Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Visíbeis: Identidades que Falan

Christopher George

Created on April 24, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Vaporwave presentation

Animated Sketch Presentation

Pechakucha Presentation

Decades Presentation

Transcript

Visíbeis: Identidades que Falan

Lecturas e conversas pola diversidade

Índice

1. Motivo do proxecto
3.2 Evan ARELAS
5.2 Difusión: RRSS
10
2. Obxectivos
5.3 Difusión: taboleiros
3.3 Conversa con Eva Mejuto
11
3. Descrición
5.4 Difusión: web EOI
4 Metodoloxía
12
Grazas!
5.1 Difusión: radio
3.1 Club de lectura

1. motivo deste proxecto

Visíbeis: Identidades que Falan

O 31 de marzo, "Día Internacional da Visibilidade Trans", é unha data na que se celebra e a existencia das persoas trans. O seu obxectivo principal é fomentar o coñecemento e a comprensión das identidades de xénero diversas. Esta data tamén busca promover a igualdade de dereitos, E fomentar a creación de espazos seguros e inclusivos, tanto no ámbito educativo como no social.
Con tal motivo, desde a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) coa axuda da Biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía, decidiuse, comezando co club de lectura en galego, levar a cabo unha serie de actividades que promovan a reflexión arredor da visibilidade trans e da igualdade de xénero entre todo o alumnado, baixo o título Visíbeis: Identidades que Falan.

2. Obxectivos

- Unhas xornadas de conversa e reflexión sobre a realidade das persoas trans.- Concienciar dende o noso centro sobre a comprensión das identidades de xénero diversase e as situacións de discriminación e desigualdade. - Promover unha mellor convivencia entre o alumnado a partir desta reflexión sobre as propias prácticas e comportamentos, dentro e fóra da aula.

O club de lectura do libro 22 segundos e a conmemoración do 31 de marzo, Día da Visibilidade Trans, formaron os puntos de partida para traballar neste proxecto dende o EDLG do centro e acadar entre todo o alumnado:

3. Descrición

Coloquio con Evan de ARELAS

Club de Lectura 22 segundos de Eva Mejuto

Conversa coa autora Eva Mejuto

3.1 Club de lectura 22 segundos

No club de lectura, que tivo lugar no obradoiro da biblioteca da EOI de Vilagarcía de Arousa o martes 25 de marzo ás 16:30h, xurdiron os seguintes temas: A importancia do apoio da familia, a sorpresa de que os nenos e xente maior adoitan ter menos prexuízos que, por exemplo, as nais e os pais; o papel de cada un dos personaxes; a identidade de Xela/Alex; o papel do colexio; e comentaron que foi un libro escrito que parecía un pouco un camiño de rosas por non entraren nos aspectos negativos de ser trans. (Logo aclarou a autora na súa conversa que ese foi o obxectivo: presentar aos adolescentes unha referencia positiva en vez dunha historia de violencia ou suicidio, que é precisamente o que a sociedade representa para poder marxinalizar certos colectivos). Ao final da sesión, eliximos cada un unha palabra que, na nosa opinión, representase o libro. A resposta máis común foi "respecto."

3.1 Club de lectura 22 segundos

3.1 Club de lectura 22 segundos:produto final

3.2 Coloquio con Evan de ARELAS

O venres 21 de abril ás 16:30 h tivo lugar no obradoiro da biblioteca da EOI de Vilagarcía de Arousa o coloquio con Evan Súarez da sección xuvenil de ARELAS. Falou de maneira distendida da súa propia experiencia como home trans, do papel dos profesores e profesoras nos colexios e institutos, da sanidade e burocracia en relación ás persoas trans, do apoio da familia, da disforia e da transfobia. Subliñou a importancia dos pronomes e da linguaxe inclusiva e contestou ás preguntas do alumnado sen reparo ningún. Remarcou a importancia de chamarlle polo seu nome e non polo nome anterior, e nunca dicir que antes era muller ou home. Tamén lanzou a pregunta: "Como sabes ti o teu xénero?", para ilustrar a complexidade pero á vez o sinxelo que é o tema.

3.2 Coloquio con Evan de ARELAS

3.2 Coloquio con Evan de ARELAS

ligazón

ligazón

3.3 Encontro con Eva Mejuto

Na conversa con Eva Mejuto, que tivo lugar no salón de actos da EOI de Vilagarcía de Arousa o Día do Libro, o mércores 23 de abril ás 17:30 h, comezou falando de como xurdira a idea para facer un libro sobre este tema, xa que ela publicara con anterioridade libros infantís. Foi a raíz dun documental e logo de falar con xente trans que lle parecía importante dar visibilidade ao colectivo. Contou que foi un camiño difícil, sobre todo na aceptación nos colexios, pero ao final é unha lectura común que ten unha mensaxe de respecto, entendemento e igualdade, aínda que salientou que no último ano observa que hai máis discurso de odio cara a estes colectivos.

A portada é un coñecido da autora que mostra a súa cicatriz coma se fose un sorriso, no momento en que se sente ben dentro do seu corpo. Os obxectivos da autora coa publicación do libro eran dar visibilidade ao colectivo para o alumnado adolescente para ter unha referencia positiva.

3.3 Encontro con Eva Mejuto

4 Metodoloxía

Tanto o coloquio con Evan Súarez, da sección xuvenil de ARELAS (Asociación de familias de menores e mocidade Trans de Galicia) como a conversa coa autora de 22 segundos, Eva Mejuto, contou coas xefaturas de departamento e o alumnado de alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués, que animaron ao seu alumnado a asistir e participar. Tamén contamos coa participación da alumna de inglés Elisa Ruíz Sánchez para levar a cabo a entrevista con Eva Mejuto para a Radio Escolar.

5.1 Difusión

Radio

ligazón

5.2 Difusión

RRSS

X EDLG EOI Vilagarcía de Arousa

Instagram biblioteca EOI Vilagarcía de Arousa

5.3 Difusión

taboleiros

5.4 Difusión

WEb EOI

grazas!