Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Rosco medianos
ALBERTO BLANCO PENEL
Created on April 25, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
As Cantareiras
Canto sabes de...?
Comezar
Día das Letras Galegas
Este ano 2025, as Letras Galegas son especiais, non quere dicir isto que os outros anos non o fosen, mais este ano sentímolas un pouco máis nosas, do pobo. Este ano as Letras Galegas dedícanselle a elas, ás cantareiras, as encargadas de manter ata os nosos días a nosa tradición popular oral. As que despois dunha dura xornada de traballo no campo tiñan aínda folgos para celebrar cantando, as que cantaban arredor da pedra do muíño mentres moían o millo para amasar o pan ao día seguinte… as que fixeron que hoxe teñamos coñecementos deste ben inmaterial que tanto fala de nós.
Día dasLETRAS GALEGAS
17
de Maio
Quen son As Cantareiras?
Así pois, as Letras Galegas en 2025 están dedicadas a seis mulleres con nomes e apelidos. Seis mulleres que poderían ser moitas máis. Elas son a representación de moitas outras que quedaron no anonimato, mais igualmente talentosas. Nais, irmás, avoas… grazas a todas elas, a través da música, mantívose viva a nosa lingua e a nosa cultura, incluso cando non estaba ben considerado. De aí a importancia destas Letras.Cabe mencionar tamén o papel doutra muller, Dorothé Schubarth, unha musicóloga suíza que, durante os anos 70 e 80, percorreu as aldeas galegas facendo un importante labor de recollida das diferentes cantigas, músicas e ritmos levados a cabo polas mulleres.
Ritmos que, a falta de pandeiretas porque custaban os cartos, se facían co testo dunha pota e unha culler ou co sacho e un seixo, xa que imaxinación non lles faltaba. Todo isto quedou recollido no Cancioneiro Popular Galego e grazas a ela, podemos poñerlle nome a moitas destas cantareiras.
Aquí podes coñecer as 6 Cantareiras ás que se lle dedican as letras galegas
Adolfina e Rosa Casás
Pandereteiras de Mens
Eva Castiñeira
Xogamos?
Xa coñeces un pouquiño mellor a historia das cantareiras. Comprobamos o aprendido? Intenta responder as preguntas deste xogo de letras tan especial dedicado a elas e á tradición popular oral. Cantas respostas acertarás?
Comeza por A
Canto popular galego que remata frecuentemente con «ailala, ailalala»
ATURUXO
ALALÁ
Comeza por B
Sucesión de pasos ao ritmo dunha música
BAILE
BALANCEO
Comeza por C
Mulleres que cantan cantigas populares acompañadas moitas veces de instrumentos de percusión coma a pandeireta
CORO
CANTAREIRAS
Comeza por D
Expresión breve e popular transmitida oralmente, como as coplas ou refrán
DICCIONARIO
DITO
Comeza por E
Un dos traballos do campo, relacionados co millo, que desenvolvían moitas das cantareiras e que consistía en quitarlle as follas
EDITORIAL GALAXIA
ESNAQUIZAR
ESFOLLAR
Comeza por F
Conxunto de cancións, contos, bailes, refráns ou costumes que fan parte da cultura dun pobo e que se transmite de xeración en xeración
FOLCLORE
FAUNA
Comeza por G
Instrumento musical de vento, que consta dun fol e varios tubos de madeira, tocado tradicionalmente por homes
GUITARRA
GAITA
Contén o H
Instrumento de labranza que non só servía para traballar, senón tamén para tocar acompañado dun seixo
SACHO
CHISQUEIRO
Comeza por I
As cantigas que cantan e tocan as cantareiras son un ben cultural I________. Forman parte da nosa cultura, da nosa maneira de ser, mais non as podemos coller coas mans
INMATERIAL
INCOFORMISTA
Comeza por L
Grupo musical formado por 6 mulleres que dedicaron no 2011 o seu disco «Consentimento» a Eva Castiñeira
LEILÍA
LA OREJA DE VAN GOGH
Comeza por M
As Letras Galegas deste ano están dedicadas ao legado das cantareiras, e ao papel destas M_____, na tradición popular oral
MULLERES
MANOBRAS
Mulleres!
