CEP Dr Fleming Titora: Lupe Glez Aula de 6ºB
EMPRESARIO E PRODUTOR DE CINE DE VIGO.
A produtora máis prolífica do cine español na época do franquismo.
Cesáreo González
Podcast
1903-1968
TRABALLO PARA O PROXECTO DOCUMENTAL DE CINE.
Curso 2024-25
nace en vigo no 1903
“Nuestra casa rezumaba pobreza y dignidad. Yo, fantasía” – Cesáreo González Rodríguez
Nace o 29 de maio de 1903, na rúa
do Placer da cidade de Vigo.O seu pai era afiador e orixinario de Nogueira de Ramuín en Ourense. Era o 3º fillo dun total de cinco. Tivo facilidade para acceder a estudios preparatorios para o sacerdocio pola amizade da súa familia co que sería bispo de Tui; pero o rapaz tiña outros intereses como o futbol ou querer buscarse a vida pola súa conta. O pai colócao a aprender o oficio de afiador con O Carroleiro, co que traballa de xeito itinerante de "mutilo". Mentres avanzaba a I Guerra Mundial, decidiu que podería
aprender o que a vida ensina viaxando a outros
países. Sae da casa con 500 pesetas que lle da a súa nai, e logo de pagar 380 no billete a Cuba, chega como futbolista a media xornada e malvive con varios empregos. Daquela un tio materno dono dunha panadería en México "El puerto de Vigo" colócao a tempo parcial e sigue como futbolista dominical no España e como xogador de naipes no Círculo Español. Logo de traballar en terras cubanas e
mexicanas, e xa cunha familia formada,
decidiu regresar á súa terra no 1931. Inicia os seus negocios cunha axencia de Publicidade "La Noroeste" e cun bar-sala de festas, Savoy. Logo faise cargo da representación de Citroën en Galicia e durante un periodo de tempo do Celta, chegando a ser presidente, e pasando logo ao mundo do cine.
Cesáreo en vigo
LUGARES IMPORTANTES
Sala de festas Savoy en Principe. Merca no 1947 o Hotel Moderno deseñado por Pacewicz, o renova e lle da o nome de Gran Hotel. O inaugura no 1953 con presencia de artistas nacionais.
Edificio que manda construir na Praza de Portugal. Deseñado por Francisco Castro Represas no 1938, mostra do racionalismo nas formas curvas.
Cesáreo en vigo
As 21.30 horas do 3 de agosto de 1967 é inaugurada a fonte luminosa (7 cores) na Praza de España de Vigo. Feita por Carles Buïgas, o mesmo enxeñeiro que firmara, entre outros moitos proxectos, a fonte luminosa de Montjuic. Din as crónicas que miles de vigueses acudiron a ver en directo o acontecemento, acompañados polo son da Banda de Música Municipal de Vigo. Rafael Portanet puxo una placa na que se testimoniaba a "perpetua gratitude ao xeneroso donante" A fonte foi quitada no 1991
DONA A FONTE LUMINOSA DA PRAZA DE ESPAÑA
Cesáreo e o celta de vigo
Foi presidente do Celta de Vigo 1933-1934
Foi nomeado presidente de Honra do Celta de Vigo no 1945 polo seu apoio filantrópico á entidade.
entra no mundo do Cine amosando vigo no inicio das películas.
Invirte cartos na película O Famoso Carballeira (1940) e logo desa boa experiencia funda Suevia Films 1941. Nacerán as chamadas "españoladas"
primeira película
Trata da historia da emigración dun galego, Manucho Loreiro, que parte a facer fortuna en compañía dun amigo como polisón a América. O amigo pobre volve rico e consegue os amores do moza pero aparecen uns equívocos entre os pobres e os ricos...
DIN QUE ERA UN HOME SENCILLO E LOITADOR, CUN GRAN OLFATO PARA OS NEGOCIOS.
Sempre ben rodeado polas súas estrelas... nas promocións
Paquita Rico, Carmen Sevilla e Lola Flores
Lola Flores foi unha musa para Cesáreo e unha das súas maiores estrelas.
Lola Flores
Padrino de voda de Lola Flores
Contratouna en exclusiva en 1951 por 5 millóns de pesetas. A relación profesional durou 14 anos.
cesáreo no mundo do Cine
Traballou con outras estrelas Marisol e "Joselito"
avertura do cine en latinoamérica
Comeza tamén a súa relación co cine latinoamericano. Funda en México Suevia Ultramar Films e logo asóciase con Filmex. Así a finais dos anos corenta as produccións de Cesáreo González poden verse en México, Buenos Aires, Londres, París o Nueva York.
Convencido de que a mellor maneira de atraer ao público é a contratación de estrelas, inicia esta idea cun acordo
con María Félix para realizar 10 películas en exclusiva.
Morre en Madrid, pero volve a vigo
Comitiva saíndo do Gran Hotel. Descansa no cemiterio de Pereiró
Moitas Grazas!
Vémonos no Fleming en Vigo
Web colexio
Rúa de Cesáreo Gonzálezna zona do Carme.
