Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Biblioxornal xuño 25

Biblio San Paio

Created on May 6, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Practical Microsite

Essential Microsite

Akihabara Microsite

Essential CV

Akihabara Resume

3D Corporate Reporting

Corporate CV

Transcript

BIBLIOSANPAIO

biblioxornal

XUÑO 2025

COMEZAR

Número 75

Seguinte índice

biblioxornal

xuño 2025

1. Almendra

2. Sábeme a salamántiga o ceo da boca

3. Sólo un día más

4. Quen precisa unha avoa?

5. Ata que a morte nos separe

1. Won-Pyung Sohn: Almendra. Temas de hoy (Planeta) (2020)

Yunjae ten dezaseis anos, está na idade das emocións desbordadas, o amor e a rabia. Pero as amígdalas do seu cerebro son pequenas, máis pequenas que unha améndoa e, como consecuencia, Yunjae é incapaz de sentir nada. Educado pola súa nai e a súa avoa, aprende a identificar as emocións dos demais e a finxir estados de ánimo para non destacar nun mundo que pronto o tachará de estraño. «Se o teu interlocutor chora, ti pecha os ollos, baixa a cabeza e dálle unha suave palmada nas costas», dille a súa nai.

A novela coreana do momento, Améndoa, é unha historia sobre crecer, descubrirse a un mesmo e aceptar que a axuda non sempre vén por onde a esperamos.

2. CEQUELIÑOS,César: Sábeme a salamántiga o ceo da boca. Galaxia (2024)

Ano 1905. A estraña parella composta por Ícaro Añón, mozo xornalista afincado en Lisboa, e Madame Dax, especialista estadounidense do oculto, encaran un misterio que enfronta o visible coas enerxías invisibles. Serán quen de entender que está azoutando con tal violencia a próspera cidade de Vigo?

Nesta novela cómica de aventuras de ambientación histórica, o xurado do Premio Torrente Ballester destacou ?a riqueza e axilidade dos seus diálogos, así como o elemento fantástico, que encaixa á perfección na trama?.

3. FORTES, Susana: Solo un día más. Espasa (2025)

Nunha Valencia invernal a protagonista, unha escritora en horas baixas atópase bloqueada no seu proceso creativo ata que a súa editora mándalle a correspondencia entre o filósofo Albert Camus e a actriz María Casares. Ao ler esta lendaria historia de amor, unha das máis impresionantes do século XX, nela préndese unha faísca.

Dende que Beatriz guiou a Dante ata as portas do Paraíso, a forza invencible que impulsou o mundo (e á literatura) non son os amores felices, senón os contrariados

4. GARCÍA, Sara: Órbitas. Sinequanon (2025)

Este curso non pinta ben para Marta. O mestre quere traballar nun proxecto para o que van ter que falar coas súas avoas... Pero ela non ten avoas! E iso que, se mira ao redor, ve unha chea. Se hai tantas, por que ela non pode ter unha? Non lle queda outra: terá que secuestrar unha avoa, e nada mellor que involucrar as súas amigas para levalo a cabo.

A conciliación familiar, as necesidades das persoas maiores, os afectos e a sororidade entre as personaxes son algúns dos temas desta novela fresca e divertida que, a través do humor, transmite de xeito maxistral a complicidade entre as diferentes xeracións e unha ollada novidosa sobre a vellez.

5. GALLEGO, Elena: Ata que a morte nos separe. Xerais (2025)

Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimillonaria en viaxe de noivos, unha youtubeira, un policía de incógnito e tamén Sombra Dixital, un pirata informático que pretende secuestrar o barco. Durante a axitada travesía desencadearanse intensos e misteriosos acontecementos que a xornalista e o policía intentarán esclarecer.

Nun momento en que os grandes clásicos da literatura universal son obxecto de reescritura, Elena Gallego Abad atrévese a parodiar un título indispensable da literatura policial, «Death on the Nile», de Agatha Christie, trasladando a trama á Galicia do século XXI e recuperando nesta novela a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos nunha apaixonante aventura.

biblioxornal

xuño 2025

6. A expedición do Pacífico

7. O anxo de Eva

8. Son noxento

9. Confusión e morte de María Balteira

10. O club da calceta

6. ALEIXANDRE, Marilar: A expedición do Pacífico. Xerais (1994)

Novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século.

As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.

7. MAYORAL, Marina: O anxo de Eva. Xerais (2013)

Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a nena comeza a ser muller...

O amor, a morte, o Alén, os grandes temas de sempre; personaxes cheos de humanidade e un sentido do humor

8. QUEIZÁN, María Xosé: Son noxento. Xerais (2015)

Historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín.

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais».

9. CAMPO, Marica: Confusión e morte de María Balteira. Bahía (1999)

Unha incursión narrativa no mundo das nosas lendas, máxico e poliédrico; unha revelación do universo feminino: a presenza dignificada de tantas mulleres que se revelan e se rebelan.

Do caos e da fragmentación aparente viaxamos, da man de Marica Campo, ao cosmos peculiar e único dun universo inequivocamente galego

10. REIMÓNDEZ, María: O club da calceta. Xerais (2006)

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora.