Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

CONTO - As Cantareiras

ALBERTO BLANCO PENEL

Created on April 28, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

Cantareiras

A historia de Carmen e as súas camaradas

Comezar

O 17 de maio é un día moi especial para todas as galegas e galegos, xa que festexamos a nosa lingua, é o día das Letras Galegas.
Cada ano, esta festa dedícaselle a alguén que escribiu, falou e incluso cantou en galego. E desta volta, homenaxeamos con ela as CANTAREIRAS.
Neste día, nace a historia da Sra. Carmen, que aconteceu nunha leira calquera da nosa terra.
A Sra. Carmen non é unha labrega máis, a música rolda arredor dela. Coma todos os días, moi cedo ao campo se dirixía, pensando na música que as súas patacas inspiraría...
Pero un problema tiña, xa que de instrumento musical non dispoñía. E ela sabía que as mellores patacas, música para medrar requirían…
A Sra. Carmen non traballaba soa, xa que nas aldeas galegas todas as veciñas colaboran.Cando chegaba á leira, aquelo era unha feira! E é que alí estaban moitas compañeiras! Todas coa súa propia leria pataqueira… A mesma idea as roldaba, que o campo as inspirase.
- Compañeiras! As patacas non se botan soas, temos que poñernos mans á obra!
- Pero Carmen, sen a música das cantigas, as patacas non saen boas…
- Aí veñen os bois co arado, poñámonos a traballar e malo será que a inspiración non veña coa axuda do sacho.
Carmen e as veciñas traballando están, non se poden molestar, para que a música poidan crear. Ata os bois o volume acaban de baixar.
Carmen sabe que os bois non chegan aos cabeceiros da leira, e co sacho na man, empeza a traballar, pero cun seixo dá. Ao escoitar o son do sacho coa pedra, Carmen ten unha grande idea. Sobe o sacho ao ombreiro para sacarlle o ritmo co seixo.
- Compañeiras, xa teño a solución: sacho e seixo ritmo son! Eu xa teño unha canción. Podemos facer unha competición.
- Quen antes remate o seu cabeceiro, unha cantiga fará con moito xeito, e a última recibirá un ramo de loureiro.
Este sistema de cantigas chamouse AÑAS, que puxeron en marcha Carmen e as súas camaradas. E é que todas elas eran cantareiras, como as homenaxeadas nas Letras Galegas. E desde aquela… as patacas que botaban, boas medraban.
Esta non é so a historia da Sra. Carmen, é a historia de moitas mulleres que habitaban e habitan as aldeas galegas, onde o duro traballo do campo é o seu día a día, mais a comunidade e compañeirismo que se crean fan que sexa máis levadío. E xa se lle botamos unha xota ou unha muiñeira ao rematar, moito mellor será.
Escoita unha AÑA

Fin

Comezar de novo