Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
PREPARANDO AS PAU
Adela Lamoso García
Created on April 27, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
PREPARANDO AS PAU
IES DE RODEIRA
RECOMENDACIÓNS: - Plan de estudo diario
- Bo descanso
- Boa alimentación
PREMATRÍCULA NO CENTRO E USO DO NERTA PARA AS PAU
DATAS IMPORTANTES MATRÍCULA
COMO FACER A MATRÍCULA
- Unha vez teñades o BOLETÍN DE NOTAS, pasade pola secretaría a recoller os IMPRESOS DE TAXAS do título Bach e PAU.
- Dirixirse ao banco a facer os pagos de BACH e das PAU.
- Voltar a secretaría a entregar XUSTIFICANTES de pago e PREMATRÍCULA CUBERTA (ara o 19 de maio)
- Coa prematrícula das PAU xerarase un usuario en NERTA, recibindo os datos de acceso no correo electrónico indicado polo alumnado (ESCRIBIDE CLARAMENTE E SEN ERROS ESTE MAIL)..
- Debedes acceder a NERTA e:
USO DO NERTA PARA AS PAU
Inicio de sesión en NERTA
Manual NERTA recén titulados
USO DO NERTA
As contas de usuario de nerta xestionaranse na aplicación https://www.edu.xunta.gal/contausuario, nesta aplicación podes activar a conta, cambiar o contrasinal, desbloquear a conta, etc...
Unha vez teñas activada a túa conta, na aplicación Nerta terás que introducir o teu usuario (ueXXXX) e contrasinal. Unha vez que te identifiques como usuario, aparece o menú da aplicación:
PROBA DE ACCESO - Matrícula: visualízanse estado da matrícula, tipo de matrícula, número de inscrición, opción de recibir correo electrónico e materias..
- Cualificacións: Publicados os resultado das
PAU poderás ver a listaxe de cualificacións das materias de cada fase, cualificación do expediente e cualificación da proba. - Reclamacións: Pode solicitar reclamacións
e observar o resultado das reclamacións realizadas.
PROBAS E CUALIFICACIÓNS
DATAS IMPORTANTES PROBAS E CUALIFICACIÓNS
PROBAS PAU
FASE XERAL (nota sobre 10)
FASE ESPECÍFICA (ata 4 puntos)
ESTA NOTA TEN DURACIÓN INDEFINIDA
ESTA NOTA DURA OS PRÓXIMOS 3 CURSOS
- Debemos examinarnos de 5 materias
- A nota final= media das 5 materias
- Nota debe ser ≥ 4 puntos para o acceso á Universidade
- Podo examinarme dun máximo de 3 materias e SLE.
- A nota nas materias debe ser > 5 para que sirva na ponderación.
- A materia específica obrigatoria de modalidade pode ponderar (se superei o 5)
- A nota de esta fase varía segundo a carreira escollida (PONDERACIÓNS!!!)
MATERIAS DA PARTE XERAL(obrigatoria)
- Historia de España ou Historia da Filosofía.
- Lingua Castelá e Literatura II.
- Lingua Estranxeira II, na lingua cursada pola/o alumna/o.
- Lingua Galega e Literatura II.
- Materia específica obrigatoria de 2º, da modalidade ou vía cursada.
MATERIAS DA PARTE ESPECÍFICA (voluntaria)
IMPORTANTÍSIMO TER EN CONTA AS PONDERACIÓNS!!! (0,2 ou 0,1)
ACCESO AS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS
PARTE XERAL
PARTE ESPECÍFICA
ESPECÍFICA OBRIGATORIA DE MODALIDADE
NOTA MEDIA EXPEDIENTE BACH
Hª ESPAÑA ou Hº FILOSOFÍA
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA II
MATERIA DE OPCIÓN OU DE MODALIDADE
LINGUA GALEGA E LITERATURA II
1º LINGUA ESTRANXEIRA II
MATERIA DE OPCIÓN OU DE MODALIDADE
MATERIA DE OPCIÓN OU DE MODALIDADE
2º LINGUA ESTRANXEIRA II
Pódense escoller un máximo de 3 materias + 2º LEstr.
