Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Mapa Castelao //A - Nivel 2
ALBERTO BLANCO PENEL
Created on April 20, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Os vellos non deben de namorarse foi representada por primeira vez en Bos Aires no ano 1941. A obra presenta tres historias distintas que comparten o mesmo tema: un vello namórase dunha moza. En cada un destes lances aparece tamén un mozo máis novo que compite co vello polo amor da rapaza. A personaxe da Morte advirte ao vello sobre o perigo de namorarse a esas alturas da vida. Ao final da obra, no epílogo, os tres vellos, xa falecidos, reencóntranse no cemiterio.
Dentro do programa CORRENTE CULTURAL, Afundación achega a exposición itinerante Castelao grafista (facsímil) a moitos concellos galegos con programación para escolares da contorna. Na seguinte ligazón tendes máis información sobre a mostra: Exposición 'Castelao grafista (facsímile)'
Castelao estuda Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde comezou a ser popular polas súas caricaturas de profesores e compañeiros. Xa licenciado, en 1908 cursa o doutoramento en Madrid e, no 1910 comeza a traballar como médico da súa vila, mergullándose na política local. Esta profesión non conseguía satisfacelo e, en 1914, unha crise de cegueira precipitou o seu afastamento da mesma. En 1916 obtén unha praza de funcionario no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra, cidade na que tamén exerce como axundante da cátedra de Debuxo.
As obras de Castelao reflicten a vida das persoas humildes: os seus sufrimentos, alegrías e costumes, sobre todo de labregos e mariñeiros. A súa arte é popular porque fala da xente común, pero tamén é moi valiosa desde o punto de vista artístico. Isto débese ao seu bo uso da lingua, ao humor intelixente e á emoción coa que escribe, sempre próxima á vida real da xente. A primeira obra narrativa de Castelao foi Un ollo de vidro, publicada en 1922, unha hiistoria de ultratumba presentada como as memorias dun esquelete. En 1926, Castelao publicou o primeiro libro de Cousas, unha colección de textos con ilustracións que xa foran publicados en xornais. En 1929 saíu a segunda parte e en 1934 unha edición conxunta coas dúas anteriores. No ano 1934 publicou Retrincos, que recolle cinco contos autobiográficos, e tamén Os dous de sempre, a súa única novela. Esta obra está formada por varias historias que teñen como fío común a dous personaxes: Pedriño e Rañolas.
Castelao dedicou gran parte da súa vida a escribir. Publicaba en diversos xornais da época como Faro de Vigo ou Vida gallega. Cousas da vida recopila as ilustracións publicadas nos xornais ás que lle engade un pequeno texto ao pé. O humor ácido e a actitude crítica están moi presentes nos debuxos Cousas da vida, publicada dende 1922 no semanario Galicia. Os seus personaxes (mariñeiros, campesinos, obreiros) conversan sobre as miserias da vida e a dura realidade na que se atopan. A peza que aparece debuxada titúlase Es V. un sinvergüenza, unha crítica aos abusos e malos tratos que sofren as persoas das clases sociais máis baixas. Bótalle unha ollada na páxina web da Colección Afundación!
Durante os anos de maior actividade do movemento agrarista, Castelao achegouse ao galeguismo e participou activamente nas iniciativas das Irmandades da Fala. Coa chegada da Segunda República, integrouse no Partido Galeguista e foi elixido deputado nas Cortes Constituíntes, onde defendeu con forza e paixón o uso e a dignidade da lingua galega. O seu traballo foi clave para a consecución do Estatuto de Autonomía de Galicia. No estoupido da Guerra Civil, Castelao atopábase en Madrid, precisamente para entregar ao presidente das Cortes o documento do Estatuto.
Aínda que nado en Galicia no seo dunha familia mariñeira, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pasa a súa infancia en Benasconi, na Pampa, onde seu pai, Mariano Rodríguez Dios, emigrara no 1886, aos tres meses do nacemento de Castelao. Residiu en Arxentina até 1900, cando a familia decide voltar para que Daniel estude medicina en Santiago de Compostela. No 1936, co estoupido da Guerra Civil, Castelao tivo que abandonar de novo a súa terra e exíliase en Buenos Aires. Xa nunca volvería a Galicia. Castelao retrata o drama da emigración en tres obras da Colección de Arte Afundación: descúbreas na ligazón!
- Razones (1915)
- La vuelta de Don Francisco (1916)
- O emigrante. Farruco se expatría (1916)
A súa viaxe europea en 1921, cunha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos, permitirá a Castelao coñecer as principais correntes de vangarda. O semanario satírico alemán Simplicissimus exerce unha enorme influencia na súa forma de entender a caricatura como reflexión política e denuncia social.
Castelao sentou as bases da caricatura moderna, creando escola en moitos dos artistas seguintes. Mención especial merece a relación entre Maside e Castelao, o seu maestro e mentor. Xunto a Castelao, Maside comprende o papel ético da arte e asimila o valor do debuxo como unha forma de expresión precisa, depurada de elementos innecesarios, que busca comunicar con claridade e profundidade. Esta concepción da arte, entendida como unha ferramenta para transformar a sociedade, fortalece o vínculo entre ambos creadores, baseado nun compromiso común e unha visión compartida. A súa relación desemboca nun enriquecemento mutuo, que Castelao recoñece ao considerar a Maside como o seu “fillo no ideolóxico e no artístico”.
Esta peza titúlase No faetón de Rianxo a Santiago (1908). Nela aparecen representados diferentes tipos sociais. Preme na seguinte ligazón e descobre tódolos segredos deste óleo: No faetón de Rianxo a Santiago - Colección Afundación
Castelao iníciase nun imaxinario reivindicativo da identidade galega, cuxa realización máis rotunda será o Album NÓS, antesala da revista homónima dirixida por Vicente Risco e da que se encargará da dirección artística, sobre a que pivotou a vida cultural e política galega desde os anos 20 ata a Guerra Civil.
Nos seus anos universitarios xa amosa a súa inclinación polo debuxo, a pintura e, sobre todo, a caricatura: una disciplina que coñeceu durante a súa infancia na Arxentina a través dos traballos que José María Cao Luaces publicou na revista Caras y caretas. En 1908 expón as súas primeiras caricaturas en Madrid, onde participa no II e III Salón Nacional de Humoristas, e comeza a colaborar como ilustrador coas revistas Vida Gallega e El Cuento Semanal. Nesta época confesáballe ao seu pai nunha carta que se sentía artista antes que calquera outra cousa, e que o seu verdadeiro desexo era vivir da arte, algo que, a pesar da súa prolífica e variada produción, nunca conseguiría plenamente. Son os anos nos que elabora a súa linguaxe artística, explorando as posibilidades da caricatura, experimentando coa pintura en pequenos e grandes formatos, e recollendo certos temas que reflicten as súas preocupacións persoais como a pobreza, a cegueira ou a emigración.