Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
ENTRE LIBROS ANDA O CINE
biblioteca Saturnino
Created on March 27, 2025
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Tarot Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Women's Presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Shadow Presentation
View
Newspaper Presentation
View
Memories Presentation
Transcript
23 de abril
DÍA DO LIBRO
ENTRE LIBROS ANDA O CINE
EMPEZAR
fahrenheit 451
Ano: 1966 Dirección: François Truffaut Argumento: Ambientada nun futuro opresivo, a película está protagonizada por un bombeiro encargado de queimar libros prohibidos por orde do goberno
MISS POTTER
Ano: 2006 Dirección: Chris Noonan Argumento: Baseada na vida da escritora e ilustradora infantil Beatrix Potter, a película combina historias da súa propia vida con secuencias animadas nas que aparecen personaxes das súas historias, como Peter Rabbit
A XOVE JANE AUSTEN
Ano: 2007 Dirección: Julian Jarroll Argumento: Retrato da xuventude da escritora Jane Austen. Hacia 1795, antes de converterse nunha famosa escritora, a protagonista viviu unha serie de experiencias que marcarían de xeito determinante a súa obra literaria. A máis importante delas a relación amorosa co mozo irlandés Thomas Lefroy
o LECTOR
Ano: 2008 Dirección: Stephen Daldry Argumento: En Alemaña, despois da II guerra mundial, un adolescente coñece a unha muller madura coa que inicia unha relación amorosa. Nos seus encontros ela sempre lle pide que lle lea fragmentos de libros ata que un día ela desaparece misteriosamente
a última estación
Ano: 2010 Dirección Michael Hoffman Argumento: Película sobre o escritor ruso León Tólstoi. O protagonista leva máis de 50 anos de feliz matrimonio con Sofía, pero ésta teme que o seu home modifique o testamento deixando os dereitos de autor das súas obras ao pobo ruso no canto da súa familia. Nela móstrase tamén a loita que tivo que manter o escritor para equilibrar a fama cunha vida tremendamente austera.
o ladrón de palabras
Ano: 2012 Dirección: Brian Klugman Argumento: Un novo escritor publica a súa primeira novela coa que acada un enorme éxito. Pero un misterioso ancián localízao e enfróntase a el afirmando ser o verdadeiro autor da novela
A LADROA DE LIBROS
Ano: 2013 Dirección: Brian Percival Argumento: Ambientada na Alemaña nazi da Segunda Guerra Mundial, está protagonizada por unha rapaza de nove anos que verá cambiar a súa vida cando a envían cunha familia de acollida. Aprenderá a ler e atopará nos libros e na súa imaxinación a única forma de sobrepoñerse á dura realidade que a rodea.
o editor de libros
Ano: 2016 Dirección: Michael Grandage Argumento: Película biográfica sobre Max Perkins, o editor de libros máis admirado do mundo, que presentou ao público aos máis grandes escritores do século XX , revolucionando a literatura americana
A SOCIEDADe LITERARIA e o PASTEL DE PEL DE PATAcA
Ano: 2018 Dirección: Mike Newell Argumento: En 1946 unha xoven escritora establece amizade cos residentes da Isla de Guernsey e decide escribir un libro sobre como estos tentaron soportar a ocupación nazi organizando reunións de lectura áo redor dun pastel de pataca
TOLKIEN
Ano: 2019 Dirección: Dome Karuloski Argumento: Película que conta a infancia e xuventude do escritor, lingüista e profesor universitario J. R. R. Tolkien, autor de O señor dos aneis e O hobitt, entre moitas outras obras