Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

NUTRIESCOLAS IES de VILALONGA

MARÍA CASTELLANO

Created on May 4, 2025

a project on nutrition

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Memories Presentation

Animated Chalkboard Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Transcript

SPORT

NUTRITION

MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE INGLÉS

NUTRIESCOLAS

HEALTH

I.E.S. de VILALONGA 2024-2025

MINDFULNESS

ÍNDICE

MATERIAIS

OBXECTIVOS

INTRODUCIÓN

TAREFAS E EVIDENCIAS DE EXECUCIÓN

A FEIRA DE NUTRICIÓN

DIFUSIÓN

WEBGRAFÍA

AGRADECEMENTOS

CONCLUSIÓNS

1. INTRODUCIÓN

No Plan Proxecta + do I.E.S. de Vilalonga participaron no proxecto das nutriescolas os Departamentos: Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas, Economía, Educación Física, TIC, Inglés, Francés, Física e Química, Historia, Cociña e FOL.. Todos os departamentos involucrados deseñaron actividades para que o alumnado as realizara ao longo do curso 2024-2025.

+info

2. OBXECTIVOS

OBXECTIVO 1

OBXECTIVO 2

OBXECTIVO 4

OBXECTIVO 3

Fomentar hábitos alimenticios saudables e informar das consecuencias dunha alimentación incorrecta

Promover a reflexión e o pensamento crítico do alumnado para que, así, adquira habilidades de toma de decisións informadas e saudables

Crear conciencia da importancia do exercicio físico e as consecuencias negativas do sedentarismo

Contribuír á implementación de melloras no uso das TIC

3. MATERIAIS (I)

acceso á aula virtual

O alumnado contou con ordenadores, o que permitiu o uso de diferentes ferramentas dixitais: Canva, Plotagon, Story Board That, Padlet, Genially... Ademais, usáronse diversos materiais funxibles como cartulinas, rotuladores, papel, goma eva... Tamén se creou un curso en moodle. Para acceder ao curso de moodle como persoa convidada, usar o contrasinal NUTRIESCOLAS

3. MATERIAIS (II)

Este ano contamos coa cortadora láser, Mr Beam II, de polos creativos. Con ela fixemos decoracións para a feira de nutrición e tamén agasallos para os gañadores das probas da xincana.

Chaveiros

Serigrafiado dos superheroes saudables han e casien

Decoracións de goma eva

4. TAREFAS E EVIDENCIAS DE EXECUCIÓN

Tarefa 4

Tarefa 1

Tarefa 5

Tarefa 2

Tarefa 3

Tarefa 6

Tarefa 1

HEALTHY MENUS.- O alumnado elaborou un menú semanal e algunhas receitas moi saborosas usando a app PADLET.

IR AO PADLET

Tarefa 2

INTERACTIVE PYRAMID.- O alumnado creou unha pirámide alimenticia e unha roda dos alimentos utilizando diferentes materiais. Asemade, fixéronse etiquetas dos alimentos en inglés. A pirámide foi exposta na feira da nutrición de final de curso. O alumnado de 4º da E.S.O. dirixiu a actividade de etiquetado de alimentos. O traballo en equipo foi esencial nesta tarefa :) (na imaxe pódese ver ao alumnado traballando na elaboración da pirámide e da roda)

Tarefa 3

A SUPERHERO: HAN.- Usando a app Story Board That o alumnado creou un cómic, que logo se imprimiu en papel, cuxa protagonista, Han, dá consellos sobre nutrición. A banda deseñada foi exposta na feira de nutrición de final de curso . Fixéronse dúas fofuchas dos superheroes, para a feira de nutrición.

IR Á BANDA DESEÑADA

Tarefa 4

ANIMATED ADVICE.- As aptitudes creativas do alumnado foron necesarias no proceso de elaboración e edición das curtometraxes animadas sobre nutrición. Para tal fin usouse a app PLOTAGON. Na feira da nutrición de final de curso os vídeos formaron parte dunha serie de actividades incluídas nunha xincana.