INICIO
Cesáreo González y el cine
LUPE GONZÁLEZ
Created on April 14, 2025
Conociendo a un empresario vigués del cine
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Dynamic Visual Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Blackboard Presentation
Explore all templates
Transcript
CEP Dr Fleming Titora: Lupe Glez Aula de 6ºB
EMPRESARIO E PRODUTOR DE CINE DE VIGO.
A produtora máis prolífica do cine español na época do franquismo.
Cesáreo González
Podcast
1903-1968
TRABALLO PARA O PROXECTO DOCUMENTAL DE CINE.
Curso 2024-25
nace en vigo no 1903
“Nuestra casa rezumaba pobreza y dignidad. Yo, fantasía” – Cesáreo González Rodríguez
Nace o 29 de maio de 1903, na rúa do Placer da cidade de Vigo.O seu pai era afiador e orixinario de Nogueira de Ramuín en Ourense. Era o 3º fillo dun total de cinco. Tivo facilidade para acceder a estudios preparatorios para o sacerdocio pola amizade da súa familia co que sería bispo de Tui; pero o rapaz tiña outros intereses como o futbol ou querer buscarse a vida pola súa conta. O pai colócao a aprender o oficio de afiador con O Carroleiro, co que traballa de xeito itinerante de "mutilo". Mentres avanzaba a I Guerra Mundial, decidiu que podería aprender o que a vida ensina viaxando a outros países. Sae da casa con 500 pesetas que lle da a súa nai, e logo de pagar 380 no billete a Cuba, chega como futbolista a media xornada e malvive con varios empregos. Daquela un tio materno dono dunha panadería en México "El puerto de Vigo" colócao a tempo parcial e sigue como futbolista dominical no España e como xogador de naipes no Círculo Español. Logo de traballar en terras cubanas e mexicanas, e xa cunha familia formada, decidiu regresar á súa terra no 1931. Inicia os seus negocios cunha axencia de Publicidade "La Noroeste" e cun bar-sala de festas, Savoy. Logo faise cargo da representación de Citroën en Galicia e durante un periodo de tempo do Celta, chegando a ser presidente, e pasando logo ao mundo do cine.
Cesáreo en vigo
LUGARES IMPORTANTES
Sala de festas Savoy en Principe. Merca no 1947 o Hotel Moderno deseñado por Pacewicz, o renova e lle da o nome de Gran Hotel. O inaugura no 1953 con presencia de artistas nacionais.
Edificio que manda construir na Praza de Portugal. Deseñado por Francisco Castro Represas no 1938, mostra do racionalismo nas formas curvas.
Cesáreo en vigo
As 21.30 horas do 3 de agosto de 1967 é inaugurada a fonte luminosa (7 cores) na Praza de España de Vigo. Feita por Carles Buïgas, o mesmo enxeñeiro que firmara, entre outros moitos proxectos, a fonte luminosa de Montjuic. Din as crónicas que miles de vigueses acudiron a ver en directo o acontecemento, acompañados polo son da Banda de Música Municipal de Vigo. Rafael Portanet puxo una placa na que se testimoniaba a "perpetua gratitude ao xeneroso donante" A fonte foi quitada no 1991
DONA A FONTE LUMINOSA DA PRAZA DE ESPAÑA
Cesáreo e o celta de vigo
Foi presidente do Celta de Vigo 1933-1934
Foi nomeado presidente de Honra do Celta de Vigo no 1945 polo seu apoio filantrópico á entidade.
entra no mundo do Cine amosando vigo no inicio das películas.
Invirte cartos na película O Famoso Carballeira (1940) e logo desa boa experiencia funda Suevia Films 1941. Nacerán as chamadas "españoladas"
primeira película
Trata da historia da emigración dun galego, Manucho Loreiro, que parte a facer fortuna en compañía dun amigo como polisón a América. O amigo pobre volve rico e consegue os amores do moza pero aparecen uns equívocos entre os pobres e os ricos...
DIN QUE ERA UN HOME SENCILLO E LOITADOR, CUN GRAN OLFATO PARA OS NEGOCIOS.
Sempre ben rodeado polas súas estrelas... nas promocións
Paquita Rico, Carmen Sevilla e Lola Flores
Lola Flores foi unha musa para Cesáreo e unha das súas maiores estrelas.
Lola Flores
Padrino de voda de Lola Flores
Contratouna en exclusiva en 1951 por 5 millóns de pesetas. A relación profesional durou 14 anos.
cesáreo no mundo do Cine
Traballou con outras estrelas Marisol e "Joselito"
avertura do cine en latinoamérica
Comeza tamén a súa relación co cine latinoamericano. Funda en México Suevia Ultramar Films e logo asóciase con Filmex. Así a finais dos anos corenta as produccións de Cesáreo González poden verse en México, Buenos Aires, Londres, París o Nueva York.
Convencido de que a mellor maneira de atraer ao público é a contratación de estrelas, inicia esta idea cun acordo con María Félix para realizar 10 películas en exclusiva.
Morre en Madrid, pero volve a vigo
Comitiva saíndo do Gran Hotel. Descansa no cemiterio de Pereiró
Moitas Grazas!
Vémonos no Fleming en Vigo
Web colexio
Rúa de Cesáreo Gonzálezna zona do Carme.
INICIO