Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Lecturas para as vacacións

A Escardia Escardia

Created on March 31, 2025

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Terrazzo Presentation

Visual Presentation

Relaxing Presentation

Modern Presentation

Colorful Presentation

Modular Structure Presentation

Chromatic Presentation

Transcript

Lecturas para as vacacións

COMEZAR

CEIP A Escardia

Lecturas para as vacacións

Lectores autónomos

Lectores expertos

Prelectores e primeiros lectores

Familias

Prelectores
Prelectores

EL HILO INVISIBLE

Un conto de cartoné para os máis pequenos sobre os vínculos que nos unen con quen máis queremos, e sobre como a menudo as cousas máis importantes son as que non se ven.

Prelectores

DON CABALLITO DE MAR

Un pequeno libro de cartón de Eric Carle que narra a historia do cabaliño de mar, unha especie na que os machos son os encargados de coidar os ovos das súas crías ata que nacen. E non son os únicos... Este libro descúbrenos animais mariños moi singulares que están camuflados entre as súas páxinas. Adiviña que animais son. Para sabelo, tes que pasar a páxina.

Prelectores

DA CABEZA AOS PÉS

Entre a cabeza e os pés temos moitas partes do corpo, partes que compre coñecer e nomear. Percórreas con este divertido libro acartonado que convida a nenos e nenas a levantarse da cadeira e a moverse imitando os xestos dos animais. Xira a cabeza como un pingüín, inclina o pescozo como a xirafa, golpea o peito como o gorila, dobra os xeonllos como o dromedario.... E ti, podes facer así? Claro que si!

Prelectores

UNHA UNICORNIA

Estrela e unha unicornia á que lle encantan as nenas: todo no seu cuarto está decorado con imaxes de pequenas humanas. Cumprirá o seu soño de coñecer unha nena de verdade algunha vez?

Primeiros lectores
Cómic
Poesía
Ciecias da Terra
Narrativa diversidade
Primeiros lectores

DA CABEZA AOS PÉS

Unha viaxe extraordinaria pola superficie e o fondo dos mares para coñecer, entre versos rítmicos e sonoros, algúns dos seus habitantes.

Primeiros lectores

UNHA COR PROPIA

Fábula contemporánea que narra a aventura dun camaleón na procura da súa identidade. Porque o importante non é deixar de mudar de cor, senón compartila con alguén.

Primeiros lectores

EL GRAN LIBRO DE NUESTROS BOSQUES

Os noso bosques son lugares máxicos e o fogar de moitos seres vivos. Dentro deste álbum divulgativo atoparás moitas respostas e un montón de actividades para divertirte en cada momento do anno e así desfrutar da natureza e das marabillas que agocha.

Primeiros lectores

SUPERGATA ¡UN INTRUSO MUY TRAVIESO!

Os noso bosques son lugares máxicos e o fogar de moitos seres vivos. Dentro deste álbum divulgativo atoparás moitas respostas e un montón de actividades para divertirte en cada momento do anno e así desfrutar da natureza e das marabillas que agocha.

Lectores autónomos
Cómic
Narrativa diversidade
Poesía
Ciecias da Terra
Lectores autónomos

TRASTARIO

Tal e como di o seu nome “Trastario” reúne 30 poemas adicados ou inspirados en aparatos de uso cotián que atopamos no noso entorno doméstico: dende a lavadora, o frigoríafico, pasando pola plancha, a tostaora e o aspirador. Desfrutade lendo estes divertidos poemas.

Lectores autónomos

BAJO TUS PIES

Alí abaixo, onde as plantas afunden as súas raíces e os gusanos excavan as súas galerías, hai un mundo oculto que agarda ser descuberto... "Bajo tus pies" é un libro que vos acompaña nunha aventura debaixo da superficie da Terra e explora as diversas marabillas alí ocultas.