Hai que sacar mínimo un 5 para que pondere
MEDIA ARITMÉTICA
2 mellores cualificacións vinculadas aos Graos solicitados
M2 x PONDERACIÓN (0.1 ou 0.2)
M1 x PONDERACIÓN (0.1 ou 0.2)
NMB x 0,6
NPX x 0,4
NOTA ACCESO A UNIVERSIDADE (sobre 10. Validez indefinida)
NOTA VINCULADO AOS GRAOS (suma ata 4 puntos. Validez 3 cursos. HAI QUE APROBAR A PARTE XERAL)
NOTA DE ADMISIÓN
PROCESO DE REVISIÓN
Tras publicación de cualificacións provicionais (ordinaria: 12 xuño e extraordinaria: 10 xullo) contamos con 3 días hábiles para solicitar revisión.A solicitude de revisión farase a través de NERTA.
PROCEDEMENTO
1º REVISIÓN INICIAL: comprobando que non existen erros materiais ou aritméticos no cálculo da nota final. Se procede, rectificación que non poderá ser inferior á outrgada na primeira cualificación (nota P). 2º SEGUNDA CORRECCIÓN: Comprobando que se cumpliron os criterios de avaliación, cualificación e corrección (notaS). 3º CUALIFICACIÓN FINAL:
- Diferencia < 2 puntos entre S e P CUALIFICACIÓN FINAL: (S+P)/2
- Diferencia > 2 puntos entre S e P, realizarase unha 3º CORRECCIÓN (por dous especialistas diferentes) e a CUALIFICACIÓN FINAL será a consensuada por estas dúas persoas.
- A CUALIFICACIÓN FINAL, si pode ser inferior a inicialmente outorgada.
- Valorar se compensa solicitar revisión das materias específicas ou non.
- Dereito a ver os exercicios revisados nun prazo máximo de 10 días hábiles dende o día seguinte da notificación da resolución do procedemento
NORMAS DURANTE AS PROBAS
- O alumnado que vaia realizar a fase xeral das PAU deberá acudir ao acto de presentación o primeiro día das probas ás 9.00 horas.
- O alumnado que só se examine da fase específica pode presentarse no momento de realizar os exames correspondentes.
- Para realizar os exames, o alumnado deberá levar consigo:
- DNI ou documento identificativo oficial: pasaporte, permiso de residencia etc.
- Resgardo de Matrícula e xustificante de pagamento
- Bolígrafo ou pluma de tinta azul ou negra
ETIQUETAS
- Ao empezar as probas, o alumnado recibirá un xogo de adhesivos de código de barras que o identifica. Estas son persoais e intransferibles.
- É fundamental o bo coidado destas etiquetas de identificación. Non deben dobrarse nin modificarse de ningún xeito para evitar a súa deterioración e as posibles dificultades de identificación.
- Os exames son anónimos e non poden asinarse nin deberán presentar marcas de ningún tipo (fluorescentes, subliñados en cor etc.) que poidan permitir unha eventual identificación persoal. Non observar esta norma pode ser causa de anulación do exame.
CADERNO DE EXAME
- En cada proba entragaranvos un caderno de exame formado por dúas follas A3 grampadas (unha páxina de portada e sete páxinas A4 en branco) e unha cabeceira adhesiva.
- Para redactar as respostas o alumnado pode utilizar as sete páxinas en branco, nun único caderno de exame (ao que non se lle poderán arrincar nin engadir follas).
- Tras a distribución dos exames, debede permanecer na aula media hora (unha hora o alumnado con con NEAE, naqueles exames que empezan media hora antes que o resto do estudantado).
