Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

CASAS DE ALDEA EN ESPAÑA

Aurora

Created on April 30, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Practical Interactive Image

Akihabara Square Interactive Image

Akihabara Interactive Image

Essential Interactive Image

Interactive Team Image

Image with Audio

Image with interactive hotspots

Transcript

CASAS DE ALDEA EN ESPAÑA

A maior parte das casas eran de pedra; podía haber un corredor que da ao exterior. O chan era de terra e na parte baixa estaba a cociña; na parte superior, as habitacións. Para entrar na cociña, un corredor que comunicaba dúas portas exteriores: na dereita as cortes cos pesebres que daban ao corredor; á esquerda, a cociña coa lareira, unha despensa debaixo das escaleiras e estas, que levaban aparte superior. Na corte estrábase o toxo co que logo se facía abono. No corredor apilábase a herba para o gando. As cortes eran como a calefacción da casa. Na lareira había bancos ao redor e era de pedra para facer o lume. O vertedoiro tamén era de pedra e había un rebaixe no muro para as selas coas que se carrexaba a auga. Tamén estaba o forno para cocer o pan, sempre preto da lareira. O forno tiña forma de ábside e por dentro de bóveda. Na campá, por riba da lareira, colgábanse os chourizos, o touciño ou os xamóns para curar e afumar. Os pisos eran de madeira e había un cuarto grande que facía de salón-comedor. As habitacións estaban arriba das cortes; o salón arriba da lareira. Tiñan un hórreo no exterior que servía de almacén.

A casa típica de pobo é o "cortijo". É unha gran casa de campo rodeada de terras de cultivo. Ten muros fortes de pedra ou ladrillo e adoita pintarse de branco para reflectir o sol. O tellado é de tellas vermellas inclinadas. Dentro hai currais e alpendres onde gardar animais e ferramentas. Estas casas constrúense así para soportar a calor e aproveitar a vida no campo.

A borda é unha casiña rústica de dúas plantas feita de pedra e madeira. Ten a planta baixa pechada para gardar vacas ou cabalos, e a planta alta era a vivenda e almacén de heno. O tellado é a dúas augas e xeralmente é de laxas de pedra (lousa) ou tellas, para aguantar a neve e a choiva. Constrúese así porque vai frío na montaña e a pedra mantén a calor dentro.

Son casas chamadas montañesas, moi parecidas ás de Cantabria. Estas casas teñen muros grosos de pedra e tellado de tellas ou lousa a dúas augas. A entrada adoita ser grande, cun portalón de arco para meter o carro e os apeiros. Arriba está a vivenda cun balcón de madeira corrido (a solaina), que recibe o sol do norte e protexe da choiva . Así as casas aguantan ben o frío, a choiva e a néboa típica da rexión.

A casa tradicional chámase casa payesa. Son casas con muros moi grosos de pedra (ás veces con mestura de adobe ou cal) . As portas e xanelas son de madeira. O tellado é de tellas de cerámica inclinadas, con vigas de madeira por dentro . As paredes de pedra protexen da calor do verán e do frío do inverno. Moitas veces teñen un patio interior ou balcón que dá ao mar, aproveitando a luz e o aire cálido .

Nas Illas Canarias as casas rurais máis antigas son de pedra volcánica con teitos inclinados de tella vermella. Ás veces teñen balcóns de madeira moi traballados, como na famosa Casa dos Balcóns en Tenerife. As paredes grosas e pintadas de branco axudan a manter fresca a casa co sol tropical. Constrúense así polo clima cálido e a influencia atlántica: a tella protexe da choiva e as paredes altas amparan do sol.

Destaca o bombo ou chozo de pastor. É unha casa circular ou oval de pedra, construída en forma de falsa cúpula con laxas de roca superpostas sen cemento. Dentro hai unha cheminea no centro e espazo para gardar animais e comida. O teito de pedra a dúas augas permite que o vento da chaira azoute sen derrubala, e as paredes grosas protexen da calor do verán e do frío do inverno. Usábanse moito na chaira manchega para dar refuxio aos pastores e os seus rabaños.

En Castela e León non hai un só estilo típico, porque é moi grande. Nas montañas do norte (León, Palencia) as casas son como os caseríos vascos: de pedra, con tellado de tellas e planta baixa para o gando. Nas mesetas e vales do centro as casas rurais fanse con adobe (barro) ou pedra seca e tellas vermellas, parecidas ás da Mancha ou Estremadura. En todas partes constrúense pensando no clima: os muros grosos illan do frío e da calor, e o tellado inclinado deixa correr a choiva e a neve.

Unha masía é unha gran leira illada onde vive o campesiño que cultiva as terras e coida os animais. Na montaña están feitas de pedra con esquinas de sillería, e na chaira úsanse muros de adobe ou ladrillo. Os teitos son de tella vermella e as vigas de madeira. Adoitan orientarse cara ao sur para recibir o sol e aproveitar a luz. Ao redor adoita haber patios e currais para o gando. No inverno protexen do frío e no verán mantéñense frescas.

A vivenda típica dos hortos de Valencia e Murcia é a barraca.A barraca é unha casiña rectangular con paredes de adobe (barro seco) e teito moi inclinado . O tellado é de canas e palla ben xuntas, con moito ángulo para que corra a auga nas tormentas . A barraca oriéntase ao sur e adoita ter unha porta na fachada principal. Esta construción protexe da calor extrema do verán e das choivas intensas no inverno. No interior había unha soa estancia grande onde vivía a familia e almacenaban as colleitas.

En Navarra o caserío tradicional é moi parecido ao vasco. Son casas de pedra illadas, con grandes tellados de tella a dúas augas. A planta baixa servía de cortello e almacén de gran, mentres que a familia vivía na planta alta. A miúdo teñen balcóns de madeira. Constrúense así polo clima frío de inverno: a pedra e a madeira illan ben, e o tellado forte resiste a neve.

Na Rioxa as vivendas rurais son similares ás do País Vasco e Navarra. Moitas son de pedra con tellados de tellas vermellas inclinados, adaptadas aos vales e outeiros de viñedos. Nas zonas de montaña tamén se atopan chozos de pastor de pedra . En xeral, as casas rioxanas teñen muros grosos e tellados fortes para aguantar o clima variable da rexión: moito sol no verán e choivas no outono.

A casa tradicional vasca é o caserío ou baserri. É unha casa-granxa grande feita de pedra e vigas de madeira. A planta baixa tiña cortello e palleira, e as habitacións da familia estaban arriba. O tellado adoita ser moi inclinado e de tellas. Así se protexen do frío e da choiva frecuente do norte. O caserío era a unidade de traballo do agricultor, con currais, horto e adega integrados no mesmo edificio.

En Cantabria a casa típica do campo é a montañesa. Destaca a súa fachada sur aberta ao sol e muros grosos de pedra. A planta baixa tiña un portalón con arcos onde entraba o carro e gardábanse o gando e as ferramentas. A planta alta era a vivenda, con dormitorios que dan á solaina (un balcón de madeira cuberto). A solaina deixa entrar a luz do sol do norte e os muros laterais protéxena da choiva. Así a casa aproveita o sol e resgarda a familia do vento frío da montaña.