Comeza por N
Xuntanza que se celebra pola noite, despois de rematar coa faena con música, baile e cantos
NOITADA
NUBRADO
Contén o Ñ
Composición musical tradicional galega
PIÑEIRO
MUIÑEIRA
Comeza por O
Forma máis común de transmisión da poesía popular galega
ORAL
OPACA
Comeza por P
Instrumento de percusión habitual nas foliadas composto por un pandeiro e ferreñas
PANDEIRETA
PANDEIRO
Comeza por Q
As pandeireteiras de Mens eran cinco, eran un Q______
QUINTETO
QUEIXO
Comeza por R
Relativo ao campo e á súa vida e de onde procedían as cantareiras
RURAL
REXURDIMENTO
Comeza por S
Apelido da musicóloga suíza que percorreu Galicia recollendo as cantigas populares
SUÁREZ
SCHUBARTH
Schubart
Comeza por T
Grupo de pandeireteiras que renovaron a música tradicional galega, e estiveron a piques de representar España no Festival de Eurovisión
TANXUNGUEIRAS
TAMARA
Comeza por U
Tanxungueiras
O Cancioneiro Popular Galego é patrimonio U________
UNIVERSAL
ULTRARRARO
Comeza por V
Como se referían moitas veces ás mulleres que gardaban o saber oral e transmitían as cantigas de xeración en xeración?
VECIÑAS
VELLAS
Comeza por X
Composición musical tradicional que tamén é típica de Aragón
XERMOLO
XOTA
Comeza por Z
Calzado rústico dunha soa peza enteiramente de madeira, empregado no rural galego de onde eran as cantareiras
ZAPATO
ZOCA
Ben xogado!
Comezar de novo
Eva Castiñeira
Eva Castiñeira naceu en Agranzón (Muxía). Desde ben pequena tocaba e bailaba nas festas da zona. Pero como era habitual naquel momento, tivo que abandonar a súa querida aldea e marchar para A Coruña a traballar no servizo doméstico. A casualidade, ou a sorte, levouna a traballar na casa dun dos socios da discográfica Ruada, quen editara o primeiro disco do grupo Milladoiro. Vese que Eva non deixara as súas cantigas na aldea, e un dos músicos de Milladoiro ao escoitala, convidouna a subir ao escenario con eles para cantar e tocar a pandeireta, converténdose así na primeira pandeireteira en actuar cun grupo folk no ano 1981. O grupo de pandeireteiras Leilía tamén quixo recoñecer o talento de Eva Castiñeira e dedicáronlle no 2012 o seu disco Consentimento.
Pandereteiras de Mens
En Malpica de Bergantiños, hai que destacar as Pandeireteiras de Mens. Eran 5, pero como Adela e Teresa faleceron hai menos de 10 anos, non poden ser homenaxeadas de forma oficial nas Letras Galegas. Aínda que estamos preto do mar, as Vellas de Mens eran labregas principalmente. Estas cinco mulleres foron as primeiras en subiren a un escenario cos seus cantos e as súas pandeiretas, acompañando a Agrupación Folclórica Aturuxo da Coruña, chegando incluso ata Francia ou á Arxentina e pasando xa dos 60 anos, nun momento no que os que xiraban eran os grupos de gaitas, formados por homes. Non tiñan un guión, a espontaneidade era o que as caracterizaba e tiñan un estilo particular de tocar a pandeireta co puño pechado.
Adolfina e Rosa Casás
Adolfina e Rosa Casás eran tía e sobriña, aínda que foron criadas como irmás en Vila da Igrexa (Cerceda). Eran fillas de solteira e dedicábanse aos traballos do campo, pero na aldea tamén eran coñecidas por cantar e tocar a pandeireta. Cando era tempo de botar o millo ou as patacas, a veciñanza da vila sabía que contar con elas era éxito seguro, xa que atraían máis xente a botar unha man para quedaren á noitada amenizada por elas despois da dura xornada de traballo. Como lle pasou a outra moita xente na época, nos anos 60, Rosa tivo que emigrar para subsistir. Volveu para A Coruña nos 80, década na que foi reclamada por Dorothé Schubarth xunto á súa tía para faceren de informantes.