Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Mapa Castelao //A - Nivel 1
ALBERTO BLANCO PENEL
Created on April 20, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
En Afundación achegamos a exposición ‘Castelao grafista (facsímile)’ a moitos concellos galegos para que as nenas e os nenos coñezan un pouco mellor a figura do gran Castelao. Ademais, facemos obradoiros moi chulos que mesturan arte, robótica e sostibilidade. Na seguinte ligazón tendes máis información sobre a mostra: Exposición 'Castelao grafista (facsímile)'
Castelao foi un grande escritor que falaba nas súas historias da xente sinxela, coma os labregos e os mariñeiros. Escribía sobre as cousas que lles pasaban cada día: alegrías, sufrimentos e costumes. Castelao non só escribía, tamén facía debuxos para acompañar os seus contos. Así, xuntaba palabras e imaxes para que se entendera mellor o que quería dicir. Algúns dos seus libros máis importantes son Cousas, Retrincos e Os dous de sempre. Tamén escribiu unha obra de teatro chamada Os vellos non deben de namorarse.
Castelao estudou para ser médico en Santiago de Compostela. Pouco a pouco decatouse de que a medicina non era o seu: prefería facer debuxos dos seus profesores e compañeiros de clase.
Castelao formou parte do Partido Galeguista e foi escollido para ir a Madrid, onde se reunían os políticos para tomar decisións importantes. Alí, Castelao falou con moito orgullo da lingua galega e loitou para que Galicia tivese o seu propio Estatuto de Autonomía, un documento para que os galegos puidesen decidir sobre as súas cousas.
O pai de Castelao tivo que ir á Arxentina a traballar; é dicir, tivo que emigrar. Cando Castelao tiña dez anos, foise onda seu pai e alí viviu ata os catorce anos. Xa de maior, Castelao volveu á Arxentina, desta vez para escapar da Guerra Civil que estoupou en España no 1936. Esto chámase exilio. Que difícil é estar lonxe da casa! Castelao fala da emigración nestas tres obras da Colección de Arte Afundación:
- Razones (1915)
- La vuelta de Don Francisco (1916)
- O emigrante. Farruco se expatría (1916)
Na universidade, Castelao quedou namorado das caricaturas que vía nunha revista chamada Caras y caretas. Aquelas imaxes fixéronlle soñar cun mundo onde o debuxo podía contar cousas importantes. Mesmo lle contou ao seu pai nunha carta que o seu soño era ser artista! E así comezou a facer debuxos para revistas e a expoñer as súas obras. Co tempo, viaxou por Europa e alí coñeceu novos estilos que fixeron que os seus debuxos falasen da vida real: da pobreza, da emigración, da cegueira... Castelao usaba o humor para falar das cousas serias e axudar á xente a entender o que pasaba ao seu redor. E así, cun lápis na man e moito corazón, Castelao converteuse nun dos artistas máis queridos de Galicia.
Castelao foi un artista moi importante que cambiou a forma de facer caricaturas, e moitos outros artistas aprenderon del. Un deses artistas foi Maside, que consideraba Castelao coma un mestre. Xunto a el, aprendeu que a arte pode servir para contar cousas importantes e facer que o mundo sexa mellor.