de 2025. Exame 16 de xuño: dende o 08 de maio ao 20 de maio de 2025.

DATAS DE MATRÍCULA E CELEBRACIÓN DAS PROBAS PONTEVEDRA:Inscrición: Ata o 04 de abril de 2025. Realización das probas: 1º data: de maio 2ª data: de xuño

Prazas Reservadas Universidade

Cota Discapacidade

Estudantado do colectivo xeral con discapacidade ou con necesidades educativas especiais permanentes asociadas a circunstancias persoais de discapacidade (mínimo dun 33% de discapacidade; presentación do certificado): reservarase o 5 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria. Esta reserva tamén se realizará nos dobres graos e graos abertos.

Deportista de Alto Nivel ou de Alto Rendemento

Para os/as deportistas de alto nivel ou de alto rendemento que acrediten esta condición, reservarase o 3 por 100 das prazas totais de cada ensinanza universitaria, agás nos casos das ensinanzas universitarias oficiais de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e grao en Fisioterapia en que se reservará un 8 por 100 do total. As prazas reservadas para este colectivo adxudicaranse tendo en consideración o descrito no artigo 2 do Real Decreto 971/2007, de 13 de xullo, BOE do 25 de xullo de 2007, nomeadamente 1º) Deportistas de Alto Nivel incluídos nas resolucións adoptadas ao efecto polo Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes (Artigo 2.2. do RD 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento). Dentro deste grupo a prelación será a Nota de Admisión. 2º) Deportistas de Alto Rendemento (Artigo 2.3. do RD 971/2007, de 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel y alto rendemento). Dentro deste grupo, terán preferencia, de acordo co citado artigo, os deportistas incluídos no apartado a) sobre os do b), os o b) sobre el c), os do c) sobre os do d), e así sucesivamente. Dentro da mesma letra a prelación será a Nota de Admisión. Para poder inscribirse na cota de Deportistas de alto Nivel e Alto Rendemento é necesario entregar a seguinte documentación xustificativa: - Deportistas de Alto Nivel: copia da resolución do "Secretario de Estado-Presidente do Consello Superior de Deportes que recoñeza a súa condición de deportista de alto nivel indicando a data de publicación de dita resolución no «Boletín Oficial do Estado». -Deportistas de Alto Rendemento: acreditación da cualificación de deportista de alto rendemento realizada polo Consello Superior de Deportes ou a comunidade autónoma, segundo corresponda, indicando na mesma en base a que "letra a), b), ..., g)" do Artigo 2.3. están acreditados como deportistas de alto rendemento. - os/as Deportistas de Alto Rendemento que xustifiquen tal condición pero que non xustifiquen no prazo establecido a "letra a), b), ..., g)" do Artigo 2.3. pola que están acreditados" serán incluídos dentro da letra g).

Deportista Galego

Cota Deportistas Galegos: Persoas deportistas, de alto nivel e de alto rendemento deportivo, e persoas adestradoras e técnicas, xuíces e xuízas e árbitros e árbitras galegas de alto nivel deportivo: Reservarase unha porcentaxe do 2 por 100 das prazas nas ensinanzas universitarias oficiais de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para as persoas que sexan recoñecidas en base o Decreto 165/2020 do 17 desetembro de 2020 (DOG de 29 de setembro) Os/As deportistas da cota e) e da cota f) estarán exentos da realización das probas específicas de acceso ao grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Campus Universitarios

  • Pontevedra
  • Vigo
  • Ourense
  • A Coruña
  • Ferrol
  • Santiago
  • Lugo

OFERTA SUG (SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO)

PREME nos enlaces para coñecer a oferta de: -Graos -Graos Abertos -Programas de simultanedade (dobre titulación) -Graos Duais -Graos semipresenciais ou virtuais

Dende 18-19 ata hoxeEnxeñaría Biomédica -ADE+ E. Informática -E.Biomédica + E. Electronica Industrial e Automática -E. Biomédica + E. Mecánica. -E. Mecánica e E. electrónica industrial e automática -Turismo+Xeografía e Historia -ADE+Dereito -ADE+E.Informática -Deseño -Intelixencia artificial

Dende 18-19 ata hoxe-Criminoloxía -Paisaxe UDC/USC -Robótica -Empresa e tecnoloxía -Bioquímica -Grao Aberto: 5 USC Enxeñarías -Xestión en empresas hostaleiras -Intelixencia Artificial

Dende 18-19 ata hoxe-Paisaxe.UDC/USC-Xestión Industrial de moda -Creación en edición dixital, animación e videoxogos -Ciencia e exeñaría de datos -Xestión Dixital de información e documentación -Enxeñaría Industrial. Dual -Nanociencia e nanotecnoloxía -Grao Aberto C.Socias e xurídicas -Grao Aberto Enxeñaría Industrial -Relacións Internacionais -Intelixencia Artificial

  • Os DOBRES GRAOS e PROGRAMAS DE SIMULTANEIDADE permiten obter dúas titulacións da mesma rama de coñecemento en menos tempo (cinco ou seis anos). Estudarás un programa que inclúe as materias de dous GRAOS. 9
  • Normalmente teñen unha nota de corte máis alta

Dobre Grao

USC

UDV

UDC

  • Física e Química
  • Matemáticas e Física
  • Química e Bioloxía
  • Farmacia e Optica
  • Dereito e Relcacións Laborais e Recursos Humanos
  • Educ Infantil e Educ Primaria
  • Xornalismo e Comunicación Audiovisual
  • E. Agrícola e Agroalimentaria e E.Forestal e do Medio Natural
  • E.Informática e Matemátricas
  • ADE e Dereito
  • ADE e E.Informática
  • E. Biomédica e E.Electrónica Industrial e Automática
  • E Biomédica e E.Mecánica
  • E.Mecánica e E.Electrónica Industrial e Automática
  • Turismo e Xeografía e Historia
  • ADE e Dereito
  • Turismo e C.Empresariais
  • Español: estudos lingúísticos e literarios e Galego e portugués: estudos lingúísticos e literarios
  • Inglés: estudos lingúísticos e literarios e Galego e Portugués: estudos lingúísticos e literarios
  • Inglés: estudos lingúísticos e literarios e Español: estudos lingúísticos e literarios
  • E. Mecánica e E.Naval e oceánica
  • Os GRAOS ABERTOS son a opción cando che interesan varios graos, ou tes grande incertidume e che custa decidir. Combinan materias de varios graos da mesma rama durante un ano ou dous, para que logo poidas ter máis claro con que Grao continúas no 2º ou 3º curso.
  • Comezaron no curso 20-21.
  • Nota de corte: tense en conta a nota de corte máis alta entre os Graos que forman o Grao Aberto.

GraosAbertos

UDV

USC

UDC

  • C. Sociais e Xurídicas
  • E. Industrial
  • 5 USC Enxeñarías
  • Desde hai uns anos a oferta de formación universitaria a distancia e telemática aumenta progresivamente adaptándose a tódalas necesidades.

Semipresenciais, virtuais

UDV

UDC

USC

  • Dirección e Xestión pública
  • Xestión Cultural (semipresencial)
  • Empresa e Tecnoloxía
  • Turismo
  • Ao igual que na FP, os Graos DUAIS ofertan parte da súa formación nunha empresa.
  • No 2023, aprobouse un plan común ás tres universidades galegas que reguiará a implantación destes grados polo que é probable que a partir do curso 24-25 a oferta aumente.

Universidade + Empresa

GRAOS DUAIS

UDC

UDV

USC

  • Enxeñaría eléctrica
  • Enxeñaría da automoción
Xestión Industrial de Moda

GRAOS BILINGÜES: É PRECISO DEMOSTRAR NIVEL DE INGLÉS PARA SER ADMITIDO/A

Relacións Internacionais

IDIOMAS

UDC

GRAOS QUE IMPARTEN PARTE DAS MATERIAS EN INGLÉS (MÍNIMO 50%)

USC

UDV

Notas de corte

SOLICITUDE (PREINSCRICIÓN): NERTA

  • Máximo 5 titulacións diferentes ordenadas por preferencia
  • 10 se son en lugares distintos

DATAS PREINSCRICIÓN (para alumnado titulado neste curso):-C.ORDINARIA: do 13 ao 26 de xuño.-C.EXTRAORDINARIA: do 17 ao 21 de xullo.

Video: como solicitar praza en Nerta?

