Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Explorando FOL Lectura guiada para o camiño profesional

Marta

Created on April 25, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

Explorando FOLLectura guiada para o camiño profesional

Busco plaza de aprendizNoack, Hans Georg. (1989) Bernhard, un mozo que acaba de rematar os estudos obrigatorios, busca converterse en mecánico especialista. Ante a escaseza de prazas de aprendiz, loita por atopar calquera emprego, como moitos dos seus compañeiros.

Oliver Twist Dickens, Charles. (1995). Mostra as duras condicións laborais da infancia pobre na Inglaterra vitoriana, onde os nenos eran explotados, mal alimentados e forzados a traballar dende moi novos. A través de Oliver, a novela denuncia a inxustiza dun sistema que usaba o traballo infantil como forma de control e supervivencia.

Pedagogía del oprimido Freire, Paulo. (2006). Este libro defende que educar non é só ensinar a ler, senón axudar ás persoas a entender o mundo para poder cambialo. Anima aos oprimidos a tomar a palabra e loitar contra as inxustizas a través da educación.
Cuentos del mundo laboral Aparici, Inmaculada. (2019). Explora as diferentes realidades e situacións no ámbito laboral a través de relatos breves.

Silencio administativo Mesa, Sara. (2019). A historia dunha muller sen fogar, con discapacidade e enferma, que intenta acceder á renda mínima prometida pola administración. Porén, atópase cun labirinto burocrático inxusto que a leva á desesperación.

Economía y salud social: más allá del capitalimo Pérez Adán, José. (2019). Este libro propón alternativas saudables ao capitalismo actual, cuestionando a súa hexemonía e impacto ambiental e social. A través do concepto de Saúde Social, aposta por unha economía centrada no benestar colectivo e nos valores intanxibles.

Los limpiabotasAparici, Inmaculada.(2022). Un relato sobre intelixencia emocional que ofrece quince máximas ilustradas para axudar no crecemento persoal e profesional.

Azucre Candia, Bibiana. (2022). A viaxe de mil setecentos mozos galegos na procura dun futuro mellor. Unha epopea baseada en feitos reais, que nos descobre un período escuro e triste da nosa historia.
As que limpan Centro Dramático Nacional. (2022) As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a cobiza voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.

El libro que tu jefe no quiere que leasDelgado, Tania. (2024). Unha denuncia sobre as desigualdades laborais que ofrece ferramentas para empoderarse no entorno profesional. Promove unha visión crítica sobre o mundo do traballo e o papel da clase traballadora.

E agora... unha recomendación de películas para ver e reflexionar

Pan y rosas Loach, Ken. (2000).

El Maquinista Anderson, Brad. (2004).

Un traballador con insomnio crónico comeza a experimentar confusión e percepcións estrañas que afectan a súa vida laboral e persoal.

Dúas irmás inmigrantes loitan polos seus dereitos laborais tras tomar conciencia da súa explotación como limpadoras en Los Ángeles.

El método Piñeyro, Marcelo. (2005).

En tierra de hombres Caro, Niki. (2005).

Unha nai solteira loita contra a discriminación de xénero ao buscar traballo nunha mina dominada por homes.

Sete candidatos compiten por un posto executivo nunha proba psicolóxica onde a tensión e a desconfianza sacan á luz o lado máis escuro de cada un.

The Company Men Wells, John. (2010).

En un mundo libre Loach, Ken. (2007).

Dúas mulleres crean unha axencia de emprego para inmigrantes e enfróntanse ás duras realidades da explotación laboral nun sistema marcado pola globalización.

O empregado dunha gran compañía loita por reiniciar a súa vida, mentres a empresa tamén se derrumba, mostrando o lado humano e a loita contra a desesperanza.