- O acceso á aula de exame implica sempre a entrega obrigatoria do caderno de exame.
- Se un/unha estudante non se presenta a algún dos exercicios da fase xeral da PAU, na cualificación correspondente figurará Non Presentado (NP) e para os efectos do cálculo da nota media o exame computará como 0.
CABECEIRA
CÓDIGO DA MATERIA
NOME DA MATERIA
MATERIAL ESPECÍFICO PERMITIDO
- Aqueles que se requiran para materias como: Deseño, Debuxo técnico ou artístico e técnicas gráfico- plásticas
- Diccionarios:
- Latín II. Poderá utilizarse o dicionario de latín - español/galego e permitirase o uso dos seus apéndices gramaticais, sempre que formen parte orixinal e inseparable dos dicionarios. non se permitirán as páxinas (interiores ou apéndices) con contidos literarios e de evolución do latín ao castelán ou ao galego. Neste caso deberase comunicar aos membros da Comisión Delegada e gramparanse ou separaranse as páxinas mencionadas antes do comezo do exame.
- Grego II. Poderá utilizarse calquera dicionario de grego-español/galego incluíndo o apéndice gramatical que poida levar anexo ese dicionario como parte orixinal e inseparable do conxunto; non estará, pois, permitido ningún caderno solto nin ningún engadido que non sexa orixinal. Os/as vogais das comisións delegadas poderán revisar os apéndices gramaticais para comprobar que non hai anotacións. De detectarse anotacións nestes, instarase o alumno ou alumna a saír da aula e o exame será cualificado con 0 puntos.
- Calculadoras: Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Ciencias Xerais, Física, Química, Empresa e deseño de modelos de negocio e Tecnoloxía e enxeñaría.
- Calculadoras non programables e que non teñan capacidade gráfica.
- Non poderá haber nada escrito nas calculadoras ou nas súas fundas.
- No caso de dúbida sobre a validez dun determinado modelo de calculadora, o tribunal requiriralle ao alumno ou alumna a calculadora para valorar as súas características.
MATERIAIS NON PERMITIDOS
- Non está permitido na aula ningún tipo de reloxos, dispositivos que emitan ou reciban radiofrecuencias, teléfonos móbiles ou calquera outro dispositivo electrónico, agás os explicitamente aprobados pola CiUG por razóns médicas de xeito individual, na correspondente resolución á solicitude de adaptación do alumnado con NEAE.
- Todo o alumnado deberá manter os pavillóns auditivos despexados para verificar que non usan dispositivos non permitidos.
- Os/os vogais das comisións delegadas terán especial coidado en que no posto de exame o alumnado non teña consigo estes dispositivos electrónicos, agás as calculadoras non programables e sen capacidade gráfica permitidas.
COPIAS E SANCIÓNS
No caso de que se detecte algún alumno ou alumna con material non permitido no posto de exame, copiando ou non respectando estas instrucións será motivo de medida disciplinaria. Despois da súa correcta identificación, instarase a saír da aula e o exame será cualificado con 0 puntos. Ademais, a comisión organizadora das probas determinará as posibles sancións que se lle aplicarán e que poden implicar a anulación total da PAU
¡MOITO ÁNIMO A TODAS E TODOS!
Superadas as PAU...como me preinscribo nas universidades galegas???
PROCEDEMENTO DE PRENSCRIPCIÓN MEDIANTE NERTA
PRAZOS DE SOLICITUDE E MATRÍCULA
PREINSCRIPCIÓN
Preinscripción a través de NERTA. Podo solicitar:
- un máximo de 5 titulacións DIFERENTES,
- un máximo de 10 peticións (se hai titulacións repetidas)
SIMULACIÓN DE CASOS
MOITAS GRAZAS POLA VOSA ANTENCIÓN
Puedes utilizaresta función...
Para destacar datos super-relevantes. El 90% de la información que asimilamos llega a través de la vista.