Manual de preinscrición e matrícula

Dónde?

  • Aplicación NERTA
  • LERDS

PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA: en Galicia e noutras CCAA

As comunidades autónomas que contan con varias Universidades (p.x Galicia) coordinan o proceso de admisión a través do Distrito único. Isto significa que non hai que pedir praza por cada unha das universidades públicas. So tes que realizar unha solicitude en cada comunidade, e nesta solicitude inclúes as universidades que consideres. En Galicia o distrito único para pedir praza en calquera das tres Universidades o coordina a CIUG. Se queres pedir praza noutras comunidades, tes que buscar os seus Distritos únicos nos enlaces que te achego. Se logo de matricularte en Galicia pides praza noutra universidade fóra de Galicia e finalmente te matriculas, debes anular de forma inmediata a túa matrícula na universidade galega e solicitar a devolución dos prezos públicos aboados.

CALENDARIOS DE PREINSCRIPCIÓN Y MATRÍCULA EN OTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

BUSCADOR DE UNIVERSIDADES MINISTERIO

BUSCADOR DE UNIVERSIDADES EDUCAWEB

MATRÍCULA: nas webs de cada Universidade (preme no enlace)

Debes facela dende un ordenador

UDC

USC

UDV

OFERTA DE PRAZAS do SUG 2025-26

MATRÍCULA: nas webs de cada Universidade

SITUACIÓNS POSIBLES NA ADXUDICACIÓN DE PRAZA-Convocado/a: se eres convocado/a na 1ª praza que solicitas, tes a obriga de matricularte. -En espera. Se fuches convocado a un Grao que non é a túa primeira opción podes esperar mentras non se pechen os graos que tes solicitado en maior preferencia. -Liberada: non formalizaches a matrícula ou estás matriculado/convocado nun grao de maior preferencia. -Pechada. Desaparición da listaxe de espera. Non se volve a abrir lista.

Que debo facer se me convocan nunha titulación e todas as que solicitei con maior preferencia aparecen como pechadas? Tes que matricularte. As titulacións que solicitaches con menor preferencia xa aparecen liberadas e, se non te matriculas, a túa praza será ocupada pola seguinte persoa na listaxe de agarda e quedas fóra do sistema.Que debo facer se me convocan nunha titulación pero eu marquei outra(s) con maior preferencia e aínda non está(n) pechada(s)?Debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG. Sempre, despois de cada chamamento, se non te matriculas, debes volver a confirmar que segues interesado en permanecer nas listaxes da CiUG.Se cambiaches de idea e desexas matricularte na que estás convocada/o podes facelo pero acabas o proceso. Xa non podes cambiar de matrícula. As que marcaches con maior preferencia e que están pechadas, neste momento do proceso de admisión é como se non as solicitases.

XA ESTOU MATRICULADO/A, DEBO DESPREOCUPARME?

O recomendable é que esteas pendente de correo e teléfono porque as Universidades poden tomar contacto contigo incluso no mes de agosto para ofrecerche a posibilidade de desmatricularte no grao que che adxudicaron e matricularte nun de maior preferencia.

ACCESO A FORMACIÓN PROFESIONAL

Novidades no acceso a Ciclos Superiores desde un Bacharelato

Novidades dende o proceso de admisión de 2024:- Deixa de existir o vínculo entre as modalidades de Bacharelato e os Ciclos superiores, é decir, non haberá preferencias na admisión por ter cursado unha modalidade o materias determinadas. Aínda así é moi recomendable a efectos de formación, consultar o perfil e módulos dos Ciclos (ver enlace) para decidir que modalidade e materias cursar. - Elímínanse as porcentaxes de reservas de praza do 20% das prazas para quen accede dende un ciclo de Grao Medio e un 70% para o alumnado de Bacharelato. Entre un 75-85% das prazas repartiranse a partes iguais entre o alumnado procedente dun ciclo medio e o alumnado procedente do Bacharelato. No caso do alumnado procedente dun Ciclo Medio ten preferencia no Ciclo Superior se cursou un Ciclo Medio da mesma familia profesional

Podes facer unha inscrición por réxime. Ollo se pides por Dual e che adxudican xa non tes opción no resto de réximes

NOVA LEI DE

FP Ordinaria

FP a Distancia o virtual

  • Matrícula de curso completo
  • Dous anos.

