Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Recomendacións lectoras para o verán

monicavieitesageitos

Created on April 5, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Vintage Photo Album

Nature Presentation

Halloween Presentation

Tarot Presentation

Vaporwave presentation

Transcript

Recomendacións lectoras para o verán

Comezar

Niveis de lectura

Lectores adultos

Lectores autónomos

Prelectores e primeiros lectores

lectores expertos

PRELECTORES

PRELECTORES

Un agasallo diferente

Nunca un cacho de tea tivo tantas e tan útiles aplicacións. A imaxinación pode converter o obxecto máis insignificante no máis marabilloso dos xoguetes.Tristán obsequia o seu amigo Marcel cun anaco de tea sobrante dunhas cortinas. Marcel tería preferido unha buxaina, pero acaba agradecendo ese agasallo porque decátase da cantidade de utilidades que pode ter un simple pano: para limparse, protexerse do sol, cruzar un río, abrigarse, fuxir dos perigos....

PRELECTORES

Morriña

A viaxe, un futuro incerto pero esperanzador. Xente que non é a túa e unha ciudade descoñecida. A nostalxia da terra sempre queda no corazón. Un percorrido vital, sen palabras, no que moitas persoas se poden ver reflectidas.

PRELECTORES

Los animales marinos al dedillo

Un primeiro libro de coñecementos sobre os animais do mar. Con texturas para descubrir, por exemplo, o tacto da pel dun golfiño ou as ventosas dun polbo, e ilustracións dos animais máis característicos do fondo do mar, como a balea, o tiburón ou a tartaruga.

PRELECTORES

Mis primeros experimentos

Convirte un ovo duro nunha pelota, fai que un pau non poida sair do seu recipiente, logra que varios fideos salten coma se estiveran vivos, fabrica a túa propia pintura de dedos, e moitos máis experimentos. Divírtete!.

PRIMEIROS LECTORES

PRIMEIROS LECTORES

Escuela de monstruos

A escola de monstruos xa abríu as súas portas! Consigue 8 puntos monstruosos lanzando dados para facer coincidir os monstros coas cartas da mesa.Un xogo de mesa para fomentar a lectura e crear pareados, pasando un agradable rato en familia.

PRIMEIROS LECTORES

Narvalicornio y Medu

Da colección de cómics Narval e Medu, chega: "Narvalicorniu y Medu", unha historia na que o noso amigo narval e a súa compañeira estrela, deixarán as aguas para adentrarse en terra firme en busca dun unicornio, pois non pode ser máis que un narval de terra, non sí?

PRIMEIROS LECTORES

Sete dentes de león

Sete dentes de león, un álbum ilustrado de Ledicia Costas no que deixaremos voar a imaxinación a través da historia da creación do arco da vella, pois esta historia comezou cando o mundo era gris, pero naceron sete dentes de león durante sete días e sete noites, que acenderon o mundo.

PRIMEIROS LECTORES

Océano

Sumérxete este verán no máis profundo dos océanos para descubrir todos os seus misterios e coñecer toda a súa biodiversidade a través dun fermoso libro informativo con despregables que nos amosa toda a vida que existe baixo a superficie.

LECTORES AUTÓNOMOS

LECTORES AUTÓNOMOS

Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia

Sabías que en Galicia habitan unha chea de seres marabillosos e que en calquera momento podes atoparte con eles? Algunhas destas criaturas son moi coñecidas (bruxas, trasnos, lobishomes...), pero hai outras que se cadra ignoras e, polo teu ben, non deberías. Atrévete a entrar no mundo da mitoloxía galega. Sorprenderaste co que vas decubrir!

LECTORES AUTÓNOMOS

Contos Infantís Tradicións Galegas

Este libro guíanos a través de oito historias cheas de música, celebración, maxia e coraxe: a alegría dos Fiadeiros, a forza da Rapa das Bestas, o canto das Cantareiras do Vento, o orgullo das Letras Galegas, a diversión do entroido, a maxia da Noite de San Xoán, a aventura do Camiño de Santiago e a coraxe de María Pita.Con textos tenros, ilustracións a toda cor, e un estilo accesible para nenos e nenas, éste libro é perfecto para a lectura en familia, descubrindo a riqueza cultural de Galicia e mantendo vivas as súas lendas.