Lectores autónomos

INVISIBLE

Quen non desexou algunha vez ser invisible ou deixar de selo?O problema é que nunca se chega a controlar ben ese poder: O protagonista desta historia, cando máis ganas tiña de ser invisible, era cando máis xente o vía, e pola contra, cando desexaba que todos o viran, era cando ao seu corpo lle daba por desaparecer. Unha historia sobre unha situación de bullying narrada a través dos ollos dun neno.

Lectores autónomos

NARVALICORNIO Y MEDU

Narval autodenomímanse unicornio marino. Pero… que é un unicornio? Un narval terrestre! Nese caso deberán ir a terra firme a atopar un! Coa axuda da Estrela, e o seu poder para convertir todos os desexos en realidade, esta parella de amigos dispóñense a deixar atrás a auga para adentrarse na terra.

Narrativa diversidade
Poesía
Ciecias da Terra
Cómic
Lectores expertos
Lectores expertos

MARLON. EL CAMALEÓN DALTÓNICO

Se eres camaleón e daltónico, tes un problema. Eso sucédelle a Marlon, confunde as cores e, ao camuflarse, usa cores tan chamativas que os bechos fuxen en canto o ven, e asi non consigue cazar nin unha formiga coxa. Mergúllate nunha historia chea de humor e de tenrura sobre a superación de problemas e o respecto á diversidade.

Lectores expertos

ALDARA

Un misterio que ameaza a vida tranquila dunha aldea afastada no medio do bosque, uns personaxes envelenados polo seu pasado e unha maldición xurdida na natureza .Desfruta desta fantástica historia de banda deseñada.

Lectores expertos

POEMAS BESTAS E OUTROS BECHOS

Despois do éxito de «Bechopoemas e outras bestas», chega esta segunda parte protagonizada por máis criaturas que voan, nadan, reptan e ruxen ao ritmo dos versos.

Lectores expertos

DEBAJO DE LA TIERRA. DEBAJO DEL AGUA

A través deste libro, embarcámonos nunha emocionante viaxe que nos levará a lugares escondidos aos nosos ollos, que se atopan baixo a terra e no máis profundo do mar, descubrindo así diferentes curiosidades do noso planeta.

Familias
Narrativa
Narrativa
Psicoloxía
Familias

RECUPERA TU MENTE, RECONQUISTA TU VIDA

Vivimos na era da gratificación instantánea , na cultura da inmediatez e das recompensas e buscamos a felicidade con só facer clic nun botón. Levamos unha vida axitada e intensa, e co modo rápido activado . Sen darnos conta, convertémonos en drogadictos emocionais inundados de múltiples distraccións. Todo isto repercute na nosa capacidade de prestar atención ao importante , de afondar e de concentrarnos. Recupera a túa mente, recupera a túa vida axúdache a pensar en que comportamentos mostras cando te atopas implicado en emocións que non sabes xestionar e proporciónache ferramentas para comprenderte mellor, e así recuperar o control da túa vida .

Familias

LA BIBLIOTECARIA DE LA MEDIANOCHE

Entre a vida e a morte hai unha biblioteca. E os andeis desa biblioteca son infinitos. Cada libro dáche a oportunidade de probar outra vida que poderías ter vivido e ver como cambiarían as cousas se fixeras eleccións diferentes... Farías algo diferente se tiveses a oportunidade?

Familias

EL ALBATROS NEGRO

Un dos tesouros máis cobizados e enigmáticos do mundo submarino está agochado nas profundidades do océano Atlántico. Un historiador naval ancián pode ter a chave para rescatalo, pero de súpeto morre en circunstancias estrañas. Pietro Rivas, un subinspector que acaba de chegar á cidade, será o encargado de investigar o caso xunto con Nagore Freire, unha extravagante inspectora de Patrimonio. Cando as mortes comezan a suceder, a policía descobre que a clave para resolvelos está na historia do galeón Albatros Negro. E como no ano 1700, na antiga vila amurallada de Vigo, unha moza entomóloga foi quen de cambiar o rumbo da historia coa súa ousadía.

Boas vacacións!

Vémonos á volta!

CEIP A Escardia