FP Presencial

FP Semipresencial

FP Presencial

FP Modular

Modalidades FP

  • Matrícula por módulos,
  • Máis de tres anos.

FP Acelerada

FP Dual Intensiva

FP Dual Xeral

FP Presencial

  • Matrícula por módulos para a cualificacion e emprego máis rápido en sectores clave con necesidade de traballadoras/es
  • 4-6 meses.
  • Duas matriculacións: setembro e xaneiro

Réximes FP

Oferta

A NOVA FP: CAMBIOS MÁIS DESTACADOS

DUAL
Módulos
Outros
5 Grados

Toda a FP será dual, isto significa que dende o 1º curso a formación realizarase de forma combinada no centro educativo e no centro de traballo. Según o tipo de Dual, a presenza na empresa será maior ou menor. Cotizarase o tempo de formación en empresa. Haberá a posibilidade de formarse en máis dunha empresa.

Ademaís dos módulos profesionais de cada perfil profesional todos os ciclos terán os seguintes módulos: Módulos troncais 1. Itinerario persoal para a empregabilidade I e II. 2. Dixitalización aplicada ao sistema produtivo 3. Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo 4. Inglés profesional 5. Proxecto intermodular Módulo optativo 6. Un por ano ou dous cuatrimestrais. Desaparecen os seguintes módulos: FOL, empresa e iniciativa emprendedora, proxecto integrado, FCT.

GRAO A: Acreditación parcial dunha competencia. GRAO B: Certificado da competencia. GRAO C: Certificado profesional. GRAO D: Ciclos Formativos: -Nivel 1: CFGB. Título técnico básico. - Nivel 2. CFGM. Título de Técnico - Nivel 3. CFGS. Título de técnico superior GRAO E: cursos de especialización ou mestrados de FP. -FPGM: Título de técnico especialista -FPGS: Máster de FP

Maior colaboración entre a Universidade e FP. Posibilidade de contar con ciclos con maior duración. Impulsaránse as dobres titulacións (xa existen)

Novidades

A partir do curso 24-25 TODA A FP SERÁ DUAL

FP Dual Curso Completo

DOUS TIPOS DE FP DUAL

INTENSIVA: - Entre o 35-50% das horas do ciclo realízanse en empresa (700-1000 horas).-Remuneración económica (500-600 euros aproximadamente) -Cotízase no período de formación en empresas -En principio para maiores de 18 anos. No caso de haber prazas dispoñibles podería acceder alumnado a partir de 16 anos. -As empresas realizan entrevista e seleccionan ao alumnado.

XERAL (ORDINARIO): -Entre o 25 e 35% das horas dos ciclos medios realízanse en empresa (500-700 horas)-Cotización no período de formación en empresas

Novidades

A partir do curso 24-25 TODA A FP SERÁ DUAL

Dual XERAL (ordinaria) Formación en empresa

CICLOS DE GRAO SUPERIOR

CICLOS DE GRAO MEDIO

NOVA FP 700 horas: -1º curso: 200 -2ºcurso: + 500

NOVA FP 700 horas: -1º curso: 200 -2º curso: + 500

FP ACTUAL 384 horas: -2º curso. FCT

FP ACTUAL 410 horas: -2º curso. FCT

Notas de corte FP e +

Curso 25-26

Que CICLOS hai e donde?

  • Oferta en Galicia.
  • Ciclos noutras comunidades. TodoFP.

Oferta IES MUGARDOS 25-26

Ciclos de FP Dual Intensiva

  • CM Xardinaría e floraría (1º curso)
  • CM Aproveitamento e conservación do medio natural (1º e 2º curso)

PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

Folletos Ciclos 25-26

Queres coñecer algo máis dos perfis profesionais de cada ciclo e os módulos que estudarás? Preme na imaxe

  • Datas de cada procedemento: inscrición, publicación de solicitudes, adxudicacións, matrícula, matrícula continuada.
  • Inscrición : do 16 de xuño ás 13:00 horas do 02 de xullo.
  • Lembra que podes facer unha solicitude de praza por cada tipo de oferta. No caso de que lle adxudiquen FP Dual Intensiva, finalizase a admisión no resto da oferta.