Tarefa 5

NUTRITIONAL DISEASES- Usando a app CANVA o alumnado elaborou diferentes infografías nas que se explican as diferentes enfermidades provocadas pola malnutrición e as súas consecuencias.

ver infografías

Tarefa 6

ESCAPE CHAOTIC KITCHEN- O alumnado, por equipos, participou nun digital escape room. Para rematar con éxito, tiveron que sortear diferentes probas nas que demostrarían os seus coñecementos en hábitos saudables e nutrición.

IR AO ESCAPE

5. DIFUSIÓN (i)

A última semana do curso tivo lugar a feira da nutrición, organizada polo Departamento de Economía na que se lle deu visibilidade física ao traballo de todo o ano. Nesta feira houbo 10 stands. Ademais, organizáronse diferentes actividades nas que o alumnado por equipos interactuou, manipulou e xogou nos stands de cada materia.

5. DIFUSIÓN (II)

O proxecto difundiuse a través de diferentes medios dixitais: redes sociais e web do centro

ir á web do centro

6. a FEIRA (I)

A feira de nutrición realizouse nos catro niveis da E.S.O., o mércores 18 e o xoves 19 de xuño. Fíxose unha xincana e alumnado participou en equipos de 6. Houbo un equipo gañador por nivel. O equipo gañador foi agasallado cunha cesta de alimentos saudables e un chaveiro grabado como recordatorio da actividade.

6. A FEIRA(II) : A XINCANA EN IMAXES

A FEIRA (iii): STANDS E ACTIVIDADES DE INGLÉS

STAND E3: HEALTH ADVISORS_ANIMATED SHORTS

STAND E1: FOOD PYRAMID

STAND E2: HAN'S ADVICE

Etiquetado de alimentos en inglés / francés

A FEIRA (iv): ACTIVIDADES DE INGLÉS NA XINCANA

1.-The pyramid: Etiquetado dos alimentos da pirámide 2.- Eagle eye: Busca no cómic e na roda dos alimentos de elementos gráficos e información 3.- Be all ears: Recollida de información contida nos vídeos de conselleir@s nutricionais.

7. Conclusións (I)

IR Á ENQUISA

Ao final do proxecto o alumnado realizou unha enquisa da que se tiraron varias conclusións, como se pode ver a continuación nas gráficas.

7. Conclusións (II)

1. O proxecto pareceume...

2. A miña actitude na participación do proxecto foi boa.

3. A feira de nutrición de final de curso foi unha oportunidade para mostrarlle ao resto do alumnado o resultado do traballo de todo o ano.

4. O resultado final das actividades foi moi satisfactorio.

7. Conclusións (III)

5. Traballei moi ben nas actividades en grupo.

6. Recomendaría a outros participar en proxectos coma este.

7. Hoxe sei máis de nutrición e de hábitos saudables que a principio de curso.

8. Conseguiuse a aprendizaxe esperada coa participación no proxecto.

7. Conclusións (IV)

9. Antes do proxecto xa coñecía a maioría das ferramentas dixitais usadas.

10. Canto aprendiches no eido dixital do proxecto?

11. Os materiais didácticos e os recursos dixitais empregados no proxecto son relevantes para os contidos abordados.

12. Volverás usar as ferramentas dixitais?

7. Conclusións (v)

14. Respectei as normas de busca segura e de dereitos de autor á hora de pescudar e incluír información no proxecto.

13. Respectei as normas de busca segura e de dereitos de autor á hora de pescudar e incluír información no proxecto.

Conclusión- Analizando os resultados da enquisa, pódese tirar como conclusión que a experiencia foi moi positiva para a maioría do alumnado

8. WEBGRAFÍA

WEBGRAFÍA

9. AGRADECEMENTOS

A Yolanda e Andrea, pola súa implicación e dedicación. A todo o profesorado que participou e colaborou nas actividades. Ao alumnado que colaborou no stand de Inglés-Francés. A Roi polo seu esforzo na organización e execución da xincana.

Especialmente, grazas a Inés e a Gutier polo seu esforzo e grande labor como coordinadores.

+info

A túa saúde é o teu maior ben, coídaa con amor e boa comida

Graciñas a tod@s!