LECTORES AUTÓNOMOS

Mi diario de verano

Volve por fin, o diario máis divertido, creativo e estival: un caderno para escribir, debuxar, pegar recordos e encher as páxinas de todo o que fai especial o teu verán. Inclúe un diario para que cada día do teu verán apuntes o que che pasou, trucos e consellos para imaxinar un verán 10, días especiais con exercicios de escritura creativa, pasatempos divertidísimos, listas de plans, ideas, libros, videoxogos, cancións... e clasificacións dos mellores momentos do teu verán. Escribe as túas vacacións para facelas inesquecibles!

LECTORES AUTÓNOMOS

El árbol de los deseos

Tras unha excursión escolar, Sara descobre unha árbore máxica: a árbore dos desexos. Dedicará toda a súa vida ao seu coidado e protección, observando cómo o bosque se enfronta a adversidades como o cambio climático, a acción humana e mesmo un devastador incendio que amenazará con destuír todo ao seu paso. Que ocurrerá coa árbore dos desexos? Lograrase salvar a maxia que hai no bosque e asegurar así o seu legado para as futuras xeracións?

LECTORES EXPERTOS

LECTORES EXPERTOS

Animais fantásticos da aldea

O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciño, Nela e Milucho, tres rapaces da aldea, sospeitan algo e deciden embarcarse na resolución deste arrepiante misterio.

LECTORES EXPERTOS

Ana la de Tejas Verdes

Marilla e Matthew Cuthbert son dous irmáns solteiros que viven na casa familiar, chamada Tellas Verdes, no pequeno pobo de Avonlea. Un día deciden adoptar un orfo que lles poida axudar nas tarefas cotiás, pero no seu lugar aparece unha nena que, coa súa desbordante alegría e imaxinación, cambiará para sempre as súas vidas e as dos seus veciños.

LECTORES EXPERTOS

Little Secret: el juego para los que no saben mentir

Little Secret: o xogo para os que non saben mentir! Descobre ao impostor neste xogo de mesa de palabras secretas e enganos. Emprega a túa intuición para desenmascarar ao infiltrado en 3 pasos: cada xogador ten unha palabra secreta, di unha palabra relacionada coa mesma e hai que desenmascarar aos infiltrados. Xogo para toda a familia, ideal para as vacacións!

LECTORES EXPERTOS

Diario de Viaje para preadolescentes y adolescentes

Buscas unha maneira creativa de axudar ás túas fillas e fillos a conectar cos lugares que visitades? Este diario de viaxe está diseñado para espertar a curiosidade e facer que cada destino cobre vida. Inclúe páxinas para itinerario, listas de desexos, misións creativas, propostas de xogos, espazo para debuxar, escribir, pegar recordos... e moito máis!

lectores adultos

lectores adultos

Punto de araña

Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo.Fartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes, donos das decisións e dos cartos, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia, as palilleiras —tamén redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira— acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando polas arañas. Tres mulleres temibles, donas do océano e do encaixe, que conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer.

lectores adultos

El club del olvido

Samuel, Abel, Max e Tristán pasaron a súa infancia no mesmo humilde barrio. Agora, xuntos, deciden abrir un bar: The Oblivion Club. A noite de estrea non resulta como ningún deles esperaba; polo menos, non ata que Dalia cruza as portas do club . A moza, que creceu no regazo do luxo, aparece nas súas vidas e nunca sae, e ningún deles pode permanecer indiferente ao seu peculiar encanto . En medio de noites gloriosas, purpurina, cócteles e música, pequenas gretas reabren vellas feridas, e os silencios acaban por converterse en segredos que poderían arrastralos a todos debaixo.

lectores adultos

Disciplina sin lágrimas: Una guía imprescindible para orientar y alimentar el desarrollo mental de tu hijo

Salientando a fascinante relación entre o desenvolvemento neurolóxico dun neno e como reaccionan os pais ao mal comportamento do seu fillo, *Disciplina sen soños* ofrece unha "folla de ruta" eficaz e compasiva para lidar coas rabietas, a tensión e as bágoas sen armar escena. Ao definir o verdadeiro significado da palabra "disciplina" (instruír sen berrar nin reprender), os autores explican como conectar co neno, redirixir as emocións e transformar unha rabieta nunha oportunidade de crecemento. Deste xeito, o ciclo de comportamento negativo (e castigo) esencialmente detense, mentres que a resolución de problemas se converte nunha situación vantaxosa para todos.

Boas vacacións!