Calendarios

  • Datas entrevistas coas empresas (FP Dual Intensiva): do 4 ao 11 de xullo (consultar)

Inscrición

Video explicativo admisión
  • Aplicación CiclosAdmisión para solicitar praza
  • Instrucións Xerais para cada tipo de oferta
  • Currículo Europeo (so se pides FP Dual Intensiva)
FP DUAL INTENSIVA: So podes escoller un ciclo. FP DUAL ORDINARIA XERAL: Podes escoller 4 ciclos: o mesmo ciclo en diferentes centro e/ou varios ciclos. Ordealos por preferencia.

Prioridades no acceso

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:1. Utilizar o ASISTENTE INFORMÁTICO PARA XERAR A SOLICITUDE WEB. Unha vez cuberta a solicitude pode darse 3 casos: - Solicitude validada automaticamente: o impreso xerado polo asistente web indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non é necesario entregar o impreso nun centro educativo. A solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega automática: no impreso xerado indica que se trata dunha solicitude entregada automaticamente no centro de inscrición seleccionado. Neste caso non é necesario levar a devandita solicitude ao centro e quedará pendente da verificación por parte do centro da documentación achegada electronicamente. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes. - Solicitude de entrega presencial no centro: na epígrafe “Documentación que se presenta”, do impreso xerado pola aplicación informática, indícase a documentación que cómpre achegar no centro. Esta documentación, xunto cos impresos xerados, deberá ser entregada en prazo, e dirixida ao centro escollido en primeiro lugar. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non se terá en conta no proceso de admisión. 2. CREAR ALARMAS COAS DATAS DO CALENDADIO DE ADMISIÓN e MATRÍCULA 3. CONSULTAR LISTAXES DE SOLICITUDES (provisional e definitiva) e AS DE ADXUDICACION nas datas sinaladas no calendario de admisión. 4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido MATRICULARSE OU RENUNCIAR (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Pasos da Admisión e Matrícula

  • Matrícula online ou no centro.
  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • A matrícula é un proceso que remata a solicitude de praza.

Matrícula

  • Matrícula no caso de ciclo liberado: en papel no centro. Importante a hora de chegada.
Podes renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que che sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que che fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia realízase polos seguintes medio: - través da aplicación informática -ou mediante impreso. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar.

Renuncia

  • Podes esperar a matricularte para ter opción a un ciclo de maior preferencia, pero ollo ten riscos.
  • Matrícula online.

ALGUNHAS DÚBIDAS FRECUENTES

Que é o código persoal de consulta (CPC)?

Que tipos de centros hai?

Prazas liberadas

Cando un ciclo non ten lista de espera, a Consellería abre un prazo para matricularse directamente aínda que non se teña feito previamente a solicitude de admisión neste ciclo. As plazas adxudicanse por orde de chegada.

Nos listados non aparecerán os vosos nomes se non un código alfanumérico único e persoal. Consulta no enlace como obtelo.

Na solicitude figuran:-IES -CIFP centros integrados de FP. So imparten ensinanzs vinculadas con FP -CPR: Centro Privado Concertado (consulta se ten precios engadidos)

Nota de Acceso

EXPEDIENTE(10 puntos)

Nota de Admisión

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE C. S

FASE VOLUNTARIA(4 PUNTOS) Nota Materia 1 x parámetro de ponderación + Nota Materia 2 x parámetro de poderación

Validez: 3 cursos seguintes

  • As validacións entre módulos de FP e materias dos Graos poden ser diferentes en cada unha das Universidades porque os plans de estudo non son exactamente iguais. Consulta sempre as validacións en cada universidade no seguinte enlace.

Validacións FP- Universidade

EXPERIENCIAS ÚNICAS

Na FP poderás participar en experiencias únicas:-Mobilidade: podes facer prácticas noutros países-Concursos: Galicia Skills -Programas de emprendemento: Viveiros de empresa, Simula, Idea, Avanza, Actúa, Miniempresas, cooperativismo, etc

ACCESO A ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

Precisan probas específicas de Acceso

Ciclos Superiores (III)

Ensinanzas dep rtivas

  • CS Esquí Alpino
  • CS Esquí de Fondo
  • CS Snowboard
  • CS Fútbol
  • CS Fútbol Sala
  • CS Atletismo
  • CS Baloncesto
  • CS Hípica
  • CS Salvamento e Socorrismo •

Ciclos Iniciais (I e II) ou Medios

Proba de acceso: datas de inscrición

  • CM Esquí Alpino
  • CM Esquí de Fondo
  • CM Snowboard
  • CM Fútbol CS Fútbol
  • CM Fútbol Sala
  • CM Atletismo CS Atletismo
  • CM Baloncesto CS Baloncesto
  • CM Balonmán
  • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo
  • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre
  • CM Salvamento e Socorrismo
  • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo
  • CM Vela con Aparello Fixo
  • CM Vela con Aparello Libre
  • CM Judo e Defensa Persoal
  • CM Piragüismo de Augas Tranquilas
  • CM Piragüismo de Augas Bravas
  • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas
  • bloque común actividades de formación federacións deportivas
  • Sustitutiva do requisito de titulación de acceso a Ciclos Superiores : ata o 16 de maio. (con 19 anos cumpridos antes de rematar este ano 2023).
  • Proba Específica:

Datas realización das probas

  • Sustitutiva do requisito de titulación Bacharelato: 27 maio.
  • Proba Específica: do 15 ao 18 de xullo (segundo especialidade deportiva).

Modelos probas

Exención proba de acceso específica.

Oferta. Centros que imparten estas ensinanzas

Especialidades

-Escultura-Pintura -Arqueoloxía

Grao Conservación e restauración de bens culturais

Solicitude de praza por vía directa ou con proba específica-Telemática: https://www.edu.xunta.gal/eas -Data: ata o 6 de xuño -Guía inscrición: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia_proceso_de_inscricion_acceso_superiores_20250422.pdf

Data e lugar da proba específica:-20 xuño -Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Pontevedra. -Partes da proba: 1ª PARTE: análise de texto. 40% 2ª parte: aptitude plástica (tres probas). 60%

Publicación resultados: 4 xullo

Matrícula: 9 ao 11 de xullo. Na secretaría do centro

Modelos de Probas de acceso

Normativa Acceso 25-26

Guía explicativa

Escolas de Arte e Superior de Deseño

Pablo Picasso (A Coruña)

Mestre Mateo (Santiago)

Ramón Falcón (Lugo)

Antonio Faílde (Ourense)

Oferta-Deseño GRÁFICO (A Coruña, Lugo. Ourense) -Deseño de INTERIORES (A Coruña, Lugo, Ourense) -Deseño de MODA (Santiago) -Deseño de PRODUTO (Santiago)

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (4 anos, equivalente a Grao)

Inscrición nas Probas de acceso Específicas:-Datas: ata o 06 de xuño. -Telemática: https://www.edu.xunta.gal/eas/ -Guía de inscrición: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia_proceso_de_inscricion_acceso_superiores_20250422.pdf

Datas de realización da proba específica: 20 de xuño.

Probas

Publicación resultados proba específica: 30 xuño (provisonal), 4 xullo (definitiva)

1ºAdxudicación: 8 de xullo, 2ª adxudicación: 15 xullo

Matrícula: 1º período ( 9,10,11 xullo), 2º período (16, 17, 18 xullo). Na secretaría do centro

Normativa de acceso 25-26

Artes plásticas e deseño (Ensinanzas profesionais, 2 Cursos)

Normativa de acceso 25-26

Oferta

  • CM Serigrafía (Ourense, Lugo))
  • CM Procedementos Xoiaría artística (Santiago)
  • CS Arquitectura efémera (Santiago)
  • CS Cerámica artística (A Coruña)
  • CS Dourado, prateado e policromía (A Coruña, Santiago)
  • CS Ebanistería artística (Ourense)
  • CS Escultura aplicada ao espectáculo (A Coruña)
  • CS Fotografía (nas 4 escolas)
  • CS Gravado e técn. de estampación (Lugo)
  • CS Ilustración (Ourense, A Coruña)
  • CS Serigrafía Artística (lugo)
  • CS Técnicas Escultóricas (Santiago)
  • CS Xoiaría Artística (A Coruña)

Escolas de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (A Coruña) Mestre Mateo (Santiago) Antonio Faílde (Ourense) Ramón Falcón (Lugo)

3 especialidades

Interpretación

Escenografía

Dirección escénica e dramaturxia

4 anos, equivalente a Grao

Probas de acceso específica

Inscrición-Telemática: https://www.edu.xunta.gal/eas -Data: ata o 16 de xuño -Guía inscrición: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/guia_proceso_de_inscricion_acceso_superiores_20250422.pdf. Lugar de realización da proba ESADG, rúa Poza Cabalo, s/n, Vigo Data da proba: 7 ao 10 de xullo

Arte Dramático

Publicación resultados proba específica: 11 xullo (provisonal), 18 xullo (definitiva)

Escola de Arte Dramático

Adxudicación e matrícula

Adxudicación: 21 de xullo

Matrícula: 22 e 24 de xullo. Na secretaría do centro

Normativa acceso 25-26

OPCIÓNS SEN TÍTULO

PROBA LIBRETÍTULO DE BACHILLER

INICIAR UN CICLO MEDIO

REPETIR 2º

PROBA DE ACCESO A C.SUPERIORES

En Réxime Ordinario ou de Adultos?

  • Para quen? Para as persoas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso. Excepcionalmente, para maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.

Educación de adultos

  • Donde? Consulta o enlace
  • Como podes cursalo? Por curso completo ou por materias. Se fas un Ciclo podes cursar as materias soltas para obter o Título de Bachiller.
  • Que modalidades hai?
-presencial -semipresencial: asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia 1 hora/semana. -a distancia: de forma telemática. IES San Clemente
  • Quen se pode presentar: as persoas que cumpran 20 anos no ano no que se celebra a proba, e non estean/estiveran matriculadas en Bacharelato no mesmo ano.
  • Partes da proba (ver enlace convocatoria):
-1º exercizo: consta de cinco exames correspondentes a materias comúns a todas as modalidades de bacharelato (. -2ºexercizo: consta de tres exames correspondentes a materias específicas de cada modalidade. As persoas que non superen a proba na súa totalidade manterán a cualificación obtida nos exercicios e exames superados

Proba Libre Título de Bachiller

  • Convocatoria (ver enlace)
  • Inscrición: do 6 ao 19 de marzo de 2025 nos EPA.
  • Exames convocatoria 2025: 24 e 25 abril 2025 no IES San Clemente.
  • Validacións: terase en conta as materias aprobadas no Bacharelato correspondentes a cada exercizo e os títulos profesionais de música e danza
  • Quen se pode presentar: as persoas que cumpran 19 anos no ano no que se celebra a proba. Permite o acceso ao 10% das prazas dos Ciclos Superiores.
  • Partes da proba (ver instrucións):
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas. - Parte específica(escolles unha opción e dúas materias). Cada opción está vinculada cuns ciclos concretos: Opcion A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía. Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física. Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.

Proba de Acceso a Ciclos Superiores

  • Convocatoria (ver enlace). Adoita publicarse en xaneiro.
  • Partes superadas da proba: Se superas unha parte pero non a proba completa, conservas a cualificación da parte aprobada nos dous anos seguintes.
  • Exencións: existen diferentes posibilidades par solicitar exención dunha parte da proba Consultar coa orientadora.
  • Inscrición online

Becas e axudas

BECAS E AXUDAS

Ministerio

Xunta de Galicia

Universidades

  • Estudos universitarios:
Requisitos académicos

As universidades teñen tamén as súas propias axudas, entre outras para (seguinte pantalla):

  • Situacións sobrevidas que dificultan a continuidade de estudos universitarios
  • Bolsas Digi Talent de prácticas en empresas do sector TIC
  • Estudos non universitarios: requisitos académicos
  • Comedor
  • Transporte
  • Mobilidade
  • Excelencia académica
  • Deportistas
  • Idiomas
  • Inclusión,etc

+ info

Nesta convocatoria o prazo (ampliado) remata o 30 de maio.LEMBRA facer os cambios que se dean (donde estudarás e que, etc) no mes de setembro

Créditos universitarios a aprobar para non devolver beca: -50% créditos: nas ramas de Artes e humanidades, Ciencias da Saúde, C.Sociais e Xurídicas -40% creditos: Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura

BECAS E AXUDAS propias de cada Universidade

Becas e xudas propias UDC

Algunhas das BECAS E AXUDAS PROPIAS das Universidades

  • Coruña

Comedor

  • Santiago

Transporte

  • Coruña

Excelencia académica

  • Coruña
  • Vigo
  • Vigo

De estudo

Bolsas inclusión

  • Coruña
  • Vigo
  • Vigo

Residencias

ALOXAMENTO ESTUDANTES

Residencias Universitarias

Centros Residenciais Docentes (CREDOs)

Buscador de Residencias en todas as Comunidades

Residencias e Colexios Maiores (Santiago)

Para alumnado de FP. Se hai prazas vacantes se abre a universitarios. PREZO: hai varios tramos, pode saír gratuíta, o prezo maís alto está preto de 200/mes. Pagos trimestrais

Residencias Públicas da UDC (Ferrol, A Coruña)

Aloxamentos Vigo, Ourense, Pontevedra)

+ CREDO A CORUÑA

+ CREDO OURENSE

+ CREDO VIGO

Residencias Xunta de Galicia

Recursos para orientarse

ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

DICIONARIO DE PROFESIÓNS EDUCAWEB

GRADOMANÍA

UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS UNISCOPIO

UNIGOW

BLOG

CANAL WHASTAPP

CANAL TELEGRAM

RETO: Salto ao mundo laboral

Primeiros pasos na busca de emprego: Servizos que ofrece o Concello

PIDO CITA Á ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO

APÚNTOME NA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO

Donde inscribirse para buscar emprego?

INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL

INSCRICIÓN NAS AXENCIAS DE COLOCACIÓN

INSCRICIÓN NAS EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL

INSCRICIÓN NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO (SEPE)

  • Figurarás oficialmente como demandante de Emprego.
  • Debes levar: DNI, tarxeta Seguridade Social e Títulos.
  • Preguntaranche por: postos de traballo que solicitas, condicións laborais, títulos, experiencia, lugar de traballo, etc
  • Son axencias que ofrecen servizo gratuíto para buscar emprego. Colaboran co SEPE.
  • Non figuras oficialmente como demandante de emprego.
  • Listado de axencias
  • Programa para xoves de + de 16 e ata 30 anos
  • Ofrece experiencia laboral e/ou formación
  • Algunhas son tamén axencias de colocación
  • Buscador páxinas galegas

INSCRIBIRSE COMO DEMANDANTE DE EMPREGONOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO (SEPE)

SOLICITUDE CITA PREVIA Dende este enlace podes solicitar cita previa

RENOVACIÓN da DEMANDADebes facelo cada 3 meses. Podes facelo por algunha das vías que indica o enlace

LOCALIZADOR OFICINAS DE EMPREGO.Preme para buscar a túa oficina de Emprego

SERVIZOS TELEMÁTICOSXa podes facer un montón de trámites sen ter que desprazarte.

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS E PRIVADAS EN GALICIA

OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICAS E PRIVADAS EN ESPAÑA

E que hai da formación para o emprego?

Eu vou inscribirme nos PROGRAMAS INTEGRADOS DE FORMACIÓN. Existe o compromiso de dar emprego a un 35% das persoas que participan no programa, a ver se hai sorte!

Eu estou indeciso e non sei que facer, vou botar unha ollada no BUSCADOR DE FORMACIÓN a ver se encontro algún CURSO gratuíto para mellorar o meu Curriculum

Pois eu vou a facer PRÁCTICAS NON LABORAIS para poder ter experiencia nunha empresa e poñelo no Curriculum

Buscar emprego nas redes

Podes buscar en (mira o enlace):

  • Portais de emprego
  • Webs de empresas
  • Apps

Xa estás chegando á meta

  • Mantén a ilusión
  • Convéncete de que podes conseguilo
  • Pelexa as túas posibilidades
  • Fai actividade física diaria e durme o que precises. Unha mente tranquila rinde máis e mellor.
  • Busca experiencias, persoas, que che fagan pasar un bo rato, rirse é fundamental.
  • Podes, logo...a por todas!

75%

Estamos en contacto

  • maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
  • Aula virtual. Titoría 2º Bach.
  • https://t.me/piensosientosoy (telegram)
  • @piensosientosoyorientadora (facebook)
  • https://piensosientosoy.blogspot.com